No referente á avaliación da materia, a principios de curso, o alumno deberá decidir entre dúas alternativas:
- Avaliación continua: aqueles alumnos que decidan realizar os distintos traballos propostos ao longo do curso. Neste caso, os traballos terán unha valoración do 30% e a proba mixta do 70% da nota final.
- Exame final: neste caso o alumno non realiza ningún dos traballos expostos e avaliaráselle no exame final. Neste caso, a proba mixta ten unha ponderación de 70/100.
Realizarase un ou dous exames parciais, compostos por unha parte teórica e unha parte práctica, as cales se cualifican por separado. Estes exames liberan materia para o exame final.
Os criterios de evaluación na 2º oportunidade son os mesmos que na primeira oportunidade.
As notas dos distintos traballos manteranse dun curso a outro sempre que o alumno solicíteo.
Nesta materia aceptase a dispensa académica, sempre que sexa solicitada oficialmente.