Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A6 |
Trabajar en la sociedad con individuos y grupos para fomentar la promoción de la salud, la prevención, la rehabilitación y el tratamiento. |
A8 |
Uso profesional y ético del razonamiento efectivo en todas las partes del proceso de terapia ocupacional. |
A10 |
Adaptar y aplicar el proceso de terapia ocupacional en estrecha colaboración de individuos/población. |
A11 |
Trabajar para facilitar entornos accesibles y adaptados y promover la justicia ocupacional. |
A12 |
Colaborar con comunidades para promover la salud y el bienestar de sus miembros mediante la participación en la ocupación. |
A17 |
Establecer sociedades de colaboración, consultar y aconsejar a clientes, trabajadores sociales, miembros de equipo y otros en la práctica de la ocupación y la participación. |
A19 |
Apreciar y respetar las diferencias individuales, creencias culturales, costumbres y su influencia sobre la ocupación y la participación. |
B3 |
Aplicar un pensamiento crítico, lógico y creativo. |
B6 |
Comportarse con ética y responsabilidad social como ciudadano y como profesional. |
B7 |
Comunicarse de manera efectiva en un entorno de trabajo. |
B8 |
Capacidad de análisis y de síntesis. |
B9 |
Capacidad de aplicar los conocimientos a la práctica. |
B11 |
Capacidad para trabajar en un equipo interdisciplinar. |
B15 |
Capacidad para comunicarse con personas no expertas en la materia. |
B31 |
Apreciación de la diversidad y de la multiculturalidad. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, en las lenguas oficiales de la comunidad autónoma. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Integración dos coñecementos teóricos previos á práctica relacionados coa accesibilidade, a ergonomía e o deseño universal. Aproximación ao corpo teórico que dá base á intervención de Terapia Ocupacional sobre o contorno: impacto do medio sobre a ocupación humana. |
A8 A10 A11 A19
|
|
|
Adquisición de destrezas de observación e análise do contorno: identificación das condicións do contorno que actúan como facilitadores ou como obstáculos en relación ás caracterísitcas da poboación e ás demandas da actividade (valoración do equilibrio individuo/ambiente/ocupación). |
A8 A11
|
B3 B8 B9
|
|
Desenvolvemento do pensamento analítico e crítico aplicado á valoración e ao asesoramento en materia de accesibilidade: planificación da intervención (valoración, plan de mellora/intervención, rexistro), deseño de contornos facilitadores para a autonomía (a nivel individual e colectivo) e elaboración de propostas de asesoramento reais e efectivas. |
A6 A8 A11
|
B3 B8 B31
|
|
Potenciación de habilidades e rigor técnico para o rexistro da información procedente da intervención: recoñecemento da importancia do rexistro das actividades realizadas, adquisición de rigor técnico na linguaxe empregada na comunicación co equipo profesional e cos/coas usuarios/as, elaboración de informes técnicos. |
A11
|
B7 B8 B15
|
C1
|
Desenvolvemento dunha perspectiva social: situar ao alumnado nun tipo de intervención no contorno comunitario, promovendo a colaboración con outras/outros profesionais do ámbito do social, facilitando a súa intervención no medio natural do individuo e en definitiva, comprometéndose a promover a xustiza ocupacional. |
A11 A12 A17
|
B6 B11 B15 B31
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Principios teóricos da accesibilidade; accesibilidade, ergonomía e deseño universal.
|
- Conceptos teóricos básicos: concepto europeo de accesibilidade, ergonomía aplicada e deseño para todas as persoas.
- Accesibilidade vs adaptación funcional. Diferenzas e formas de intervención.
- Normativa estatal e autonómica sobre accesibilidade.
|
Observación e análise de factores ambientais |
- Introducción aos factores ambientais segundo a CIF: físicos, sociais e actitudinais.
- Conceptos de barreiras e facilitadores. Identificación en diferentes contextos.
- Conceptos de contexto e contorno no Marco de Traballo para a práctica de Terapia Ocupacional. |
Valoración da accesibilidade dos contornos |
- Principios da observación con fins de avaliación.
- Análise do contorno desde unha perspectiva individual e desde unha perspectiva colectiva.
- Valoración de contornos específicos baseada nas ocupacións que acollen e ao tipo de individuos que as executan.
- Recollida de información procedente da valoración. |
Deseño de contornos accesibles/universais. |
- Principios para desenvolver un asesoramento en materia de accesibilidade.
- Deseño de adaptacións funcionais do medio.
- Deseño de contornos socialmente facilitadores.
- Propostas desde a parsepectiva da universalidade.
|
Rexistro da información |
- Criterios para elaborar rexistros das actividades realizadas.
- Principios para a realización de informes técnicos en materia de accesibilidade:
.- Comunicación con outras/os profesionais
.- Comunicación con usuarias/os.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A10 B3 |
6 |
0 |
6 |
Lecturas |
A8 A11 A12 |
2 |
10 |
12 |
Saídas de campo |
A6 A17 A19 B31 |
30 |
30 |
60 |
Traballos tutelados |
B6 B7 B8 B9 B11 B15 C1 |
15 |
15 |
30 |
|
Atención personalizada |
|
4.5 |
0 |
4.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas ao estudantado, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Traballaranse contidos teóricos necesarios para abordar a intervención práctica e tamén actividades de desenvolvemento do pensamento lóxico do alumnado e de aplicación dos coñecementos teóricos adquiridos.
Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.
|
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se seleccionaron como fonte de profundización nos contidos traballados. As lecturas seleccionadas tratan sobre contidos aplicables á intervención profesional obxecto desta materia.
Permite adquirir as competencias xenéricas asignadas a esta materia.
|
Saídas de campo |
Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información e a detección de necesidades susceptibles de intervención.
Na materia realizaranse algunhas saídas de campo tuteladas pola docente e outras realizadas polos alumnos de forma autónoma.
Permite adquirir as competencias específicas asignadas a esta materia.
|
Traballos tutelados |
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma do estudantado, baixo a tutela do/da profesor/a e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de como facer as cousas. Constitúe unha opción baseada na asunción polo estudantado da responsabilidade pola súa propia aprendizaxe.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente do estudantado e o seguemento desa aprendizaxe polo profesor-titor, polo que consta dunha parte de traballo autónomo da/do alumna/o e outra parte de titorías co profesorado.
Permite adquirir as competencias específicas asignadas a esta materia.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Saídas de campo |
|
Descrición |
A atención personalizada planificarase de dúas formas diferentes:
- Saídas/traballo de campo: o traballo de campo poderá realizarse en dúas modalidades;saídas tuteladas con docentes da materia, ou traballos de campo autónomos con supervisión do profesorado.
- Titorías: en grupos pequenos ou medianos, segundo a distribución do alumnado realizada para a elaboración dos traballos tutelados.
A finalidade das saídas de campo e as titorías é apoiar o traballo tutelado que desenvolverán as/os estudantes, resolver as dúbidas que xurdan na observación directa, establecer criterios para cada fase da actividade tutelada, e valorar a evolución na lóxica do pensamento da/do estudante.
Por tanto, TEÑEN CARÁCTER OBRIGATORIO, e son necesarias para superar a materia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A10 B3 |
Valorarase a participación e o interese da/o estudante durante as sesións maxistrais, as intervencións que realice durante as mesmas e a evolución observada na adquisición de coñecementos. Ten CARÁCTER OBRIGATORIO. |
10 |
Traballos tutelados |
B6 B7 B8 B9 B11 B15 C1 |
Valorarase a planificación da intervención que desenvolva e argumente a/o alumna/o, a capacidade reflexiva e a lóxica do pensamento e os criterios teóricos aplicados a situacións reais e cotiás, o rigor técnico das súas propostas e a coherencia nos seus informes.
O seguimento dos traballos tutelados farase durante nas titorías personalizadas, a demanda do/a profesor/a ou da/o alumna/o. As titorías demandadas polo/a profesor/a teñen CARÁCTER OBRIGATORIO. |
50 |
Saídas de campo |
A6 A17 A19 B31 |
Valorarase o traballo desenvolvido nas saídas de campo que a/o estudante realizará de forma autónoma ou tutelada (de xeito individual ou acompañada/o doutro compoñente da súa parella de traballo), a observación realizada dos contornos, a detección dos condicionantes relevantes para o desempeño, e a capacidade de modificar contornos reais para que faciliten a autonomía.
Esta valoración farase nas titorías personalizadas ou grupais, que teñen CARÁCTER OBRIGATORIO. |
40 |
|
Observacións avaliación |
A materia de Estancias Prácticas II aborda contidos prácticos tales como a observación e valoración inicial, a planificación da intervención sobre o contorno, e o rexistro da información de todo o proceso. Estes contidos traballaranse en grupo e de forma individual, de forma autónoma e tutelada. Polo tanto, distribúsese a materia nun horario de traballo autónomo a realizar pola/o alumna/o (de forma individual ou en parella), e nun horario de asistencia á clase cos/coas docentes da materia, no que se abordarán os contidos teóricos, realizarase a práctica planificada, e titorizarase a práctica autónoma da/o alumna/o. A avaliación final incluirá tanto o traballo autónomo de campo como o presencial.
Os aspectos e criterios que se terán en consideración ao avaliar as actividades planificadas coa metodoloxía anteriormente proposta son a adquisición de coñecementos teóricos relacionados coa materia, a aplicación deses coñecementos á práctica tutelada, e o desenvolvemento do pensamento lóxico e crítico aplicado a situacións concretas. Por tanto, existirá unha avaliación continua da evolución observada na/o alumna/o, e unha avaliación dos traballos finais obrigatorios para a superación da materia.
A/O alumna/o deberá entregar un total de tres traballos finais, cada un deles correspondente á parte de docencia de cada profesor/a. A data de entrega será debidamente notificada ás/aos alumnas/os coa suficiente antelación (preferiblemente ao inicio do cuadrimestre):
- Elaboración dunha infografía relacionada cos conceptos incluidos dentro dos Factores Ambientais da CIF ou dos contextos e contornos do Marco de Traballo.
- Realización dun informe de accesibilidade sobre aspectos puntuais do entorno do Campus de Oza.
- Reflexión argumentada e crítica sobre unha saída de campo ou práctica de avaliación do contorno domiciliario (pendente de planificación durante o cuadrimestre).
A entrega destes tres traballos na data proposta é obrigatoria para a superación da materia.
CUALIFICACIÓN FINAL DA/O ALUMNA/O
A asistencia ao horario presencial de clase é obrigatoria; este é un criterio esixible para superar a materia, non valorable. É OBIGATORIA A ASISTENCIA A UN 85% DO HORARIO DE CLASE PRESENCIAL, PERMITÍNDOSE A AUSENCIA A UN 15%.
A cualificación final da materia, sobre 10 puntos, distribuirase como segue:
a) Exposición dunha infografía de factores contextuais e entrega dunha tarefa individual (reflexión sobre barreiras e facilitadores)(profesora Mansilla Barreiro): 3 puntos
b) Informe de accesibilidade Campus de Oza (profesora García Crespo): 3 puntos
c) Reflexión crítica da saída de campo / avaliación de entorno domiciliario (profesor De Rosende Celeiro): 3 puntos
d) Avaliación continua do estudante realizada polos tres profesores (avaliará a iniciativa, interese, participación crítica e evolución na adquisición de competencias da materia do estudante): 1 punto
Para superar a materia a/o estudante debe ter presentados os tres documentos esixidos, alcanzada unha cualificación final de 5 puntos e ter cumprido o criterio de asistencia. Se a/o estudante non acada esa cualificación mínima, non ten presentado os tres documentos esixidos na data proposta, ou non ten cumprido o criterio de asistencia mínima obrigatoria, terá dereito a unha proba final escrita que se realizará na data fixada no calendario académico oficial aprobado en Xunta de Facultade.
O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica dacordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional. Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaínte 9-10 Matrícula de Honra (Graciable)
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Blanco, RM, Blanco L, Luengo S, Pastor G, Rivero M, Rodríguez MR, Vicente MJ. 2003. Accesibilidad para personas con ceguera y deficiencia visual. Edita: ONCE.
Características de la rotulación para personas con discapadidad visual. Edita: ONCE. Madrid. 2006
Concepto Europeo de Accesibilidad. Edita: Ministerio de Trabajo y Asuntos Sociales. Instituto de Migraciones y Servicios Sociales. Centro Estatal de Autonomía Personal y Ayudas Técnicas (CEAPAT). Madrid.
Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade e eliminación de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG nº 41 (29 de febreiro de 2000)
Lei 10/2014, do 3 de decembro, de accesibilidade. DOG nº 241 (17 de decembro de 2014).
Organización Mundial de la Salud (2001). Clasificación Internacional del Funcionamiento, de la Discapacidad y de la Salud (CIF).
Marco de Trabajo para la Terapia Ocupacional: Ámbito de Competencia y Proceso. Traducción por el grupo de trabajo de Terapia Ocupacional para el desarrollo de la Terapia Ocupacional. En internet, www.terapia-ocupacional.com Consultado el día 2 de Enero 2006. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Ergonomía, Accesibilidade, Deseño Universal e Adaptación Funcional/653G01206 |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
OBSERVACIÓNS ECOLÓXICAS: Para axudar a acadar un ambiente inmediato e sostible e cumprir o obxectivo estratéxico 9 do Plan do FCS do Green Campus, os traballos documentais realizados nesta área:
- A maioría solicitarase en formato virtual e soporte informático.
- Para os que se presenten en papel:
1. Os plásticos non se utilizarán.
2. As impresións se realizarán a dobre cara.
3. Usarase o papel reciclado.
4. Evitarase a realización de borradores |
|