A avaliación dos contidos impartidos nas clases maxistrais e de resolución de problemas da materia representa un 80% da nota global. A avaliación das prácticas de laboratorio e a través de TIC por medio da proba de resposta breve é o 20% restante.
Para aprobar a materia esixirase:
1) Proba mixta: Proba escrita sobre os contidos impartidos nas clases maxistrais e de resolución de problemas: ter un mínimo de 3,8 puntos sobre 8. O alumno debe demostrar nesta proba un coñecemento básico de todo o contenio da materia. Para aprobar a asignatura ningunha das preguntas pode deixarse en branco.
Para os alumnos (inscritos a tempo completo ou a tempo parcial) que asistan regularmente a clase (mínimo 80% de asistencias), poderían facerse exames parciais que podería eximir de parte ou de toda a materia na proba mixta final.
Opcionalmente pódense entregar traballos realizados de forma autónoma polo alumno e propostos polo profesor de teoría.
Poderase valorar positivamente a participación do alumno nos exercicios e os traballos propostos polo profesor ao longo do curso nas sesións maxistrais, de resolución de problemas e tutoriais.
Para aprobar a materia deberá chegarse ao 4 sobre 8 na nota final correspondente ás partes de teoría e problemas da materia.
Os estudantes que non realicen a proba mixta de teoría e resolución de problemas consideraranse "non presentados".
2) Ter un mínimo de 1 punto na proba de resposta breve.
Consistirá nunha proba escrita de resposta breve sobre os contidos das sesións prácticas. Nela valorarase non só a comprensión destes, senón tamén a capacidade do alumno para establecer xuízos críticos e a súa habilidade para o manexo da instrumentación de laboratorio.
Para os alumnos (inscritos a tempo completo ou a tempo parcial) que asistan regularmente a clase (mínimo 80% de asistencias), podería facerse unha avaliación continuada ao longo do curso que podería eximir de parte ou de toda a materia na proba de resposta breve final.
Poderase valorar positivamente a participación do alumnado nas sesións prácticas e o seu razoamento ante preguntas realizadas polo profesorado durante as mesmas.
Se na parte de teoría e problemas non se obtivo o 4 mínimo, para calcular a nota final a nota de prácticas dividirase por dous.
Se en prácticas non se obtivo o 1 mínimo, para calcular a nota final farase a media xeométrica ponderada.
Para poder superar a materia, o alumnado matriculado a tempo completo ou a tempo parcial deberá asistir como mínimo ao 80 % das horas presenciais de "Prácticas de Laboratorio" e "Prácticas a través das TIC" (a non ser que xa asistira a dita porcentaxe en cursos anteriores). O alumnado que teña concedida a dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017), substituirá este requisito por un exame de aptitude sobre o uso da instrumentación de laboratorio.
Os criterios de avaliación
contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/3 do Código STCW, e recolleitos no
Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar
a avaliación.