Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Por descontado, e aínda que as competencias asignadas a cada resultado de aprendizaxe ben poden (e deben) ser asignadas aos outros resultados que aquí apunto, en liñas xerais trátase de que o alumnado comprenda e sexa quen de analizar, interpretar e dar forma aos contidos que rexen no ámbito da Didáctica da Lingua e a Literatura Galegas, atendendo ao mundo da investigación, ao ensino da lingua e a literatura da Galiza e, por suposto, a que están nun contexto diglósico por veces chamado bilingüe. Insistirase, porén, na aprendizaxe autónoma, na posta en escena e na aprendizaxe colaborativa, grupal, e autónoma; coa fin de que alumnos e alumnas sexan capaces de integraren a cadeira nun espazo máis amplo que se refire sempre ao mundo do Ensino Primario. Xa que logo, poderíanse centrar os resultados da aprendizaxe na análise do campo de coñecemento da Lingua e a Literatura galegas e a súa Didáctica e na súa fundamentación interdisciplinar. Por suposto, tamén no recoñecemento da complexidade na construción do coñecemento lingüístico-literario, histórico e social, así como a biodiversidade social e cultural da Galiza; e na adquisición de habilidades para o manexo das distintas fontes de información orais, materiais, documentais, audiovisuais e informáticas.
|
A1 A2 A4 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A17 A19 A20 A22 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52
|
B23 B24 B25
|
|
Tamén será fundamental a reflexión sobre dos valores que se transmiten desde a Didáctica da Lingua e a Literatura galega e a súa importancia na formación do pensamento social e na aprendizaxe de actitudes e valores democráticos, o coñecemento do currículo de lingua e literatura galegas na Educación Primaria e a análise das metas educativas, a selección e organización dos contidos, as extratexias de ensino e aprendizaxe e os criterios e formas da avaliación, así como o traslado á práctica educativa do marco teórico co obxetivo de ser capaces de reflexionar sobre propostas didácticas innovadoras e desenvolver actitudes críticas e creativas fronte a experiencias didácticas presentadas na aula. |
|
B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B19 B20 B21 B22
|
C1 C2
|
Por último, a adquisición de competencias para transferir á práctica os coñecementos teóricos e deseñar propostas didácticas innovadoras que melloren as prácticas de ensino e aprendizaxe da lingua e a literatura galegas no contexto educativo da etapa 6 a 12 anos. |
|
|
C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
TEMA 1. CONCEPTOS PREVIOS
TEMA 2. CONCEPTOS BÁSICOS EN DIDÁCTICA DA LINGUA E A LITERATURA
TEMA 3. LINGUA, ENSINO E SOCIEDADE NA GALIZA
TEMA 4. A LITERATURA GALEGA E A SÚA DIDÁCTICA. LITERATURA INFANTIL GALEGA
|
1. 1. Definición da Didáctica da Lingua e a Literatura. Nacemento e consolidación dunha Disciplina universitaria. A investigación en Didáctica da Lingua e a Literatura: ámbitos e liñas de investigación.
2. 1. Comunicación oral e escrita. Competencia comunicativa e lingüística, competencia literaria e lectora. Focaxes e outros conceptos relevantes sobre Didáctica da Lingua e a Literatura. Proxectos e recursos didácticos cara a unha Didáctica da Lingua e a Literatura Galegas segundo a necesidade de levarmos en consideración os contidos curriculares pautados oficialmente.
3. 1. A comunidade lingüística galega. Análise, contextualización e problemática da realidade socio-lingüística galega e o ámbito escolar. Análise da realidade sociolingüística galega: bilingüísmo e diglosia no contacto de linguas na Galiza. A Galiza, un contexto multilingüe?
4. 1. O texto literario. Lugar e función no ensino. O texto literario na Galiza.
4. 2. Nacemento e desenvolvemento dun subxénero contemporáneo: a literatura infantil e a Galiza. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Traballos tutelados |
A1 A4 A19 A20 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B19 B20 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 |
8 |
22 |
30 |
Sesión maxistral |
A43 A44 A45 A52 B8 B9 C1 C8 |
21 |
63 |
84 |
Proba obxectiva |
A1 A2 A4 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A17 A19 A20 A22 B7 B9 B14 B15 C3 C5 C7 C8 |
5 |
21 |
26 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Traballos tutelados |
Realización dun traballo academicamente dirixido cuxa temática, de acordo co programa da cadeira, se anunciará durante a primeira semana de aulas ao grupo asistente a elas |
Sesión maxistral |
Exposición oral que se complementará co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas cuestións dirixidas ao alumnado coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. Por suposto, e dado que esta aplicación non permite diferenciar entre sesións maxistrais e sesións interactivas, quero salientar que coa primeira etiqueta estou a referirme ao eido das aulas, isto é, tanto ao apartado maxistral como ao interactivo |
Proba obxectiva |
O alumnado contará cun exame final que se realizará tendo en conta o calendario ao que obriga a facultade. Tendo en conta o devir do resto de cadeiras que compoñen o currículo do Grao así como, noutro orde de aspectos, a posíbel inasistencia ás aulas, a proba obxectiva resumirase, de xeito tradicional, nun exame final sobre diversos aspectos teórico-prácticos pertencentes ao material tratado e ás actividades realizadas |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
Traballos tutelados |
Sesión maxistral |
|
Descrición |
Consistirá na solución de calquera tipo de dúbidas a respecto da marcha do programa do curso, é dicir, sobre do temario e da actividade académica obrigatoria, así como sobre dos referidos posíbeis traballos que se poidan propor aos alumnos e alumnas. As dúbidas solucionaranse tanto nas aulas como durante o horario de atendimentos, non servindo o correo electrónico para solventar ningún tipo de dúbidas. Como xa sinalei, ben para o alumnado matriculado a tempo total ben para o que o faga a tempo parcial, tanto a realización da proba escrita final como a do traballo academicamente dirixido e a súa exposición pública serán aspectos necesarios para a superación da cadeira; e no caso dos alumnos e das alumnas matriculadas a tempo parcial non estarán eximidos ou eximidas da súa asistencia aular. Por outra parte, malia que agora nada se sinale a respecto da asistencia obrigatoria ás aulas na "Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de Grao na Universidade da Coruña" aprobada o 4/05/2017; dispoñíbel en https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/dedicacion_estudo_permanencia.pdf), debido ao peso que no actual sistema universitario ten a participación aular, será imposíbel avaliar o alumnado que ben decida non participar nas aulas interactivas, ben aposte por non asistir nunca ou case nunca ás aulas. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
A1 A2 A4 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 A14 A17 A19 A20 A22 B7 B9 B14 B15 C3 C5 C7 C8 |
Proba escrita que, loxicamente, consistirá na recepción de parte do material teórico e/ou práctico co que se traballou nas aulas |
50 |
Traballos tutelados |
A1 A4 A19 A20 A43 A44 A45 A46 A47 A48 A49 A50 A51 A52 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B19 B20 B21 B22 B23 B24 B25 C1 C2 C3 C4 C6 C7 C8 |
Realización dun traballo academicamente dirixido que implicará análise de fontes documentais, esquematizacións e lecturas. Para el terase en conta o material bibliográfico proposto nesta guía docente, así como puntual bibliografía ofrecida nas aulas. Este traballo deberá ser exposto e presentado publicamente nas aulas |
45 |
Sesión maxistral |
A43 A44 A45 A52 B8 B9 C1 C8 |
Quero salientar que, dado que con esta aplicación non se pode diferenciar entre sesións maxistrais e sesións interactivas, con este apartado refírome a ambas, tanto ás aulas que se ofrecen baixo o formato de relatorios e/ou palestras docentes como as que combinan as intervencións do profesor como as dos alumnos e alumnas. Por suposto, como os Estatutos da UDC apuntan é obrigada e necesaria a asistencia a todas as aulas |
5 |
|
Observacións avaliación |
De todas as maneiras, na cualificación final da cadeira influirán variantes como a asistencia aular (imprescindíbel), a participación e a dispoñibilidade, isto é, o interese amosado e demostrado e un tamén amosado interese pola proposta de actividades, así como, noutro orde, a posíbel redacción de máis traballos complementares que, previamente anunciados nas aulas e de ser o caso, ben poderían configurar o desenvolvemento dun xuízo que podería basearse parcialmente no portafolio. A respecto dos alumnos e/ou alumnas matriculados e matriculadas a tempo parcial e que, deste xeito, conten con autorización do órgano competente, tamén deberán realizar o exame final pautado pola facultade e o traballo academicamente dirixido, amais de estaren suxeitos e/ou suxeitas á necesidade, no segundo caso, da súa exposición pública aular. Finalmente, e non en van o nome da cadeira é Lingua e Literatura Galega e a súa Didáctica, o alumnado debe demostrar unha óptima solvencia comunicativa e escrita en idioma galego, polo que se esixirá un uso lingüístico galego oral impecábel e cada erro ortográfico se penalizará coa rebaixa de 0,25 puntos. Tanto o alumnado da primeira oportunidade como o da segunda deberá realizar ambas probas: así, na primeira oportunidade de avaliación terán carácter de NON PRESENTADO(A) os alumnos ou as alumnas que non concorran á proba escrita e non realizasen o traballo dirixido e/ou os posibelmente propostos e anunciados nas aulas. Terán carácter de SUSPENSO(A) aqueles alumnos e aquelas alumnas que, amais de non demostraren unha solvencia impecábel no uso da lingua galega e de non amosaren un aproveitamento adecuado da materia; non se presenten á proba escrita aínda que realizasen a outra ou calquera das outras, mais de superaren a avaliación desta(s) actividade(s), conservaráselles a cualificación dela ou delas até a segunda oportunidade de avaliación. E os alumnos ou as alumnas que concorrendo a unha segunda oportunidade de avaliación non realizasen a(s) actividade(s) de avaliación propia e a(s) de avaliación continua, terán de realizar ambas probas. Por suposto, amais da importancia do uso da lingua (repito que con máis de cinco erros lingüísticos o exame ou o traballo acadará a cualificación de suspenso), tanto para valorar os traballos, como a da participación nos debates e o exame final, tamén se terá en conta a utilización do coñecemento dispoñíbel, a comprensión das ideas básicas desenvolvidas, o dominio conceptual, a elaboración de ideas, a capacidade para relacionar ideas, a profundidade nas análises e na sua fundamentación, a capacidade crítica e o estilo propio e a claridade expositiva de esquemas e do seu desenvolvemento.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Martín Vegas, R. A. (2009): Manual de Didáctica de la Lengua y la Literatura, Madrid: Síntesis. Pardo de Neyra (2006): As orixes da literatura infantil galega, Compostela: Universidade de Santiago de Compostela. _____ (2012): Lingua, Ensino e Sociedade Compostela: Follas Novas. ___ (2015): Literatura de sereas, Obre, Noia, A Coruña: Toxosoutos. Souto Presedo, E. (1993): Socio-didáctica lingüística, Compostela: Laiovento. Por descontado, nas aulas ofrecerase puntual bibliografía que deberá ser obxecto de tratamento, consulta e estudo |
Bibliografía complementaria
|
|
Cassany, D. (1993): Reparar la escritura. Didáctica de la corrección de lo escrito, Barcelona: Graó.
_____, M. Luna e G. Sanz (1994): Enseñar lengua, Barcelona: Graó.
García Rivera, G. (1995): Didáctica de la literatura para la enseñanza Primaria y Secundaria, Madrid: Akal.
García, J. e A. Medina [eds.] (1988): Didáctica de la lengua y la literatura, Madrid: Anaya.
Giménez, G. et alii (1985): Aspectos didácticos de lengua española. Bachillerato, Zaragoza: ICE, Universidad de Zaragoza.
Gómez, M. T. et alii (1990): Propuestas de interacción en el aula. Técnicas para lograr un clima favorable en la clase, Madrid: Narcea.
Gonzáles Las, C. (1999): La lengua instrumento de comunicación, Granada: Grupo Editorial Universitario.
Lomas, C. (1999): Cómo enseñar a hacer cosas con las palabras, Barcelona: Paidós, 2 vols.
_____ e A. Osoro (1991): “Modelos teóricos y enfoques didácticos en la enseñanza de la lengua”, Signos, 4, Xixón: 22-29.
_____ e A. Osoro [comps.] (1993): El enfoque comunicativo de la enseñanza de la lengua, Barcelona: Paidós.
_____ e A. Osoro (1996 a): “Los objetivos de la educación Lingüística y el currículum de Lengua Castellana y Literatura”, in C. Lomas (coord.), La educación lingüística y literaria en la enseñanza secundaria, Barcelona: ICE, Universitat de Barcelona – Horsori Editorial.
_____ e A. Osoro (1996 b): “Enseñar Lengua y Literatura en la educación secundaria. Orientaciones para la elaboración de proyectos curriculares y programaciones de aula”, in C. Lomas (coord.), La educación lingüística y literaria en la enseñanza secundaria, Barcelona: ICE, Universitat de Barcelona – Horsori Editorial.
_____ e A. Osoro (2001): “De la lingüística aplicada a la educación lingüística implicada. Formación del profesorado y cambios in las aulas de lengua”, Textos, 27, Barcelona: 8-27.
_____, A. Osoro e A. Tusón (1992): “Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua”, Signos, 7, Xixón: 26-53.
_____, A. Osoro e A. Tusón (1993): Ciencias del lenguaje, competencia comunicativa y enseñanza de la lengua, Barcelona: Paidós.
Lombraña, J. (1997): “El marco normativo y curricular de la lengua y literatura”, in J. Serrano e J. E. Martínez (coords.), Didáctica de la lengua y literatura, Barcelona: Oikos-Tau.
Medina Rivilla, A. (1988): “Didáctica de la Lengua”, in J. García Padrino e A. Medina (dirs.), Didáctica de la Lengua y la Literatura, Madrid: Anaya.
Medina Rivilla, A. (1989): Didáctica e interacción en el aula, Madrid: Cincel.
Meix, F. (1994): “Teorías literarias y enseñanza de la literatura”, Textos, 1, Barcelona: 53-64.
Mendoza Fillola, A. (1994): Literatura comparada e intertextualidad, Madrid: La Muralla.
_____ [coord.] (1998): Conceptos clave en Didáctica de la Lengua y la Literatura, Barcelona: SEDLL – ICE, Universitat de Barcelona – Horsori Ediciones.
_____ [coord.] (2003): Didáctica de la Lengua y la Literatura para Primaria, Madrid: Prentice Hall.
_____ e A. López Valero (2000): “Didáctica de la Lengua y Literatura Españolas”, in L. Rico e D. Madrid (coords.), Fundamentos didácticos de las áreas curriculares, Madrid: Síntesis.
_____, A. López Valero e E. Martos Núñez (1996): Didáctica de la Lengua para la Enseñanza Primaria y Secundaria, Madrid: Akal.
Pardo de Neyra, X. (2005): Aproximación a la poesía. Consideraciones y metodología crítico-didáctica sobre comentario de textos, Mérida: Rox Ediciones.
Seco, M. (1963): El comentario de textos, Madrid: MEN.
Segre, C. (1985 b): Principios de análisis del texto literario, Barcelona: Crítica.
Sobejano, G. (1973): El comentario de textos, Madrid: Castalia, 2 vols. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Dada a relevancia do traballo interactivo, sempre en relación coa teoría impartida nas sesións maxistrais, é fundamental a asistencia e a participación activa tanto nas sesións maxistrais como nas sesións interactivas, así como en todas as actividades desenvolvidas no contexto da cadeira. Por suposto, como é máis que evidente, sempre se valorará o uso da lingua, isto é, ora en calquera tipo de proba escrita ora en todo tipo de intervencións orais, significando que aqueles alumnos ou alumnas que decidan non dirixirse ao profesor en idioma galego contarán, por supostísimo, cunha valoración negativa que se reflectirá na cualificación final, onde de ser este o caso non se podería recoller ningún tipo de avaliación a respecto do uso oral da lingua galega |
|