Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Comprender os principios do turismo: a súa dimensión espacial, social, cultural, política, laboral e económica. |
A2 |
Analizar a dimensión económica do turismo. |
A3 |
Comprender o carácter dinámico e evolutivo do turismo e da nova sociedade do lecer. |
A4 |
Coñecer as principais estruturas político-administrativas turísticas. |
A5 |
Converter un problema empírico nun obxecto de investigación e elaborar conclusións. |
A6 |
Ter unha marcada orientación de servizo ao cliente. |
A7 |
Recoñecer os principais axentes turísticos. |
A8 |
Avaliar os potenciais turísticos e a análise prospectivo da súa explotación. |
A10 |
Xestionar os recursos financeiros. |
A11 |
Definir obxectivos, estratexias e políticas comerciais. |
A12 |
Dirixir e xestionar (management) os distintos tipos de entidades turísticas. |
A13 |
Manexar técnicas de comunicación. |
A14 |
Comprender o marco legal que regula as actividades turísticas. |
A18 |
Identificar e xestionar espazos e destinos turísticos. |
A19 |
Xestionar o territorio turístico de acordo cos principios de sustentabilidade. |
A22 |
Coñecementos a adquirir no ámbito dos procedementos operativos das empresas de intermediación. |
A23 |
Analizar os impactos xerados polo turismo. |
A24 |
Utilizar e analizar as tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) nos distintos ámbitos do sector turístico. |
A25 |
Comprender un plan público e as oportunidades que se derivan para o sector privado. |
A26 |
Planificar e xestionar os recursos humanos das organizacións turísticas. |
A27 |
Comprender o funcionamento dos destinos, estruturas turísticas e os seus sectores empresariais no ámbito mundial. |
A28 |
Coñecer os obxectivos, a estratexia e os instrumentos públicos da planificación. |
A29 |
Traballar en medios socioculturais diferentes. |
A30 |
Coñecer as principais iniciativas de posta en valor do patrimonio cultural. |
A31 |
Comprender as características da xestión do patrimonio cultural. |
A32 |
Detectar necesidades de planificación técnica de infraestruturas e instalacións turísticas. |
A33 |
Creatividade. |
A34 |
Iniciativa e espírito emprendedor. |
A35 |
Motivación por calidade. |
B1 |
Capacidade de análise e síntese. |
B2 |
Comunicación oral e escrita en lingua nativa. |
B3 |
Resolución de problemas. |
B4 |
Razoamento crítico. |
B5 |
Compromiso ético. |
B6 |
Aprendizaxe autónoma. |
B7 |
Adaptación a novas situacións. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Recordar os conceptos teóricos relacionados co patrimonio e os recursos no ámbito turístico |
A1 A2 A4 A7 A8 A18 A23 A27 A30 A31
|
B1 B2 B4 B5
|
C4 C5 C7 C8
|
Coñecer os principais axentes e instrumentos de organización e xestión do turismo no eido do patrimonio natural e cultural. Analizar as súas competencias e as características da xestión.
|
A1 A2 A4 A7 A19 A25 A27 A28 A30 A31
|
B1 B4 B5
|
C4 C6 C7
|
Estudar e comprender o marco legal no que se insire esta actividade |
A1 A3 A14 A23 A27 A35
|
B1 B4
|
C4
|
Familiarizarse cos distintos tipos de productos turísticos relacionados co patrimonio e coñecer as distintas fases na súa creación e comercialización |
A1 A3 A7 A22 A25 A27 A28 A30 A31 A35
|
B1 B4 B6
|
C4 C5 C7
|
Aproximarse dun xeito real a algúns deses productos polo contacto directo cos axentes que os desenvolven |
A1 A2 A3 A4 A5 A7 A13 A25 A27 A30 A31 A34 A35
|
B1 B2 B4 B6 B7
|
C1 C4 C5 C6 C7
|
Profundizar na difusión do patrimonio, tanto na súa vertente didáctica como de promoción |
A1 A2 A3 A7 A23 A29 A30 A31 A35
|
B1 B4 B6
|
C4 C6 C7
|
Poñer en relación a materia cos coñecementos xa adquiridos ao longo dos estudios do Grao en Turismo |
A1 A2 A3 A5 A29 A33 A34 A35
|
B1 B4 B6
|
C4 C6 C7 C8
|
Ser capaces de desenvolver un proxecto de investigación e proposta de xestión a partires dun recurso real |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A11 A12 A13 A14 A18 A19 A23 A24 A26 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35
|
B1 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1 - TURISMO E PATRIMONIO. |
HISTORIA DAS RELACIONS TURISMO E PATRIMONIO, E DAS SÚAS MUTUAS INFLUENZAS DENDE O SU ORIXE ATA A ACTUALIDADE. CONCEPTOS E EVOLUCIÓN DOS MESMOS. COMPLEXIDADES ACTUAIS. |
Tema 2- RECURSOS PATRIMONIAIS |
DO MONUMENTO ILLADO A PAISAXE CULTURAL. CLASIFICACIONS. ORGANISMOS INTERVINTES E PROCESOS DE PATRIMONIALIZACION. AXENTES E PROFESIONAIS QUE INTERVEÑEN NO PROCESO DE PATRIMONIALIZACION. |
Tema 3. PRODUCTOS TURISTICOS PATRIMONIAIS P.T.P.. |
TIPOLOXÍAS DENDE O PRODUCTO UNITARIO OS MÁIS COMPLEXOS. INTERACCIÓNS E COMBINACIÓNS. EXEMPLOS NAS DIFERENTES ESCALAS DO LOCAL AO GLOBAL. |
Tema 4- XESTION DOS P.T.P. |
COMPLEXIDADES E RETOS. NORMATIVAS XERAIS. A CONSERVACION DENDE O TURISMO. A ACTIVACIÓN DOS RECURSOS. A PROMOCION E A DINAMIZACIÓN.CREACION DUN P.T.P. |
Tema 5- AVALIACION CRITICA DO TURISMO PATRIMONIAL. |
ESTUDO DE CASOS E VISITAS GUIADAS. ANALISE DE CENTROS DE VISITANTES, DE INTERPRETACIÓN, MUSEOS E NOVAS TIPOLOXÍAS. BALANCE CRÍTICO DOS P.T.P. PRESENTADOS POLOS ALUMNOS/AS. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Aprendizaxe colaborativa |
A33 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C7 |
3 |
3 |
6 |
Discusión dirixida |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A11 A14 A18 A19 A22 A23 A25 A27 A28 A30 A31 A35 B1 B2 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C7 |
10 |
0 |
10 |
Estudo de casos |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A14 A18 A23 A25 A27 A28 A31 A32 A35 B2 B4 B5 B6 B7 C1 C7 C8 |
15 |
30 |
45 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A11 A12 A13 A14 A18 A19 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
1 |
17 |
18 |
Lecturas |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A14 A18 A23 A25 A27 A28 A31 A32 A35 B1 B2 B4 B5 B6 B7 C1 C4 C7 C8 |
0 |
10 |
10 |
Mesa redonda |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A11 A14 A18 A19 A22 A23 A25 A27 A28 A30 A31 A35 B2 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C4 C7 |
4 |
8 |
12 |
Proba de discriminación |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A12 A18 A19 A23 A25 A27 A28 A30 A31 B1 B3 B4 B5 B6 B7 |
1 |
10 |
11 |
Saídas de campo |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A18 A19 A23 A25 A27 A30 A31 B1 B2 B4 B5 C1 C5 C7 |
6 |
3 |
9 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A12 A18 A19 A23 A25 A27 A28 A30 A31 B1 B3 B4 B5 B6 B7 |
10 |
10 |
20 |
Análise de fontes documentais |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A14 A18 A23 A25 A27 A28 A31 A32 A35 B2 B4 B5 B6 B7 C1 C4 C7 C8 |
2 |
6 |
8 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Aprendizaxe colaborativa |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Discusión dirixida |
Técnica de dinámica de grupos na que os membros dun grupo discuten de forma libre, informal e espontánea sobre un tema, aínda que poden estar coordinados por un moderador. |
Estudo de casos |
Metodoloxía onde o suxeito se enfronta ante a descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de persoas, a través dun proceso de discusión. O alumno sitúase ante un problema concreto (caso), que lle describe unha situación real da vida profesional, e debe ser capaz de analizar unha serie de feitos, referentes a un campo particular do coñecemento ou da acción, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo. |
Investigación (Proxecto de investigación) |
Proceso de ensinanza orientado á aprendizaxe do alumnado mediante a realización de actividades de carácter práctico a través das que se propoñen situacións que requiren ao estudante identificar un problema obxecto de estudo, formulalo con precisión, desenvolver os procedementos pertinentes, interpretar os resultados e sacar as conclusións oportunas do traballo realizado. |
Lecturas |
Son un conxunto de textos e documentación escrita que se recolleron e editaron como fonte de profundización nos contidos traballados. |
Mesa redonda |
Técnica de dinámica de grupos en que un grupo de especialistas nun tema, que teñen puntos de vista diverxentes ou contraditorios, levan a cabo unha discusión diante dun grupo coordinados por un moderador. |
Proba de discriminación |
Proba obxectiva que consiste en optar por unha das dúas opcións ou alternativas que se presentan a unha cuestión determinada. As variantes de alternativa de resposta que se presentan ás cuestións formuladas poden ser “si/non” ou “verdadeiro/falso”. Tamén poderá empregarse o tipo de proba de resposta múltiple |
Saídas de campo |
Actividades desenvolvidas nun contexto externo ao contorno académico universitario (empresas, institucións, organismos, monumentos, etc.) relacionadas co ámbito de estudo da materia. Estas actividades céntranse no desenvolvemento de capacidades relacionadas coa observación directa e sistemática, a recollida de información, o desenvolvemento de produtos (bosquexos, deseños, etc.), etc. |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Análise de fontes documentais |
Técnica metodolóxica que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artigos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
|
Descrición |
Pode ser necesaria a atención personalizada para o desenvolvemento do proxecto de investigación, aínda que os problemas que se podan presentar durante a súa elaboración serán resoltos durante as titorías. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Aprendizaxe colaborativa |
A33 B1 B3 B4 B5 B6 B7 C4 C7 |
Darase especial importacia ao traballo realizado en grupo, tanto na preparación dos seminarios e casos prácticos, como na participación individula nas actividades propostas polos profesores |
15 |
Estudo de casos |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A14 A18 A23 A25 A27 A28 A31 A32 A35 B2 B4 B5 B6 B7 C1 C7 C8 |
Avaliarase mediante a presentación por parte de cada alumno ou alumna, de xeito individual, dunha recensión sobre cada caso presentado |
15 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A1 A2 A3 A4 A5 A6 A7 A8 A10 A11 A12 A13 A14 A18 A19 A22 A23 A24 A25 A26 A27 A28 A29 A30 A31 A32 A33 A34 A35 B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C2 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
Os alumnos e alumnos presentarán un proxecto de investigación e xestión en grupo baseado nun caso real. Os profesores estableceran os grupos de traballo e o tema no que se centrará |
40 |
Proba de discriminación |
A1 A2 A3 A4 A7 A8 A10 A11 A12 A18 A19 A23 A25 A27 A28 A30 A31 B1 B3 B4 B5 B6 B7 |
Os alumnos terán que demostrar os coñecementos adquiridos ao longo da materia nunha proba "tipo test". |
30 |
|
Observacións avaliación |
Os alumnos e alumnas que non superen polo menos o 50% da nota de cada modalidade de avaliación proposta, deberán subsanar esa parte na convocatoria de xullo. É dicir, non se sumarán porcentaxes a menos que estes se vexan superados en dita cantidade. Os traballos en grupo, tanto a Aprendizaxe colaborativa como o Proxecto de Investigación, serán avaliados tanto de xeito individual coma colectivo. Cada persoa recibirá unha nota individual, tendo en conta as súas aportacións, e outra colectiva, que será a mesma para todos os membros da equipa. A nota final será a media obtida entre ambas calificacións. A proba de discriminación é individual. A Asistencia é obrigatoria. Permítese un máximo de faltas correspondente ao 15% do total. Aqueles alumnos que non cumplan o requisito da asistencia terán que presentar igualmente o proxecto proposto (que non computará na nota final, pero é requisito imprescindible para presentarse á proba final) e aprobar un exame xeral da materia. Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia solicitada á Dirección da EUT-CENP ten que falar co profesor.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Choay, f. (2007). La alegoría do patrimonio. Barcelona: Gustavo gili
Ley 16/1985 , de 25 de junio, del patrimonio histórico español. BOE nº 155 de 29 junio 1985
Ley 8/95, de 30 de octubre, del patrimonio cultural de Galicia. DOGA 8 de noviembre de 1995.
Graham, b., Ashworth g.j et al. (2000). A geography of heritage. London: Arnold.
ICOMOS (1999): Carta Internacional sobre Turismo Cultural. México, ICOMOS.
Laredo Verdejo, X.L. ( 1997), Galicia Enteira, Edicions Xerais
Liber sancti jacobi. codex calixtinus. libro v. guía de peregrinos. 11 capitulum. 1160/70.
Menéndez, m.l. (2006). El marqués de la vega Inclán y los orígenes del turismo en España. Madrid
OMT (1993). Tourism at world heritage cultural sites. Editor Donald Garfield
OMT (2001). Cultural heritage and Tourism development. A report on the International Conference
on Cultural Tourism. Conference proceedings. Siemp reap. Cambodia.11-13 December.2000
Otero Pedrayo,R (varias) R. Guía de Galicia, Galaxia Edicións
Pedersen, A. (2002). Managing tourism at world heritage sites: a practical manual for whs managers
Richards, G.ed. Cultural tourism: global and local perspectives.New York: Haworth Hospitality Press, cop. 2007
Treseras, J. (2001) Gestión del Patrimonio Cultural, Ariel
REVISTAS:
Ministerio de Cultura http://www.mcu.es/centrosDocumentacion/docs/MC/guialector14.pdf
Revista Patrimonio Fundacion Patrimonio CyL http://www.fundacionpatrimoniocyl.es/PUBL.asp?id=42
PH Patrimonio Histórico. http://www.iaph.es/web/canales/publicaciones/revista-ph/
Revista América Patrimonio. www.revistaamericapatrimonio.org
Revista Pasos www.pasosonline.org,
WEBS :
www.unwto.org,
www.unesco.org,
www.international.icomos.org,
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|