Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A15 |
CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. |
A16 |
(CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos. |
A17 |
(CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. |
A18 |
(CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares |
A19 |
(CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes. |
A20 |
(CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. |
A21 |
(CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. |
A25 |
(CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar as atribucións docentes e as funcións do profesorado da especialidade de FOL no campo da orientación profesional e compreder a importancia e necesidade de formación neste ámbito |
AP15
|
|
CM7
|
Analizar o desenvolvemento teórico da orientación profesional, describir e comprender os seus trazos conceptuais, as áreas, os principios e os modelos de intervención, e reflexionar sobre as súas implicacións para a práctica.
|
AP15 AP17 AP19
|
|
|
Analizar as funcións sociopolíticas da orientación profesional reflexionar sobre as posibilidades e características dunha orientación profesional para o cambio que incida nunha praxe para a xustiza social. |
AP15 AP19
|
|
CM4
|
Caracterizar a evolución e situación actual da orientación profesional no sistema educativo e no ámbito laboral, principalmente, no que fai ós aspectos organizativos, funcionais e profesionais. |
AP17
|
|
CM7
|
Identifica-los factores que interveñen na inserción laboral e analiza-la súa relación coas áreas de intervención. |
AP19
|
|
|
Comprender e utilizar axeitadamente a terminoloxía do campo da orientación e inserción profesional. |
|
|
CM1
|
Analizar a influenza do xénero na toma de decisións académicas e profesionais e na inserción laboral e identificar os indicadores da desigualdade de xénero no sistema educativo e no mercado laboral. |
AP19
|
|
CM4
|
Comprender a necesidade de incorporar o enfoque de xénero na orientación profesional e deseñar propostas didácticas nas que se integre. |
AP18 AP20
|
|
|
Identificar as posibilidades de utilización das ferramentas da web 2.0 na OP, incorporalas na programación das materias da especialidade e valorar a súa contribución a alfabetización dixital do alumnado
|
AP16 AP19 AP20
|
|
CM3
|
Analizar o currículo das materias e módulos da especialidade de FOL tendo como criterios as características conceptuais da orientación profesional, as áreas e modelos de intervención. |
AP15 AP16
|
|
|
Deseñar, seleccionar e valorar programas e materiais de orientación profesional |
AP20 AP21 AP25
|
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. A orientación profesional:campo de intervención do profesorado de FOL
|
1.1. A orientación profesional/laboral no currículo dos módulos e áreas que imparte o profesorado de FOL
1.2. A orientación profesional/laboral como función: as atribucións do profesorado de FOL nos departamentos de orientación e nos departamentos de información e orientación profesional.
1.3. A orientación profesional no temario de acceso á especialidade
1.4. Perfil profesional do/a orientador/a laboral |
Tema 2. Orientación profesional e orientación laboral
|
2.1 Delimitación, caracterización conceptual da orientación profesional e da orientación laboral e relacións entre ambas.
2.2.Ideas forza. Orientación profesional e xustiza social.
2.3.Orientación profesional e empregabilidade.
2.4. Áreas de intervención
2.5. Modelos de intervención
2.6. A orientación na avaliación, recoñecemento e acreditación de competencias |
Tema 3. Xénero e orientación profesional
|
3.1. Conceptos para comprender e explicar as desigualdades de xénero.
3.2. Xénero, proxecto profesional e inserción laboral. As barreiras de xénero
3.2. Radiografía das desigualdades de xénero no sistema educativo e no mercado laboral
3.3. A OP non discriminatoria (tamén non sexista ou para a igualdade de oportunidades) na normativa legal: evolución e situación actual.
3.4. A perspectiva de xénero na OP e xustiza social: conceptualización e pautas para a súa integración.
5.5. Programas e recursos para una OP con enfoque de xénero. |
Tema 4. A utilización das tecnoloxías dixitais en orientación profesional |
4.1. Algúsn conceptos de partida
4.2. Ámbitos de utilización das TIC/TAC en OP
4.3. Competencia dixital e orientacion Profesional.
4.4. Boas prácticas na utilización das tecnoloxías dixitais en OP. |
Tema 5. Desenvolvemento e situación actual da orientación profesional e laboral no sistema educativo e no ámbito laboral
|
2.1. Principais fitos e tendencias no desenvolvemento da OP.
2.2. Organización e funcións da OP no sistema educativo.
2.3. Organización e funcións da OP no ámbito laboral
2.4. A orientación profesional nas políticas de formación e emprego da UE.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A15 C4 |
2 |
0 |
2 |
Análise de fontes documentais |
A17 A19 A25 C1 C4 |
5 |
15 |
20 |
Sesión maxistral |
A15 A17 A19 |
6 |
0 |
6 |
Aprendizaxe colaborativa |
A16 A18 A20 A21 C3 |
4 |
8 |
12 |
Presentación oral |
C1 C3 |
4 |
2 |
6 |
Portafolios do alumno |
A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 |
0 |
13 |
13 |
Prácticas a través de TIC |
C3 |
1 |
2 |
3 |
Traballos tutelados |
A18 A20 A21 A25 C1 C3 C7 |
6 |
28 |
34 |
|
Atención personalizada |
|
4 |
0 |
4 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
As actividades iniciais teñen unha dupla finalidade:
a) que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e para facer balance das aprendizaxes construídas na materia.
b) A posta en común e resolución de dúbidas das cuestións formuladas sobre as temáticas previamente traballadas fora da aula e que forman parte da clase invertida.
|
Análise de fontes documentais |
As actividades de análise documental abordan distintas temáticas da materia:
a) Análise do currículo das materias da especialidade e de dous libros de texto
b) Análise de programas e actividades de orientación non sexista
c) Análise de documentos para afondar nas temáticas da fundamentación teórica do traballo tutelado.
d) Busca e análise de experiencias de utilización das TIC en orientación profesional |
Sesión maxistral |
O método expositivo utilízase para presentar, aclarar e sintetizar algunhas das temáticas que integran o programa da materia. Esta metodoloxía complementase coa análise documental destinado o afondamento dos temáticas. A sesión maxistral combínase coa clase invertida, deste xeito limítase o papel de transmisor de contidos do profesorado.
|
Aprendizaxe colaborativa |
A aprendizaxe colaborativa é o principio que ha de rexir nas actividades grupais de análise de fontes documentais e nos traballos tutelados. É obxecto de auto-avaliación e co-avaliación e vai repercutir na cualificación de cada unha das persoas do grupo de traballo. |
Presentación oral |
Presentación grupal do traballo tutelado. A presentación vai ser avaliada polo resto do alumnado a partir dunha rúbrica, elaborada e consensuada polo alumnado a partir de varias propostas proporcionadas pola profesora. |
Portafolios do alumno |
Consiste nun informe no que o alumnado da conta das aprendizaxes adquiridas, da súa aplicación no TFM e no período de prácticas e da relación existente co resto das materias do mestrado. No portafolios hai que incluír un mapa conceptual dos contidos da materia e un glosario de termos. |
Prácticas a través de TIC |
As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na construción de diferentes artefactos dixitais en distintos formatos que van ser incluidas no traballo tutelado ou/e no portafolio individual.
O marcador social e contorna persoal de aprendizaxe son compartidas co resto das materias do itinerario. Coas Prácticas a través das TIC preténdese que o alumnado adquira competencias dixitais docentes de diferentes áreas:
a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais).
b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais, netiqueta e identidade dixital)
c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais)
d) Resolución de problemas (identificcación de necesidades e respostas , innovacion e uso da tecnoloxía dixital de xeito creativo e identificacion de lagoas na competencia dixital).
|
Traballos tutelados |
Consiste no deseño dunha unidade didáctica de orientación profesional para o módulo de FOL ou para a titoría da formación profesional básica seguindo a metodoloxía de aprendizaxe basada en proxectos (ABP). |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Presentación oral |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada adopta distintas modalidades: grupal, individual, obrigatoria e a demanda. A súa finalidade é apoiar e supervisar o proceso de aprendizaxe individual e grupal.
O traballo tutelado (TT), como se indica na planificación, esixe de apoio personalizado, sendo obrigatoria a asistencia a dúas titorías grupais Na primeira, teñen que dar conta da planificación do traballo e da organización do grupo para que cumpra cos principios do traballo colaborativo. Na segunda supervísanse as tarefas realizadas. As aulas interactivas tamén son un espazo para a supervisión e para orientación do TT e da presentación oral.
O alumnado con matrícula a tempo parcial terá unha atención personalizada vinculada a modalidade de avaliación específica que se describe no apartado de avaliación. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A15 A16 A17 A18 A19 C1 C4 C7 |
Consiste nun informe no que o alumnado descrebe o proceso de aprendizaxe e as aprendizaxes construidas, valora a súa aplicación no TFM e no Practicum, establece relacións coas aprendizaxes das materias do mestrado, identifica competencias profesionais e valora as súas necesidades de formación no ámbito da orientación profesional.
Na súa valoración utílizase unha rúbrica que ademais de servir de instrumento de avaliación, orienta na realización do portafolios. |
40 |
Presentación oral |
C1 C3 |
Presentación grupal dun dos estudos de caso e da análise dos sesgos sexistas nos libros das materias da especialidade.
A presentación será co-avaliada polo alumnado a través dunha rúbrica elaborada e consensuada co alumnado. |
15 |
Prácticas a través de TIC |
C3 |
Consiste na construción dun marcador social e da propia contorna de aprendizaxe. Os criterios de avaliación para o marcador son o número de recursos armacenados, o seu nivel de descrición e valoración e o sistema de categorías e subcategorías utilizadas para a súa almacenaxe. Para a contorna persoal de aprendizaxe terase en conta o número de ámbitos, recursos e ferramentas incorporados e a análise e valoración realizada polo alumnado sobre a súa contorna persoal de aprendizaxe.
|
10 |
Traballos tutelados |
A18 A20 A21 A25 C1 C3 C7 |
Os criterios de avaliación dos traballos tutelados varían en función do reto escollido. Para os retos relacionados coa elaboración de propostas didácticas, os criterios de avaliación son os seguintes: a) fundamentación teórica basada en fontes actualizadas e pertinentes, b) análise e valoración do currículo oficial, c) contextualización da proposta (curricular, centro,ciclo e alumnado), d) formulación de obxectivos e contidos, e) nivel de concreción das actividades;f) procedemento de avaliación (técnicas e instrumentos, incorporación de procesos de co-avaliación e auto-avaliación) g) coherencia entre os distintos elementos da praposta.
|
35 |
|
Observacións avaliación |
PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA AVALIACIÓN Unha das premisas é que o alumnado colabore no proceso de avaliación participando na delimitación dos criterios de avaliación e cualificación e exercendo de axente na avaliación das aprendizaxes, ,a través de procedementos de auto e coavaliación, e do proceso de ensino. Por esta razón, os criterios de cualificación e de avaliación poden ser modificados. COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO A utilización do galego e a súa competencia lingüística tamén vai ser obxecto de avaliación na presentación oral e nas actividades escritas grupais e individuais. O seu peso na cualificación final pode chegar até 0,5 puntos.
ASISTENCIA E SISTEMA DE AVALIACIÓN A asistencia ás aulas é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular e que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de facer individualmente e entregar as actividades realizadas nesa sesión. A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas catro actividades de avaliación descritas. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no portafolio e nos traballos tutelados e ter realizadas o resto das actividades. Cando non se realice algunha das actividades (portafolio ou traballo tutelado) a cualificación será non presentado. Na avaliación da segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades non superadas.
Ó rematar as aulas e na data acordada, cada grupo presentará un dossier grupal coas actividades realizadas en grupo e coas fichas de auto-avaliación, co-avaliación e coa planificación do traballo grupal. Os resultados da co-avaliación teñen efectos na cualificación individual de cada alumna e alumno.
No caso de non acadar o 80% de asistencia o alumnado terá que realizar un exame específico (3) entregar o portafolio (3 puntos), o traballo tutelado (3 puntos) e as prácticas a través das TIC (1 punto). Para superar a materia hai que obter a metade da cualificación no exame e no traballo tutelado e ter realizadas o resto das actividades. Na segunda oportunidade recuperarán as partes non superadas.
Para as persoas con matrícula a tempo parcial e dispensa académica hai unha modalidade de avaliación específica. Antes do inicio da materia teñen que solicitar unha titoría para establecer o proceso de seguimento. Para superar a materia terá que realizar o exame (2 puntos) o portafolio (4 puntos), o traballo tutelado (3 puntos) e as prácticas a través das TIC (1 punto) e obter a metadade da cualificación no exame e no traballo tutelado. Na segunda oportunidade recuperarán as partes non superadas.
UTILIZACION DUNHA LINGUAXE INCLUSIVA
Nas actividades escritas é obrigatoria a utilización dunha linguaxe inclusiva.
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
a) Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. b) Plaxio O plaxio será motivo de suspenso, en aplicación do artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC, que establece: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permido do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC: https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual
Falsificación da sinatura
Asinar na folla de asistencia por unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua Copiar nos examesO uso indebido de información durante os exames tamén será motivo de suspenso
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Sultana, Robert (2016). La movilización de los servicios de orientación profesional en torno a una agenda de justicia social: una prioridad para todos. España: Universidad Castilla La Mancha/ Wolters Kluwer
Pérez Boullosa, A. ( 2009). Orientación para la inserción profesional: estrategias y recursos.. Madrid: Biblioteca Nueva
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2016). Claves sobre la intervención de la orientación profesional en los sistemas de formación profesional. España: Universidad Castilla La Mancha/ Wolters Kluwer
Sanz, Clara e Manzanares, Asunción (2016). El modelo de orientacio´n profesional en cuestión. Revisión de sus referentes teórico-prácticos. . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Arraiz, B. ;Careaga, H.;Carramiñana, S.; Oskoz, J.M. (2015). Guía para la incorporación de la perspectiva de género en el curriculum y en la actividad docente de las enseñanzas de régimen especial y de Formación Profesional. Victoria: Emakunde
Mc Carthy, J. (2016). la dimensión de servicio público de la orientación . España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Cobo, A; Gutiérrez, E. e Planas, A. (2012). La orientación profesional y la búsqueda de empleo. Expereincias innovadoras y técnicas de intervención que facilitan la inserción laboral.. Barcelona: Editorial Grao
Mc Carthy, J. (2016). Laorientación profesional y las habilidades para la gestión de la carrera. Una perspectiva internacional. España: Universidad Castilla La Mancha/ wolters Kluwer
Echeverría, Benito (coord) (2008). Orientación profesional. Barcelona: Editorial UOC
Sánchez García, María Fe (2014). Orientación profesional y personal. Madrid: UNED |
Para cada tema e para a realización do traballo tutelada facilítase bibliografía básica e complementaria, na maioría dos casos comentada. En moodel tamén se recompilan fontes electrónicas de interese para cada un dos temas e que poden incorporarse ó marcador social. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Formación profesional e mercado laboral/652606611 | Aprendizaxe e ensino dos módulos da especialidade de formación e orientación laboral/652606621 | Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral/652606E31 |
|
Observacións |
COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL Débese facer un uso sustentábel dos recursos co obxecto de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados, os traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos, estarán impresos a dobre cara e empregarán papel reciclado ACTUALIZACIÓN DO PERFIL EN MOODEL
Na segunda sesión de clase todo o alumnado ha de ter pendurada unha foto actual no seu perfil da plataforma de moodel. CARGA DE TRABALLO A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación de 72 horas de traballo fora da aula. Daquela, cómpre unha boa planificación e xestión do tempo. |
|