Datos Identificativos 2019/20
Asignatura (*) Organización de Empresas Código 650G01016
Titulación
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Empresa
Coordinación
Gago Cortés, María Carmen
Correo electrónico
m.gago@udc.es
Profesorado
Gago Cortés, María Carmen
Guillen Solorzano, Maria
Correo electrónico
m.gago@udc.es
maria.guillen@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es/moodle/
Descrición xeral A materia "Organización de Empresas" analiza os aspectos fundamentais do deseño organizativo a partir da estratexia da empresa, para determinar a súa estrutura e as relacións internas. Os resultados de aprendizaxe detállanse no apartado correspondente desta guía.

Competencias do título
Código Competencias / Resultados do título

Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias / Resultados do título
Transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público especializado como non especializado. B2
B4
B6
B14
C1
C4
Elaborar informes profesionais. A3
A11
A12
A16
A17
A18
A19
B5
B6
B9
C1
C5
Reflexionar de forma crítica sobre o desenvolvemento profesional e establecer necesidades propias de formación. A1
B5
B6
B9
C5
C7
Buscar e sintetizar información relevante sobre o contorno da empresa. A6
A16
A17
B3
B6
B7
B8
B12
B13
C2
C3
C6
Desenvolver estratexias competitivas e corporativas co fin de alcanzar os obxectivos da organización. A9
A11
A12
A13
A14
A15
A16
A17
A19
B1
B6
B8
B10
B11
B12
C4
C6
C8
Describir os principios e os modelos básicos do deseño organizativo. A3
A16
A18
B6
Describir os principais mecanismos de incentivos nas diferentes configuracións estruturais e valorar o seu funcionamento. A13
A16
A22
B6
Analizar e experimentar os procesos de toma de decisións individuais e en grupo. A9
B11
B14
C4

Contidos
Temas Subtemas
Os temas seguintes desenvolven os contidos establecidos na ficha da Memoria de Verificación, que son: - Supostos de comportamento para a análise das organizacións.
- Especialización e intercambio: custos de transacción e relación de axencia.
- Fundamentos da estrutura organizativa da empresa.
- Configuracións estruturais básicas.
- Mecanismos de incentivos nas diferentes configuracións estruturais.
Tema 1. A análise estratéxica das organizacións. - Os obxectivos estratéxicos: supostos de conduta e problemas de axencia.
- A análise estratéxica interna e do entorno.
Tema 2. As estratexias corporativas. - O ámbito da empresa e os custos de transacción.
- As estratexias de crecemento, estabilidade e supervivencia.
Tema 3. A vantaxe competitiva. - Adaptación ao cambio e vantaxes competitivas.
- As fontes de vantaxe competitiva.
Tema 4. Fundamentos da estrutura das organizacións. - Estrutura organizativa e coordinación.
- Deseño da estrutura organizativa.
Tema 5. Configuracións estruturais básicas. - Características xerais das configuracións estruturais.
- Vantaxes e problemas das configuracións estruturais: os mecanismos de incentivos.

Planificación
Metodoloxías / probas Competencias / Resultados Horas lectivas (presenciais e virtuais) Horas traballo autónomo Horas totais
Sesión maxistral A22 A18 A16 A15 A13 A11 A3 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C6 C8 17 0 17
Solución de problemas A1 A3 A9 A12 A13 A14 A16 A17 A22 B5 B3 C4 C5 C6 C7 10 10 20
Traballos tutelados A6 A9 A11 A16 A17 A18 A19 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C6 C8 6 36 42
Seminario A9 A16 B3 B11 B12 B14 4 0 4
Proba de resposta múltiple B1 B2 B4 C1 C6 2 55 57
 
Atención personalizada 10 0 10
 
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado

Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Presentación e discusión dos conceptos teóricos relevantes.
Solución de problemas Nesta metodoloxía inclúense todo tipo de exercicios, casos prácticos, lecturas ou probas que o profesorado estime necesarios.
Traballos tutelados Traballos en grupo nos que se aplicarán os conceptos vistos nas sesións maxistrais.
Seminario Por cada grupo de estudantes formaranse subgrupos. Con estes subgrupos fixaranse titorías de 4 horas repartidas durante o curso para profundizar nas competencias relacionadas co traballo en grupo e as presentacións orais.
Proba de resposta múltiple Exame final da materia.

Atención personalizada
Metodoloxías
Solución de problemas
Traballos tutelados
Descrición
Retroalimentación personalizada con cada grupo para o seguimento dos avances que se van realizando e para proporcionar as orientacións necesarias que aseguren a aprendizaxe do alumnado, así como a calidade do traballo dacordo cos criterios que se indicarán na clase e que se colgarán na plataforma moodle.

Para o alumnado con dedicación a tempo parcial non asistente, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías e entrega das actividades.

Avaliación
Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Solución de problemas A1 A3 A9 A12 A13 A14 A16 A17 A22 B5 B3 C4 C5 C6 C7 Preparación dos problemas xunto coa presentación e/ou discusión dos mesmos en clase. 15
Traballos tutelados A6 A9 A11 A16 A17 A18 A19 B2 B3 B6 B7 B8 B9 B10 B11 B12 B13 B14 C1 C2 C3 C4 C6 C8 Traballo en grupo sobre os conceptos teóricos da materia xunto coa súa presentación e discusión en clase. 25
Proba de resposta múltiple B1 B2 B4 C1 C6 Exame final da materia. 60
 
Observacións avaliación

A avaliación consta de dúas partes:

1. Avaliación continua (solución de problemas e traballo tutelado): supón un 40% da cualificación.
2. Exame final: supón un 60% da cualificación.

As actividades de avaliación continua realízanse ao longo do curso e non é posible a súa realización fora do período lectivo, dado que se realizan na súa totalidade ou en parte dentro da aula. En todas as presentacións orais que se establezan ao longo do curso, participarán obrigatoriamente todos os compoñentes do grupo responsable da súa elaboración. Gardarase a nota da avaliación continua para a segunda oportunidade do exame, pero en ningún caso para cursos posteriores.

Para sumar a nota do exame final á nota da avaliación continua, é necesario obter un mínimo de 4 puntos sobre 10 no exame final.  Para superar a materia a nota media ponderada final deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10. En caso de non alcanzar un 4 sobre 10 no exame (proba de resposta múltiple), a nota da materia será a obtida no exame ponderada polo 60%. Recórdase que está prohibido acceder ao exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenamento de información. Asemade, recórdase que calquera estudante que realice o exame ou calquera dos traballos ou problemas plantexados mediante calquera procedemento fraudulento, se lle asignará una nota de cero no mesmo.

Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de cada convocatoria (convocatoria adiantada, primeira e segunda).

Estudantes a tempo parcial e con dispensa académica: se lles aplicará o mesmo sistema de avaliación. Acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías e entrega das actividades.

A efectos de cualificación, a cualificación de non presentado corresponde ao alumnado que só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación acadada.

A comunicación co alumnado efectuarase a través da plataforma Moodle e a través do correo oficial da UDC. É responsabilidade do alumnado consultar o seu correo oficial da UDC.


Fontes de información
Bibliografía básica Grant, Robert M. (2004). Dirección estratégica. Madrid: Thomson Civitas
Navas López, J. E.; Guerras Martín, L. A. (2016). Fundamentos de dirección estratégica de la empresa. Navarra: Thomson Reuters Civitas
Mintzberg, H. (2012). La estructuración de las organizaciones. Barcelona: Ariel

Bibliografía complementaria Kates, A., Galbraith, J.R. (2007). Designing your organization. San Francisco, CA: Wiley
Brickley, J., Smith, C., Zimmerman, J. (2005). Economía Empresarial y Arquitectura de las Organizaciones. . Madrid: McGraw-Hill/Interamericana de España
Douma, S.; Schreuder, H. (2009). Enfoques económicos para el análisis de las organizaciones. Madrid: Pearson
Gibbons, R. (2005). Four Formal(izable) Theories of the Firm? . Journal of Economic Behavior and Organization 58: 202-247.
Cuervo García, A. (2008). Introducción a la administración de empresas. Madrid : Thomson Civitas
Claver Cortés, E. et al. (1998 (imp. 2007)). Manual de administración de empresas. Madrid : Civitas
Gibbons, R. (2010). Organizational Economics and Corporate Strategy, Lectures 1 & 2. . MBA Course 15.903 at the MIT Sloan School of Management. Available at: http://web.mit.edu/rg
Lazear, E. (2000). Performance Pay and Productivity.. American Economic Review 90: 1346-61.
Chermack, T.J. (2011). Scenario Planning in Organizations. San Francisco, CA: Berrett-Koehler Publishers
Gibbons, R. (2003). Team Theory, Garbage Cans, and Real Organizations: Some History and Prospects of Economic Research on Decision-Making in Organizations. . Industrial and Corporate Change 12: 753-87.
Coase, R. (1937). The Nature of the Firm.. Economica, 4: 386-405
Williamson, O. (1979). Transaction Cost Economics: The Governance of Contractual Relations.. Journal of Law and Economics 22: 233-61.


Recomendacións
Materias que se recomenda ter cursado previamente
Economía da Empresa: Función Organizativa/650G01003

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario
Economía e Xestión da Empresa Familiar/650G01040

Observacións
Recomendacións:

1.- A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia:

1.1. Solicitarase en formato virtual e/ou soporte informático.

1.2. Realizarase a través de Moodle, en formato dixital sen necesidade de imprimilos.

1.3. De se realizar en papel:

- Non se empregarán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Empregarase papel reciclado.

- Evitarase a impresión de borradores.

2.- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.

3.- Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais.

4.- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores de ambos os sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...).

5.- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

6. Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

7. Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria.



(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías