A materia consta de dous bloques: Camiños e Ferrocarrís.
Existen dúas modalidades de avaliación:
MODALIDADE A
Precísase unha asistencia mínima do 80% das clases de cada bloque para poder acollerse a esta modalidade. No caso de que non se alcance esta porcentaxe nalgún dos dous bloques, automaticamente pasaríase á modalidade B, con independencia das razóns polas cales o estudante se ausentara.
Nesta modalidade valorarase:
1. Un traballo de curso, cun máximo de A da cualificación final. A cualificación obtida neste apartado é válida tanto na primeira como na segunda oportunidade.
2. Prácticas de problemas na aula. Supoñerán ata un máximo de B da cualificación final, no caso de resultar aprobadas. No caso do bloque de Ferrocarrís, se algunha das prácticas non se supera, poderán repetirse unha vez máis. En tal caso, a cualificación máxima será a suma da nota obtida inicialmente máis o 50% da cualificación restante. A cualificación obtida neste apartado é válida tanto na primeira como na segunda oportunidade.
3. Prácticas propostas para realizar fóra de clase ou na clase. Constituirán ata un máximo de C da cualificación final. A cualificación obtida neste apartado é válida tanto na primeira como na segunda oportunidade.
4. Proba deavaliación final. Estará constituída por un exame de tipo teórico (cun valor de ata D da cualificación final) e un exame de problemas, cun valor máximo de E da cualificación final. Para poder aprobar a materia, é imprescindible que a parte de teoría e a de problemas de cada bloque teñan cada unha delas unha cualificación superior a 5 sobre 10 (4,5 puntos sobre 10 no caso do bloque de Camiños, sempre e cando coa suma de traballos e prácticas voluntarias se chegue a un mínimo de 5 puntos no bloque). Na primeira oportunidade, o alumnado poderá presentarse só a un bloque ou a ambos os bloques. Considérase que un/a alumno/a preséntase a un bloque nunha determinada oportunidade se realiza na devandita oportunidadea proba de avaliación final.
Bloque de Camiños | Bloque de Ferrocarrís |
Traballo de curso (A) | 1 punto (*) | 10% |
Prácticas de problemas na aula (B) | 0 puntos | 20% |
Prácticas propostas para realizar fóra de clase ou na clase (C) | 1 punto (*) | 10% |
Proba final teórica (D) | 7 puntos | 40% |
Proba final práctica (E) | 3 puntos | 20% |
(*) No caso do bloque de Camiños, as notas do traballo de curso (voluntario) e das prácticas propostas para realizar fóra da clase ou na clase (voluntarias), se sumarán directamente á nota do bloque, sempre e cando esta sexa maior ou igual a 4,5 puntos.
Para aprobar a Materia é preciso obter un mínimo de 5 sobre 10 puntos en cada un dos bloques (Camiños e Ferrocarrís), sumando as cualificacións obtidas en cada un dos catro apartados anteriormente indicados.
Se un/a alumno/a preséntase na mesma oportunidade aos dous bloques, podería aprobar a materia a condición de que tivese unha nota superior ou igual a 4 sobre 10 puntos en cada bloque e a media de ambos fose superior ouigual a 5 sobre 10 puntos. Do mesmo xeito que no caso anterior, estas puntuacións refírense á suma das obtidas nos catro apartados indicados anteriormente.
No caso de que un/a alumno/a obtivese na primeira oportunidade unha cualificación superior ou igual a 5 sobre 10 puntos en calquera dos bloques, a súa nota gardarase ata a segunda oportunidade.
No caso de que os profesores non expoñan a realización dalgunha das actividades anteriores, se prorrateará o peso das demais.
MODALIDADE B
Aqueles estudantes que non satisfagan as condicións da modalidade A ou que estean matriculados a tempo parcial, deberán realizar un exame final, composto por unha parte teórica (A% da cualificación final) e unha parte de problemas ( B% da cualificación final).
Bloque de Camiños | Bloque de Ferrocarrís |
Parte teórica (A) | 70 | 70 |
Parte de problemas (B) | 30 | 30 |
Para aprobar a Materia é preciso obter un mínimo de 5 sobre 10 puntos en cada un dos bloques (Camiños e Ferrocarrís). Además é imprescindible obter como mínimo 5 de 10 puntos tanto na parte de teoría e a de problemas.
Se un/a alumno/a preséntase na mesma oportunidade aos dous bloques, podería aprobar a materia a condición de que tivese unha nota superior ou igual a 4 sobre 10 puntos en cada bloque e a media de ambos fose superior ou igual a 5 sobre 10 puntos.
No caso de que un/a alumno/a obtivese na primeira oportunidade unha cualificación superior ou igual a 5 sobre 10 puntos en calquera dos bloques, a súa nota gardarase ata a segunda oportunidade.