Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Que o alumno sexa capaz de aplicar os seus coñecementos teóricos e referidos á investigación na realización dun traballo, que aplicando o método científico, aporte indicios de calidade ao saber xerontolóxico |
AI1 AI2 AI3 AI4 AI5 AM1 AM2
|
BI1 BI2 BM1
|
CM1 CM2 CM3 CM4 CM5 CM6 CM7 CM8
|
Coñecer o método para a presentación de traballos orais ante tribunais |
AM2
|
BI1
|
CM1 CM2 CM4 CM5 CM7
|
Coñecer a metodoloxía para a elaboración de presentacións multimedia para a presentación de traballos científicos |
AM1 AM2
|
BI1
|
CM1 CM2 CM3 CM6 CM8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Traballo Fin do Mestrado |
Elaboración de acordo ás normas publicadas pola Facultade de Ciencias da Saúde e o propio MIX sobre memorias Fin de Mestrado. |
Contidos |
O Traballo consistirá na elaboración e presentación pública dunha investigación levada a cabo polo estudante na que se fará especial fincapé na aplicación de devandita investigación ao campo da xerontoloxía e a xeriatría. A comisión avaliadora prestará especial consideración á presentación e á exposición do informe final de investigación. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Análise de fontes documentais |
A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
12 |
120 |
132 |
Presentación oral |
A11 C1 C2 |
1 |
10 |
11 |
Traballos tutelados |
A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 C1 C2 |
10 |
200 |
210 |
|
Atención personalizada |
|
22 |
0 |
22 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Análise de fontes documentais |
Selección bibliográfica relativa ao tema de estudo. Polo menos o 80% dos traballos que xustifiquen o interese da súa investigación han de ser de calidade científica, en inglés e incluídos en bases de datos bibliográficas como Medline. |
Presentación oral |
O traballo deberá de expoñerse e defenderse ante un tribunal que será nomeado pola Comisión Académica do Máster. Devandito tribunal estará formado por tres profesores/doutores do equipo docente do título. Para a avaliación do Traballo terase en conta o informe presentado, a presentación pública e as respostas ás preguntas do tribunal. Valorarase especialmente o rigor científico, a consistencia do proceso desenvolvido e as súas achegas orixinais. O acto de lectura e defensa terá lugar en sesión pública durante o período lectivo do curso académico e será convocado polo/a presidente/a do tribunal e feito público nos taboleiros do Centro. Terminada a defensa do Traballo cada membro do tribunal formulará por escrito unha valoración sobre o mesmo, de acordo ás competencias alcanzadas e definidas, tanto xenéricas como transversais, no título.
De acordo co artigo 5 do RD 1125/2003, o tribunal outorgará unha cualificación cuantitativa e outra cualitativa que recollerán a cualificación de "suspenso" (de 0 a 4,9), "aprobado" (de 5 a 6,9), "notable" (de 7 a 8,9) ou "sobresaínte" (de 9 a 10).
O tribunal poderá outorgar a cualificación de "matrícula de honor" se a cualificación global é de sobresaínte e emitise, en tal sentido, o voto favorable de todos os seus membros, tendo en conta a normativa de cada Universidade neste sentido. |
Traballos tutelados |
O Traballo consistirá na elaboración e presentación pública dunha investigación levada a cabo polo estudante na que se fará especial fincapé na aplicación de devandita investigación ao campo da xerontoloxía e a xeriatría. A comisión avaliadora prestará especial consideración á presentación e a exposición do informe final de investigación.
Para que unha proposta se considere aceptada e o estudante poida proceder ao seu desenvolvemento e elaboración, o estudante deberá presentar, antes da finalización do segundo cuatrimestre, ante a Comisión Académica do Máster e a través do rexistro do centro, unha proposta do Traballo que pretende desenvolver, incluíndo os seguintes elementos:
- Resumo, máximo mil palabras, do contido do proxecto (antecedentes, obxectivos e hipótese da investigación, metodoloxía a empregar no Traballo).
- Esquema ou índice xeral (posible estrutura en capítulos e principais epígrafes do Traballo que se vaia a realizar).
- Selección bibliográfica relativa ao tema de estudo. Polo menos o 80% dos traballos que xustifiquen o interese da súa investigación han de ser de calidade científica, en inglés e incluídos en bases de datos bibliográficas como Medline.
- Firma do profesor titor e do estudante.
Unha vez dado o visto bo por parte da Comisión e do titor da proposta presentada, o alumno procederá ao desenvolvemento do Traballo final. Unha vez finalizado e de acordo aos prazos establecidos, o alumno deberá enviar unha copia en formato dixital a través da plataforma Moodle ao coordinador do Máster ou á dirección do correo electrónico admongig@udc.es, neste caso con acuse de recibo. Poderase entregar (optativo) unha copia do traballo en formato impreso na secretaría da Facultade de Ciencias da Saúde. Ambas copias deberán levar o visto bo do director do traballo. Os Traballos Fin de Máster poderán ser dirixidos por varios profesores. Neste caso o informe deberá ir avalado por todos eles. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Análise de fontes documentais |
Presentación oral |
|
Descrición |
O Traballo Fin de Máster (15 ECTS) ten como finalidade a acreditación de que o estudante adquiriu os coñecementos e competencias asociados ao título de Mestrado Universitario en Xerontoloxía. Aínda que a súa orixe virá determinado desde a materia de Metodoloxía da Investigación, será realizado polo estudante ao longo do terceiro cuatrimestre baixo a dirección dun profesor titor-Doutor que se asignará en función da coincidencia de intereses de investigación. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 C1 C2 |
Para a avaliación do Traballo terase en conta o informe presentado, a presentación pública e as respostas ás preguntas do tribunal. Valorarase especialmente o rigor científico, a consistencia do proceso desenvolvido e as súas achegas orixinais. O acto de lectura e defensa terá lugar en sesión pública durante o período lectivo do curso académico e será convocado polo/a presidente/a do tribunal e feito público nos taboleiros do Centro. Terminada a defensa do Traballo cada membro do tribunal formulará por escrito unha valoración sobre o mesmo, de acordo ás competencias alcanzadas e definidas, tanto genéricas como transversales, no título.
De acordo co artigo 5 do RD 1125/2003, o tribunal outorgará unha cualificación cuantitativa e outra cualitativa que recollerán a cualificación de "suspenso" (de 0 a 4,9), "aprobado" (de 5 a 6,9), "notable" (de 7 a 8,9) ou "sobresaínte" (de 9 a 10).
O tribunal poderá outorgar a cualificación de "matrícula de honor" se a cualificación global é de sobresaínte e emitise, en tal sentido, o voto favorable de todos os seus membros, tendo en conta a normativa de cada Universidade neste sentido. |
50 |
Análise de fontes documentais |
A5 A6 A7 A8 A9 A10 A11 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Para a avaliación do Traballo terase en conta o informe presentado en formato escrito. Valorarase especialmente o rigor científico, a consistencia do proceso desenvolvido e as súas achegas orixinais. |
25 |
Presentación oral |
A11 C1 C2 |
O estudante deberá expoñer o Traballo e defendelo ante un tribunal que será nomeado pola Comisión Académica do Mestrado. Devandito tribunal estará formado por tres profesores/doutores do equipo docente do título |
25 |
|
Observacións avaliación |
TRABALLOS TUTELADOS: Caso de detectar fraude, copia ou plaxio na redacción do traballo da materia, implicará un suspenso na oportunidade de avaliación afectada (0,0) e remisión directa á oportunidade seguinte. Dita actitude comunicarase á Comisión Académica e ao resto de profesores do título. En caso de que se reitere a irregularidade nunha 2ª avaliación, a Comisión poderá solicitar ao Reitor a expulsión temporal ou perpetua do alumno do Mestrado cursado.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
As propias do tipo de traballo realizado e as recomendadas polos Doutores-Titores |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía/653491004 | O proxecto de investigación en Xerontoloxía/653491016 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para defender o TFM o alumno deberá ter previamente superados 75 ECTS que inclúan todas as materias obligatorias. Lectura e comprensión idioma inglés en traballos científicos. Para axudar a conseguir un entorno inmediato sustentable e cumprir o obxectivo estratéxico do Plan de Sostenibilidade Medio- Ambiental Green Campus FCS, os traballos documentais que se realicen nesta materia: a.- Maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte informático. b.- De realizarse en papel: - Non se empregarán plásticos. - Realizaranse impresións a dobre cara. - Empregarase papel reciclado. - Evitarase a realización de borradores. |
|