As
cualificacións das tarefas avaliables serán válidas só para o curso
académico no que se realicen.
As probas obxectivas poden incluir preguntas de resposta curta e/ou tipo test, resolución problemas en papel ou deseño de circuitos co software ISE.
Para alcanzar a máxima nota no traballo teránse en conta os seguintes aspectos:
- Os circuítos deseñados deben funcionar
perfectamente en todos os seus aspectos (simulación funcional e
temporal).
- A memoria entregada e a presentación terán que ser claras.
-
O alumno terá que realizar unha defensa personalizada da práctica, xustificando o porqué do seu deseño e contestando ás preguntas relativas ao traballo realizadas polo profesor.
Nota final
A nota final calcularáse, en xeral, como:
Nota Final =0,3 x Nota proba obxectiva 1 + 0,4 x Nota traballo + 0,3 x Nota proba obxectiva 2
Aqueles estudantes que non tivesen calificación na 1ª proba obxectiva, ou ben, acadasen calificacións moi baixas poden optar a realizar a 2ª proba obxectiva (a proba será distinta neste caso). Neste suposto a nota final será:
Nota Final=0,6 x Nota proba obxectiva 2 + 0,4 x Nota traballo.
Para aprobar a asignatura a nota final debe ser a lo menos do 50% da puntuación total. Ademáis, a nota obtida nas probas obxectivas utilizadas para calcular a nota final debe ser superior ao 30% do total das mesmas.
Se non se superan os mínimos das probas obxectivas e suma total é superior aos 50 puntos, a nota final será de 45.
Segunda oportunidade
Na
segunda oportunidade, realizaráse unha proba obxectiva que pode constar de cuestións teórico-prácticas sobre todo o temario, exercicios escritos e de implementación dun circuito nalgunha das placas do Laboratorio.