Proba mixta |
A13 A31 B2 B4 B8 B12 B13 C1 C3 |
Exame sobre os contidos teórico-prácticos da asignatura, composto por preguntas orais ou escritas, de desenvolvemento breve ou tipo test, a resolver polo alumno nun tempo determinado. |
30 |
Será imprescindible lograr o 50%
da cualificación correspondente a cada un dos apartados a evaluar para que
se sumen as diferentes metodoloxías de cara a obter unha nota media final.
De non conseguir o mínimo esixido nalgunha das metodoloxías, o alumno non
superará a materia. Neste caso, a avaliación constará suspensa na convocatoria
ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade de xullo, onde a
metodoloxía de avaliación será unha única proba obxectiva por valor do 100
% da cualificación, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos
do programa.
Como alternativa, aqueles alumnos
que non poida facer un normal seguimiento da asignatura, poderán optar por
examinarse do 100% da súa cualificación por medio dunha proba obxectiva
final, versando tanto sobre contidos teóricos como prácticos do programa.
De non conseguir o 50% do total da nota nesa proba, a avaliación constará suspensa
na convocatoria ordinaria e poderá volver examinarse na oportunidade
de xullo, onde a metodoloxía de avaliación será unha única proba
obxectiva por valor do 100% da cualificación, versando tanto sobre
contidos teóricos como prácticos do programa.
Todos os alumnos farán constar de
xeito explícito por correo electrónico dirixido á profesora, si optan por
AVALIACIÓN CONTINUA ou EXAME FINAL. De non constar expresamente nos quince días
posteriores á súa incorporación oficial á asignatura, entenderase que optan
polo EXAME FINAL. A elección é definitiva e irreversible para a convocatoria en
curso.
A entrega das prácticas para a
súa valoración só poderá realizarse na plataforma Moodle e seguindo as
indicacións dadas polo docente. A cualificación de non presentado aplicará
cando o alumnado só participe de actividades de avaliación que teñan unha
ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da
nota acadada.
|