Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Capacidade para a redacción, firma, desenvolvemento e dirección de proxectos no ámbito da enxeñaría industrial, e en concreto da especialidade de electrónica industrial. |
A2 |
Capacidade para planificar, presupostar, organizar, dirixir e controlar tarefas, persoas e recursos. |
A3 |
Capacidade para realizar medicións, cálculos, valoracións, taxacións, peritaxes, estudos e informes. |
A4 |
Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión. |
A5 |
Capacidade para analizar e valorar o impacto social e medioambiental das solucións técnicas actuando con ética, responsabilidade profesional e compromiso social, e buscando sempre a calidade e mellora continua. |
A36 |
TFG:Capacidade para a elaboración, presentación e defensa, ante un tribunal universitario, dun exercicio orixinal consistente nun proxecto no ámbito da Enxeñaría Industrial de natureza profesional en que se sinteticen e integren as competencias adquiridas nas ensinanzas. |
B1 |
Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico. |
B2 |
Capacidade de comunicar e transmitir coñecementos, habilidades e destrezas no campo da enxeñaría industrial. |
B4 |
Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa. |
B5 |
Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
É capaz de elaborar, presentar e defender de maneira individual un exercicio orixinal de carácter profesional no ámbito da Enxeñaría Electrónica como demostración e síntese das competencias adquiridas nos ensinos. |
A1 A2 A3 A4 A5 A36
|
B1 B4 B5
|
C1 C3 C6 C7 C8
|
Aplica as competencias adquiridas á realización dunha tarefa de forma autónoma. Identifica a necesidade da aprendizaxe continua e desenvolve unha estratexia propia para levalo a cabo |
|
B1 B4 B5
|
C3 C6 C7 C8
|
Planifica e utiliza a información necesaria para un proxecto ou traballo académico a partir dunha reflexión crítica sobre os recursos de información utilizados |
A2 A4
|
B4
|
C3 C6
|
É capaz de empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da Enxeñaría Electrónica necesarias para a práctica da mesma |
A36
|
B5
|
|
Comunícase de maneira clara e eficiente en presentacións orais e escritas sobre temas complexos, adaptándose á situación, ao tipo de público e aos obxectivos da comunicación. |
A2 A3 A36
|
B2
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal , consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Industrial de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas na titulación. |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Presentación oral |
A36 B2 C1 C3 |
2 |
20 |
22 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A36 B1 B4 B5 C3 C6 C7 C8 |
70 |
193 |
263 |
|
Atención personalizada |
|
15 |
0 |
15 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Presentación oral |
A defensa do TFG será realizada polo alumno oralmente e diante dun tribunal constituido para o efecto, durante un tempo máximo de 20 minutos. O obxectivo é que o alumno describa de forma ordenada, clara e empregando vocabulario técnico propio da titulación, o traballo realizado.
A exposición será un acto público e o alumno contestará a cantas preguntas e aclaracións estimaren convenientes o membros presentes do tribunal.
|
Traballos tutelados |
Exercicio orixinal a realizar individualmente e presentar e defender ante un tribunal , consistente nun proxecto no ámbito das tecnoloxías específicas da Enxeñaría Industrial de natureza profesional no que se sinteticen e integren as competencias adquiridas na titulación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
É misión do titor orientar e dirixir o traballo do alumno en cuestións relacionadas coa estrutura do tema, coa filosofía ou co enfoque. As cuestión de cálculo e de detalle son responsabilidade e competencia do alumno. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A36 B2 C1 C3 |
A defensa do TFG será realizada polo alumno oralmente e perante un tribunal constituido para o efecto, durante un tempo máximo de 20 minutos.
A exposición será un acto público e o alumno contestará a cantas preguntas e aclaracións estimaren convenientes o membros presentes do tribunal.
O tribunal estará constituido da seguinte forma:
Presidente, secretario e un vogal elixidos entre o profesorado da titulación afin ao tema que for obxecto do TFG. |
20 |
Traballos tutelados |
A1 A2 A3 A4 A5 A36 B1 B4 B5 C3 C6 C7 C8 |
Ao mesmo tempo que o alumno entrega o TFG, o titor ha de entregar o informe, no que se valora a dedicación do alumno, o contido técnico, a realización e orixinalidade do proxecto, así como a edición e presentación da documentación.
O tribunal cualificará a edición e presentación da memoria, o traballo realizado, a orixinalidade, o contido técnico e/ou tecnolóxico, a realización e/ou materialización do TFG, a aplicación tecnolóxica etc. |
80 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
REGULAMENTO DO TRABALLO FIN DE GRAO 2.4. Os estudantes poderán matricularse no TFG unha vez superados 180 créditos incluídos todos os da primeira metade do plan de estudos. O TFG
poderá ser defendido e avaliado cando o estudante supere o resto dos
créditos do título segundo se establece no apartado 2.9, do artigo 3,
capítulo II, título I da Normativa pola que se regulan as ensinanzas
oficiais de grao e máster universitario na UDC. REGLAMENTOS TFG: http://lucas.cdf.udc.es/nodos/vercont.php?tipo=3&pos=79&ent=bccratibinum000 |
|