Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A7 |
Coñecer e aplicar as técnicas analíticas. |
A12 |
Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A17 |
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos). |
A18 |
Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio. |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A25 |
Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Dispor de coñecementos e habilidades experimentais suficientes para utilizar de maneira correcta e segura os produtos e o material máis habitual nun laboratorio químico, sendo consciente das súas características máis importantes, incluíndo o perigo e os posibles riscos.
|
A1 A12 A17 A18 A23
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C3
|
Adquirir habilidade para utilizar, baixo condicións de seguridade, técnicas experimentais nun laboratorio químico, ao mesmo tempo que se vai collendo destreza para desenvolver outras habilidades máis complexas. |
A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A25
|
B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C3
|
Aprender a elaborar un caderno de laboratorio. |
A1 A12 A16 A20 A21 A24
|
B2 B3 B4
|
C1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque I. Conceptos previos.
|
Práctica 1. Seguridade no laboratorio.
Práctica 2. Material de laboratorio.
Práctica 3. Consideracións xeráis sobre os datos de laboratorio.
Práctica 4. Rexistro e comunicación do traballo de laboratorio. |
Bloque II. Procesos básicos nun laboratorio químico. |
Práctica 5. Preparación de disolucións.
Práctica 6. Destilación.
Práctica 7. Cromatografía.
Práctica 8. Extracción líquido-líquido.
Práctica 9. Separación dunha mezcla de sólidos.
Práctica 10. Purificación dun sólido por cristalización.
Práctica 11. Preparación dunha corrente de gas.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
|
2 |
0 |
2 |
Sesión maxistral |
A1 A16 A18 A20 A21 A25 B2 B3 B6 C1 C3 |
3 |
0 |
3 |
Obradoiro |
A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C1 C3 |
12 |
48 |
60 |
Prácticas de laboratorio |
A1 A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 |
40 |
32 |
72 |
Proba mixta |
A1 A12 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 |
3 |
9 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividade en grupo grande que se levará a cabo ao inicio do curso, e onde se presentará a materia comentando entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno.
|
Sesión maxistral |
Sesións de aula nas que durante os primeiros días do curso, abordaránse parte dos contidos do Bloque I. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, por ser en grupo reducido, requerirase nelas a participación activa do alumnado. |
Obradoiro |
Os obradoiros son sesións de traballo en grupo reducido que se planifican para traballar os contidos do Bloque II, relacionados cos procesos básicos nun laboratorio químico, e que terán lugar antes de comezar coa realización das prácticas no laboratorio. Cada práctica deste bloque levará asociado un guión que conterá cuestións que incidirán na comprensión dos fundamentos teóricos de cada experimento, e nos posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade. Estes aspectos deberán ser traballados con antelación polos estudantes e recollidos nun Traballo Previo, e serán discutidos cos seus compañeiros e co profesor no Obradoiro, antes do comezo de cada experimento, de modo que o profesor determinará se o grao de coñecementos adquirido é suficiente como para que poidan proceder a realizar, con seguridade e aproveitamento, o traballo experimental.
O rematar o período de prácticas levarase a cabo un obradoiro de repaso en grupo reducido, para repasar e afianzar os conceptos traballados durante o curso, que posteriormente será discutida en grupo baixo a supervisión do profesor.
Durante algúns destes obradoiros realizaranse probas intermedias de respostas curtas, cálculos numéricos ou de tipo test, que axudarán ao alumno e ao profesor a comprobar que se comprenderon os contidos tratados en clases anteriores.
|
Prácticas de laboratorio |
Nas prácticas de laboratorio, que se imparten en grupo reducido, os estudantes traballarán contidos do Bloque I e do Bloque II a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como exercicios e experimentos.
Nas referidas ao Bloque I, o alumno levará á práctica os contidos que se impartiron con anterioridade nas sesións maxistrais. O traballo feito nestas clases quedará reflexado nunhas Fichas.
Nas prácticas do Bloque II, o alumno realizará procesos básicos nun laboratorio químico. Todo o traballo feito nas prácticas deste segundo bloque quedará reflexado no Caderno de Laboratorio. |
Proba mixta |
Ao finalizar o período de prácticas realizarase un exame escrito onde se avaliarán os coñecementos adquiridos polos alumnos, que constará dunha serie de cuestións de diferente natureza, que poden ser de desenvolvemento medio-longo ou de desenvolvemento curto sobre aspectos puntuais dunha práctica, de resolución de problemas numéricos ou de elección entre respostas múltiples. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
Obradoiro |
|
Descrición |
(Xa descrita para cada unha das metodoloxías)
Para comprobar e orientar o traballo do alumno (preparación previa das prácticas, elaboración do caderno de laboratorio, grao de comprensión dos traballos, etc.) prográmanse varias sesións de titoría que se distribuirán polo medio do período de prácticas.
Aqueles alumnos que se acollan ao réxime de “recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia” segundo a normativa da UDC, disporán de atención específica que se concretará nos seguintes aspectos:
- A petición do alumno proporcionaráselle axuda titorial cando así o solicite.
- O alumno disporá, a petición propia e en horario a convir, de axuda titorial para a preparación dos contidos das prácticas do Bloque I e do Seminario (ver metodoloxías).
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A1 A7 A12 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 |
Durante a realización das prácticas de laboratorio levarase a cabo unha avaliación contínua do traballo do alumno, o grao de comprensión das prácticas, actitude, racionalización; avaliarase tamén o Caderno de Laboratorio (ver metodoloxías).
|
40 |
Proba mixta |
A1 A12 A16 A18 A20 A21 A24 A25 B2 B3 C1 |
Exame escrito no que se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumno en tódalas actividades realizadas.
|
30 |
Obradoiro |
A1 A16 A21 A23 A24 A25 B2 B3 B7 C1 C3 |
Avaliación do Traballo Previo que o alumno debe elaborar para cada unha das prácticas do Bloque II, previa a realización das mesmas.
Tamén serán avaliadas as probas intermedias realizadas durante estes obradoiros, de acordo co indicado no apartado de metodoloxía.
No obradoiro de repaso que se realizará ao rematar as prácticas, evaluarase tamén a participación activa do alumno e os conceptos fináis adquiridos.
|
30 |
|
Observacións avaliación |
- Esta é unha materia experimental, polo que a asistencia a tódalas actividades presenciais programadas do curso é obrigatoria. - Para superar a materia será preciso acadar sumadas as cualificacións de tódalas actividades avaliables (prácticas de laboratorio, obradoiros e proba mixta) un mínimo de 5 (sobre 10), sendo tamén condición imprescindible obter un mínimo dun 5 (sobre 10) da cualificación da Proba mixta, e un mínimo dun 5 (sobre 10) da suma das cualificacións dos apartados Obradoiro + Prácticas de laboratorio . No caso de que o alumno non conseguise a puntuación mínima nalgunha delas, se a suma do conxunto de tódalas actividades avaliables é superior ou igual a 5 puntos a materia figurará como suspensa (4,5 sobre 10 puntos). - No caso de non superar a materia na primeira oportunidade: 1) A cualificación dos obradoiros conservaranse na segunda oportunidade de xullo. 2) A cualificación das prácticas de laboratorio sustituirase pola obtida nun exame práctico, sendo necesario acadar un mínimo dun 5 (sobre 10). Será condición imprescindible obter un mínimo dun 5 (sobre 10) da suma das cualificacións dos apartados Obradoiro + Prácticas de laboratorio 3) A cualificación da proba mixta da segunda oportunidade de xullo substituirá a obtida na proba mixta da primeira oportunidade, sendo de novo necesario acadar un mínimo de 5 (sobre 10) da puntuación da proba mixta para poder superar a materia. - Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán ter participado en máis dun 25% das prácticas de laboratorio e dos obradorios, nin realizar a proba mixta. - Dacordo coa normativa académica, os alumnos que sexan avaliados na "segunda oportunidade" só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o curso non se cubriu na súa totalidade na "primeira oportunidade". - Polo que se refire ós sucesivos cursos académicos, o alumno deberá realizar e volver a ser avaliado en tódalas actividades metodolóxicas programadas para dito curso. - Ao tratarse dunha materia experimental a asistencia a todalas actividades é obrigatorio, polo que para aqueles alumnos que se acollan ao "recoñecemento de dedicación a tempo parcial ou dispensa académica de exención de asistencia" tratarase de adaptar os horarios, na medida do posible, a disponibilidade dos alumnos. A cualificación final para os devanditos alumnos, tanto para a primeira como para a segunda oportunidade, será a anteriormente citada. - No caso de circunstancias moi excepcionais, obxectivables e adecuadamente xustificadas, o Profesor Responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O alumando que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
PETRUCCI, R. H.; HARWOOD, W. S.; HERRING, F. G (2003). Química General. Madrid, 8ªEd, Pearson Educación
M.J. Insausti, P. Redondo, E. Charro (1999). Manual de Experimentación Básica en Química. Valladolid, Universidad de Valladolid
Universidade da Coruña (2007). Manual de Seguranza e Saúde no Laboratorio.
C.M. Rodríguez Pérez, J.L. Ravelo Socas, J.M. Palazón López (2005). Técnicas de organización y seguridad en el laboratorio. Madrid, Editorial Síntesis |
- GUIÓNS DE PRÁCTICAS e todo o material que se porá a disposición dos alumnos a través do Campus Virtual da UDC (Moodle)
Esta páxina Web elaborada por profesorado da Universidad de Barcelona sobre OPERACIÓNS BÁSICAS DE LABORATORIO contén información moi completa sobre prácticamente tódolos aspectos que se van tratar nesta materia. Tamén conta cun soporte de imaxes moi útil. |
Bibliografía complementaria
|
(). .
J. Martínez Urreaga (2006). Experimentación en Química General. Thomson
C. Fernández (2009). Laboratorio de Química. Generalidades y aspectos básicos.. Universidad de Extremadura
J.R. Dean, A.M.Jones, D. Holmes, R. Reed, J. Weyers, A. Jones (2002). Practical Skills in Chemistry. Edinburgh, Pearson Education |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Química Xeral 1/610G01007 |
|
Materias que continúan o temario |
Química Xeral 2/610G01008 | Química Xeral 3/610G01009 |
|
Observacións |
Para
poder superar con éxito a materia, é imprescindible que o alumno teña unha
serie de coñecementos previos de química, de acordo co nivel esixido en
secundaria e bacharelato, como son: nomenclatura e formulación química, axuste
de reaccións químicas e cálculos estequiométricos. |
|