Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Capacidade de xestión da información, manexo e aplicación das especificacións técnicas e da lexislación necesarias no exercicio da profesión. |
A19 |
Coñecer e empregar os principios da resistencia de materiais. |
B1 |
Capacidade de resolver problemas con iniciativa, toma de decisións, creatividade e razoamento crítico. |
B4 |
Capacidade de traballar e aprender de forma autónoma e con iniciativa. |
B5 |
Capacidade para empregar as técnicas, habilidades e ferramentas da enxeñaría necesarias para a práctica desta. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprender os fundamentos da elasticidade lineal: tensión, deformación e relacións constitutivas. |
A4 A19
|
B4
|
C1
|
Saber calcular as leis de esforzos: esforzos normais, momentos flectores, esforzos cortantes e momentos torsores, que se derivan dunha solicitación externa actuando sobre a peza elástica. |
A4 A19
|
B1 B4 B5
|
C1
|
Saber calcular as tensións e deformacións producidas por cada un dos esforzos: esforzo normal, momento flector, esforzo cortante e momento torsor, actuando separadamente, e cando a solicitación que actúa sobre a peza elástica é arbitraria. |
A4 A19
|
B1 B4 B5
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1: Introdución á resistencia de materiais. |
Tensión normal e deformación lineal. Propiedades mecánicas dos materiais. Elasticidade e plasticidade. Lei de Hooke e coeficiente de Poisson. Tensión tanxencial e deformación angular. Tensións e cargas admisibles. Deseño para cargas axiales e cortante directo. |
Tema 2: Carga axial. |
Cambios de lonxitude en barras uniformes e non uniformes. Efectos térmicos e deformacións previas. Tensións sobre seccións inclinadas. Enerxía de deformación. |
Tema 3. Torsión. |
Introdución. Deformacións a torsión en barras circulares. Relación entre os módulos de elasticidade E e G. Transmisión de potencia por medio de eixos circulares. |
Tema 4. Esforzos cortantes e momentos flectores.
|
Introdución. Tipos de vigas, cargas e reaccións. Esforzos cortantes e momentos flectores. Relacións entre cargas, esforzos cortantes e momentos flectores. Diagramas de tensión cortante e de momento flector. |
Tema 5. Tensións en vigas I. |
Introdución. Flexión pura e flexión non uniforme. Curvatura dunha viga. Deformacións lineais lonxitudinais en vigas. Tensións normais en vigas con material elástico lineal. Deseño de vigas a flexión. |
Tema 6. Tensións en vigas II. |
Vigas non prismáticas. Tensións tanxenciais en vigas de sección transversal rectangular e circular. Tensións tanxenciais nas almas de vigas con ás. Centro de esforzos cortantes. |
Tema 7. Análise de tensións e deformacións. |
Introdución. Tensión plana. Tensións principais e tensións tanxenciais máximas. Círculo de Mohr. Lei de Hooke para tensión plana. Tensións máximas en vigas. Deformación plana.
|
Tema 8. Deflexiones en vigas. |
Introdución. Ecuacións diferenciais da curva de deflexión. Deflexións por integración da ecuación do momento flector. Método área-momento. Enerxía de deformación por flexión. Métodos enerxéticos.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A19 |
21 |
36.75 |
57.75 |
Seminario |
A4 |
9 |
9 |
18 |
Solución de problemas |
B5 B4 B1 |
18 |
31.5 |
49.5 |
Proba obxectiva |
C1 |
3.5 |
12.25 |
15.75 |
|
Atención personalizada |
|
9 |
0 |
9 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais, que ten como finalidade transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe na o ámbito da análise estrutural. |
Seminario |
Técnica de traballo en grupo para resolver problemas, mediante exposición, discusión, participación e cálculo. Emprégase calculadora. |
Solución de problemas |
Metodoloxía consistente na formulación e resolución de casos prácticos, mediante exposición, discusión e participación, que axuda á comprensión das bases teóricas da materia e permite a explicación dos métodos máis frecuentes de aplicación da mesma. |
Proba obxectiva |
Proba escrita utilizada para a avaliación da aprendizaxe. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
Seminario |
|
Descrición |
Alumnado con dedicación completa:
a) Seminario: seguimento e resolución das dúbidas concretas xurdidas na solución dos problemas expostos.
b) Proba obxectiva: resolución de dúbidas sobre os contidos teóricos e prácticos da materia
Alumnado a tempo parcial:
a) Seminario: seguimento e resolución das dúbidas concretas xurdidas na solución dos problemas expostos.
b) Proba obxectiva: resolución de dúbidas en tutorías individuais sobre os contidos teóricos e prácticos da materia. Seguimento do traballo global do alumno.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba obxectiva |
C1 |
Realízase individualmente, de forma presencial, ao finalizar a materia, cunha duración estimada de 4 horas. Esíxese unha nota mínima de 4 sobre 10. |
70 |
Solución de problemas |
B5 B4 B1 |
Valoraranse de forma individual os casos prácticos resoltos polo alumno |
20 |
Seminario |
A4 |
Se valorarará a competencia de traballo en equipo e a resolución conxunta de problemas. |
10 |
|
Observacións avaliación |
Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: asistencia/ participación nas actividades de clase mínima do 75%: a) Seminario: resolución conxunta de problemas (10%) b) Solución de problemas: resolución de casos prácticos (20%) c) Proba obxectiva: exame escrito sobre os contidos da materia (70%) Segunda oportunidade: a) Solución de problemas: resolución de casos prácticos (30%) b) Proba obxectiva: exame escrito sobre os contidos da materia (70%)
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Ortiz Berrocal, Luis (2007). Resistencia de materiales. McGraw-Hill, Madrid.
Gere James M. (2002). Timoshenko. Resistencia de Materiales. Editorial Paraninfo, Madrid. |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Cálculo/770G01001 | Física I/770G01003 | Fisíca II/770G01007 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|