Será necesario obter como mínimo o 50% da nota para aprobar a materia. Ademais, para supera-la materia será preciso (en calquera oportunidade) obter un mínimo dun 40% da nota final na proba obxectiva e nas prácticas. En caso contrario, a nota máxima que se poderá obter é de 4.5.
PRIMEIRA OPORTUNIDADE
Na primeira oportunidade, esta materia avaliarase de forma continua, mediante a valoración do traballo de prácticas e a realización dun traballo titorizado.
A avaliación das prácticas de laboratorio realizarase mediante a defensa de catro exercicios prácticos relacionados cos exercicios de laboratorio (a planificación das defensas indicarase na presentación da materia) e terá un peso total do 45% da nota final. Será preciso obter un mínimo dun 40% en cada exercicio de defensa para poder supera-la materia nesta primeira oportunidade.
O traballo titorizado centrarase nunha temática proposta por los profesores e será realizado polos alumnos ó longo das primeiras 10 semanas do cuatrimestre. Cada unha destas dez primeiras semanas, o profesor proporá unha tarefa a desenvolver que os alumnos deberán abordar satisfactoriamente para obter un 10% da nota do traballo titorizado. En caso de copia ou plaxio dalgunha destas tarefas o alumno será calificado cun 0 nesta actividade.
O 45% da nota restante da primeira oportunidade poderase acadar por medio da realización dunha proba obxectiva (exame), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos nas clases de teoría, prácticas, tutoriais proporcionados e material bibliográfico básico.
SEGUNDA OPORTUNIDADE
Os alumnos conservarán a nota do traballo titorizado realizado durante o proceso de avaliación continua da primeira oportunidade. Poderán conservar a nota obtida nas prácticas ou na proba obxectiva da primeira oportunidade sempre e cando obtiveran unha valoración igual ou superior ao 50% do seu peso na nota final.
A avaliación das prácticas na segunda oportunidade levarase a cabo mediante a defensa dun exercicio único en laboratorio, á finalización da proba obxectiva da segunda oportunidade.
O 45% da nota restante da segunda oportunidade poderase conseguir por medio da realización dunha proba obxectiva (examen), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos en clase de teoría, prácticas, tituoriais proporcionados e material bibliográfico básico.
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA
Os alumnos conservarán a nota do traballo titorizado realizado durante o proceso de avaliación continua da primeira oportunidade da convocatoria inmediatamente anterior. Poderán conserva-la nota obtida en prácticas ou na proba obxectiva da convocatoria inmediatamente anterior, sempre e cando obtiveran unha valoración igual ou superior ó 50% do seu peso final.
A avaliación das prácticas levarase a cabo mediante a defensa dun exercicio único en laboratorio, á finalización da proba obxectiva da convocatoria extraordinaria.
O 45% da nota restante poderá conseguirse por medio da realización dunha proba obxectiva (exame), que poderá conter preguntas relacionadas cos conceptos desenvolvidos en clase de teoría, prácticas, titoriais proporcionados e material bibliográfico básico.
ESTUDANTES CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL OU CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE DOCENCIA: Deberán poñerse en contacto cos profesores da asignatura para posibilitar a realización das tarefas fóra da organización habitual de materia.