Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Literatura e Espectáculo Código 613584107
Titulación
Mestrado Universitario en Literatura, Cultura e Diversidade (plan 2016)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Letras
Coordinación
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Profesorado
Vizcaíno Fernandez, Carlos Caetano
Correo electrónico
carlos.vizcaino@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da literatura en relación coas diferentes manifestacións escénicas: teatro, danza, cinema...
Relacións entre texto e artes escénicas.
Discursos en que se relacionan literatura e espectáculo. Recursos e métodos para a investigación interdisciplinar.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título
A1 Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural
A2 Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural
A3 Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais
A4 Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos
A12 Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais
A13 Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais
A14 Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais
B5 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común
B6 Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse
B7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe
B8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade
B10 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma
C1 Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva
C4 Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade
C5 Integrar coñecementos de campos de estudos diversos
C7 Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador
C8 Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico
C9 Desenvolver habilidades de xestión da información para propósitos académicos e de investigación

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
O alumnado deberá coñecer as relacións entre a literatura e o teatro, o audiovisual, a música e a danza a través da historia e en contextos culturais diversos. AM1
AM3
CM4
O alumnado deberá coñecer os principais focos de información e de reflexión teórica relativas ao estudo das relacións entre a literatura e as producións espectaculares e saber integrar as achegas dos principais grupos investigadores do ámbito académico . AI2
AI3
BP3
BP5
CM5
CI2
O alumnado deberá saber empregar a rede informática na obtención de información e na comunicación de datos e, en xeral, adquirir a capacidade de utilizar as ferramentas TIC necesarias para o exercicio profesional e investigador. AM2
AM4
AI3
BP3
BP4
O alumnado deberá deseñar e realizar un traballo de investigación orixinal, rigoroso e de extensión limitada en que se analicen as relacións de certos produtos espectaculares coa literatura, pondo en relación os estudos literarios con contextos culturais diversos. AM2
AI1
BP3
BP7
CI3
O alumnado deberá saber traballar de forma autónoma e con iniciativa tendo en conta a importancia da aprendizaxe ao longo de toda a vida. AM3
BP2
BP4
CM1
CM5
CI1

Contidos
Temas Subtemas
1. A literatura na sociedade do espectáculo 1.1. Gustavo Pernas: Os ollos de Victorine ou a construción da cuarta parede
1.2. Aldea global e iconosfera: the pictorial turn
1.3. Performance e textualidade
1.4. Lectura performativa e perfomance da personalidade nas redes sociais
1.5. Jacques Rancière: É posíbel un espectador emancipado?
1.6. Estratexias performativas de identidade: narradores e poetas performativos
2. Posdrama e literatura 2.1. Deconstrución e paradoxos da literatura posdramática: Heine Müller e Sarah Kane
2.2.Texto-centrismo versus Esceno-centrismo:
......2.2.1. O paradigma artaudiano
......2.2.2. Do happening á non-encenación de Claude Régy
......2.2.3. Kantor (Umarla klasa - A clase morta): tensión entre a realidade preexistente do texto literario e a realidade autónoma da escena.
2.3. O cuestionamento da ficcionalidade: (re)produción, (re)presentación
3. A ruptura coa liña discursiva patriarcal 3.1. Textos escénicos alternativos ao logos androcéntrico
3.2. Experiencias escénicas feministas: Nut Teatro e Inversa Teatro
3.3. Autoría espectacular feminina na Galiza
4. O medio é a mensaxe: literatura e audiovisual 4.1. O determinismo tecnolóxico e a literatura
4.2. Literaturicidade do roteiro audiovisual
4.3. Chico Buarque, Leonard Cohen e Bob Dylan contemplados desde a literatura
4.4. Narrativas transmedia e ludificación
4.5. Narrativa e cómic


Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Traballos tutelados A2 A3 A14 A12 B10 C1 C8 C9 1 28 29
Lecturas A1 A2 B7 C7 C5 0 20 20
Eventos científicos e/ou divulgativos B7 B8 C5 0 4 4
Presentación oral B6 B10 C1 3 2 5
Discusión dirixida A13 A4 B5 B8 B10 C4 11 2 13
 
Atención personalizada 4 0 4
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados O alumnado realizará individualmente un traballo de investigación -orixinal, rigoroso e de extensión limitada-, ora de adaptación dramatúrxica, ora de análise da adaptación ao audiovisual dun texto literario. Nas primeiras sesións serán determinadas tanto a data de comunicación do tema e ponderación co profesor e os compañeiros das estratexias de elaboración -nun espazo de traballo colaborativo en liña-, como a de incorporación ao espazo virtual colaborativo da versión definitiva.
Lecturas Será preciso realizar nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas, así como as necesarias para a elaboración do traballo.
Eventos científicos e/ou divulgativos Acompañarase, presencialmente ou através de ferramentas de comunicación asíncrona, eventos científicos e divulgativos relacionados cos contidos da materia.
Presentación oral Destinaranse as sesións presenciais pertinentes á presentación oral dos traballos individuais tutelados, destinando uns minutos ás preguntas e retroalimentación do mesmo por parte dos compañeiros.
Discusión dirixida O alumnado participará –presencialmente e através do espazo de traballo colaborativo en liña– en discusións dirixidas polo profesor sobre temas atinentes aos contidos da materia. Previamente, deberán preparar as discusións coa lectura de artigos especializados.

Atención personalizada
Metodoloxías
Discusión dirixida
Traballos tutelados
Descrición
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos e destrezas.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Discusión dirixida A13 A4 B5 B8 B10 C4 A participación activa e con argumentos madurecidos e criativos nas discusións dirixidas presenciais ou asíncronas representará o 35% da cualificación final. 35
Traballos tutelados A2 A3 A14 A12 B10 C1 C8 C9 O traballo invidivual representará o 45% da cualificación final. Terase en conta a ponderación co profesor e os compañeiros de tema e fontes (10%), que será recíproca, isto é escoitará o que se lle di da súa elección e el/ela mesmo/a ponderará ás dos compañeiros/as; a presentación dentro dos prazos (5%), e a calidade do mesmo (30%). 45
Eventos científicos e/ou divulgativos B7 B8 C5 A asistencia aos eventos programados será avaliada até ao 5% da cualificación final. 10
Presentación oral B6 B10 C1 Serán avaliadas tanto a presentación oral do traballo tutelado (5%) como a participación retroalimentadora nos outros traballos (5%). 10
 
Observacións avaliación

Non será posíbel a superación da materia sen a participación activa nas discusións dirixidas nin a presentación, dentro dos prazos, do traballo tutuledo. O alumnado que non realizar ambas as actividades recibirán a cualificación de NON PRESENTADA/O.

O alumnado de ensino semipresencial ou con dispensa académica deberá acompañar o curso através das ferramentas de comunicación asíncrona determinadas polo docente nos prazos específicos que se estabelecerán a tal efecto e que o profesor comunicará ao alumnado afectado ao inicio do curso.
Na segunda oportunidade (xullo) e na convocatoria adiantada de decembro o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. Caso de non ter realizado durante o cuadrimestre algunhas das actividades avaliábeis, abrirase un novo prazo para a súa presentación.

Os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio ou de presentación do mesmo exercicio en varias materias. Caso se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Biscainho Fernandes, C. C. (2019). "A dramaturxia galega de autoría feminina no século XXI", eHumanista IVITRA, 15, Monogràfic III, Santa Bárbara (California) (Estados Unidos), UC Santa Barbara, 2019, pp. 324-341. https://www.ehumanista.ucsb.edu/sites/default/files/sitefiles/ivitra/volume15/7.%20Biscainho-Fernand
Valverde, A. (2004). "A performance en Rompente", Anuario de Estudios Literarios Galegos 2004, 96-105. Compostela: USC
Zavala, L. (). "Cine y literatura. Puentes, analogías y extrapolaciones", en Razón y Palabra nº 71. .
Lehmann, H.T. (1999). "El teatro postdramático: una introdución", Posdramatisches Theater (traduc. de Paula Riva), Telondefondo n°12-decembro 2010.
Ubersfeld, A. (1997). "La escena y el texto", en La escuela del Espectador, 20-58. Madrid: Publicaciones de la Asociación de Directores de Escena de España
Alonso de Santos, J. L. (2007). "Las reglas de la teatralidad" e "La recepción teatral", en Manual de Teoría y Práctica Teatral, 165-194 e 519-545. Madrid: Castalia
Gil, A. (2004). "Literatura e banda deseñada", en Arturo Casas (coord.) Elementos de Crítica Literaria: 593-613. Vigo: Xerais
Pavis, P. (2007). "Nas fronteiras da encenação" e "Encenação, Perfomance: Qual é a diferença?", en A Encenação Contemporânea, 25-59. São Paulo: Perspectiva
Bermúdez, S (2002). "O capital simbólico das literaturas subalternas: a poesía galega no serodio século XX", Anuario de Estudios Literarios Galegos 2002, 201-208.. . Compostela: USC
Abuín, A (2006). "Performance y textualidad", Escenarios del caos: 151-157. Valencia: Tirant lo Blanch
Martín Rodríguez, I. (2015). Análisis narrativo del guión de videojuego. Madrid: EUG-Síntesis
Cornago, Óscar (2015). Capítulos II e III de Ensayos de Teoría Escénica. Sobre teatralidad, público y democracia. Madrid: Abada Editores
Becerra, Afonso (2018). Confio-te o meu corpo: a dramaturgia pós-dramática. Compostela: ATravés Editora
Fischer-Lichte, E. (2011). Estética de lo performativo. Madrid: Abada Edidtores
Pernas, Gustavo (2006). Os ollos de Victorine e a construción da cuarta parede. Ames: Laiovento
Tenschert, Bataillon, Dort e Raoul-Davis (2003). Questões de Dramaturgia I. Lisboa: Escola Superior de Teatro e Cinema

LECTURAS OBRIGATORIAS


Buarque, Chico: Poesias (https://www.escritas.org/pt/chico-buarque)
Kane, Sarah: Derruba
Müller, Heiner: Máquina Hamlet
Sotelo: Nome: Bonita

Bibliografía complementaria Figuero Espadas (2013). Guion : nociones sobre la escritura audiovisual. Madrid: CEU
(1999). "A propósito de Guy Debord y la crítica situacionista del espectáculo", en Archipiélago cuadernos de crítica de la cultura n. 39, 87-115. Castelldefels: Pamiela
Gil, A. (2004). "Literatura e banda deseñada", en Arturo Casas (coord.) Elementos de Crítica Literaria, 593-613. . Vigo: Xerais
Abuín González e Rodríguez González (2004). "Literatura e cinema: recreacións fílmicas e transferencias culturais", en Arturo Casas (coord.) Elementos de Crítica Literaria, 569-591. Vigo: Xerais
Abuín e Casas (2004). "O texto espectacular", en Casas (coord.) Elementos de crítica literaria, 415- 470. Vigo: Xerais
Creton, Palmer e Sarrazac (2005). Arts du espectacle, métiers et industries culturelles: penser la généalogie. Paris: Presses Sorbonne Nouvelle
Sánchez Noriega, J. L. (2000). De la literatura al cine. Barcelona: Paidós
Pavis, P (1983). Diccionario del Teatro. Dramaturgia, estética, semiología. . Barcelona: Paidós
Becerra de Becerreá, A (2007). Dramaturxia. Teoría e práctica. Vigo: Galaxia
McKee, R. (2002). El guión. Sustancia, estructura, estilo y principios de la escritura de guiones. . Barcelona: Alba
Fischer-Lichte, E. (2004). Estética de lo performativo. Madrid: Abada Edidtores
Alemany Ferrer e Chico Rico (eds.) (2012). Literatura i espectacle = Literatura y espectáculo. Alicante : Universidad de Alicante : Sociedad Española de Literatura General y Comparada
Kowzan, Tadeusz (1992). Literatura y espectáculo. Madrid : Taurus
Sarrazac, Jean-Pierre (2003). O futuro do drama. Porto: Campo das Letras
Schechner, R. (2006). Performance Studies. New York: Routledge
Carlson, M (2005). Performance: unha introdución crítica. Vigo: Galaxia
Ubersfeld, A. (1993). Semiótica teatral.. Madrid: Cátedra / Universidad de Murcia
Artaud, Antonin (). Teatro e seu duplo. São Paulo: Livraria Martins Fontes Editora Ltda
Werneck et ali (2009). Texto e imagem: estudos de teatro. Rio de Janeiro: 7 letras
Hormigón, J. A. (1991). “Dramaturgia y trabajo dramatúrgico”, Trabajo dramatúrgico y puesta en escena. 31-58. Madrid: Publicaciones de la ADE
Abuín, A. (1996). “Para una teoría de la puesta en escena. Hermenéutica y transformación de un texto literario”, Tropelías 5/6, 1994-1995, pp. 5-15.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías