Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A1 |
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural |
A2 |
Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural |
A3 |
Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais |
A4 |
Aplicar as técnicas de análise cultural en contextos diversos |
A6 |
Coñecer e valorar a diversidade cultural, con especial atención aos ámbitos hispánico e galego-portugués |
A8 |
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma |
A9 |
Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos |
A12 |
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais |
A13 |
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais |
A14 |
Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais |
B4 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida |
B5 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
B6 |
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse |
B7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe |
B8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
B10 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma |
C1 |
Adquirir capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva |
C2 |
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos |
C4 |
Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade |
C5 |
Integrar coñecementos de campos de estudos diversos |
C6 |
Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares |
C7 |
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Coñecer, comprender e saber avaliar criticamente unha parte dos discursos teóricos que reflexionan sobre a identidade. |
AC1 AC2 AC4 AC6 AC8
|
BJ2 BJ3 BJ4 BJ5
|
CC2 CC4 CC5 CR1
|
Desenvolver a capacidade de participar con precisión de pensamento e expresión (tanto oralmente como por escrito) nos debates propios destes estudos. |
AC3 AC4 AR1
|
BJ2 BJ5 BJ7
|
CC1 CC5 CC6 CR1
|
Realizar análises de textos literarios a partir dos marcos teóricos definidos na materia. |
AC1 AC2 AC4 AC6 AC8 AC9 AR2 AR3
|
BJ3 BJ4
|
CC2 CC5 CC6 CR1
|
Ser quen de desenvolver investigacións avanzadas no análise dos textos literarios, desde un enfoque orixinal e creativo |
AC1 AC2 AC3 AC4 AC6 AC8 AC9 AR1 AR2 AR3
|
BJ1 BJ2 BJ3 BJ5
|
CC2 CC4 CC5 CC6 CR1
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
1. Discursos e procesos de construción e representación identitaria na literatura.
|
1.1. A configuración literaria da nación: o repertorio temático identitario
1.2. Espazo público e (re)presentación do grupo letrado |
2. Narrativa e construción nacional |
2.1. Recuperación ficcional da historia e discurso identitario: Ramón Otero Pedrayo, Os camiños da vida
2.2. Ricardo Carvalho Calero, consolidación dos referentes identitarios e representación do núcleo simbólico da nación: d'A gente da Barreira a Scórpio
|
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Workbook |
A1 A3 A4 A6 A8 B5 B7 C4 C5 |
2 |
20 |
22 |
Guest lecture / keynote speech |
A13 A1 A2 A4 A6 A8 A9 A12 B8 C2 C4 C7 C5 |
6 |
6 |
12 |
Supervised projects |
A13 A1 A2 A3 A4 A6 A14 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B10 C1 C6 |
0 |
16 |
16 |
Workshop |
A13 A1 A2 A4 A6 A8 A12 B6 B8 B10 C1 C4 C7 C6 |
6 |
8 |
14 |
Events academic / information |
A1 A2 A3 A6 A14 A8 B5 B7 B8 C2 C5 |
3 |
6 |
9 |
|
Personalized attention |
|
2 |
0 |
2 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Workbook |
Será preciso realizar para cada sesión e nos prazos determinados unha serie de lecturas básicas. Estas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do alumnado na aula e no encontro científico. |
Guest lecture / keynote speech |
Exposición da profesora co fin de introducir o contexto teórico e cultural do tema correspondente, así como os fundamentos teóricos e metodolóxicos da materia. |
Supervised projects |
Cada estudante terá que realizar un traballo final obrigatorio sobre algún aspecto relacionado co temario, que terá o formato dun breve ensaio e cuxo tema e orientación requirirán o visto e prace da profesora en sesións de seguimento. |
Workshop |
Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais coas sesións interactivas, nas que a participación do estudantado será fundamental. Levaranse a cabo actividades de diverso tipo: discusións dirixidas, comentario de textos. Todas elas terán como punto de partida fundamental as lecturas indicadas previamente pola profesora. |
Events academic / information |
Ao longo do curso será recibido un/unha investigador/a externo cuxa visita será preparada colectiva e individualmente para realizarmos un encontro científico fructífero. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Workshop |
Events academic / information |
Workbook |
Guest lecture / keynote speech |
Supervised projects |
|
Description |
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na oportunidade adiantada de decembro. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Workshop |
A13 A1 A2 A4 A6 A8 A12 B6 B8 B10 C1 C4 C7 C6 |
Valorarase a participación activa nas distintas actividades que se desenvolvan na aula: discusión dirixida, análise e comentario dos textos propostos, etc. |
20 |
Events academic / information |
A1 A2 A3 A6 A14 A8 B5 B7 B8 C2 C5 |
O alumnado deberá participar activamente con preguntas e/ou reflexións no encontro co/a investigador/a invitado/a. |
10 |
Workbook |
A1 A3 A4 A6 A8 B5 B7 C4 C5 |
As lecturas serán avaliadas a través dos comentarios e das intervencións do propio alumnado na aula e no encontro científico. |
10 |
Supervised projects |
A13 A1 A2 A3 A4 A6 A14 A8 A9 A12 B4 B5 B6 B10 C1 C6 |
O traballo final obrigatorio consistirá na elaboración dun breve ensaio orixinal sobre un aspecto relacionado cun punto do programa. Valorarase fundamentalmente a profundidade e o rigor da investigación e a claridade expositiva e expresiva. |
60 |
|
Assessment comments |
1. OBSERVACIÓNS XERAIS DE AVALIACIÓN 1.1. Para superar a materia, o alumnado deberá conseguir unha cualificación igual ou superior a 5 puntos no conxunto de actividades que compoñen a avaliación. 1.2. O alumnado terá que entregar os traballos e actividades no prazo fixado. 1.3. Todas as actividades deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal...). As deficiencias lingüístico-expositivas serán penalizadas na cualificación. 2. AVALIACIÓN DA SEGUNDA OPORTUNIDADE (XULLO) Na 2.ª oportunidade o alumnado será avaliado cos mesmos criterios que na oportunidade anterior, aínda que con certa variación sobre as porcentaxes xa que non se poderán ter en conta as actividades de carácter presencial (Obradoiro e participación en eventos científicos). Así, para superar a materia, terá que realizar unha "Proba mixta" para avaliar as lecturas (40%) e presentar o "Traballo tutelado" (60%). 3. AVALIACIÓN DA OPORTUNIDADE ADIANTADA DE DECEMBRO Nesta oportunidade adiantada cada alumno/a será avaliado/a mediante unha "Proba mixta", que suporá o 40 % da cualificación final e que terá lugar na data oficial marcada pola Facultade de Filoloxía, e un "Traballo tutelado" puntuábel nun 60% que deberá ser presentado no mesmo día do exame. 4. CUALIFICACIÓN DE NON PRESENTADO/A Considerarase como NON PRESENTADO/A o/a alumno/a que non entregue o traballo final obrigatorio ou non realice a proba escrita. 5. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL E CON DISPENSA ACADÉMICA O alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia concedida deberá pórse en contacto co profesorado da materia no inicio do curso académico para planificar, en cada situación concreta, os axustes necesarios na avaliación no tocante ás actividades presenciais (que serán substituídas por outras non presenciais equivalentes). Así mesmo, aquel alumnado que xustifique a imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado responsábel. 7. OUTRAS PRECISIÓNS Todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación, segundo o documento "Exixencias mínimas de corrección lingüística" (aprobado pola Sección de Galego-Portugués o 6/7/2018 e pendurado en Moodle). Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4).
|
Sources of information |
Basic
|
|
Anderson, B. (1993)[1983]: Comunidades imaginadas. Reflexiones sobre el origen y la difusión del nacionalismo. México, F.C.E. Beramendi, Justo (2007). De provincia a nación. Historia do galeguismo político. Vigo: Xerais. Biscainho Fernandes, C. C. / Sánchez Rei, X. M. (2011): Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación (A Coruña: UDC). Fernández Pérez-Sanjulián, Carme (2003): A construción nacional no discurso literario de Ramón Otero Pedrayo. (Vigo: A Nosa terra). Figueroa, A. (2001). Nación, Literatura, Identidade. Comunicación literaria e campos sociais en Galicia (Vigo: Xerais). García Negro, Mª P. (1997): "Presentación", en Carvalho Calero, R. / Marinhas del Valle, J., A gente da Barreira / Teatro: 9-13 (Vigo: A Nosa Terra). López, T. / Salinas F. (2002): Actas do Simposio Ricardo Carvalho Calero. Memoria do século (A Coruña: AS-PG-UDC). Rodríguez, J. L (ed.): Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero (Santiago de Compostela: parlamento de Galicia-USC). Romero López, Dolores, coord. (2006). Naciones literarias. Barcelona / Madrid: Anthropos / Universidad Complutense. Salinas Portugal, F. (2003): "Emerxencia literaria e construción nacional: o romance fundacional",en Salinas Portugal, F. / Tavares Maleval, Mª A. (orgs.): Estudos Galego-Brasileiros (A Coruña: Servizo de publicacións da Universidade da Coruña): 241-256. Salinas Portugal, F. (2006): "Os contornos da identidade", en Salinas Portugal, F. / Tavares Maleval, Mª A. (orgs.) (2006): Estudos Galego-Brasileiros 2 (A Coruña: Servizo de publicacións da Universidade da Coruña): 349-364. Thiesse, Anne M. (2001): La création des identités nationales. Europe XVIIIe-XXe siècle (Paris: Seuil). Villares, R. (2018): Fuga y retorno de Adrián Solovio. Sobre a educación sentimental dun intelectual galeguista. Vigo, Galaxia.
Obras de lectura obrigada:
Ramón Otero Pedrayo: Os camiños da vida Ricardo Carvalho Calero: A gente da Barreira / Scórpio
A profesora fornecerá, na aula e/ou a través da plataforma Moodle, unha selección de textos literarios e críticos que o alumnado deberá ler nos prazos fixados. |
Complementary
|
|
Durante o curso proporcionarase máis bibliografía específica. |
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
|
Other comments |
Para calquera dúbida, poden pórse en contacto coa profesora, persoalmente en horario de atención ao alumnado, ou concertando cita previa no enderezo electrónico: carme@udc.gal |
|