Competencias do título |
Código
|
Competencias do título
|
A1 |
Integrar os estudos literarios nun contexto cultural mais extenso que trascenda os límites dunha soa lingua e/ou nación, atendendo á diversidade cultural |
A2 |
Ampliar o concepto de literatura, a través da súa relación coas TICS, os medios de comunicación, o cine, as artes, no marco da diversidade cultural |
A3 |
Ser capaz de realizar aportacións creativas e orixinais no estudo comparatista dos textos literarios, dos productos artísticos e das realidades culturais |
A5 |
Adquirir as habilidades necesarias para analizar e investigar os mecanismos dos procesos de comunicación |
A8 |
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma |
A9 |
Aplicar as técnicas de análise cultural respetando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos |
A12 |
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais |
A13 |
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais |
A14 |
Adquirir a capacidade de xestionar ferramentas e recursos de investigación aplicados no ámbito dos estudos literarios e culturais |
B4 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións(TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da vida |
B5 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
B6 |
Valorar críticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñibles para resolver problemas cos que deben enfrontarse |
B7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe |
B8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade |
C2 |
Traballar de maneira interdisciplinar en entornos diversos |
C3 |
Demostrar un compromiso ético coas desigualdades |
C4 |
Promover o entendemento intercultural desde a comprensión da diversidade |
C5 |
Integrar coñecementos de campos de estudos diversos |
C6 |
Aplicar coñecementos e habilidades na resolución de problemas en entornos novos o non familiares en contextos interdisciplinares |
C7 |
Desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntesise, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador |
C8 |
Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias do título |
Integrar os estudos literarios nun contexto intercultural máis extenso e que ultrapase os limites dunha única comunidade, atendendo nomeadamente á diversidade cultural do ámbito galego-portugués. |
AM1
|
|
CM4
|
Comprender os procesos históricos dos estudos literarios e culturais e os seus cambios de paradigma. |
AM8
|
|
|
Ser capaz de desenvolver un enfoque orixinal e creativo na investigación avanzada no ámbito dos estudos literarios e culturais. |
AI1
|
|
|
Aplicar as técnicas de análise cultural respectando os fundamentos ideolóxicos presentes en contextos diversos. |
AM9
|
|
|
Alargar o conceito de literatura e entendela en relación con outros campos culturais, utilizando ferramentas e tecnoloxías apropiadas para o seu estudo. |
AM2 AM3
|
|
CM5
|
Analisar e interpretar tanto textos como mecanismos e procesos de comunicación aplicando diferentes modelos teóricos e ferramentas de análise. |
AM5 AI3
|
|
|
Adquirir a capacidade de utilizar ferramentas, tecnoloxías e recursos de investigación interdisciplinares para a súa aplicación á resolución de problemas en entornos diversos no ámbito dos estudos literarios e culturais. |
|
BP1
|
CM2 CM6
|
Aplicar unha perspectiva comparatista de carácter transnacional e plurilingüístico aos estudos literarios, artísticos e culturais |
AI2
|
|
|
Asumir a importancia e os beneficios sociais da aprendizaxe e coñecer os medios para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común |
|
BP2 BP3 BP4 BP5
|
CM3
|
Adquirir a capacidade de concebir e deseñar proxectos de investigación con rigor académico e desenvolver habilidades cognitivas avanzadas (capacidade de síntese, análise e pensamento crítico) relacionadas co desenvolvemento e a creación dun perfil investigador.
|
|
|
CI1 CI2
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. A crítica e (é) a cultura |
1.1. Función e posición da crítica nos sistemas culturais
1.2. Crítica, historiografía e teoría literaria/cultural |
2. Campo da crítica e procesos de canonización
|
2.1. Estratexias de atribución de valor e creación de sentido
2.2. Discursos críticos, cánone, conflito e identidade
2.3. Alternativas críticas |
3. Procesos de canonización no intersistema cultural galego-portugués |
3.1. Criterios canonizadores
3.2. Estudos de caso (Galiza, Portugal, Brasil, PALOP) |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias |
Horas presenciais |
Horas non presenciais / traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A8 B5 B6 C4 |
5 |
8 |
13 |
Discusión dirixida |
A2 A3 B7 B8 C3 C5 |
5 |
8 |
13 |
Traballos tutelados |
A14 B4 C2 C6 C8 |
1 |
20 |
21 |
Lecturas |
A13 A5 A9 |
1 |
20 |
21 |
Prácticas a través de TIC |
A2 |
1 |
2 |
3 |
Seminario |
A12 C7 |
3 |
0 |
3 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedementais fundamentais para o alumnado atinxir as competencias e destrezas previstas no seminario. |
Discusión dirixida |
Presentación polo profesor ou polo alumnado dunha serie de casos teórico-práticos para a súa análise conxunta e colaborativa ao longo das sesións presenciais. |
Traballos tutelados |
Abordaxe de materiais bibliográficos sobre os asuntos obxecto de estudo (de acordo coa planificación realizada polo profesor no inicio do seminario). |
Lecturas |
Realización e abordaxe analítica dunha seria de lecturas previamente seleccionadas polo docente relacionadas directamente cos contidos abordados no seminario. |
Prácticas a través de TIC |
Presentación e teste da aplicación de TIC ao estudo da crítica literaria e cultural. |
Seminario |
Traballo en grupo a partir da exposición oral ao conxunto da turma dos resultados dos traballos tutorizados e/ou dalgunha lectura das atribuídas polo profesor no inicio das sesións. Durante os seminarios, o alumnado utilizará os recursos tecnolóxicos precisos ao efecto e demostrará a asunción e a aplicación práctica dos contidos, destrezas e competencias abordados durante o seminario. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
Lecturas |
Seminario |
|
Descrición |
Ao lado do labor de acompañamento realizado no horario de atendemento marcado polo profesor responsábel pola materia, a atención personalizada estará dirixida especialmente (que non unicamente) para o apoio á realización dos Traballos Tutelados, das Lecturas e dos seminarios. De maneira xeral, recomendase que cada alumno/a asista polo menos a unha sesión de atendemento previa á exposición das lecturas atribuídas.
Para a realización das actividades previstas e a fin de obter unha orientación adecuada, é fundamental que o alumnado comunique de maneira fluída e frecuente tanto os seus progresos como as súas eventuais dificultades. Alén diso, cada estudante poderá realizar toda clase de consultas en relación ao desenvolvemento da materia, quer no horario de atendemento quer através do correo electrónico.
Esta atención personalizada tamén está contemplada para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica recoñecida, así como para o estudantado matriculado para se examinar na convocatoria de decembro. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias |
Descrición
|
Cualificación
|
Sesión maxistral |
A1 A8 B5 B6 C4 |
Serán avaliados o nivel de análise e compreensión das materias expostas, así como a resolución dos problemas apresentados durante estas sesións, quer através de estudos de caso ou análise de fontes documentais específicas, quer no trascurso das “discusións dirixidas” e dos “Seminarios” |
10 |
Discusión dirixida |
A2 A3 B7 B8 C3 C5 |
Será avaliado o rigor e a profundide da análise, as cuestións eventualmente levantadas durante as intervencións, a frecuencia destas e, en xeral, todos os contributos relacionados co acompañamento/ desenvolvemento da materia. |
20 |
Traballos tutelados |
A14 B4 C2 C6 C8 |
Serán avaliados os conteúdos focados e os resultados do proceso ensino-aprendizaxe en relación á consecución dos obxectivos procurados na materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a capacidade para a aprendizaxe autónoma e/ou o traballo en equipa, a capacidade analítica e crítica, e a adecuación aos obxectivos formulados polo profesor para estas actividades. |
30 |
Lecturas |
A13 A5 A9 |
Para alén da eventual presentación oral dalgunha das lecturas propostas, será avaliado o nivel de análise e compreensión das restantes lecturas demostrado no trascurso das outras apresentacións, nos seminarios e nas discusións dirixidas. |
20 |
Seminario |
A12 C7 |
Será avaliada fundamentalmente a comprensión e o dominio dos conteúdos apresentados e comentados, así como a utilidade da discusión para os propósitos da materia. Levarase tamén en conta a calidade lingüística, a organización e a secuencia expositiva, a clareza e precisión nas intervencións, a interacción co auditorio, o uso do tempo dispoñíbel e a eventual elaboracion e utilización dos recursos tecnolóxicos. |
20 |
|
Observacións avaliación |
A avaliación da materia será feita de forma continua. Nela serán levados en conta non apenas os elementos referidos no lugar correspondente deste guía mais tamén, de xeito transversal, as competencias lingüísticas, argumentativas e para a aprendizaxe colaborativa demostradas ao longo do proceso de ensino-aprendizaxe. Neste sentido, todas as actividades ou probas deberán cumprir unhas exixencias mínimas de corrección lingüística (ortografía, puntuación, concordancia sintáctica, ausencia de reiteracións, precisión léxica, rexistro formal…); no caso de deficiencias lingüístico-expresivas, estas poderán ser penalizadas na cualificación segundo os criterios que serán publicados na plataforma Moodle no inicio do curso. Os traballos presentados polo alumnado poderán ser incorporados ao Turnitin, ferramenta para a detección do plaxio así como de traballos previamente presentados nesta ou noutras universidades, incluso polo mesmo/a alumno/a. En caso de que se produza algunha destas circunstancias, poderán ser aplicadas as medidas contempladas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da Universidade da Coruña (artigo 14.4). Todas as actividades deberán ser realizadas e entregadas de acordo cos prazos e os procedementos fixados no cronograma que o profesor fornecerá ao alumnado no inicio das sesións e pendurará na plataforma Moodle. As actividades entregadas fóra do prazo marcado non serán obxecto de avaliación. O estudantado a tempo parcial ou con dispensa académica realizará ou entregará as actividades indicadas nunha data concertada previamente co docente. Este alumnado deberá realizar e entregar as mesmas actividades que o restante e, se non puider asistir ao atendemento, deberá pórse en contacto co profesor a través do correo electrónico no inicio do curso. Aquel alumnado que certifique imposibilidade de asistir ás aulas debe tamén contactar co profesorado da materia. O alumnado que se apresentar á convocatoria adiantada de decembro terá de contactar previamente co docente responsábel polo seminario e, para o superar, realizar aqueles traballos tutelados (5 valores) e aquelas leituras (5 valores) que lle foren encomendados. Se houber criterios específicos de avaliación para algunha das tarefas propostas, estes serán oportunamente disponibilizados polo profesor responsábel através do Moodle e/ou expostos na sala de aulas. O docente fornecerá, igualmente, as oportunas instrucións para o correcto desenvolvemento de cada unha das actividades previstas. As persoas que non superaren a materia de acordo coa avaliación continuada deberán concorrer á oportunidade de xullo. Para superaren a materia nesta segunda oportunidade, @s alumn@s deberán realizar satisfactoriamente todas aquelas tarefas non superadas na oportunidade anterior xuntamente con aqueles outros traballos que foren agora solicitados. Será considerado Non Presentado aquel alumno ou alumna que non apresente ningunha das actividades previstas neste guía.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Thiesse, A. (1999). La Création des identités nationales: Europe XVIIIe XXe siécle. Paris: Éditions du Seuil
Bourdieu, Pierre (1991). “Le champ littéraire. Avant propos”. ctes de la Recherche en sciences sociales, nº 89, pp. 3-46
Tarrío Varela, Anxo e Abuín González, Anxo (eds.) (2004). Bases metodolóxicas para unha historia comparada das literaturas da Península Ibérica. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC
González-Millán, Xoán (1995). Do nacionalismo literario á literatura nacional. Hipóteses de traballo para un estudio institucional da literatura galega. Anuario de Estudios Literarios Galegos 1994, 67-81.
Casas, Arturo (coord.) (2004). Elementos de crítica literaria. Vigo: Xerais
Mata, Inocência (1993). Emergência e existência de uma literatura (O caso santomense). Linda-a-Velha: ALAC - África
Bourdieu, Pierre (1992). Les règles de l’art. Genèse et structure du champ littéraire. Paris: Éditions du Seuil
Figueroa, Antón (2001). Nación, literatura, identidade: comunicación literaria e campos sociais en Galicia. Vigo: Edicións Xerais de Galicia
Samartim, Roberto L.I. (2010). O processo de construçom do sistema literário galego entre o franquismo e a transiçom (1974-1978): margens, relaçons, estrutura e estratégias de planificaçom cultural. Santiago de Compostela: Servizo de Publicacións da USC
Even-Zohar, Itamar (2010). Papers in Culture Research. Tel Aviv: Unit of Culture Research, Tel Aviv University (acesíbel en http://www.tau.ac.il/~itamarez/
Fowler, B. (1997). Pierre Bourdieu and Cultural Theory. Critical Investigation. London: Sage
González-Millán, X. (2000). Resistencia cultural e diferencia histórica: a experiencia da subalternidade. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco
Sela-Sheffy, R. (2002). “Canon Formation Revisited: Canon and Cultural Production”. Neohelicon XXIX(2), 141-159
Sapiro, G. (2007). “Pour une approche sociologique des relations entre littérature et idéologie”. COnTEXTES 2 (acesíbel en http://contextes.revues.org/index165.html)
Torres Feijó, Elias J. (2004). “Roma locuta causa finita? Sobre docência e crítica da literatura e da cultura”. Aurora Marco et al. (eds.), Actas del VII Congreso Internacional de la Sociedad Española de Didáctic |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Cabral, Amilcar (1999).
Nacionalismo e cultura. Compostela: Laiovento Cunha, Carlos Manuel Ferreira
da (2002). A construção do discurso da história literária na literatura
portuguesa do século XX. Braga: Centro de Estudos Humanísticos/ Universidade do
Minho Lander, E. (comp.) (2000). La colonialidad del saber: eurocentrismo y ciencias
sociales. Perspectivas Latinoamericanas. Buenos Aires: Consejo Latinoamericano de Ciencias
Sociales Fortin, N. (1994). Une littérature
inventée. Littérature québécoise et critique universitaire (1965-75). Presses
de l'Université Laval: Sainte Foy Gaard, Greta; Murphy, Patrick
(1998). Ecofeminist Literary Criticism: Theory, Interpretation, Pedagogy. Urbana and Chicago: University of Illinois Press Godzich,
Wlad (1998). Teoría literaria y crítica de la cultura. Madrid:
Cátedra-Universitat de València Hooper, Kirsty (2005). “Novas
cartografías nos estudos galegos: nacionalismo literario, literatura nacional,
lecturas posnacionais”. Anuario de Estudos Literarios Galegos: 64-73 Moi, Toril (1985).
Sexual/Textual Politics. Feminist Literary Theory. London and New York:
Routledge Reis, Carlos (coord.)
(1991-1996). História crítica da literatura portuguesa. 9 vol, Lisboa: Verbo Torres Feijó, E. J. (2004).
“Potencialidades na indústria de ideias na Galiza actual para o relacionamento
galego-luso-afro-brasileiro”. [Actas do] VIII Congresso Luso Afro Brasileiro de
Ciências Sociais, Coimbra: Centro de Estudos Sociais * Outra bibliografía complementar poderá ser fornecida polo docente durante o cuadrimestre |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Todas as cuestións non contempladas explicitamente neste guía ou as eventuais dúbidas en relación co desenvolvemento da materia serán resolvidas polo profesor no seu horario de atendemento, nas sesións presenciais ou no correo electrónico que figura no lugar correspondente deste documento. |
|