Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades. |
A4 |
Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas. |
A5 |
Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química. |
A6 |
Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade. |
A10 |
Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción. |
A14 |
Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química. |
A15 |
Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos. |
A16 |
Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química. |
A18 |
Valorar os riscos no uso de sustancias químicas e procedementos de laboratorio. |
A21 |
Comprender os aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos. |
A25 |
Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria. |
A28 |
Adquirir, avaliar e utilizar os principios básicos da actividade industrial, xestión e organización do traballo. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Ser capaz de coñecer os métodos de preparación a nivel industrial dos compostos e materiais inorgánicos máis representativos |
A1 A4 A5 A6 A10 A14 A15 A18 A21
|
|
|
Ser capaz de observar con rigor os feitos experimentais e potenciar a interpretación crítica dos resultados obtidos |
A18
|
B1 B3 B4 B5 B7
|
C1
|
Valorar a importancia que teñen a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
|
B6
|
C5 C8
|
Ser capaz de evaluar e utilizar os principios básicos da actividade industrial |
A16 A25 A28
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. A Industria Química |
|
Tema 2. Produtos Derivados do Aire: Osíxeno, Nitróxeno, Outros |
|
Tema 3. Hidróxeno |
|
Tema 4. Compostos Nitroxenados: Amoniaco, Ácido Nítrico, Fertilizantes Nitroxenados, Outros |
|
Tema 5. Compostos de Xofre: Ácido Sulfúrico e Sulfatos |
|
Tema 6. A Industria Cloro-Álcali |
|
Tema 7. Cal e Carbonato Sódico |
|
Tema 8: Procesos Metalúrxicos: Produción e Refinado de Metais |
|
Tema 9. Outros Derivados: Vidro, Cementos, Cerámicos, Pigmentos |
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Saídas de campo |
A1 A4 A6 A21 A25 A28 B1 B6 B7 C5 C8 |
15 |
22.5 |
37.5 |
Presentación oral |
A1 A16 A28 B4 B5 C1 |
4 |
1 |
5 |
Traballos tutelados |
A1 A4 A6 A18 A28 B3 B4 B5 B7 C1 C5 C8 |
0 |
32 |
32 |
Seminario |
A1 A5 B4 C1 |
5 |
5 |
10 |
Proba mixta |
A1 A4 A5 A6 A10 A14 A15 A28 B3 C1 C5 |
1 |
0 |
1 |
Sesión maxistral |
A1 A4 A5 A6 A10 A15 A16 A18 A28 B6 B7 C1 C5 C8 |
13 |
13 |
26 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Saídas de campo |
As prácticas desta materia se presentan como visitas a industrias do sector químico relacionadas co programa. Esta actividade é un dos piares principais sobre os que se apoia a materia. É unha actividade obrigatoria. Despois de cada visita os alumnos (de xeito individual) farán o pertinente informe. Rematadas todas as visitas, cada alumno encadernará nun exemplar único todos os seus informes que entregará ao profesor para a súa avaliación. Cada alumno realizará unha breve exposición oral sobre esta actividade. |
Presentación oral |
Tanto o traballo tutelado como os informes das visitas serán expostos polos alumnos en presentacións orais que conlevarán, tamén, debate e discusión dirixida. |
Traballos tutelados |
Os alumnos, preferiblemente por parellas, realizarán un traballo sobre algún dos contenidos do temario. Entregarase por escrito ao profesor e deberá ser exposto en sesión oral pública con axuda dos medios audiovisuais que os alumnos consideren oportunos. Trala exposición de cada traballo abrirase un debate sobre o mesmo dirixido polo profesor. |
Seminario |
Preséntanse como actividades dinámicas onde se discuten aspectos relacionados co temario. |
Proba mixta |
Ao final do curso realizarase unha proba escrita para avaliar a adquisición de coñecementos (contidos) acadadas polo estudante. Esta proba poderase sustituir por dúas probas parciais. |
Sesión maxistral |
Preséntanse como clases dinámicas con contínua participación do alumnado. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Saídas de campo |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Ámbalas dúas actividades implican atención personalizada que permitirá ao profesor avaliar o correcto desenvolvemento das mesmas e, de selo caso, propor accións de mellora. Os alumnos usarán esa hora para comentar co profesor o desenvolvemento de ámbalas dúas actividades. É unha actividade obrigatoria para os alumnos con dedicación parcial e/ou dispensa académica. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A1 A16 A28 B4 B5 C1 |
Tanto o traballo tutelado como os informes das visitas serán expostos polos alumnos en presentacións oráis que conlevarán, tamén, debate e discusión dirixida. A porcentaxe desta metodoloxía na nota final incluiuse en cada unha de ditas metodoloxías (traballos tutelados e saídas de campo). |
0 |
Saídas de campo |
A1 A4 A6 A21 A25 A28 B1 B6 B7 C5 C8 |
Constituen un dos pilares principais sobre os que se apoia esta materia. Despois de cada visita, os alumnos (de xeito individual) realizarán o pertienete informe. Rematadas todas as visitas, cada alumno encadernará todos os seus informes nun exemplar único que entregará ao profesor, na data convida, para a súa avaliación. Todas as visitas programadas son obrigatorias. Para superar a materia é preciso obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) nesta actividade. |
35 |
Traballos tutelados |
A1 A4 A6 A18 A28 B3 B4 B5 B7 C1 C5 C8 |
Avaliaranse tanto os contidos recollidos no traballo como a axeitada utilización da bibliografía, ademáis da correcta utilización da expresión escrita e oral. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) neste apartado. No caso de que se detecten indicios de plaxio (tanto de libros, revistas ou fontes da internet), o traballo merecerá a calificación de "suspenso"; e o alumno non poderá superar a materia. |
35 |
Proba mixta |
A1 A4 A5 A6 A10 A14 A15 A28 B3 C1 C5 |
Ao final do curso realizarase unha proba escrita para avaliar a adquisición de coñecementos (contidos) alacanzada polo estudante. Esta proba poderase sustituir por dúas probas parciais. Para superar a materia é necesario obter un mínimo de 4 ptos (sobre 10) nesta actividade. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a asignatura, o alumno deberá obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) unha vez computadas e sumadas as avaliacións de todas as actividades. Para que se teñan en conta as calificacións das distintas actividades suxeitas a avaliación precísase obter a calificación mínima indicada en cada unha delas. Polo tanto, de non se acadar dita puntuación mínima nalgunha delas, no caso de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10) a asignatura figurará como "suspenso" e a calificación numérica que levará asociada será a media das calificacións dos apartados que lle impediron obter o aproabado. Os alumnos que non superen a materia na primeira oportunidade por suspender (ou non se presentar) aos "Traballos Tutelados" e/ou á "Proba mixta", poderan repetilos na segunda oportunidade. Ao respecto ás "Saídas de Campo", é dicir, visitas a empresas, soamente poderánse recuperar na segunda oportunidade (reescribindo o pertinente informe e realizando a conseguinte presentación oral) se o alumno realizou as visitas durante o curso. Aqueles alumnos que, sen causa debidamente xustificada, non realicen todas as saídas de campo serán calificados con "suspenso" nas dúas oportunidades obtindo una calificación numérica de "cero". Adicionalmente, os alumnos poderán obter ata 0.5 ptos en función do seu grao de participación e interés nas diferentes actividades. Estes puntos adicionais (no caso de obtelos) só se sumarán na calificación daqueles alumnos que superen a materia. Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán obter "Matrícula de Honra" se o número máximo distas para o correspondente curso non se cubriran na súa totalidade na primeira oportunidade. Polo que respecta aos sucesivos cursos académicos, o proceso ensinanza-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico e, polo tanto, volve comenzar cun novo curso académico, incluíndo todas as actividades e procedementos de avaliación que se programen para dito curso. NOTA: "Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia": Primeira e Segunda oportunidades: Están exentos de asistencia as clases de DE y TGR pero deberán realizar a "proba mixta" e obter un mínimo de 5 ptos (sobre 10) para superar esta actividade. Os traballos tutelados e as saídas ao campo (visitas a empresa) son obrigatorios e computan como no caso de alumnos con dedicación total.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
R. Thompson (ed.) (1995). Industrial Inorganic Chemicals: Production and Uses. The Royal Society of Chemistry (UK)
K.H. Büchel, H.-H. Moretto, P. Woditsch (2000). Industrial Inorganic Chemistry. Wiley-VCH
M.R. Gómez Antón, M- Molero Meneses, J. Sardá Hoyos (2003). Química Inorgánica y Orgánica de Interés Industrial. UNED (España)
P. J. Chenier (2002). Survey of Industrial Chemistry. Kluver Academic / Plenum Press (USA) |
|
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Química Inorgánica 1/610G01021 | Química Inorgánica 2/610G01022 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|