Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A2 |
Saber analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando apropiadamente as técnicas de análise textual. |
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A11 |
Ter capacidade para avaliar, analizar e sintetizar criticamente información especializada. |
A17 |
Coñecer a historia e a cultura das comunidades anglófonas. |
A19 |
Coñecer a situación sociolingüística da lingua inglesa. |
A20 |
Coñecer a variación lingüística da lingua inglesa. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B4 |
Ser capaz de comunicarse de maneira efectiva en calquera contorno. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
C2 |
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Durante e (especialmente) ao final do curso, espérase que os/as estudantes saiban como...
- achegarse ao mundo das variedades lingüísticas e culturais da lingua inglesa desde un punto de vista ético e poscolonial,
- analizar os aspectos socioculturais, políticos, económicos e militares que rodean a expansión da lingua inglesa e as súas consecuencias (por exemplo, o capitalismo, o colonialismo, a globalización, a emigración, etc.),
- localizar as rexións xeográficas e/ou países das devanditas variedades do inglés en todo o mundo,
- familiarizarse coas principais características culturais das rexións e/ou países mencionados (a historia, a literatura, a relixión, os costumes, etc.),
- identificar o sistema fonológico, morfológico e léxico do inglés, así como as características dos seus acentos e dialectos,
- recoñecer variedades do inglés en torno ao xénero, clase, idade, orixe étnica, profesión, etc. |
A1 A2 A6 A9 A11 A17 A19 A20
|
B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8
|
C2 C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. Introdución e conceptos básicos. |
O inglés no mundo. Colonialismo, postcolonialismo e diásporas. Inglés v. inglés.
Acento, argot, bilingüismo, crioulo, dialecto, diglosia, idiolecto, lingua franca, xerga, pidgin, rexistro, etc. |
2. O inglés no centro do imperio. |
O inglés da raíña. O inglés da BBC. O inglés británico estándar como dialecto. Variedades de Londres, o inglés de Escocia, o Wenglish, o inglés do norte, do sur e da área central de Inglaterra.
|
3. O inglés nas Américas.
|
O inglés americano, o inglés afro-americano, o de Canadá, o inglés Chicano, o crioulo de Louisiana, o do Caribe. |
4. O inglés en África.
|
Variedades de Camerún, Gana, Kenia, Liberia, Nixeria, Sudáfrica. |
5. O inglés en Asia e Oceanía. |
Variedades de India, Australia, Nova Zelandia, o inglés do pobo Maorí, o pidgin das Illas Solomon.
|
6. Outras variedades. |
O inglés académico (ex. MLA). O inglés segundo clase, xénero, idade, etnia, profesión, etc. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
A6 A9 A11 A17 A19 A20 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C2 C4 |
16 |
26 |
42 |
Obradoiro |
A1 A2 A6 A9 A11 A17 A19 A20 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C2 C4 |
16 |
16 |
32 |
Traballos tutelados |
A1 A2 B1 B2 B3 B6 B7 |
2.5 |
25 |
27.5 |
Presentación oral |
B4 B5 B10 C2 C3 C4 C8 |
0.5 |
10 |
10.5 |
|
Atención personalizada |
|
0.5 |
0 |
0.5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
As clases en GRUPO GRANDE adicaranse á presentación e discusión do material e dos textos orais e escritos que ilustrarán os conceptos xerais. Asignaranse lecturas, visionados ou audicións para cada clase e cóntase con que o alumnado amose a súa comprensión do material, que terá revisado antes da clase. |
Obradoiro |
Os obradoiros (ou "clases prácticas") terán lugar na aula de ordenadores. Leranse, escoitaranse e analizaranse textos con diferentes variedades do inglés. O alumnado deberá responder a este material por escrito, con frecuencia en Moodle. |
Traballos tutelados |
Diferentes tarefas de redacción nas que oalumnado demostrará a súa comprensión do material. Supervisarase este traballo coidadosamente. |
Presentación oral |
Tarefas que se completarán individual ou colaborativamente nas que o alumnado demostrará oralmente a súa comprensión do material. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Estamos encantadxs de recibir ao alumnado nos nosos gabinetes nas horas de titoría. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
B4 B5 B10 C2 C3 C4 C8 |
Haberá dúas presentacións orais:
I. Unha presentación INDIVIDUAL durante a CLASE PRÁCTICA (10%):
A presentación individual consiste en facer unha análise práctica da variedade inglesa que queirades. Devandita análise ha de comentar NECESARIAMENTE as características fonéticas e/ou gramaticais dun texto (ex. unha canción ou unha película en inglés non estándar).
II. Un VÍDEO-PROXECTO en GRUPO (10%): O formato do vídeo-proxecto en grupo (3-10 estudantes) é máis libre, sempre e cando os estudantes imiten RESPECTUOSAMENTE un acento inglés non estándar (ou varios) durante a presentación e eviten os clichés e os estereotipos.
IMPORTANTE: Non se pode repetir variedade nas presentacións, o project e o ensaio comparativo—é dicir, en total, traballaredes polo menos sobre 4 variedades diferentes. Tanto para o ensaio como para as presentacións, podedes elexir variedades NON tratadas en clase. |
20 |
Obradoiro |
A1 A2 A6 A9 A11 A17 A19 A20 B1 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C2 C4 |
Nos obradoiros ou CLASES PRÁCTICAS, que terán lugar na aulanet, as/os estudiantes terán que aportar as súas análises e os seus comentarios sobre o material tratado ese día (ou outros) ás veces en PAPEL e a miúdo no FORO de MOODLE. As notas nesta sección dependerán do traballo presencial na aula. |
20 |
Traballos tutelados |
A1 A2 B1 B2 B3 B6 B7 |
Haberá dous traballos tutelados:
I. ENSAIO COMPARATIVO (20%): Teredes que escribir un ensaio comparativo sobre dúas ou máis variedades do inglés non estándar. As variedades que elixades non poden coincidir nin coa da exposición oral individual nin coa do project (vid. abaixo). Cando vos devolva os vosos traballos corrixidos, teredes que reescribilos seguindo as miñas indicacións. A nota obtida só será efectiva tras dita reescritura. Recibiredes instruccións máis detalladas na clase.
II. RECENSIÓN CRÍTICA (10%): Dareivos un artigo de teoría xeral sobre variedades (ex. ecoloxía lingüística). Teredes que escribir unha recensión do mesmo de dous partes: RESUMO do artigo e COMENTARIO CRÍTICO que relacione os seus contenidos cos tratados en clase. O resto das directrices serán explicadas durante o curso. |
30 |
Discusión dirixida |
A6 A9 A11 A17 A19 A20 B2 B3 B4 B6 B7 B8 C2 C4 |
En cada CLASE TEÓRICA (i.e. grupo grande), cada estudiante deberá responder oralmente ou por escrito a preguntas (i.e. TESTS) sobre o material asignado para ese día (e/ou para días anteriores), así como participar nos debates e resto de actividades. As datas dos devanditos tests serán anunciadas por adiantado. |
30 |
|
Observacións avaliación |
-Para aprobar a
materia, hai que sacar polo menos un 5 sobre 10 nas actividades das CLASES
TEÓRICAS e das PRÁCTICAS, en cada un dos TRABALLOS TUTELADOS e cada unha das PRESENTACIÓNS ORAIS, e na nota final. O meu método docente baséase
na EVALUACIÓN CONTINUA. Por tanto, dareivos as notas GLOBAIS antes de finais de
decembro. -O alumnado que
non aprobe as actividades das CLASES TEÓRICAS e/ou das CLASES PRÁCTICAS pode recuperalas no
exame oficial de XANEIRO. -No exame oficial
de XULLO se seguirán as mismas indicacións que en xaneiro en canto á avaliación
da teoría e a práctica. A data do exame, teredes que enviarme os traballos
tutelados e colgar a presentación oral individual. O vídeo-proxecto en grupo tamén
será opcional. Cabe sinalar que cada estudante deberá realizar a(s) sección(s)
que non superase na primeira oportunidade. -O alumnado que
se presente á convocatoria adiantada de decembro avaliarase segundo as normas
especificadas para a oportunidade de xullo. -O estudiantado
matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa académica deberá
porse en contacto co profesorado da materia a principio de curso e avaliarase
segundo os criterios establecidos para a oportunidade de xullo. -Para NON obter a
cualificación de "Non presentado", a/o estudante debe facer polo
menos a metade do traballo puntuable (i.e. ensaio, probas, etc.). -Todos os
traballos deberán ser entregados en tempo e forma para evitar así unha
penalización do 25% sobre a nota obtida nos mesmos. -O profesorado
pode usar o servizo de detección do plaxio “Turnitin” para revisar o traballo
do estudiantado. O plaxio en calquera actividade significará a cualificación de
"cero" na mesma. -Se a coordinadora considérao conveniente, poderá haber temas de auto-estudo por parte do alumnado (ex. para ampliar coñecementos). Estes materiais, que non serán obxecto de avaliación, serán provistos en Moodle.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Bibliografía básica Ahmad, Dohra, ed. Rotten English: A Literary Anthology.
Norton & Co., 2007. Cheshire, Jenny. English Around the World: Sociolinguistic
Perspectives. Cambridge University Press, 1991. Crystal, David. English as a Global Language.
Cambridge University Press, 2003. Freeborn, Dennis, et al. Varieties of English:
An Introduction to the Study of a Language. Macmillan, 1993. Graddol, David, Dick Leith, and Joan Swann. English:
History, Diversity and Change. Open University, 1996. Hickey, Raymond, ed. Legacies of Colonial English: Studies
in Transported Dialects. Cambridge University Press, 2004. Hughes, Arthur, Peter Trudgill, and Dominic Watt. English
Accents and Dialects: An Introduction to Social and Regional Varieties of
British English. Hodder Arnold, 2005. Kortmann, Bernd, et al. A Handbook of
Varieties of English. 2 Vols.and CD. Mouton de Gruyter, 2004. Krachu, Braj B., Yamuna Kachru, and Cecil L. Nelson, eds. The
Handbook of World Englishes. Blackwell, 2006. Schneider, Edgar. Postcolonial English: Varieties Around
the World. Cambridge University Press, 2007. Seoane, Elena, and Cristina Suarez-Gomez, eds. World
Englishes: New Theoretical and Methodological Considerations. John
Benjamins, 2016. Filmografía básica The Adventures of Priscilla, Queen of the Desert. Dir.
Stephan Elliot. Perf. Terence Stamp, Hugo Weaving, Guy Pierce, etc. Gramercy
Pictures, 1994. Bend It like Beckham. Dir. Gurinder Chadha. Perf.
Parminder Nagra, Keira Knightley, etc. 20th Century Fox,
2002. Keeping Up Appearances. Dir. Harold Snoad. Perf.
Patricia Routledge, Clive Swift, etc. BBC, 1990-1995. My Fair Lady. Dir. George Cuckor. Perf. Audrey Hepburn, Rex
Harrison, etc. Warner Bros, 1964. Monsoon Wedding. Dir. Mira Nair. Perf. Vasundhara Das, Vijay Raaz, etc. Mirabai Films,
2001. Real Women Have Curves. Dir. Patricia Cardoso. Perf. America Ferrera,
Lupe Ontiveros, etc. HBO, 2002. Websites básicas The Routes of English. BBC Radio
4. n.d. http://www.bbc.co.uk/radio4/routesofenglish/. 29 June 2016. Worldwide Accents of English. Gabrielle Azzaro.
2000. http://www.gazzaro.it/accents/files/accents2.html. 29 June 2016. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|