Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A7 |
Coñecer e aplicar as técnicas analíticas. |
A15 |
Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A17 |
Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos). |
A18 |
Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio. |
A19 |
Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica. |
A20 |
Interpretar os datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A22 |
Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos. |
A23 |
Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento na labor experimental. |
A24 |
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química. |
A25 |
Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Describir e aplicar as metodoloxías e a problemática asociadas á toma de mostra e o seu tratamento |
A7 A16
|
B2 B3
|
C1 C6
|
Aplicar as principais técnicas analíticas de separación |
A7 A15 A21
|
B2 B3
|
C1 C6
|
Adquirir destreza no laboratorio químico |
A17 A18 A19 A20 A22 A23
|
B4
|
C1 C6
|
Explicar, de xeito comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química Analítica |
A7 A24 A25
|
B3
|
C1 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Toma de mostra e preparación para a sua analise |
Toma de mostra
Tratamentos previos da mostra
Preparación da mostra para a sua analise |
Técnicas de separación |
Separacións por precipitación
Separacións por volatilización e destilación
Separacións por extracción
Separaracións por intercambio iónico
Separacións por electroforese e electrodeposición
Separacións cromatográficas |
Técnicas electroanalíticas |
Técnicas conductimétricas
Técnicas potenciométricas |
prácticas de laboratorio |
Preparación de mostras de mexilon para a determinación de metais.
Determinación de graxas en alimentos
Concentración de trazas de Ni na auga
Determinación de cafeina en bebidas de cola
Determinación de cloroplastos vexetais por cromatografía en capa fina e en columna
Valoracións conductimétricas: determinación de ácido acetilsalicílico en Aspirina, determinación da composición dunha mistura de ácidos. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Prácticas de laboratorio |
A7 A15 A17 A18 A19 A20 A22 A23 A24 B2 B3 B4 C6 C8 |
20 |
20 |
40 |
Seminario |
A7 A15 A20 A21 A22 A24 A25 B2 B4 C1 |
8 |
20 |
28 |
Sesión maxistral |
A7 A16 A21 A22 A24 A25 B3 |
24 |
54.48 |
78.48 |
Proba mixta |
A7 A15 A20 A24 B2 B3 B4 C1 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
0.52 |
0 |
0.52 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Prácticas de laboratorio |
Faranse en grupos reducidos nas datas sinaladas nos calendarios de coordinación.
O alumno levará a cabo a aplicación dos conceptos teóricos vistos o longo do curso e ira collendo a destreza manual propia das técnicas obxeto de estudo. Deberá entregar unha memoria das prácticas realizadas e responder una serie de cuestións plantexadas. |
Seminario |
Intercalados ó longo do curso, da cotío tras un tema ou bloque de temas relacionados. Faranse en grupos reducidos. Neles o profesor insistirá nos aspectos esenciais dos temas tratados, fomentará a discusión entre os alumnos de solucións a problemas reais. Tamén se plantexarán exercicios numéricos, o profesor explicará o procedemento xeral, segundo os conceptos científicos explicados, que os alumnos aplicarán posteriormente no seu traballo persoal para a resolución dos demais exemplos propostos. O longo do curso faranse cuestionarios de autoevaluación ou problemas (presenciais ou en entorno virtual) para que o alumno poida ir adaptado o seu proceso de aprendizaxe. |
Sesión maxistral |
Recoméndase que o alumno faga unha lectura previa comprensiva de cada tema seguindo as directrices bibliográficas dictadas polo profesor da asignatura uns días antes do inicio do tema |
Proba mixta |
Farase un examen final para evaluar o grado de aprendizaxe o longo do cuatrimestre. A data do mesmo está indicada no calendario de exámenes do grao. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Seminario |
Prácticas de laboratorio |
|
Descrición |
Os seminarios e prácticas de laboratorio están organizados como actividades en grupos reducidos nas que o alumno participa directamente. De este modo realizarase unha atención personalizada dos alumnos permitindo un mellor seguimento e orientación de todos os aspectos relacionados coa docencia
Programaranse o longo do cuatrimestre tutorías individuais de aproximadamente media hora de duración. Nestas tutorías o profesor resolverá as dubidas que atope o alumno no estudo da asignatura e poderá analizar se o proceso de aprendizaxe do alumno é axeitado.
Os alumnos poderán facer uso do horario de tutorías para calquera consulta ou dúbida acerca da materia.
O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita).
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Seminario |
A7 A15 A20 A21 A22 A24 A25 B2 B4 C1 |
O traballo do alumno irase avaliando o longo dos seminarios. Terase en conta se é o caso, a resolución de cuestións ou problemas plantexados polo profesor.
|
10 |
Prácticas de laboratorio |
A7 A15 A17 A18 A19 A20 A22 A23 A24 B2 B3 B4 C6 C8 |
Avaliarase de modo continuado o traballo desenvolto polo alumno no laboratorio: destreza, interpretación dos datos experimentais, a correcta realización dos cálculos e das cuestións propostas. Tamén se terá que entregar unha memoria final |
20 |
Proba mixta |
A7 A15 A20 A24 B2 B3 B4 C1 |
Realizase nas datas oficiais aprobadas polo centro.
Servirá para podera avaliar o grado de aprendizaxe e de adquisición de competencias por parte do alumno. Constará tanto de preguntas teóricas como cuestións aplicadas e resolución de problemas numéricos.
|
70 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia deben darse os seguintes requisitos básicos:
-As prácticas de laboratorio son obrigatorias. -Acadar unha cualificación final de 5 puntos sobre dez tanto nas prácticas como na proba mixta.
- A cualificación obtida en seminario so se sumará no caso de aprobar a proba mixta. Os alumnos que non participasen nalgunha actividade desenvolvida nas sesión de seminario, obterán unha cualificación de 0 nese apartado (10% da cualificación global) nas dúas oportunidades. As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios conservaranse para a segunda oportunidade de xullo. Mentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade substituirá á obtida na primeira oportunidade. Na primeira e segunda oportunidade, os alumnos que fixesen as prácticas e a sua cualificación fose inferior a 5 puntos, terán a oportunidade de realizar, ademais da proba mixta, unha proba específica relacionada cas prácticas de laboratorio. A cualificación desta proba específica substituirá a calificación obtida nas prácticas para calcular a cualificación global. O alumno terá a cualificación de Non Presentado cando non faga as prácticas de laboratorio nin a proba mixta. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo de estas para o correspondente curso non se esgotou na súa totalidade na primeira oportunidade. Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente. Os alumnos con dispensa académica de exención de asitencia, ou de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade, a realización das prácticas de laboratorio será obrigatoria e será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos dispoñibles. Considéranse exentos das sesións maxistrais se ben se lles facilitará a asistencia a o maior número posible de seminarios. De non poder asistir aos seminarios o alumno fará un traballo tutorizado Deste xeito, este alumnado será avaliado mediante as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio (20%), na proba mixta (70%) e nas actividades desenvolvidas nos seminarios (ou traballo tutorizado) (10%). Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
HARRIS DANIEL C (2007). Análisis Químico Cuantitativo. Barcelona, Ed. Reverté, 3ª Edición
SKOOG, D.; WEST, D.N.; HOLLER, F.J.; CROUCH, S.R. (2005). Fundamentos de Química Analítica . Madrid, Ed. Thomsom, 8ª edición
CÁMARA, C.; FERNÁNDEZ, P.; MARTÍN-ESTEBAN, A; PÉRZ-CONDE, C.; MIQUEL VIDAL (2002). Toma y Tratamiento de Muestra. Madrid, Ed. Síntesis |
|
Bibliografía complementaria
|
VALCARCEL, M. & GÓMEZ, A. (1988). Técnicas Analíticas de Separación. Barcelona, Ed. Reverté
HARVEY, D. (2002). Química Analítica Moderna. Madrid, Ed. McGraw-Hii
GAVIRA VALLEJO, J.M. HERNANZ GISMERO, A. (2007). Técnicas Físicoquímicas en Medio Ambiente. Madrid, Ed.Libreria UNED |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Xeral 3/610G01009 | Química Analítica 1/610G01011 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Laboratorio de Química 2/610G01032 |
|
Materias que continúan o temario |
Química Analítica Instrumental 1/610G01013 | Química Analítica Instrumental 2/610G01014 |
|
|