A avaliación dos contidos impartidos nas clases maxistrais e de resolución de problemas da materia representa un 90% da nota global. A avaliación das prácticas de laboratorio e a través de TIC é o 10% restante.
Para aprobar a asignatura esixirase:
1) Proba mixta: Proba escrita sobre os contidos impartidos nas clases maxistrais e de resolución de problemas: ter un mínimo de 4 puntos sobre 9. O alumno debe demostrar nesta proba un coñecemento básico de todo o contido da materia. Para aprobar a asignatura ningunha das preguntas pode deixarse en branco.
Opcionalmente pódense entregar traballos realizados de forma autónoma polo alumno e propostos polo profesor de teoría.
Poderase valorar positivamente a participación do alumno nos exercicios e traballos propostos polo profesor ao longo do curso nas sesións maxistrais e de resolución de problemas.
Para aprobar a asignatura deberá chegarse ao 4.5 sobre 9 na nota final correspondente ás partes de teoría e problemas da asignatura.
Os estudantes que non realicen a proba mixta de teoría e resolución de problemas consideraranse "non presentados".
2) Prácticas: Ter un mínimo de 0.5 puntos na parte de prácticas.
Valorarase a asistencia a prácticas e o traballo realizado polo alumno en cada unha delas. Ao iniciarse cada unha das prácticas, o alumno deberá responder por escrito un conxunto de tres (3) preguntas breves (tests) relacionadas con aquelas. Si o alumno non contesta correctamente a polo menos dous desas preguntas, se lle descontará un 50% da puntuación que obteña unha vez corrixida a práctica escrita que se entregue posteriormente.
Na data sinalada polo profesor, realizarase unha avaliación da defensa dun traballo tutelado de prácticas e presentación oral realizada polo alumno, valorándose principalmente a claridade na exposición dos resultados e da análise crítica de devanditos resultados.
Os alumnos con dedicación a tempo parcial ou con dispensa académica de exención de docencia terán a opción de realizar un exame de prácticas de laboratorio/TIC ou a presentación dun traballo ao finalizar o curso.
Si na parte de teoría e problemas non se obtivo o 4.5 mínimo, para calcular a nota final a nota de prácticas dividirase por dous.
Si en prácticas non se obtivo o 0.5 mínimo, para calcular a nota final farase a media xeométrica ponderada.
Os criterios de avaliación contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW, e recolleitos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.