Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Márketing Audiovisual: Mercados e Prevendas Código 616531022
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Humanidades
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Arrojo Baliña, María José
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Profesorado
Arrojo Baliña, María José
Correo electrónico
maria.jose.arrojo@udc.es
Web
Descrición xeral A materia ten como obxectivo que o alumno aprenda a elaborar un plan de márketing audiovisual nunha contorna de cambio continuo e de adopción de novas tecnoloxías, e que aprenda a deseñar estratexias de márketing dixital para favorecer a venda, circulación e consumo de contidos audiovisuais.

Competencias do título
Código Competencias do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
- Elaborar un plan de márketing audiovisual nun contorno de cambio continuo e de adopción de novas tecnoloxías. AP5
AP6
AP15
BP2
BP9
CP1
- Aprender a deseñar estratexias de márketing dixital para favorecer a venda, circulación e consumo de contidos audiovisuais. BP2
CP1

Contidos
Temas Subtemas
- Análise do consumidor e do comportamento do mercado cinematográfico e televisivo.
1. A industria audiovisual: o cinema
- O mercado cinematográfico: España e o resto do mundo.
- Evolución e tendencias.
2. O produto audiovisual:
- Características.
- Xanelas de explotación.
- Xéneros e preferencias do espectador.
- Ferramentas de medición e apoio.
3. A investigación de mercado: ferramentas e segmentación e selección de targets.
- Relación comercial entre produtor, distribuidor e exhibidor. 1. Os principais actores e as súas interrelacións: Produtores/ Distribuidores/ Exhibidores.
- Proceso global de promoción e lanzamento dun producto audiovisual. 1. Claves estratéxicas
1.1. Adquisición de títulos.
1.2. Tipos de acordos.
1.3. Aspectos financeiros.
1.4. Cadea de valor.
1.5. Mercados e eventos
- Estratexia de lanzamento: creatividade, produción, estratexia publicitaria, planificación de medios, campaña de comunicación.
1. O pitching ou como vender un proxecto.
- A técnica do pitching.
2. Coprodución e financiamento:
- Os elementos necesarios para atraer a un coproductor internacional: dossier / packaging.
- O orzamento de desenvolvemento, o orzamento de produción, o plan de financiamento, o worksplit.
- A coprodución: vía oficial – non oficial. Acordos bilaterais de coprodución.
- Aspectos contractuais da negociación.
- Elaboración dun Plan de financiamento e de explotación.
3. Novas maneiras de financiar e producir:
- A nova cadea de valor: novos paradigmas.
- Os diferentes dereitos implicados.
- Os diferentes recursos financeiros.
- Os novos ecosistemas televisivos e de plataformas.
4. O mercado dos proxectos.
- Plan de márketing: investigación do mercado, ferramenta, selección de targets, P&A, criterios creativos. 1. P&A e estratexia do trinque
1.1. copias
1.2. circuítos
1.3. facturación
2. Criterios creativos.
3. Deseño da campaña: publicidade e comunicación.
4. O márketing mix: aplicación das catro “ P” ao cinema.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias Horas presenciais Horas non presenciais / traballo autónomo Horas totais
Estudo de casos A6 A15 B9 2 6 8
Prácticas de laboratorio A5 C1 9 45 54
Seminario B2 C1 10 3 13
 
Atención personalizada 0 0
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Visionado por parte dos alumnos de traballos de márketing audiovisual.
Prácticas de laboratorio Cada alumno fará un pitch do seu proxecto. Traballarase co docente o seu contido, a súa presentación, a súa audiencia, a súa estratexia de produción e financiamento. Dispoñerá de 5 minutos para expoñer o seu proxecto ante unha audiencia e recibirá unha crítica construtiva por parte dos seus compañeiro e docente.
Seminario Clases presenciais con profesionais de recoñecido prestixio nas que trasladan aos alumnos os contidos nucleares da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Estudo de casos
Prácticas de laboratorio
Descrición

A atención personalizada que se describe para estas metodoloxías concíbese como momentos de traballo presencial co profesor para a atención e seguimento do traballo realizado por cada alumno. Implican unha participación obrigatoria para o alumnado. A forma e o momento en que se desenvolverá indicarase en relación a cada actividade ao longo do curso segundo o plan de traballo da materia.

Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A5 C1 En relación coas prácticas de laboratorio valorarase:
- O manexo das ferramentas informáticas explicadas en clase.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
- A profundidade do contido.
100
 
Observacións avaliación

Fontes de información
Bibliografía básica Finula Kerrigan (). Film Marketing.
Robert Marich (). Marketing to Moviegoers: A Handbook of Strategies and Tactics.
Tiiu Lukk (). Movie Marketing: Opening the Picture and Giving It Legs.
Mark Steven Bosko (). The Complete independent Movie Marketing.

Bibliografía complementaria


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións


(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías