Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural |
A2 |
Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural |
A4 |
Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos |
A5 |
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación |
A6 |
Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués |
A8 |
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma |
A12 |
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais |
A13 |
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais |
A14 |
Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais |
B3 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro |
B4 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida |
B5 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
B6 |
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse |
B7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe |
B8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
B10 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C1 |
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
C2 |
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos |
C3 |
Demostrar un compromiso ético coas desigualdades |
C4 |
Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade |
C5 |
Integrar coñecementos de campos de estudos diversos |
C6 |
Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares |
C7 |
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer, comprender e saber avaliar criticamente unha parte dos discursos teóricos que reflexionan sobre obras relevantes da literatura galega desde unha perspectiva de xénero. |
AM1 AM2 AM4 AM6 AM8
|
BP2 BP3 BP4
|
CM2 CM3 CM4 CM5
|
Desenvolver a capacidade de participar con precisión de pensamento e expresión (tanto oralmente como por escrito) nos debates propios destes estudos. |
AM2 AM4 AM5 AI2
|
BM3 BP1 BP2 BP3 BP7
|
CM1 CM2 CM5 CM6
|
Realizar análises de textos literarios a partir dos marcos teóricos definidos na materia. |
AM1 AM4 AM5 AM6 AM8 AI1 AI2
|
BP2 BP3 BP7
|
CM4 CM5 CI1
|
Ser quen de desenvolver investigacións avanzadas no análise dos textos literarios, desde un enfoque orixinal e creativo |
AM1 AM2 AM4 AM5 AM8 AI1 AI2 AI3
|
BP2 BP3 BP5 BP7
|
CM1 CM2 CM5 CM6 CI1
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A institución literaria e as mulleres escritoras, unha relación problemática |
1.1. Construción autorial, visibilidade e recoñecemento institucional: unha ollada diacrónica |
2. Narrativa galega de autoría feminina e reflexión sobre a(s) identidade(s) de xénero
|
2.1. Escrita do eu e representación da subalternidade feminina: Xohana Torres, "Adiós, María"
2.2. Reescrita feminista e problematización das identidades de xénero: de María Xosé Queizán a María Reimóndez.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A1 A2 A5 A6 A14 A8 B5 B7 B10 B3 C2 C3 C5 |
2 |
20 |
22 |
Sesión maxistral |
A1 A4 A6 A8 B5 B6 B8 B10 C6 |
6 |
6 |
12 |
Traballos tutelados |
A13 A1 A2 A4 A5 A6 A14 A8 A12 B4 B6 B8 B10 B3 C1 C7 C5 C6 |
0 |
16 |
16 |
Obradoiro |
A13 A1 A2 A4 A5 A6 A14 A8 A12 B6 B8 B10 B3 C1 C4 C7 C6 |
6 |
8 |
14 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A1 A2 A5 A6 A8 B5 B6 B7 B8 C4 C7 C5 |
3 |
6 |
9 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas. Estas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado na aula e no encontro científico. |
Sesión maxistral |
Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia. |
Traballos tutelados |
Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e orientación requirirán o visto e prace da profesora en sesións de seguimento. |
Obradoiro |
Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente pola profesora. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Ao longo do curso será recibido un/unha investigador/a externo cuxa visita será preparada colectiva e individualmente para realizarmos un encontro científico fructífero. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Obradoiro |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Lecturas |
Sesión maxistral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Obradoiro |
A13 A1 A2 A4 A5 A6 A14 A8 A12 B6 B8 B10 B3 C1 C4 C7 C6 |
Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan na aula: discusión dirixida, análise e comentario dos textos propostos, etc. |
20 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A1 A2 A5 A6 A8 B5 B6 B7 B8 C4 C7 C5 |
O alumnado deberá participar activamente con preguntas e/ou reflexións no encontro co/a investigador/a invitado/a. |
10 |
Lecturas |
A1 A2 A5 A6 A14 A8 B5 B7 B10 B3 C2 C3 C5 |
As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do propio alumnado na aula e no encontro científico. |
10 |
Traballos tutelados |
A13 A1 A2 A4 A5 A6 A14 A8 A12 B4 B6 B8 B10 B3 C1 C7 C5 C6 |
O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun breve ensaio orixinal (ou, alternativamente, na exposición oral dese traballo) que versará sobre un aspecto relacionado cun punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da investigación e a claridade expositiva e expresiva.
|
60 |
|
Observacións avaliación |
1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN 1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. 1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. 1.3. Todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación. 2. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro e participación en eventos científicos). Así, para superar a materia, terá que realizar unha "Proba mixta" para avaliar as lecturas (40%) e presentar o "Traballo tutelado" (60%). 3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 40 % da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e un "Traballo tutelado" puntuábel nun 60% que deberá ser presentado no mesmo día do exame. 4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita. 5. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado responsábel. 7. OUTRAS PRECISIÓNS Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Armas García, C. Mª (2002): As mulleres escritoras (1860-1870). O xenio de Rosalía (Santiago: Laiovento). Blanco, C. (1991): Literatura galega da muller (Vigo: Xerais). Blanco, C. (1995): O contradiscurso das mulleres (Vigo: Nigra). Forcadela, M. / Noia, C. (coords.) (2011): Cara a unha poética feminista : homenaje a María Xosé Queizán (Vigo: Xerais). García Fonte, Mª Anxos (2011): A construción da identidade de xénero na
narrativa galega da segunda metade do século XX (Tese de doutoramento,
Universidade da Coruña). García Negro, Mª P. (2010): O clamor da rebeldía: Rosalía de Castro, ensaio e feminismo (Santiago: Sotelo Blanco). García Negro, Mª P. / Rodríguez Sánchez, F. (1996): “Literatura feminina e feminista da segunda metade do século XIX”, en VV. AA.: Historia da Literatura Galega: 351-384 (Vigo: AS-PG/ A Nosa Terra). Garrido, A. (2015): "Las chicas raras no tienen voz", Itinerarios 21, 183-198. González Fernández, H. (2005): Elas e o paraugas totalizador (Vigo: Xerais). González Fernández, H. (2009): Género y nación: la
construcción de un espacio literario (Barcelona: Icaria). March, K. N. (1994): De musa a literata: el feminismo en la narrativa de Rosalía de Castro (Sada: O Castro). Pena Presas, Montse (2018): Feminismos e literatura infantil e xuvenil en Galicia (Santiago: Laiovento). Rodríguez Rodríguez, M.(2013): Feminismo e innovación en la narrativa gallega de autoría femenina: Xohana Torres, María Xosé Queizán, Carmen Blanco yTeresa Moure (Lewiston : Edwin Mellen Press). Reimóndez, M. (2018): "Silencios que non son: o continuum lesbiano nas narradoras galegas", en Boguszcewicz, M. et alii, Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha ahega interdisciplinaria: 167-194 (Varsovia: Universidade de Varsovia). Rodríguez Sánchez, F. (2011): Rosalía de Castro, unha estranxeira na súa patria (Santiago: AS-PG). Suárez Briones, B. / Martín Lucas, Mª B. / Fariña Busto, Mª J. (eds) 82000): Escribir en femenino. Poéticas y políticas (Barcelona: Icaria). Vilavedra, D. (2018): "Singularidades da articulación socio-discursiva da narrativa galega de autoría feminina", en Boguszcewicz, M. et alii, Identidade(s) e xénero(s) na cultura galega: unha ahega interdisciplinaria: 87-114 (Varsovia: Universidade de Varsovia). VV. AA. (1987): Festa da palabra silenciada, 4 (monográfico Xohana Torres)
Obras de lectura obrigada: - Xohana Torres: Adiós, María
- Mª Xosé Queizán: A semellanza
- María Reimóndez: A música dos seres vivos
A profesora entregará, na aula e/ou a través da plataforma Moodle, unha selección de textos literarios e críticos que o alumnado deberá ler nos prazos estipulados.
|
Bibliografía complementaria
|
|
Durante o curso proporcionarase máis bibliografía específica. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal |
|