Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
B1 |
Aprender a aprender. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Mellora no coñecemento do entorno profesional e capacidade de aplicar os coñecementos académicos adquiridos ao entorno profesional. |
|
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7
|
C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Segundo o plan de traballo acordado coa empresa ou institución para cada estudante. |
Segundo o plan de traballo acordado coa empresa ou institución para cada estudante. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Resumo |
B3 C1 C6 C7 |
0 |
10 |
10 |
Traballos tutelados |
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
100 |
0 |
100 |
|
Atención personalizada |
|
2.5 |
0 |
2.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Resumo |
Memoria do traballo realizado durante o período de prácticas. Debe constar das seguintes partes e pola citada orde:
1. INDICE (Debe de recoller os documentos dos que consta o informe)
2. DATOS DO ALUMNO
2.1 Breve información sobre o alumno (apelidos, nome, DNI, dirección de contacto, teléfonos e dirección de correo electrónico)
2.2 Indicar se a memoria foi revisada pola empresa e as condicións de confidencialidade requeridas pola mesma.
3. DATOS DA EMPRESA
3.1 Breve información sobre a empresa (nome, situación, sector de actividade, organigrama, número de empregados, etc...)
4. RESUMO DAS PRÁCTICAS
4.1 Resumen do traballo desenvolvido polo alumno durante o período das prácticas.
5. ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS
5.1 Obxectivo das prácticas. Neste apartado débense de recoller os obxectivos que se perseguen co traballo.
5.2 Traballo encomendado. Fundamento teórico e experimental das diferentes actividades desenvolvidas durante o periodo de prácticas tendo en conta, no seu caso, o segredo profesional ao que está obrigado.
5.3 Distribución temporal. Distribución das tarefas realizadas, especificando a duración das mesmas e as unidades ou Departamentos nas que se realizaron.
5.4 Formación recibida. Cursos, programas informáticos, seminarios, charlas, etc...
5.5 Nivel de integración dentro do departamento e relacións co persoal.
6. CONCLUSIÓNS
6.1 Adecuación ás ensinanzas recibidas na Facultade para o desempeño da práctica.
6.2 Valoración persoal da aprendizaxe conseguida ao longo de toda a práctica.
6.3 Valoración do nivel de integración dentro do departamento e relacións co persoal.
6.4 Declaración de responsabilidade do alumno (modelo Anexo I).
7. BIBLIOGRAFÍA E FONTES DE INFORMACIÓN (Bibliografía citada no texto, incluidos os recursos electrónicos)
|
Traballos tutelados |
A empresa ou institución nomeará un titor, que deberá ser un titulado superior, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante, e que se encargará das seguintes funcións:
1. Proporcionar ao Centro unha breve descrición do traballo a realizar polo alumno, indicando os coñecementos específicos e habilidades que ha de ter o alumno para levalo a cabo e indicar a formación que adquirirá o alumno durante a realización do traballo.
2. Orientar ao alumno durante a realización do traballo.
3. Elaborar un informe final, dirixido ao Decanato da Facultade no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante.
O alumno terá ademáis un titor académico na Facultade, que será quen revise o informe emitido polo alumno, facendo por escrito as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións, o alumno revisará o documento e o entregará no Negociado de alumnos xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Resumo |
|
Descrición |
A atención personalizada servirá para facer un seguimiento detallado das actividades e da evolución do alumno, contribuíndo á súa avaliación continuada. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
B1 B2 B3 B4 B5 B6 B7 C1 C3 C4 C5 C6 C7 C8 |
O titor nomeado pola empresa ou institución, que deberá ser un titulado superior, preferiblemente da mesma titulación ou titulacións afíns á do estudante, elaborará un informe final, dirixido ao Decanato do Centro (ANEXO IV), no que se avalíe o grao de aproveitamento acadado polo estudante. |
50 |
Resumo |
B3 C1 C6 C7 |
Para acadar recoñecemento académico, sempre que a estadía desenvolvida cumpra as condicións especificadas na normativa, o alumno deberá remitir ao Decanato do Centro un relatorio detallado dos traballos e actividades realizadas. Tal relatorio será elaborado dacordo cun modelo (ANEXO VII).
O titor académico revisará o informe emitido polo alumno, facendo por escrito as recomendacións e puntualizacións pertinentes para correxilo e melloralo. Á vista destas recomendacións o alumno, nun prazo non superior a dous meses e en todo caso antes do 31 de outubro, revisará o documento e o entregará no Negociado de alumnos xunto cunha instancia solicitando a súa avaliación.
O informe do alumno será avaliado pola Comisión de Docencia e Validacións do centro que, tendo en conta o informe do titor da empresas e as recomendacións do titor académico, outorgará a cualificación que aparecerá na acta. |
50 |
|
Observacións avaliación |
Valorarase no seu conxunto, a labor realizada durante as prácticas e a memoria realizadas sobre as mesmas. Recoméndase ao alumnado cosultar a rúbrica de avaliación publicada na web do Centro. DIRECTRICES PARA A ELABORACIÓN DA MEMORIA ESCRITA (ANEXO VII) - A memoria presentarase impresa a dobre cara e en tamaño DINA-4. - Aconséllase unha extensión de entre 12 e 30 páxinas (“carillas”). O alumnado consultará co seu titor/a a conveniencia ou non de extensión sinferiores ou superiores. - Tipografía: Arial 11 puntos ou Times New Roman 12 puntos. Pés de figura eencabezados das táboas: tamaño mínimo 10 puntos. - Interlineado: 1,5 - Marxes: non inferiores a 2 cm (superior, inferior e laterais) - Encadernado de xeito que permita o seu doado manexo e lectura e garanta a conservación íntegra e ordeada do documento. - Páxinas numeradas na marxe inferior. - A portada da memoria non irá numerada e deberá incluír a seguinte información: Grao en Química Memoria de prácticas externas Nome e apelidos do alumno/a Nome da empresa/institución onde realizou as prácticas Titores/as de empresa e universidade Datas de realización das prácticas e número de horas Data de presentación da memoria.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
En cada caso, o titor/a na empresa ou institución e o titor/a académico/a suxerirán as fontes de información más acaídas ao plan de traballo. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Matemáticas 1/610G01001 | Matemáticas 2/610G01002 | Física 1/610G01003 | Física 2/610G01004 | Bioloxía/610G01005 | Xeoloxía/610G01006 | Química Xeral 1/610G01007 | Química Xeral 2/610G01008 | Química Xeral 3/610G01009 | Laboratorio de Química 1/610G01010 | Química Analítica 1/610G01011 | Química Analítica 2/610G01012 | Química Física 1/610G01016 | Química Física 2/610G01017 | Química Inorgánica 1/610G01021 | Química Inorgánica 2/610G01022 | Química Orgánica 1/610G01026 | Química Orgánica 2/610G01027 | Química, Información e Sociedade/610G01031 | Laboratorio de Química 2/610G01032 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo de fin de Grao/610G01043 |
|
Observacións |
Ë recomendable tentar cursar as prácticas pre-profesionais durante o verán anterior a comenzar o cuarto curso, co fin de que o segundo semestre quede máis despexado a nivel horario. |
|