Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A19 |
Coñecementos e capacidades para aplicar as técnicas de enxeñaría gráfica. |
A20 |
Coñecementos e capacidades para o cálculo, deseño e ensaio de máquinas. |
A23 |
Coñecementos e capacidades para aplicar os fundamentos da elasticidade e resistencia de materiais ao comportamento de sólidos reais. |
A24 |
Coñecementos e capacidade para o cálculo e deseño de estruturas e construcións industriais. |
B1 |
Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita encontrarse a un nivel que, aínda que se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B4 |
Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como leigo |
B5 |
Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprenderen estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
B7 |
Ser capaz de realizar unha análise crítica, avaliación e síntese de ideas novas e complexas |
B9 |
Adquirir unha formación metodolóxica que garanta o desenvolvemento de proxectos de investigación (de carácter cuantitativo e/ou cualitativo) cunha finalidade estratéxica e que contribúan a situarnos na vangarda do coñecemento |
C1 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C6 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer os fundamentos das ferramentas informáticas empregadas para o deseño de produtos na industria. |
A19
|
B1 B2 B5
|
C1 C4 C6
|
Realizar deseños de pezas dunha maneira metódica e ordenada, posibilitando á xestión documental industrial. |
A19
|
B1 B2 B4 B5
|
C1 C4 C6
|
Comprender os diferentes condicionantes das tecnoloxías de fabricación que inflúen no deseño. |
A19
|
B1 B2 B5 B7
|
C1 C4 C6
|
Realizar análises de máquinas e mecanismos para verificar as especificacións de deseño. |
A19 A20 A23 A24
|
B1 B2 B4 B5 B7 B9
|
C1 C4 C6
|
Realizar un proxecto mecánico desde cero, adaptándose ás tecnoloxías e compoñentes dispoñibles actualmente no mercado. |
A19 A20 A23 A24
|
B1 B2 B4 B5 B7 B9
|
C1 C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Introdución ao deseño asistido por ordenador |
Introdución ao CAD 3D e aos paquetes comerciais. |
Introdución ao interfaz e contornas do programa de CAD/CAE. |
Introdución ao CAD 3D e aos paquetes comerciais 3D-CAD/CAE/CAM. |
Esbozos (layouts 2D)
|
Comandos básicos de esbozo.
Parametrización de esbozos mediante cotas e restricións.
Esbozos restrinxidos e infrarrestrinxidos. |
Modelado xeneral de pezas 3D |
Operacións de base.
Operacións de tratamento e especializadas. |
Modelado de pezas de chapa |
Operacións base.
Operacións de tratamento e especializadas.
Operacións de deformación de chapa.
Desenvolvemento de pezas de chapa. |
Deseño de conxuntos de pezas |
Engadindo elementos da contorna peza/chapa (Bottom up).
Deseño de pezas na contorna de conxunto (Top down). |
Asociatividade entre pezas e conxuntos |
Asociatividade gráfica.
Asociatividade mediante variables.
Administración de asociacións entre pezas. |
Cálculo de propiedades físicas de pezas e conxuntos |
Cálculo de masas.
Cálculo de volumes.
Cálculo de centros de masas
Cálculo de tensores de inercia. |
Xeración de planos |
Vistas 2D.
Anotación e símbolos.
Lista de pezas.
Modelos. |
Introdución ao modelado de superficies tridimensionales |
Comandos de superficie. |
Introdución á análise por elementos finitos |
Análise estática lineal, modal e térmico. |
Introducción á cinemática e dinámica de mecanismos por ordenador |
Análise cinemática de mecanismos complexos.
Análise dinámica de mecanismos complexos. |
Introdución ao deseño de elementos de máquinas por computador. |
Deseño e análise de elementos comúns en máquinas: eixos, poleas, resortes, engrenaxes, levas, etc. |
Administración de documentos |
Conceptos teóricos.
Administrar revisións. |
Traballo de final de curso: proxecto de deseño dun produto complexo |
Cada ano distribúese aos alumnos en equipos de traballo e encárgase o deseño dunha máquina ou produto complexo. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A19 A20 A23 A24 B1 B5 C1 C4 |
15 |
15 |
30 |
Aprendizaxe colaborativa |
B2 B4 B7 B9 C6 |
30 |
84 |
114 |
Proba obxectiva |
B2 B4 B7 |
4 |
0 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Desenvólvense todos os contidos do temario necesarios para levar a cabo os deseños propostos. Para a práctica totalidade dos temas emprégase ordenador e medios audiovisuais para que os alumnos poidan seguir as explicacións interactivamente. |
Aprendizaxe colaborativa |
Realízanse varios traballos durante o curso e un traballo de final de curso.
Para o traballo de final de curso distribúese aos alumnos en equipos de traballo (xeralmente formados por dous alumnos) e encárgase o deseño dunha máquina ou produto complexo.
Aqueles alumnos que asistiron polo menos ao 80% dos días de clases presenciais e superaron satisfactoriamente o traballo de fin de curso proposto, aproban a materia. De non superar o traballo de fin de curso favorablemente indícanselles as deficiencias do mesmo e teñen un prazo adicional para emendalas, pero non necesitan ir ao exame de superar a materia mediante o traballo dentro do mesmo curso. |
Proba obxectiva |
Aqueles alumnos que non asistisen polo menos ao 80% das clases presenciais, ou non superasen o traballo de fin de curso, deberán superar un exame práctico relacionado co caso de deseño exposto durante o curso. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
Durante a realización dos traballos de fin de curso na aula que constitúen a aprendizaxe colaborativo, o profesor estará a disposición do alumno para aclarar dúbidas, orientar a realización do deseño, etc.
Así mesmo, ao longo do curso o profesor estará a disposición do alumno durante as horas de tutoría para aclarar todas as dúbidas que se lle poidan presentar. É posible concertar unha cita noutro horario a través do correo electrónico do profesor ou teléfono do despacho.
O horario das tutorías comunícase ao comezo do curso.
No caso dos alumnos con dispensa académica, estabelecera-se unha serie de titorías quincenais para o seguimento dos exercicios asignados especialmente para este fin. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Aprendizaxe colaborativa |
B2 B4 B7 B9 C6 |
Realízanse traballos individuais e un traballo de final de curso supervisado polo profesor.
Para o traballo de final de curso distribúese aos alumnos en equipos de traballo (xeralmente formados por dous alumnos) e encárgase o deseño dunha máquina ou produto complexo.
Aqueles alumnos que asistiron polo menos ao 80% das clases presenciais e superaron satisfactoriamente os traballos individuais e o traballo de fin de curso proposto, aproban a materia. De non superar o traballo de fin de curso favorablemente indícanselles as deficiencias do mesmo e teñen un prazo adicional para emendalas, pero non necesitan ir ao exame de superar a materia mediante o traballo dentro do mesmo curso.
Os alumnos con dispensa académica terán que presentar adicionalmente os traballos referidos no seguimento quincenal descrito no paso 6. |
90 |
Proba obxectiva |
B2 B4 B7 |
Aqueles alumnos que non asistisen polo menos ao 80% dos días de clases presenciais, ou non superasen o traballo de fin de curso, deberán superar un exame práctico relacionado co caso de deseño exposto durante o curso. |
10 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Paul Kurowski (2010). Engineering Analysis with SolidWorks Simulation 2010. SDC
Sergio Gómez González (2007). Gran libro de SolidWorks Office Professional. Marcombo
Sergio Gómez González (2012). SoldWorks Práctico. Complementos. Marcombo
Paul Tran (2014). Solidworks 2015. I. Introductory level tutorials : Parts, Assemblies and Drawings. SDC
Matt Weber (2015). Solidworks Simulation 2015 Black Book Paperback. CreateSpace Independent Publishing Platform
Paul Kurowski (2012). Thermal Analysis with SolidWorks Simulation 2012. SDC |
- Bibliografía básica das materias que se recomenda cursar previamente.
- Dependendo do caso práctico de deseño proposto como traballo de fin de curso, a bibliografía recomendada varía, pero en xeral, trátanse temas multidisciplinares.
|
Bibliografía complementaria
|
Jorge Alonso Oñartechevarria (2011). Manual práctico Solid Edge ST4. Servicios Informáticos DAT
AENOR (2001). Dibujo Técnico. Normas Básicas.. AENOR
José Lafargue Izquierdo (2008). Prácticas de CAD 3D. Solid Edge v18. Universidad de la Rioja
Kunwoo Lee (1999). Principles of CAD/CAM/CAE Systems. Addison-Wesley |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
EXPRESION GRAFICA/730G03002 | RESISTENCIA DOS MATERIAIS/730G03013 | TEORÍA DE MÁQUINAS/730G03019 | TECNOLOXIA DE MAQUINAS/730G03028 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para axudar a acadar unha contorna inmediato sostíbel e cumprir co obxectivo da acción número 5: «Docencia e investigación
saludable y sustentable ambiental y social» do «Plan de Acción Green
Campus Ferrol»: - A entrega dos traballos documentais que se realizaren nesta materia solicitarase en formato virtual e/ou en soporte informático.
- Realizarase a través do Moodle, en formato dixital sen necesidade de impresión.
|
|