Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O estudante coñece e identifica os procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podológica, pé de risco e os parámetros clínicos patolóxicos das afeccións estruturais e funcionais do aparello locomotor en decúbito, bipedestación estática e dinámica. |
A19
|
B1 B3 B5
|
C1 C2 C3 C4 C7
|
O estudante coñece a fisiopatología do envellecemento músculo-esquelético e as principais patoloxías podológicas no adulto maior así como as características propias da marcha neste grupo. |
A19
|
B1 B9 B18
|
C2 C3
|
O estudante coñece o desenvolvemento e os cambios fisiológicos da extremidade inferior así como as características da marcha nas diferentes etapas do crecemento. |
A19
|
B1 B9 B18
|
C2 C3
|
O estudante coñece e identifica as patoloxías do membro inferior características da etapa infantil que inflúen no pé e a marcha e as pautas xerais de tratamento, así como coñece e identifica as principais enfermidades congénitas que poden afectar ao pé e o concepto de enfermidade rara e a actuación ante as mesmas. |
A19
|
B1 B3 B5 B7
|
C1 C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Fisiopatología do envellecemento músculo-esquelético.
Características da marcha do ancián |
Tema 1: Epidemioloxía das lesións nos pés na poboación Xeriátrica.
Tema 2: Fisiopatoloxía do envellecemento. Alteracións máis frecuentes nos pés na poboación Xeriátrica.
Tema 3: Características da marcha xeriátrica.
|
Patoloxía Podológica no ancián. |
Tema 4: Alteracións do 1º Radio e 1ª articulación metatarsofalánxica.
Tema 5: Patoloxía dixito-metatarsal.
Tema 6: Metatarsalxia no adulto maior. Tipos. Causas. Patoloxía dos sesamoideos.
Tema 7: Patoloxía de retropie:Disfunción do Tibial Posterior. Talalxias no adulto maior.Síndrome dolorosa no talón.
Pé cavo doloroso, síndrome do túnel do tarso e síndrome do seo do tarso. |
Procesos patolóxicos do pé e sistémicos con repercusión podológica. |
Tema 8: A Gota. Artrite Gotosa
Tema 9: Artrose xeneralizada.
Tema 10: Artrite Reumatoide. Outros tipos de Artrites.
Tema 11: Alteracións vasculares e neurolóxicas: centrais (ACV, Parkinson) e periféricas |
Cambios fisiológicos da extremidade inferior e características da marcha nas diferentes etapas de crecemento |
Tema 12: Caracteristicas especiais da atención ao paciente pediatrico.
Tema 13: Embrioloxía e desenvolvemento da extremidade inferior.
Tema 14:Características da marcha nas diferente etapas do crecemento. |
Deformidades congénitas. Asimetrías. Enfermidades raras e a súa repercusión no pé |
Tema 15: Malformacións por defecto/exceso
Tema 16: Malformacións Morfoestructurais
Tema 17: Enfermidades Raras |
Patoloxía podológica infantil. |
Tema 18: alteracións do crecemento e a postura
Tema 19: alteracións de cadeira e xeonllo
Tema 20: alteracións do pé
Tema 21: alteracións neurolóxicas centrais e periféricas
Tema 22: Alteracións reumatolóxicas |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Estudo de casos |
A19 B1 B3 B5 C3 |
10 |
20 |
30 |
Seminario |
A19 B7 B18 C1 C4 C7 |
10 |
15 |
25 |
Proba mixta |
A19 B3 C3 |
2 |
29 |
31 |
Sesión maxistral |
A19 B1 B3 B9 C2 |
21 |
42 |
63 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Estudo de casos |
Describiranse diferentes situacións clínicas, facilitandolle aos estudantes datos da anamnesis, motivos de consulta,datos da exploración física imaxes e probas complementarias. Ante estes datos cada grupo de estudantes deben realizar un diagnóstico xustificado e razoado da patoloxía do paciente e propor un plan integral de tratamento. |
Seminario |
Mediante o desenvolvemento de diferentes actividades en grupo desenvolveranse e profundarase en diferentes contidos da materia. |
Proba mixta |
Realizarase un exame de proba obxectiva con 70 preguntas, para superar a materia debe alcanzarse nesta proba unha cualificación de 35 puntos. |
Sesión maxistral |
As sesións maxistrais desenvolveranse como clases expositivas-participativas durante as cales se exporán os contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, vídeo, etc. As sesións maxistrais centraranse nos contidos principais do temario. A través da plataforma MOODLE( https://campusvirtual.udc.es/moodle/)ofreceranse materiais escritos cos contidos BASICOS do temario. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
|
Descrición |
A atención personalizada desenvolverase de forma programada nos horarios do profes@r de atención ao estudante, esta atención poderá desenvolverse de forma virtual ou presencial. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Estudo de casos |
A19 B1 B3 B5 C3 |
Cada grupo de traballo entregará un dossier sobre os casos traballados, a argumentación do diagnóstico e o plan de tratamento. Establecerase durante a planificación do curso a data de entrega dos devanditos dossieres.(valor 5). Só se puntuará o traballo dos casos traballados cando o estudante asista ao 80% das sesións presenciais, con excepción dos estudantes de matrícula parcial aos que se lles indicará os casos que deben traballar e a data de entrega.
O día do exame final oficial da materia incluiranse dous casos clínicos no que cada estudante debe resolver de forma individual un caso .(valor 15).
O estudante debe alcanzar polo menos a metade da puntuación en cada unha das partes.
Na convocatoria de Xullo se o estudante non alcanzou a puntuación deberá obter na proba de casos clínicos o 90% da puntuacion (13,5 puntos sobre 15) |
20 |
Seminario |
A19 B7 B18 C1 C4 C7 |
As actividades relacionadas cos seminarios é obrigatorio asistir ao 80% das sesións presenciais e non se poden recuperar ou substituír por outras actividades da materia; con execepcion dos estudantes de matricula parcial para os que se programasen actividades específicas cando se presente a situación.
Realizaranse 4 actividades (en grupo ou individuais)con cualificacións de 2.5 puntos cada actividade.
Para aprobar a materia é necesario sumar polo menos 5 puntos dos seminarios.
Na convocatoria de Xullo no caso de que o estudante non asistise aos seminarios deberá responder a 2 preguntas que teran un valor de 10 puntos e alcanzar nas mesmas polo menos un 80% da puntuación outorgada ás mesmas. |
10 |
Proba mixta |
A19 B3 C3 |
Realizarase un exame de proba obxectiva con 70 preguntas, para superar a materia debe alcanzarse nesta proba unha cualificación de 35 puntos. |
70 |
|
Observacións avaliación |
- As cualificacións dos estudos de casos os seminarios só computarán na cualificación final se se supera o 50% da cualificación da proba mixta. No caso de non se presentar ou non superar a proba mixta na primeira oportunidade, as cualificaciónsdelos estudos de casos e os seminarios computarán na segunda oportunidade se se supera o 50% da cualificación da proba mixta.
- As calificacións de estudos de casos e seminarios unha vez superadas poderán conservarse, previa solicitude do estudante, durante 1 curso académico. Nas seguintes matriculas os estudantes deberán cursar obrigatoriamente todas ás actividades.
- A cualificación de No Presentado outorgarase no caso de que non se presente á proba mixta.
- A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente aos estudantes que obteñan un 10 na cualificación media da materia . De darse o caso de que haxa máis estudantes con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os estudantes para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/ás. En caso de non existir ningún estudante con cualificación de 10, todos os estudantes que obteñan unha cualificación media superior a 9.0 requisito básico para optar á matrícula de honra, poderá optar á matrícula de honra logo de solicitude ao profes@r e mediante a superación da proba anteriormente descrita. No caso de que non existan solicitudes expresas de opción a matrícula, o profesor resérvase a potestade de outorgalas naqueles casos que, cumprindo o requisito mínimo, puidesen ser merecedores de matrícula pola aptitude e a actitude mostradas durante o desenvolvemento da materia
- Estudantes en matrícula parcial: Os estudantes en matrícula parcial deben de comunicalo obrigatoriamente ao profes@r responsable da materia ao inicio do curso (1ª semana). Para este alumnado a cualificación dos seminarios e os estudos de casos pode obterse mediante a realización de traballos dirixidos que o estudante realizará de forma autónoma.
- Oportunidade adiantada de avaliación: Os estudantes que se encontren nos supostos recollidos na normativa de xestión académica da UDC dispoñerán desta opción para superar a materia mediante unha proba escrita de características similares á a recollida no proceso de avaliación que terá un peso do 100% da cualificación final
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Thomson & Volpe (2001). Introduction to podopediatrics. London: Churchill livingstone
Minguella (2003). Malformaciones del Pie. Barcelona: Masson
Tachdjian (1999). Ortopedia Clinica Pediatríca. Madrid: Panamericana
A. DIMEGLIO (1999). ORTOPEDIA INFANTIL COTIDIANA. Barcelona: Masson
Drenann (2010). The child´s Foot & Ankle. Philadelphia: Wolters Kluwer
Angela M Evans (2010). The Pocket Podiatry Guide. Paediatrics. London: Churchill Livingstone |
- Menz Hylton. "Foot Problems in older people". 1ª Edición. 2008. Churchill Livingston. Elsevier. - Herbaux Isabelle et al. "Podología Geriátrica". 1ª Edición. 2007. Ed. Paidotribo. - Banks Alan, et al. "McGlamry's comprehensive textbook of foot and ankle surgery". Philadelphia: Lippincott Williams & Wilkins 2001.
- Munuera Martínez P. "El primer radio: biomecánica y ortopodología". Santander. Ed Exa. 2009.
- Harrison. "Principios de Medicina Interna". 17ª Edición. 2009. Ed. Mc Graw-Hill Interamericana Editores. |
Bibliografía complementaria
|
|
- Revista Internacional de Ciencias Podológicas
- Journal of the American Podiatric Association (JAPMA). |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía humana xeral/750G02001 | Anatomía específica do membro inferior/750G02002 | Fisioloxía xeral/750G02003 | Fisioloxía de sistemas/750G02004 | Patoloxía xeral/750G02008 | Biomecánica do membro inferior/750G02013 | Ortopodoloxía 1/750G02017 | Ortopodoloxía 2/750G02018 | Patoloxía Podolóxica 1/750G02021 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Podoloxía Preventiva/750G02015 | Dermatoloxía/750G02026 |
|
Materias que continúan o temario |
Prácticum 2/750G02034 | Prácticum 3/750G02035 |
|
Observacións |
Na primeira clase do curso, estableceranse os grupos de traballo de seminarios e casos clínicos para configurar o cronograma, polo que é básico asistir a esa primeira clase da materia, aqueles alumnos que non asistan a esa primeira sesión serán incluídos nos grupos de forma arbitraría para conseguir o equilibrio numérico entre estes. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase entregaranse en formato dixital e en papel sen empregar plásticos, con impresións a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.
Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. |
|