Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
1.- Traballar en equipo.
Distinguir o rol da enfermeira e identificar o rol dos diferentes
membros do equipo.
Demostrar disposición para o traballo cooperativo dentro do equipo asistencial |
A62
|
B1 B3 B5 B7 B11 B13 B14 B19 B24
|
C1 C3 C7 C10 C12
|
2.- Capacidade de comunicación
Poñer en práctica os elementos básicos da comunicación enfermeira-persoa enferma. |
A62
|
B7 B14 B15 B16
|
C1 C12
|
3.- Aplicar o proceso de atención de enfermaría.
Aplicar na práctica asistencial os coñecementos aprendidos do proceso de atención de enfermaría
Executar as técnicas e protocolos garantindo a seguridade e de acordo ao establecido na institución asistencial. |
A62
|
B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B24
|
C1 C3 C4 C10 C11 C12
|
4.- Incorporar á práctica profesional os principios éticos e legais que guían á profesión.
Respectar as opinións, valores, crenzas das persoas e garantir a confidencialidade e privacidade da información persoal e clínica. Cumprir as normas de funcionamento das unidades ou servizos. |
A62
|
B6 B16 B20 B24
|
C4 C11
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
PRÁCTICAS CLÍNICAS TUTELADAS, REALIZADAS EN UNIDADES DE HOSPITALIZACIÓN. |
- Situación nun centro sanitario. Coñecemento do seu funcionamento e normas a seguir.
- Integración nun equipo de saúde.
- Ingreso do paciente. Protocolo de admisión.
- Planificación de coidados.
- Realización de técnicas e procedementos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas clínicas |
A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
112 |
0 |
112 |
Traballos tutelados |
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B13 B14 B15 B16 C1 C10 C11 |
2 |
30 |
32 |
Actividades iniciais |
B6 B10 |
5 |
0 |
5 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas clínicas |
A práctica clínica é o proceso sistemático e organizado mediante o cal os estudantes integran os coñecementos e competencias da enfermaría e adquiren a formación clínica adecuada en centros asistenciais, baixo a tutorización do profesor asociado e de profesionais de enfermaría cualificados e a responsabilidade do profesor titular da materia. A realización das prácticas clínicas segundo a programación establecida desde a materia son de carácter obrigatorio. |
Traballos tutelados |
Proceso encamiñado a promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor titular da materia e desenvolvido en escenarios profesionais. A realización e entrega do traballo é de carácter obrigatorio. |
Actividades iniciais |
Actividades que levan a cabo antes de iniciar as prácticas clínicas no medio hospitalario.
Desenvólvense mediante dúas sesións en escenarios diferentes. Unha primeira sesión ten lugar na aula e durante a mesma especifícanse todos os aspectos necesarios e de interese para o correcto desenvolvemento da materia. Nunha segunda sesión reúnese aos alumnos dentro do entorno clínico onde se tratan aqueles aspectos específicos do medio no que se atopan, tratando de establecer unha sesión de acollida ao alumno no centro hospitalario en cuestión.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas clínicas |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Nas Prácticas Clínicas a atención personalizada vai dirixida principalmente a tutorizar aos alumnos no entorno clínico orientándoos á consecución de competencias establecidas.
No desenvolvemento dos Traballos Tutelados a profesora responsable guía o proceso de maneira personalizada e establece sesións presenciais. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas clínicas |
A62 B1 B3 B5 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B13 B14 B15 B16 B19 B20 B24 C1 C3 C4 C7 C10 C11 C12 |
Informe da profesora asociada de prácticas clínicas, en coordinación coa responsable de cada unidade de enfermaría.
Avaliaranse as seguintes competencias:
1) Comunicación/Relación
2) Proceso Enfermeiro
3) Alteracións da Saúde/Ciclo Vital
4) Técnicas e Procedementos
5) Traballo en Equipo
6) Ética Profesional |
80 |
Traballos tutelados |
B1 B3 B5 B7 B8 B9 B11 B13 B14 B15 B16 C1 C10 C11 |
Presentación e defensa dun traballo final. |
20 |
|
Observacións avaliación |
PRIMEIRA E SEGUNDA OPORTUNIDADE
As prácticas clínicas son obrigatorias e non existen faltas xustificadas, polo que as ausencias debidamente acreditadas deberán recuperarse, sempre que non excedan do 50% das planificadas. As non xustificadas constitúen unha infracción grave e poden supoñer, a criterio do profesor titular responsable, o suspenso da materia. A recuperación das prácticas realizarase no período establecido polo profesor, antes da data de peche de actas.
As datas e horarios nas que cada estudante realizará as prácticas clínicas faranse públicas antes do inicio destas.
A aplicación das porcentaxes correspondentes realizarase sempre e cando o alumno teña as dúas probas (Prácticas Clínicas e Traballos Tutelados) superadas de xeito independente. Cando o alumno non supere de xeito independente as dúas probas supoñerá a cualificación de SUSPENSO en acta. A cualificación numérica obterase establecendo un mínimo en cada unha das partes.
O feito de non presentar o Traballo Tutelado e ter superado as prácticas clínicas implica figurar en acta como NON PRESENTADO, podendo presentalo na segunda oportunidade.
As probas superadas na primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade, coa cualificación obtida.
Os estudantes que no demostren ter acadado as competencias avaliadas na práctica clínica na primeira oportunidade, serán sometidos a un exame práctico que deberán superar para poder acceder novamente ao entorno clínico e proceder á recuperación desta parte da materia.
A materia atenderá ao establecido no Regulamento de Prácticas Clínicas e Prácticum da Facultade de Enfermaría e Podoloxía, vixente no curso académico.
MATRÍCULA DE HONRA:
Poderán optar a matrícula de honra aqueles estudantes cunha media superior ao 9,5 quedando supeditada á consideración dos profesores da materia, se así o estimasen oportuno.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
NANDA Internacional (2015). Diagnósticos enfermeros : definiciones y clasificación : 2015-2017. Barcelona: Elsevier
González Gomez, Inés Carmen. Herrero Alarcón, Angustias (2015). Técnicas y procedimientos de enfermería. Madrid: DAE
Johnson, Marion (2012). Vinculos de NOC y NIC a Nanda-I y diagnósticos médicos : soporte para el razonamiento crítico y la calidad de los cuidados. Madrid : Elsevier |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía/750G01001 | Sistemas da información e comunicación en ciencias da saúde/750G01004 | Fisioloxía I/750G01005 | Fisioloxía II/750G01010 | Farmacoloxía/750G01011 | Estancias Clinicas I/750G01025 | Enfermaría Clínica I/750G01034 | Fundamentos de Enfermaría/750G01107 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Enfermaría Clínica II/750G01035 |
|
Materias que continúan o temario |
Estadías Clínicas III/750G01027 | Estancias Clínicas IV/750G01028 | Estancias Clínicas V/750G01029 | Estancias Clínicas VI/750G01030 | Estancias Clínicas VII/750G01031 | Practicum/750G01032 |
|
Observacións |
* Os alumnos que cursen esta materia deberán demostrar uns coñecementos mínimos en Estancias Clínicas I que lles permita realizar unhas prácticas clínicas nunha contorna real como é o hospitalario.
Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa e Igualdade de Xénero: Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": 1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos 2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural
3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais 4. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria |
|