A avaliación final da asignatura realizarase segundo as seguintes porcentaxes:
- PROBA MIXTA ..................... 80%
- SOLUCIÓN DE PROBLEMAS ... 20%
Para poder superar a asignatura é imprescindible obter unha nota superior ó 50% da puntuación máxima que se pode acadar tras sumar as puntuacións de cada un dos dous aspectos anteriores.
Os alumnos de segunda convocatoria (Xullo), os alumnos con matrícula a tempo parcial ou aqueles en convocatoria adiantada serán sometidos ó mesmo sistema de avaliación. Se así o indican, poderán optar porque a nota final da asignatura corresponda no 100% á nota obtida na proba mixta. Esta decisión deberán comunicarlla ó profesor responsable da asignatura no momento de realización do exame.
Non presentado. Considerarase "non presentado" a calquer alumno que non se presente á proba mixta.
Matrícula de honra: outorgarase ós alumnos que, obtendo calificación de 9,5 puntos ou superior, teñan as puntuacións máis elevadas e, en caso de empate, outorgaraselle ó que obteña unha maior puntuación na proba mixta.
Para axudar a conseguir un entorno inmediato sostible e cumprir o
obxectivo estratéxico 9 do "I Plan de Sostenibilidad Medio-Ambiental
Green Campus FCS", os traballos documentais que se realicen nesta
materia maioritariamente solicitaranse en formato virtual e soporte
informático. De realizarse en papel:
a.- Non se empregarán plásticos.
b.- Realizaranse impresións a dobre cara.
c.- Empregarase papel reciclado.
d.- Evitarase a impresión de borradores, moi especialmente en cor.