Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
E01 - Aptitude ou capacidade para acometer actividades de crítica arquitectónica, mediante a análise do patrimonio edificado baixo diferentes ópticas e a identificación dos precedentes formais, tipolóxicos e estilísticos. |
A2 |
E02 - Aptitude ou capacidade para realizar tarefas vinculadas á protección do patrimonio edificado, incluídas a catalogación monumental, a definición de medidas de protección de edificios e conxuntos arquitectónicos, e a redacción de plans de delimitación e conservación. |
A4 |
E04 - Aptitude ou capacidade para intervir no patrimonio edificado con valor histórico, aspecto que engloba a coordinación do seu estudo e a súa investigación documental, a elaboración de plans directores de conservación e a redacción e dirección da execución de proxectos de restauración e rehabilitación. |
A7 |
E07 - Aptitude ou capacidade para a conservación da obra grosa e acabada, cuestión que comporta a inspección, a análise, o control de calidade, a definición das condicións de mantemento e a intervención nos sistemas construtivos de edificación, incluídos os elementos de compartimentación interior, as carpintarías e as solucións de envolvente. |
A8 |
E08 - Aptitude ou capacidade para redactar informes técnicos e proxectos de rehabilitación do patrimonio edificado, incluídas actividades de asesoramento e consultoría. |
A10 |
E10 - Aptitude ou capacidade para utilizar criterios de sustentabilidade ambiental na elección de materiais e na definición de solucións técnicas, abranguendo o uso e a integración de sistemas activos e pasivos. |
B2 |
CB7 - Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. |
B3 |
CB8 - Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos. |
B5 |
CB10 - Que os estudantes manexen as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo. |
C1 |
T01 - Capacidade de análise e síntese |
C6 |
T06 - Resolución de problemas |
C8 |
T08 - Aprendizaxe autónoma |
C9 |
T09 - Creatividade |
C15 |
T15 - Cultura histórica |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecemento dos sistemas construtivos tradicionais desde a perspectiva do seu funcionamento e prestacións e do seu comportamento ante accións exteriores. |
AP1 AP4
|
BP5
|
CP1 CP15
|
Capacidade para detectar e identificar procesos patolóxicos, coñecer as súas causas e a súa evolución. |
AP2
|
BP3
|
CP6
|
Introdución na metodoloxía de análise de lesións en edificación como parte fundamental dun proxecto de rehabilitación. |
AP8
|
BP3
|
CP15
|
Adquirir práctica mediante a realización dunha análise tutelada dos procesos patolóxicos do edificio real elixido como lugar de intervención no Traballo de Fin de Máster. |
AP7 AP10
|
BP2
|
CP8 CP9
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
1. PRESENTACIÓN DA ASIGNATURA. INTRODUCIÓN Á PATOLOXÍA DAS FÁBRICAS TRADICIONAIS. |
• Presentación da asignatura.
• Planteamento da práctica.
• Introdución á patoloxía de fábricas tradicionais en pedra, ladrillo, terra.
• Casos prácticos: cubertas de San Martiño Pinario, Casa Forte de Lusío (Samos), Rehabilitación vivenda casco histórico Santiago de Compostela.
|
2. PROCESOS PATOLÓXICOS CONSTRUTIVOS: MADEIRA. |
• A madeira. morfoloxía e propiedades. Obtención, tipos e usos.
• Especies de madeiras, propiedades tecnolóxicas, produtos derivados.
• Patoloxías, recoñecemento, reparación, protección e conservación da madeira.
• O proxecto a través das estruturas, cubertas, carpinterías, cerramentos, acabados.
• O detalle construtivo, a protección e a rehabilitación da madeira a través da intervención en casos prácticos.
|
3. PROCESOS PATOLÓXICOS CONSTRUTIVOS EN SISTEMAS CONSTRUTIVOS TRADICIONALES I. AS LESIÓNS E AS SÚAS CAUSAS I. |
• Terminoloxía de patoloxía construtiva.
• Introdución á metodoloxía para detectar e identificar procesos patolóxicos e o seu diagnóstico.
• As Lesións: definición e clasificación.
• As causas: definición e tipos.
• Fisuras e gretas: definición e causas.
• Erosións: definición e causas.
|
4. PROCESOS PATOLÓXICOS CONSTRUTIVOS EN SISTEMAS CONSTRUTIVOS TRADICIONAIS II. AS LESIÓNS E AS SÚAS CAUSAS II. |
• Humidades: definición.
- Características higrométricas dos materiais:
- A lesión: causas que poden producila.
• Desprendementos: definición e causas.
- Desprendementos en revestimentos continuos.
- Desprendementos en revestimentos discontinuos adheridos con morteiros tradicionais ou morteiros-cola.
- Desprendementos en revestimentos discontinuos anclados por puntos ou liñas.
- Desprendementos de pinturas.
|
5. PROCESOS PATOLÓXICOS CONSTRUTIVOS EN SISTEMAS CONSTRUTIVOS TRADICIONAIS III. AS LESIÓNS E AS SÚAS CAUSAS III. |
• Oxidación: definición e causas.
• Corrosión: definición e causas
• Suciedades: definición e tipos.
|
6. ESTUDO DE CASOS: PATOLOXÍA E CONSTRUCIÓN CON TERRA. |
PISCINA DE TORO. (Profesor invitado: Antonio Raya). |
7. ESTUDIO DE CASOS: PATOLOXÍA DE MATERIAIS PÉTREOS, CONSOLIDACIÓN E BIODETERIORO. |
(Profesores invitados: Benito Silva e Joaquín Fernández Madrid). |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A1 A2 A4 A7 A10 B3 C1 C6 C15 |
18 |
18 |
36 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A8 B2 B5 |
3 |
6 |
9 |
Traballos tutelados |
A4 A8 A10 B3 B5 C6 C8 C9 |
0 |
26 |
26 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes. Esta exposición farase de modo esquemático abarcando os temas principais teóricos co obxecto de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Consistirá na asistencia a sesións de conferencias onde técnicos relevantes nas materias expoñerán traballos profesionais e investigacións de interese. Estas actividades proporcionan ao alumnado coñecementos e experiencias actuais que incorporan as últimas novidades referentes a un determinado ámbito de estudo. |
Traballos tutelados |
Elaboración por parte do alumno dun traballo a nivel profesional e/ou de investigación.
Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor, en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe do "cómo facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción por parte dos estudantes da responsabilidade da súa propia aprendizaxe e no seguemento desa aprendizaxe por parte do profesor-tutor.
O traballo tutelado versará sobre contidos directos da materia ou que resulten afíns ao xuizo do mestre. O traballo poderá prantexarse como traballo único e independente o preferiblemente, poderá formar parte do Traballo fin de Master, como ocurre no resto das materias da Área de Construción.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Todas estas metodoloxías potencian o traballo autónomo do alumno aínda que será necesario supervisalo e/ou resolver dúbidas. A atención personalizada desenvolverase durante as clases programadas e no horario de titorías. Realizarase un seguimento personalizado do traballo tutelado por parte do profesor na clase e nas horas de titorías con correccións periódicas.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Traballos tutelados |
A4 A8 A10 B3 B5 C6 C8 C9 |
Valorarase a aplicación de técnicas e coñecementos expostos durante o curso no desenvolvemento do traballo. A selección de fontes de documentación. A concreción e síntese. A profundidade técnica e coherencia. A orixinalidade e innovación. A presentación e explicación. |
90 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A4 A7 A10 B3 C1 C6 C15 |
Valorarase a participación activa con aproveitamento no traballo tutelado e presentación oral. Asimesmo, valorarase a participación activa en los debates xerados na clase e no desenvolvemento final do traballo exposto.
|
5 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A8 B2 B5 |
Valorarase a participación activa con aproveitamento no traballo tutelado. |
5 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Fructuós Mañá Reixach (2007). A obra grosa. Santiago. COAG
Carles Broto (2005). Enciclopedia Broto de Patologías de la Construcción. Carles Broto i Comerma Jonqueres
Ignacio Paricio (1983 revisad post). La construcción de la arquitectura. Barcelona ITC
Ignacio Aparicio (2000). La fachada de ladrillo. Barcelona. Bisagra
J. Fernández Madrid (1996). Manual del granito para arquitectos. Santiago. AGG
Richard Weston (2003). Materiales, forma y arquitectura. Barcelona. Blume
Juan Monjo Carrió, Luis Maldonado (2001). Patología y Técnicas de intervención en estructuras arquitectónicas. Editorial Munilla-Lería |
|
Bibliografía complementaria
|
José Laffarga y Manuel Olivares (1995). Materiales de construcción. Sevilla. Editan |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|