Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Química Médica Código 610509116
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2017)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Química
Coordinación
Riveiros Santiago, Ricardo
Correo electrónico
ricardo.riveiros@udc.es
Profesorado
González Bello, Concepción
Riveiros Santiago, Ricardo
Correo electrónico
ricardo.riveiros@udc.es
Web http://http://www.usc.es/gl/centros/quimica/curso/master.html
Descrición xeral Nesta materia preténdese que o alumno adquira os conceptos fundamentáis no ámbito da química médica e o deseño de fármacos, así como de que coñeza as etapas necesarias para o desenvolvemento dun fármaco, que van desde o descubrimento dun composto activo a nivel de laboratorio ata a súa implantación no mercado. A materia abordará ademáis as principiáis metodoloxías actuáis na procura de candidatos cabeza de serie que se utilizan tanto a nivel industrial como académico, así como a súa optimización para o desenvolvemento dun fármaco. Isto inclúe desde o deseño racional baseado na estrutura tridimensional da diana, o cribado virtual de compostos, ao deseño baseado en fragmentos. Describiranse ademáis os aspectos máis relevantes na cuantificación da relación estrutura-actividade (QSAR). Cada un dos contidos desta materia ilustrarase con exemplos representativos.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 CE1 - Definir conceptos, principios, teorías e feitos das diferentes áreas especializadas da Química
A2 CE2 - Propoñer alternativas para resolver os problemas químicos complexos das diversas especialidades químicas
A3 CE4 - Innovar en métodos de síntese e análise química relacionados coas diferentes áreas da Química.
A4 CE3 - Aplicar os materiais e as biomoléculas en ámbitos innovadores da industria e Enxeñaría Química
B1 CB6 – Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
B2 CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
B4 CB9 - Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
B7 CG2 - Identificar información da literatura utilizando as canles axeitadas e integrar esta información para crear e contextualizar un tema de investigación.
B10 CG5 - Usar a terminoloxía científica en inglés para discutir os resultados experimentais no contexto da profesión química
B11 CG6 - Aplicar correctamente as novas tecnoloxías de capturar e organizar a información para resolver problemas na actividade profesional
C1 CT1 - Elaborar, escribir e defender publicamente informes de carácter científico e técnico
C3 CT3 - Traballar con autonomía e eficiencia na práctica diaria da investigación ou da actividade profesional.
C4 CT4 - Apreciar o valor da calidade e mellora continua, actuando con rigor, responsabilidade e ética profesional.

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Coñecer os conceptos fundamentáis en química médica e o diseño de fármacos: dianas terapéuticas, inhibidores enzimáticos, agonistas, antagonistas, propiedades farmacológicas óptimas, etc. AM1
AM2
AM3
AM4
BM1
BM2
BM4
BM7
BM10
BM11
CM1
CM3
CM4
Coñecer as etapas no desenvolvemento dun fármaco, dende o descubrimento de un composto activo a nivel de laboratorio ata a súa implantación no mercado. AM1
AM2
AM3
AM4
BM1
BM2
BM4
BM7
BM10
BM11
CM1
CM3
CM4
Coñecer as principais metodoloxías na búsqueda de candidatos cabeza de serie para o desenvolvemento dun fármaco. Dende o deseño racional baseado na estructura tridimensional da diana, o cribado real ou virtual de compostos, ao deseño baseado en fragmentos, etc. AM1
AM2
AM3
AM4
BM1
BM2
BM4
BM7
BM10
BM11
CM1
CM3
CM4

Contidos
Temas Subtemas
Tema 1. Aspectos xerais, definicións e conceptos básicos Perspectiva histórica do descubrimento de fármacos. Etapas no descubrimento dun fármaco. Catálisis enzimática. Definicións e conceptos básicos: agonismo, antagonismo, análogos do estado de transición, inhibición reversible (competitiva, non competitiva), inhibición irreversible, sustratos suicidas. Exemplos ilustrativos.
Tema 2. Dianas terapéuticas Clasificación das dianas terapéuticas. Principais características. Enzimas. Transportadores de membrana. Canles iónicos dependentes do voltaxe. Canles de catións non selectivos. Receptores con canles iónicos intrínsecos. Receptores con actividade enzimática intrínseca. Receptores acoplados a proteínas citosólicas. Receptores acoplados a proteína G. Receptores nucleares.
Tema 3. Estratexias para o descubrimento de fármacos I. Deseño baseado na estructura Evolución do deseño baseado na estructura no descubrimento de fármacos. Aspectos prácticos da determinación da estructura tridimensional dunha diana - cristalografía de raios X para o deseño baseado na estructua. Aplicacións da RMN para o deseño racional. Docking. Simulacións de dinámica molecular. QM/MM. Exemplos significativos.
Tema 4. Estratexias para o descubrimento de fármacos II. Cribado virtual e baseado en fragmentos. Conceptos básicos no cribado virtual de candidatos. Bases de datos dispoñibles. Aplicacións: identificación de ligandos para unha diana ou de posibles dianas para un ligando. Principios básicos do deseño baseado en fragmentos. Selección de candidatos mediante cristalografía de raios X. Outros métodos biofísicos de selección. Exemplos ilustrativos.
Tema 5. Optimización de compostos cabeza de serie Modificacións moleculares baseadas en reemprazamento isostérico. Restrición conformacional e impedimento estérico en química médica. Ligandos homo e heterodiméricos. Profármacos. Cuantificación da relación Estrutura-Actividade (QSAR). Exemplos ilustrativos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A1 A2 A4 A3 B1 B2 B4 B7 B10 B11 12 29 41
Seminario A1 A2 A4 A3 B1 B2 B4 B7 B10 B11 7 18 25
Proba obxectiva A1 A4 A3 B1 B10 2 5 7
 
Atención personalizada 2 0 2
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Levaranse a cabo 12 sesións en clases maxistrais por videoconferencia en grupo único onde se desenvolverán os contidos teóricos da materia. Consistirá maioritariamente en presentacións de Power-Point. Os alumnos terán, con suficiente antelación, as copias das correspondentes presentacións a través da plataforma Moodle da materia, co fin de que o alumno poida preparar previamente a materia que se vai impartir, ademais de facilitar o seguimento das explicacións. Fomentarase en todo momento a participación interactiva do alumno. A asistencia a estas clases non é obrigatoria, pero é máis que recomendable.
Seminario Levaranse a cabo 7 sesións de seminarios de grupo reducido onde os alumnos resolverán exercicios prácticos propostos polo profesor (problemas, interpretación e procesamento da información empregando programas informáticos especializados e internet, avaliación de publicacións científicas, etc), e levarán a cabo traballos e informes relacionados coas distintas materias do mestrado e os exporán publicamente, debatendo co profesor e o resto de alumnos. Os alumnos disporán con suficiente antelación antes del inicio de estas clases da información necesaria a través da plataforma Moodle. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
Proba obxectiva Levarase a cabo unha proba obxectiva que versará sobre a totalidade dos contidos da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Seminario
Descrición
O alumno debe repasar os conceptos teóricos introducidos nos distintos temas utilizando o manual de referencia e o material proporcionado polo profesor. Aqueles alumnos que encontren dificultades importantes á hora de traballar as actividades propostas deben de acudir nas horas de titoría do profesor, co obxectivo de que este poida analizar o problema e axudar a resolver as devanditas dificultades.

O profesor analizará con aqueles alumnos que non superen con éxito o proceso de avaliación, e así o desexen, as dificultades encontradas na aprendizaxe dos contidos da materia. Tamén lles proporcionará material adicional (cuestións, exercicios, exames, etc.) para reforzar a aprendizaxe da materia.

Os alumnos con reconociemiento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, poderán realizar os seminarios en titorías personalizadas e/ou grupales en horario a convir cos profesores. As actividades para realizar nestas titorías serán similares ás dos alumnos en réxime ordinario e computarán para a avaliación final.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 A4 A3 B1 B2 B4 B7 B10 B11 A avaliación continua terá un peso do 40% na cualificación da asignatura e constará de dúas compoñentes: clases interactivas en grupo reducido (seminarios) e clases interactivas en grupo moi reducido (titorías). Os seminarios e as titorías incluirán os elementos seguintes: resolución de problemas e casos prácticos (10%), realización de traballos e informes escritos (10%), exposición oral [(traballos, informes, problemas e casos prácticos), 10%] e avaliación mediante preguntas e cuestións orais durante o curso (10%). 40
Proba obxectiva A1 A4 A3 B1 B10 A proba obxectiva versará sobre a totalidade dos contidos da asignatura. 60
 
Observacións avaliación
A cualificación do alumno obterase como resultado de aplicar a seguinte fórmula:

Nota final = 0.4 x N1 + 0.6 x N2

Sendo N1 a nota numérica correspondente á evaluación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica da proba obxectiva(escala 0-10).

A presentación a proba obxectiva está condicionada á participación en polo menos o 80% das actividades docentes presenciais de asistencia obrigatoria (seminarios e traballos tutelados).

Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez.

No caso de alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación da avaliación continua se sustituirá pola obtida nas titorías personalizas.

Outorgarase a cualificación de "non presentado" aos alumnos que participen en menos dun 25% das actividades académicas programadas e non se presenten á proba obxectiva.

Fontes de información
Bibliografía básica Graham L. Patrick (2013). An introduction to medicinal chemistry, 5th Ed. Oxford: Oxford University Press
Camille Georges Wermuth (2008). The practice of medicinal chemistry, 3rd Ed. Amsterdam: Elsevier

Bibliografía complementaria Edward R. Zartler & Michael J. Shapiro, Eds. (2008). Fragment-based drug discovery, a practical approach. Chichester: John Wiley & Sons
Celerino Abad Zapatero (2013). Ligand efficiency indices for drug discovery. Amsterdam: Elsevier
E. J. Corey, B. Czakó, L. Kürti (2007). Molecules and medicine. New Jersey: John Wiley and Sons
K. C. Nicolaou, T. Montagnon, Eds. (2008). Molecules that changed the world. Weinheim: Wiley-VCH


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
/

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións
Recoméndase ter coñecementos básicos na visualización da estrutura tridimensional das biomoléculas mediante programas de visualización tales como Pymol, Mercury, etc. Recoméndase o manexo de bases de datos tales como Protein Data Bank (pdb), Expasy, etc.


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías