Os alumnos poderán acollerse a dúas formas de avaliación, a elección deberán de comunicala á profesora ao comezo do curso:
- Avaliación continua: aqueles alumnos que decidan realizar todos os traballos expostos ao longo do curso. Neste caso a proba mixta ten un valor do 70% e os traballos un 30% (como se establece nas metodoloxías).
- Avaliación NON continua: aqueles alumnos que non realicen os traballos expostos. Neste caso, o exame final terá un valor do 70%.
A mediados do curso realizarase un exame parcial que liberará materia para o exame final.
As notas dos traballos e do exame parcial gardarase ata a 2º convocatoria (xullo).
Durante o curso confirmarase se leva a cabo a visita á empresa ou no seu caso asistirase a algún evento científico, en calquera dos dous, requirirase a realización dun traballo. O seu cualificación final será dun 5% da nota final, ao só realizarse unha destas dúas metodoloxías.
Aceptase a dispensa académica nesta asignatura. No caso de que este alumnado non poda asistir o evento científico plantexado, a profesora plantexará un traballo alternativo.