Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Coñecer e aplicar os métodos e as técnicas de análise lingüística e literaria. |
A6 |
Ter un dominio instrumental avanzado oral e escrito da lingua inglesa. |
A7 |
Coñecer as literaturas en lingua galega, española e inglesa. |
A8 |
Ter dominio instrumental oral e escrito dunha segunda lingua estranxeira. |
A9 |
Elaborar textos orais e escritos de diferente tipo en lingua galega, española e inglesa. |
A10 |
Ter capacidade para avaliar criticamente o estilo dun texto e para formular propostas alternativas e correccións. |
A15 |
Ser capaz de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica. |
A18 |
Dominar a gramática da lingua inglesa. |
B1 |
Utilizar os recursos bibliográficos, as bases de datos e as ferramentas de busca de información. |
B2 |
Manexar ferramentas, programas e aplicacións informáticas específicas. |
B3 |
Adquirir capacidade de autoformación. |
B5 |
Relacionar os coñecementos cos doutras áreas e disciplinas. |
B6 |
Ter capacidade de organizar o traballo, planificar e xestionar o tempo e resolver problemas de forma efectiva. |
B7 |
Ter capacidade de análise e síntese, de valorar criticamente o coñecemento e de exercer o pensamento crítico. |
B8 |
Apreciar a diversidade. |
B9 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
B10 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán/á e profesional. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Familiarizarse con algúns dos autores máis pertinentes e os seus textos correspondentes. |
A1 A7
|
|
|
Aprender a ler criticamente. Ser capaz de aplicar un enfoque social (xénero, raza, clase...) na analice dos textos presentados, así como de comparar e relacionar os devanditos textos cos de outras tradicións literarias. |
A6 A10 A15
|
B5 B7
|
|
Usar a bibliografía apropiada (libros, capítulos de libros, ou revistas literarias), así como realizar tarefas de investigación a través de Internet. |
|
B1 B2 B3 B9
|
|
Ter dominio da lingua inglesa (C1/C2) a nivel oral y escrito. Os exercicios escritos deben estar ben organizados, ser coherentes e comprensibles. |
A6 A8 A9 A18
|
B10
|
|
Ser capaz de traballar en grupos, organizar o uso do tempo asignado, analizar as prioridades, compartir información e coñecementos, distribuir tarefas y responsabilidades individuais, e aproveitar as distintas capacidades dos membros do equipo. |
|
B6
|
|
Esta asignatura anima á reflexión acerca da diferencia, da "otredade", e da nosa actitude cara a ese outro/a. O coñecemento dos antecedentes socio-históricos debería axudar aos/ás estudiantes a comprender mellor as diferenzas que existen na sociedade e a respetalas. |
|
B8
|
C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
UNIT 1 - Conceptos e contextos |
1. Concepts of race and ethnicity
2. Race and ethnicity in the US: a socio-historical introduction
3. Asian American literature: an overview |
UNIT 2 - Japanese American literature |
1. Internment literature (excerpts)
2. Beyond internment (excerpts) |
UNIT 3 -Chinese American literature |
1. Sui Sin Far’s “Leaves from the Mental Portfolio..."
2. Kingston’s The Woman Warrior (selected chapters) |
UNIT 4 - South Asian American literature
|
1. Mukherjee’s The Middleman (short stories)
2. Divakaruni’s Arranged Marriage (short stories)
|
UNIT 5 - Vietnamese American literature |
1. Truong’s Bitter in the Mouth (excerpts)
2. Nguyen’s The Sympathizer (excerpts) |
UNIT 6 - Key issues in multi-ethnic literature |
1. Intersectionality: gender and race, ethclass, generation gap (excerpts)
2. Beyond ethnicity?: Gish Jen’s “Who’s Irish?” (short story)
3. Globalization and Diaspora: Andrew Lam’s “Viet Kieu” (essay); Cathy Park Hong’s Engine Empire (selected poems)
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Lecturas |
A1 |
1 |
29 |
30 |
Presentación oral |
A6 A8 A10 A15 B10 C4 |
3 |
9 |
12 |
Sesión maxistral |
A7 |
9.5 |
0 |
9.5 |
Análise de fontes documentais |
A9 B3 B8 B9 |
11 |
22 |
33 |
Proba mixta |
A1 A6 A7 A9 A15 B7 |
3 |
12 |
15 |
Proba de ensaio |
A15 A18 B1 B2 B5 B6 B7 |
3 |
9 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Lecturas |
Espérase que cada estudiante lea todos e cada un dos textos polo miudo e de xeito crítico, intentando acadar as súas proprias conclusións. Tamén se espera que realicen as lecturas obrigatorias antes da clase. Grazas ao programa detallado que se lle entrega ao alumnado durante a primeira semana de clase, coñécense con antelación as datas nas que se analizará cada unha das lecturas obrigatorias. |
Presentación oral |
Esta breve exposición oral levarase a cabo en grupos reducidos (2-4 estudiantes por equipo). Cada grupo escollerá un tema da lista que a docente proporcionará ao inicio do cuadrimestre, cando se darán todos os detalles do traballo. Os grupos poderán elixir entre distintas datas durante os meses de abril e maio para levar a cabo a súa exposición. |
Sesión maxistral |
Neste tipo de sesións a docente explicará o contexto socio-histórico e cultural no que se inscriben os textos a analizar, exploraranse os conceptos teóricos máis relevantes e proporcionaranse pautas de análise textual. As sesións maxistrais levaranse a cabo nas clases co grupo grande, correspondentes á docencia expositiva (DE). De xeito ocasional, poderase organizar unha conferencia a cargo de expertas/os doutras universidades. |
Análise de fontes documentais |
Análise textual (close reading) e respostas razoadas sobre a leitura persoal dos textos. |
Proba mixta |
Estas probas finais, que se realizarán nas datas oficiais de exames (oportunidades de xuño e xullo), consistirán en preguntas de tipo teórico-práctico, e poden incluir preguntas breves así como exercicios máis longos e complexos (essay questions). Vid. AVALIACIÓN. |
Proba de ensaio |
Estas probas ou exercicios consisten na elaboración de ensaios breves en resposta a preguntas teórico-prácticas e se levarán a cabo fundamentalmente na aula, se recollerán e computarán a efectos de avaliación. Nos seminarios cos grupos pequenos se procederá a explicar os erros e dúbidas máis relevantes dos exercicios recollidos en clase. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
|
Descrición |
As presentacións orais son unha tarefa dura para a meirande parte das/dos estudantes. Daquela, se levarán a cabo titorías en grupo reducido e/ou individuais, para axudar a plantexar o traballo e dar pautas de mellora se se detectan problemas lingüísticos.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Presentación oral |
A6 A8 A10 A15 B10 C4 |
Estas exposicións orais levaranse a cabo na clase, nos meses de abril e maio. Nesta traballo, se espera que o alumnado afonde nun tema/texto determinado e máis exprese a súa opinión sobre o mesmo. Dado que se trata dunha actividade grupal, a capacidade de traballo en equipo é moi importante, como tamén o son as destrezas lingüísticas e comunicativas. |
20 |
Proba mixta |
A1 A6 A7 A9 A15 B7 |
Neste tipo de actividade o/a estudante amosará o seu grado de comprensión e aproveitamento das lecturas encomendadas, por medio do comentario e análise textual, polo que se valorará a capacidade de reflexión crítica sobre os textos analizados. Tamén se valorarán tanto os coñecementos teóricos adquiridos como a capacidade do alumnado que aplicar os devanditos coñecementos á práctica. Por último, nestas probas finais se avaliarán as competencias lingüísticas propias do grado, nomeadamente a calidade da expresión escrita en lingua inglesa. Estes exames poden combinar preguntas de resposta breve ("objective test") con outras preguntas a desenvolver (essay questions; "subjective" test). |
50 |
Proba de ensaio |
A15 A18 B1 B2 B5 B6 B7 |
Estas probas ou exercicios consisten na elaboración de ensaios breves en resposta a preguntas teórico-prácticas e se levarán a cabo fundamentalmente na aula, se recollerán e computarán a efectos de avaliación. |
30 |
|
Observacións avaliación |
Para superar a materia, a suma das distintas probas, traballos e demáis actividades avaliables terá que superar o 5 sobre 10. Para realizar a suma dos distintos aspectos avaliables, o/a estudante deberá acadar alomenos 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de avaliación. A participación dinámica nas diferentes tarefas da clase, así como toda actividade adicional de"extra-credit" que o alumnado realice ao longo do cuatrimestre, poderá supoñer ata un 5% extra na nota final (isto inclúe traballos voluntarios, lecturas alternativas ou calquera outra actividade proposta polo profesorado ou polo alumnado e aceptada por ambos). PLAXIO: Á hora de avaliar os ensaios e traballos de cada estudiante, a profesora prestará especial atención a posibles casos de plaxio; a tal efecto, poderá realizar entrevistas orais co alumnado ou empregar recursos e aplicacions como o TURNITIN que detecta citas incorrectas, plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contra o plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario). TURNITIN recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/a propio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiais bibliográficos e de Internet. CUALIFICACIÓN DE "NON PRESENTADO": Aquel(a) estudante que non se presente á proba final e/ou non teñarealizado traballo igual ou superior ao 50% do resto das categorías de avaliaciónacadará a cualificación de NP. AVALIACIÓN DE XULLO: Os/as estudantes que non teñan acadado un 4 sobre 10 en cada un dos tres apartados de avaliación, aínda que a nota media sexa superior a 5, terán que ir á oportunidade de xullo, na que cada estudante terá que demostrar ter acadadas as competencias da materia mediante a superación das seguintes probas: 50% da proba mixta (semellante ao exame final da primeira oportunidade), 30% de proba de ensaio, e máis 20% da proba oral. ESTUDANTES CON DISPENSA: Aquelas/esestudiantes que estean matriculados a tempo parcial, e teñan concedida unha dispensa académica, como establece a Normativa de permanencia destauniversidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmoscriterios que para a segunda oportunidade (xullo). Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normas especificadas para a oportunidade de xullo. Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade que se especializa en "atender os membros da comunidade universitaria con necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode falar coa profesora Ana Veleiro (Facultade de Filoloxía) para acadar máis información ou poñerse directamente en contacto coa ADI na dirección de e-mail adi@udc.es.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
LECTURAS OBRIGATORIAS - 3 RELATOS de Mukherjee, Divakaruni e Jen.
- 2 ensaios autobiográficos (breves) de Lam e Sui Sin Far.
- Un total de 7 CAPÍTULOS dos seguintes libros: The Woman Warrior (Kingston), Bitter in the Mouth (Truong) e The Sympathizer (Nguyen)
Ademáis destes textos, que deben ser lidos antes da clase (segundo o calendario semanal), proporcionaranse ao alumnado algúns textos de pouca extensión (poemas e máis extractos) para seren analizados na clase. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Literatura Norteamericana 1/613G03024 | Literatura Poscolonial/613G03026 | A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032 | Literatura Norteamericana 2/613G03035 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
A Literatura Inglesa e a súa Crítica/613G03032 |
|
Materias que continúan o temario |
Traballo Fin de Grao/613G03041 |
|
|