Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Taller de actualización e transferencia Código 615525030
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Fernández Suárez, Mónica Belén
Correo electrónico
belen.fernandez.suarez@udc.es
Profesorado
Fernández Suárez, Mónica Belén
Correo electrónico
belen.fernandez.suarez@udc.es
Web
Descrición xeral O "Taller de actualización e transferencia" ten un carácter de materia experimental e busca completar a formación do alumnado no mestrado por dúas vías: a) a oferta de formación complementaria a través dunas xornadas e a selección por parte do alumnado de formación que peche o seu ciclo formativo (para o cal se remite información da oferta existente); e b) a posta en común das investigacións realizadas polo alumnado no seu TFM e a propia retroalimentación entre o alumnado para mellorar aspectos do seu traballo.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
1. Formación complementaria en materia de políticas sociais e específicas (xénero, migración e avellentamento). AM2
AM5
AM6
BM1
BM6
BM19
BM21
CM2
CM3
CM4
CM5
CM7
2. Capacidad de aprendizaxe colaborativo: exposición da súa propia investigación, aportar ao traballo doutros compañeiros/as, elaboración dunha proposta de investigación, etc. AM2
AM5
AM6
BM1
BM6
BM9
BM10
BM11
BM15
BM19
BM21
CM1
CM2
CM3
CM4
CM5
CM7
CM8
CM9

Contidos
Temas Subtemas
1. Asistencia a conferencias, seminarios o congresos relacionados coas políticas públicas. Libre elección por parte do alumnado. 1.1. Asistencia a conferencias, seminarios o congresos sobre políticas públicas en xeral, ou sobre políticas específicas (igualdade de xénero, inmigración e avellentamento).
2. Presentación de coñecementos adquiridos en formación de libre configuración en conferencias, seminarios e congresos relacionados coas materias do mestrado. 2.1. Presentación de coñecementos adquiridos en formación de libre configuración ao conxunto de alumnado do MOPS. 15 min. máximo. Formato póster.
3. Presentación pública de proxecto de TFM. Previas pautas xerais indicadas polo profesorado responsable da materia. 3.1. Presentación pública de proxecto de TFM. Formación de tribunais entre o alumnado do mestrado. Realización de póster e informe dos membros do tribunais.
4. Asistencia a formación en temáticas específicas deseñada desde o profesorado do MOPS. Transferencia de conocimiento. 4.1. Asistencia e participación en xornadas específicas deseñadas polo profesorado do MOPS, con motivo de la transferencia de conocimiento.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 A5 A6 B1 B21 C2 C3 C4 C7 30 7 37
Investigación (Proxecto de investigación) A2 A5 B1 B9 9 0 9
Presentación oral B6 B9 C1 C2 C3 C7 8 8 16
Proba de ensaio B6 B19 C4 C5 2 10 12
 
Atención personalizada 1 0 1
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Eventos científicos e/ou divulgativos O alumnado acudirá a actividades académicas vinculadas coas temáticas abordadas no mestrado, concretamente, por un valor de 20 horas de duración. Deberá presentar certificados de asistencia a ditas actividades. Esto formará parte da parte obrigatoria da materia. A selección será libre por parte do alumnado.

O profesorado do mestrado deseñará unha xornadas de formación de aproximadamente 10 horas de duración para o alumnado no seu conxunto para lograr transferencia de coñecementos.
Investigación (Proxecto de investigación) O alumnado realizará un primeiro avance do proxecto de TFM que será presentado ao conxunto do alumnado, e será avaliado por un tribunal do que formará parte o propio alumnado do mestrado.
Presentación oral O alumnado realizará unha presentación oral do seu TFM, á que terá que asistir o grupo no seu conxunto, e do que formarán parte membros do alumnado coma tribunal (tendo que realizar un informe de avaliación do traballo presentado polos seus compañeiros/as).
Proba de ensaio O alumnado poderá realizar de forma opcional un ensaio sobre a temática e debates que teñan relación coas conferencias, seminarios ou congresos ao que se asistiu.

Atención personalizada
Metodoloxías
Proba de ensaio
Descrición
En caso de existir dúbidas sobre a realización opcional do ensaio o alumnado poderá pedir unha titoría (previa concertación por e-mail).

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Eventos científicos e/ou divulgativos A2 A5 A6 B1 B21 C2 C3 C4 C7 O alumnado acudirá a actividades académicas vinculadas coas temáticas abordadas no mestrado, concretamente, por un valor de 20 horas de duración. Deberá presentar certificados de asistencia a ditas actividades. Esto formará parte da parte obrigatoria da materia. A selección será libre por parte do alumnado.

O profesorado do mestrado poderá deseñar unha xornadas de formación de aproximadamente 10 horas de duración para o alumnado no seu conxunto para lograr transferencia de coñecementos. Esta asistencia terá unha valoración dun 30% na nota global.
30
Proba de ensaio B6 B19 C4 C5 O alumno/a poderá optar ao outro 10% da nota final realizando un póster sobre o propio TFM, que servirá de apoio visual á presentación oral pública. 10
Investigación (Proxecto de investigación) A2 A5 B1 B9 O alumnado realizará un primeiro avance do proxecto de TFM que será presentado ao conxunto do alumnado, e será avaliado por un tribunal do que formará parte o propio alumnado do mestrado. Esto terá un valor do 30 por cento da nota final. 30
Presentación oral B6 B9 C1 C2 C3 C7 O alumnado realizará unha presentación oral do seu TFM ao igual que unha presentación da súa formación libre, á que terá que asistir o grupo no seu conxunto.

A presentación do seu proxecto de TFM será avaliado por membros do alumnado coma tribunal (tendo que realizar un informe de avaliación do traballo presentado polos seus compañeiros/as).
30
 
Observacións avaliación

Recomendacións/criterios sobre a avaliación: 


1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural


Fontes de información
Bibliografía básica Alguacil Gómez, J. (2011). Cómo se hace un trabajo de investigación en sociología. Madrid: Ediciones La Catarata
Baelo Álvarez, Manuel (2017). El arte de presentar trabajos académicos ante un tribunal: TFG, TFM y tesis doctoral: guía práctica para estudiantes universitarios. El Ejido: Círculo Rojo
Guinea-Martín, D. (2012). Trucos del oficio del investigador. Madrid: Gedisa
Caicedo, Claudia (2016). ¿Cómo elaborar un trabajo final de máster?. Barcelona: UOC

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Modelos de provisión do benestar/615525003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Historia e teorías dos movementos migratorios/615525013
Historia das teorías feministas/615525017
Deseño de proxectos e traballos de investigación/615525029
Traballo Final de Mestrado (TFM)/615525031

Materias que continúan o temario
Prácticas externas/615525028

Observacións

Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)


Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías