A avaliación desta materia faise a partir de:
- exame final de teoría-problemas,
- defensa durante o curso das prácticas de laboratorio de electrónica, e
- probas de test de resolución de problemas durante o curso nos seminarios de TGR.
A nota final calcúlase de: nota final= A + B + C, onde:
A= nota do exame final de teoría-problemas (0 a 6),
B= nota de prácticas (0 a 2), e
C= nota dos seminarios de TGR (0 a 2).
Para aprobar a materia hase de cumprir que: nota final maior ou igual que 5.
Na segunda oportunidade unicamente reavalíase o exame final de teoría-problemas (A). Para as notas de prácticas (B) e seminarios (C) mantéñense as que se obtivesen durante o curso.
Para a oportunidade adiantada de avaliación manteranse os mesmos criterios que para a segunda oportunidade do curso anterior.
Os criterios e actividades de avaliación -así como tamén a puntuación establecida (ver parágrafo anterior)- para o alumnado matriculado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de docencia serán os mesmos que os esixidos ao resto do alumnado. Neste caso, a complexidade e contido das avaliacións serán similares aos establecidos para o resto de estudantes.