Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A1 |
Posuír, comprender e desenvolver habilidades que posibiliten aplicar os coñecementos académicos especializados adquiridos no grao á realidade cambiante á que se enfrontan os avogados para evitar situacións de lesión, risco ou conflito en relación aos intereses encomendados ou o seu exercicio profesional ante tribunais ou autoridades públicas e nas funcións de asesoramento |
A2 |
Coñecer as técnicas dirixidas á investigación e establecemento dos feitos nos distintos tipos de procedemento, especialmente a produción de documentos, os interrogatorios e as probas periciais |
A3 |
Coñecer e ser capaz de integrar a defensa dos dereitos dos clientes no marco dos sistemas de tutela xurisdicionais nacionais e internacionais |
A4 |
Coñecer as diferentes técnicas de composición de intereses e saber atopar solucións a problemas mediante métodos alternativos á vía xurisdicional |
A7 |
Saber identificar conflitos de intereses e coñecer as técnicas para a súa resolución, establecer o alcance do segredo profesional e da confidencialidade, e preservar a independencia de criterio |
A9 |
Coñecer e saber aplicar na práctica a contorna organizativa, de xestión e comercial da profesión de avogado, así como o seu marco xurídico asociativo, fiscal, laboral e de protección de datos de carácter persoal |
A10 |
Desenvolver destrezas e habilidades para a elección da estratexia correcta para a defensa dos dereitos dos clientes tendo en conta as esixencias dos distintos ámbitos da práctica profesional |
A13 |
Saber expor de forma oral e escrita feitos, e extraer argumentalmente consecuencias xurídicas, en atención ao contexto e ao destinatario ao que vaian dirixidas, de acordo no seu caso coas modalidades propias de cada ámbito procedimental |
B2 |
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo |
B3 |
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos |
B4 |
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades |
B5 |
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirigido ou autónomo |
B6 |
Capacidade de traballo en equipo |
B9 |
Capacidade de resolución de problemas |
B11 |
Capacidade de argumentar tanto en forma oral como escrita |
B12 |
Desenvolvemento dun espírito crítico, lóxico e creativo |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da Comunidade Autónoma |
C2 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida |
C5 |
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse |
C6 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Obxectivo xeral: a formación ten por obxecto que o alumno/a adquira as habilidades, actitudes e coñecementos en materia de dereito sustantivo e procesal civil, en relación co asesoramento
dos intereses encomendados, a análise e redacción dos documentos xurídicos, dirección de procedementos xudiciais e, en xeral, ao correcto exercicio da profesión neste ámbito.
1. Arrendamentos e precario.
Obxectivos: coñecer as peculiaridades dos arrendamentos urbanos. Coñecer e aprender a aplicar correctamente o réxime de actualización de renda. Coñecer as disposicións comúns para o réxime
de arrendamento de vivenda e uso distinto. Coñecer as peculiaridades dos procesos en materia arrendaticia. Distinguir as peculiaridades do xuízo de desafiuzamento.
Habilidades: distinguir as distintas partes e cláusulas do contrato de arrendamento de vivenda e a súa forma de suspensión, resolución e extinción. Redactar un contrato de arrendamento de vivenda.
Saber actualizar a renda. Saber comunicar a extinción por expiración do prazo. Elixir o proceso máis adecuado aos intereses do cliente. Redactar demanda e formular oposición. Saber como poñer
fin ao arrendamento.
Actitudes: ter presente a data do contrato para asesorar ao cliente. Ter sempre presente os intereses do cliente á hora de redactar un contrato. Ter en conta as repercusiones fiscais
do contrato. Examinar a proba existente para a redacción da demanda e preparar a mesma. Analizar sempre a xurisprudencia existente sobre a materia.
2. Propiedade horizontal.
Obxectivos: coñecer a importancia do título constitutivo. Coñecer como actúan os títulos de obra nova e división horizontal no tráfico xurídico, as súas especialidades, momento de constitución,
requisitos, modificación. Coñecer as formas de constitución e extinción das comunidades de propietarios. Coñecer o contido habitual, a forma de aprobación, as maiorías necesarias para
a súa modificación dos estatutos das comunidades. Saber cales son os dereitos e deberes dos propietarios. Coñecer cales son e como funcionan os órganos das comunidades. Coñecer como
funcionan as maiorías e as cotas de participación na adopción de acordos. Coñecer as particularidades procesales que se derivan do réxime de propiedade horizontal. Coñecer a forma de impugnación
de acordos ante os tribunais. Coñecer as posibilidades de reclamación da comunidade por impago de cotas e a súa lexitimación.
Habilidades: manexar as escrituras de obra nova e división horizontal. Diferenciar os elementos privativos dos comúns. Comprender as contas dos administradores da comunidade.
Determinar o procedemento máis adecuado aos intereses do cliente. Distinguir as funcións propias do presidente e o secretario da comunidade. Distinguir entre as maiorías necesarias para os
distintos tipos de acordo.
Actitudes: afacerse a analizar os contidos das escrituras de división horizontal. Habituarse a analizar os libros de actas da comunidade. Afacerse a analizar as cláusulas dos
estatutos da comunidade. Documentar convenientemente os acordos. Defender os intereses dos clientes na xunta de propietarios. Examinar a documentación comunitaria precisa para
determinar as maiorías necesarias.
3. Propiedade intelectual e protección de datos profesionais.
Obxectivos: coñecemento da relación entre propiedade intelectual tradicional e a súa aplicación ás novas tecnoloxías. Coñecemento das entidades ante as que se tramitan as inscripcións dos
dereitos e as reclamacións relacionadas cos mesmos. Lei orgánica de protección de datos de carácter persoal. Conceptos en materia de protección de datos. Axencia de protección: funcións,
potestades e actuacións.
Habilidades: informar ao cliente dos pasos a seguir para preservar os dereitos en materia de propiedade intelectual. Tramitar as inscripcións dos mesmos. Presentar e tramitar reclamacións en defensa
dos dereitos de propiedade intelectual en conflito. Identificar correctamente as obrigacións das partes en materia de protección de datos. Formulación de reclamacións.
Actitudes: ter presentes os dereitos derivados da propiedade intelectual para o autor. Habilidade para identificar e situar correctamente os dereitos e obrigacións de cada parte. Capacidade para
valorar correctamente os riscos derivados do incumprimento das obrigacións en materia de protección de datos. Asumir a existencia dun área nova de traballo da abogacía integrada polos
dereitos e deberes integrados nas novas tecnoloxías. |
AC1 AC2 AC3 AC4 AC7 AC9 AC10 AC13
|
BC2 BC3 BC4 BC5 BC6 BC9 BC11 BC12
|
CC1 CC2 CC5 CC6
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
1.- Arrendamentos e precario. Profs. responsables: María Asunción Jiménez de Llano Zato (avogada) e Antonio Sanz Fernández (avogado). |
Contidos: arrendamentos urbanos. Lexislación aplicable e modalidades contractuais. Peculiaridades contractuais. Dereitos das partes, prazos, prórroga, renda, obras, melloras… Falta de pago, extinción do prazo. Procesos arrendaticios: xuízo ordinario e verbal. Precario: especialidades procesuais, efectos de cosa xulgada da sentencia. |
2.- Propiedade horizontal. Prof. responsables: María Consuelo Sánchez Mariño (avogada) e María Asunción Jiménez de Llano Zato (avogada). |
Contidos: título constitutivo: obra nova e división horizontal. Réxime de uso do edificio. Elementos privativos e comúns. Comunidade de propietarios: dereitos e deberes; funcionamento (órganos, impago de cotas, adopción de acordos); procedementos: impago de cotas, impugnación de acordos, actividades molestas. |
3.- Propiedade intelectual e protección de datos persoais. Prof. responsable: Lucía Silvoso Fuentes (avogada) |
Contidos: regulación específica dos procesos en materia de propiedade intelectual (venda ilegal de cd, dvd, top manta, descargas en liña de obras protexidas) posibilidades de oposición do demandado. Protección de datos persoais: modalidades de tutela. |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
|
16 |
15 |
31 |
Document analysis |
|
2 |
3 |
5 |
Multiple-choice questions |
|
2 |
0 |
2 |
Simulation |
|
4 |
0 |
4 |
Short answer questions |
|
2 |
0 |
2 |
Mixed objective/subjective test |
|
2 |
0 |
2 |
Case study |
|
0 |
0 |
0 |
|
Personalized attention |
|
4 |
0 |
4 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
Explicación por parte do profesor de materias incluídas nos contidos da asignatura. |
Document analysis |
Estudo, redacción e preparación de documentos relacionados coa profesión de avogado. |
Multiple-choice questions |
Proba obxectiva que consiste en suscitar unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só una delas é válida. |
Simulation |
Participación en xuízos simulados. |
Short answer questions |
Proba obxectiva dirixida a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada. Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder cunha frase específica, palabra, ou cifra. |
Mixed objective/subjective test |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Case study |
|
Personalized attention |
Methodologies
|
Document analysis |
|
Description |
Tanto o estudo de casos prácticos como a asistencia a xuízos simulados implica atención personalizada por parte do profesor responsable. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Short answer questions |
|
Proba obxectiva dirixida a provocar o recordo dunha aprendizaxe presentada. Preséntase un enunciado en forma de pregunta para responder cunha frase específica ou palabra. |
20 |
Mixed objective/subjective test |
|
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
20 |
Multiple-choice questions |
|
Proba obxectiva que consiste en suscitar unha cuestión en forma de pregunta directa ou de afirmación incompleta, e varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións, das que só una delas é válida. |
20 |
Simulation |
|
Avaliación da capacidade oratoria do alumno. |
15 |
Document analysis |
|
Avaliación continua das actividades realizadas polos estudantes dentro e fóra do aula. |
5 |
|
Assessment comments |
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
|