Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecemento e aplicación das características, funcionalidades e estrutura dos sistemas distribuídos, as redes de computadores e Internet, e deseñar e implementar aplicacións baseadas nelas. |
A17
|
B1 B3
|
C2 C3 C4 C6
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque I. Introducción |
Tema 1. Introducción ó Desenvolvemento de Aplicacións Empresariais |
Bloque II. Deseño da Capa Modelo |
Tema 2. JDBC
Tema 3. Deseño e Implementación da Capa Modelo
Tema 4. Probas de Integración da Capa Modelo
|
Bloque 3. Deseño de Aplicacións Distribuidas |
Tema 5. Linguaxes de Intercambio de Datos: XML e JSON
Tema 6. Deseño e Implementación de Servizos Web REST
Tema 7. Deseño e Implementación de Servizos Web SOAP
|
Bloque 4. Interfaces gráficas web |
Tema 8. Introducción ó Desenvolvemento de Aplicacións Web
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A17 B3 C6 |
30 |
22 |
52 |
Prácticas de laboratorio |
A17 B1 B3 C2 C3 |
28 |
36 |
64 |
Proba de resposta múltiple |
A17 B1 B3 C3 C6 |
2 |
5 |
7 |
Traballos tutelados |
A17 B1 B3 C3 C4 |
2 |
20 |
22 |
|
Atención personalizada |
|
5 |
0 |
5 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clases impartidas pólo profesor mediante a proxección de diapositivas. As clases teñen un enfoque práctico, explicando os conceptos teóricos mediante o uso de exemplos sinxelos e casos de estudo. As diapositivas e o código fonte dos exemplos e os casos de estudo están disponibles na páxina Web da asignatura en Campus Virtual |
Prácticas de laboratorio |
Ó longo do cuatrimestre realízase unha práctica (en Java), en grupo, na que o alumno utiliza a maior parte dos coñecementos teóricos da asignatura de xeito integrado. A práctica realízase en dúas iteracións, sendo obrigatoria a entrega das dúas. Na corrección da primeria iteración, o profesor intenta garantir que o alumno enfoca ben a resolución da práctica. Para elo, o profesor tenta detectar erros importantes, e nese caso, orienta ó alumno cara a súa resolución. Na segunda iteración o alumno corrixe os erros detectados na primeira e engade as funcionalidades restantes. |
Proba de resposta múltiple |
Farase un exame tipo test, co obxectivo de comprobar que o alumno asimilou os conceptos correctamente. O exame tipo test componse dun conxunto de preguntas con varias respostas posibles, das que só unha é correcta. As preguntas non contestadas non puntúan, e as contestadas erróneamente puntúan negativamente. |
Traballos tutelados |
Propóñense traballos tutelados opcionais, consistentes en aplicar algunhas tecnoloxías ou técnicas de deseño adicionais á práctica. Requerirán que o alumno, de maneira autónoma, deba estudar esas tecnoloxías ou solucións de deseño adicionais e aplicalas á práctica. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Tutorías e consultas vía correo electrónico para dúbidas específicas.
Presenza do profesor no laboratorio para contestar dúbidas da práctica. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas de laboratorio |
A17 B1 B3 C2 C3 |
A práctica estructúrase en 2 partes (chamadas iteracións). É obrigatorio presentar ambas iteracións. A corrección de cada iteración realízase mediante unha defensa dos membros do grupo co profesor. A corrección da primeira iteración non leva asociada unha nota, pero a súa entrega é obrigatoria, e debe obrigatoriamente cumprir cos requisitos establecidos no enunciado da práctica para a devandita iteración. O profesor pon a nota da práctica despóis da corrección da segunda iteración. |
32 |
Proba de resposta múltiple |
A17 B1 B3 C3 C6 |
O examen será tipo test e pode constar tanto de cuestións directas como de pequenos problemas de deseño que o alumno debe resolver cos conceptos explicados en teoría e que foron usados na parte práctica. |
60 |
Traballos tutelados |
A17 B1 B3 C3 C4 |
A realización dos traballos tutelados é opcional. Pódense presentar ca segunda iteración da práctica. |
8 |
|
Observacións avaliación |
Para aprobar a materia é preciso obter: - Un mínimo de 5 puntos (sobre 10) na avaliación da práctica.
- Un mínimo 4 puntos (sobre 10) no exame tipo test.
- Un
mínimo de 5 puntos (sobre 10) na nota final, que se calcula coma: 0,60*notaExame + 0,32*notaPractica + 0,08*notaTraballosTutelados.
No caso de alumnos matriculados a tempo parcial flexibilizaranse as horas de defensa de prácticas para adaptarse ós horarios laborais dos alumnos, sempre dentro do prazo máximo de entrega fixado para todos os alumnos.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
J. Crupi, D. Alur, D. Malks (2003). Core J2EE Patterns. Prentice-Hall
Martin Kalin (2009). Java Web Services: Up and Running. O'Reilly
Leonard Richardson, Sam Ruby (2007). RESTFul Web Services. O'Reilly
E. R. Harold, W. S. Means (2004). XML in a Nutshell: A Desktop Quick Reference, Third edition. O'Reilly |
Recursos adicionais:
Tutorial JDBC:http://docs.oracle.com/javase/tutorial/jdbc/index.html Tutorial Servlets:http://docs.oracle.com/javaee/6/tutorial/doc/bnafd.html Introducing JSON: https://www.json.org/ JSON Schema Reference: https://json-schema.org/understanding-json-schema/reference/index.html |
Bibliografía complementaria
|
|
E. Gamma, R. Helm, R. Johnson, J. Vlissides, Design Patterns: Elements of Reusable Object-Oriented Software, Addisson-Wesley, 1994. H. Schildt, Java 8, Anaya Multimedia, 2015. G. Booch, I. Jacobson, J. Rumbaugh, Unified Modeling Language User Guide, 2nd edition, Addison-Wesley, 2005. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Bases de Datos/614G01013 | Deseño Software/614G01015 | Redes/614G01017 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Programación Avanzada/614G01030 | Integración de Aplicacións/614G01080 |
|
Observacións |
Para facilitar que os alumnos con matrícula a tempo parcial poidan cursar a materia, tódolos materiais teóricos e prácticos da asignatura estarán disponibles en liña na aplicación https://campusvirtual.udc.es |
|