Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
(CE-G1)Coñecer as características dos estudantes, os seus contextos sociais e motivacións |
A24 |
(CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. |
A26 |
(CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade. |
A27 |
(CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións. |
A30 |
CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.. |
A31 |
(CE-P2) Acreditar un bo dominio da expresión oral e escrita na práctica docente |
A32 |
(CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia |
A33 |
(CE-P4) Participar nas propostas de mellora nos distintos ámbitos de actuación a partir da reflexión sobre a práctica. |
A34 |
(CE-P5) Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP) |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
1. Planificar, desenvolver e avaliar o proceso de ensino e aprendizaxe potenciando
procesos educativos que faciliten a adquisición das competencias propias das
respectivas ensinanzas, atendendo ao nivel de formación dos estudantes. |
AP1 AP24 AP26 AP27 AP30 AP31 AP33
|
|
|
2. Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula e adquirir
estratexias para estimular o esforzo do alumnado e promover a súa capacidade
por si mesmo e con outros, e desenvolver habilidades de pensamento e
decisións que promovan a súa capacidade docente.
|
AP32
|
|
|
3. Dominar destrezas e habilidades sociais necesarias para fomentar a aprendizaxe
e a convivencia na aula, e tratar problemas de disciplina e resolución de
conflitos.
|
AP26 AP31 AP32
|
|
CM1
|
4. Deseñar e desenvolver espazos de aprendizaxe, con especial atención á
equidade, á educación emocional e en valores, á igualdade de dereitos e
oportunidades entre homes e mulleres, á formación cidadá e o respecto aos
dereitos humanos.
|
AP24 AP26 AP27 AP30 AP31
|
|
|
5. Coñecer as dinámicas organizativas e de funcionamento dun centro de
secundaria ou formación profesional, así como levar a cabo unha primeira
aproximación tutelada ao funcionamento dunha aula de ensino secundario e
familiarizarse coa cultura organizativa dun centro escolar.
|
AP30 AP31
|
|
CM1
|
6. Vivenciar, contrastar e valorar, nun escenario real, as contribucións dos
diferentes módulos teóricos, e tomar conciencia das funcións da profesión
docente e dos coñecementos, actitudes e destrezas que se requiren para o seu
exercicio.
|
|
|
CM1 CM3 CM7
|
Identificar os aspectos organizativos e curriculares da formación en centros do traballo e as caracteristicas das empresas onde se realiza esta formación |
AP24 AP26 AP34
|
|
CM5
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Organización dos centros, oferta educativa e recursos |
- Organos de Goberno
- O Departamento de Información e Orientación Profesional ou o Departameto de Orientación
- O Departamento de FOL ou da especialidade na que realiza as prácicas
- Culturas organizativas
- Oferta Educativa
-Recursos humanos
- Recursos materiais (informáticos, instalacións, etc.) |
Instrumentos de planificacion do centro |
Proxecto Educativo /Proxecto Funcional
A programación dos módulos ou materias da especialidade
Plano de Acción Titorial
Plano de Orientacion Académica e Profesional
Atención á diversidade
Plan de Convivencia
Proxecto lingüístico
A formación en igualdade nos instrumentos de planificación do centro.
A formación en centros de traballo
Outros programas
|
O Ciclo formativo |
- Perfil profesional
- Modulos e unidades de competencia
- Sector produtivo e contorna socioeconómica
- Mercado laboral do ciclo
- A formacion en centros de traballo e as empresas do sector
|
A praxe docente e alumnado |
A praxe docente
- Integración da visión de xénero
- Metodoloxía
- Avaliación
- Lingua/s de ensino
- As outras funcións do profesorado
O alumnado do grupo clase
- Perfil sociolingüístico
- Competencia dixital
- Procedencia académica
- Expectativas académicas e profesionais
- Necesidades educativas específicas
|
A proposta didáctica
|
-Fundamentación teórica
-Contextualización a nivel de centro e alumnado
-Ubicación no primeiro e segundo nivel de concreción curricular
-Obxectivos e contidos
-Actividades e recursos
- Atención á diversidade
-Avaliación
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Discusión dirixida |
A1 A26 A27 C1 |
6 |
0 |
6 |
Portafolios do alumno |
A1 A24 A26 A27 A30 A31 C5 C7 |
0 |
78 |
78 |
Sesión maxistral |
|
2 |
0 |
2 |
Saídas de campo |
A24 A27 A30 A31 A32 A33 A34 C1 C3 C5 C7 |
175 |
30 |
205 |
|
Atención personalizada |
|
9 |
0 |
9 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Discusión dirixida |
Ten por obxectivo a reflexión e análise da experiencia de prácticas. Realízase en dous momentos que se corresponden coas sesiòns de seguimento e avaliación final. As temáticas que van ser obxecto de discusión son os contidos que se específican no apartado correspondente desta guía. |
Portafolios do alumno |
Adopta a forma que se establece para a memoria de prácticas. Polo tanto ha de incorporar os contidos que se indican no documento marco do Practicum. |
Sesión maxistral |
Está destinada á presentación dos aspectos organizativos e currículares do Practicum (funcións do profesorado titor, duración, avalación e sesións de seguimento e final) e ofrece pautas sobre os aspectos a observar e analizar, establecendo conexións coas materias do módulo xenérico e especifico que aportan máis elementos para a observación e análise do que acontece a nviel de centro e de aula. |
Saídas de campo |
A saída de campo corresponde coa estadía do alumnado no centro de Prácticas. No caso do itinerario de FOL abarca dous períodos. O primeiro de toma de contacto abrangue do 13 o 15 de xaneiro. O segundo vai do 17 de febreiro ó 3 de abril.
Este período de formación permítelles :
- Achegarse á realidade do ensino para ir configurando unha visión propia, fundamentada e vivencial do centro e da aula.
- Observar e reflexionar, vinculando as aportacións teóricas e legais das materias do Mestrado co que acontece a nivel de centro e de aula.
- Deseñar e por en práctica unha proposta didáctica.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Saídas de campo |
|
Descrición |
A titorización será compartida polo profesorado titor da Facultade e dos centros de prácticas. O primeiro aporta as orientacións iniciais e supervisa a memoria de prácticas a través das sesións de presentación, seguimemto e avaliación, así como da atención individualizada no horario de titorías.
As datas das sesións de presentación, seguimento e avaliación figuran no horario do itinerario de FOl. En moodel informarase da data, horario e lugar. O profesorado titor da Universidade é o que imparte as materias específicas do itinerario (Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade, Inserción e orientación laboral, e Mercado laboral e formación profesional).
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A1 A24 A26 A27 A30 A31 C5 C7 |
Adopta a forma que se establece para a memoria de prácticas. Polo tanto ha de incorporar os contidos que se indican no documento marco do Practicum.
Pode presentarse baixo o formato dun artefacto dixital. |
50 |
Saídas de campo |
A24 A27 A30 A31 A32 A33 A34 C1 C3 C5 C7 |
O/a titor/a da institución colaboradora realizará a avaliación da implicación e actuación do alumnado no centro/aula,conforme ós criterios que se específican na ficha de avaliación que se recolle no documento marco da memoría de prácticas |
50 |
|
Observacións avaliación |
REQUIRIMENTOS PARA APROBAR Para superar as Prácticas hai que ter aprobado nas dúas cualificacións, outorgadas polo titor ou titora da Facultade e do Centro. No caso de non aprobar algunha das partes, a nota final será a da parte non superada. Na segunda oportunidade de avaliación só se pode recuperar a memoria. Se o profesor/a do centro onde se realizaron as practicas outorga unha cualificación inferior a 25 (2,5) a materia de Practicum estará suspensa, non habendo opción de recuperación. É dicir, terá que volver realizar as prácticas no próximo curso. . FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición.
Plaxio O plaxio será motivo de suspenso. Así queda regulado no artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Mestrado de Profesorado UDC (2019). Guía das Prácticas Docentes 2019-2020. http://www.educacion.udc.es/mestrados/secundaria/?pagina=practicum |
Na medida en que no Practicum converxen contidos da maioría das materias do Mestrado, as fontes para o deseño da proposta didáctica e para a elaboración dos distintos apartados da memoria xa foron proporcionadas nestas materias. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL Débese facer un uso sustentábel dos recursos co obxecto de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Débese
ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos
valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados, os
traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos,
estarán impresos a doble cara e empregarán papel reciclado. |
|