Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A8 |
8. (CE-G8)Promover accións de educación emocional, en valores e formación cidadá |
A10 |
10. (CE-G10)Relacionar a educación co medio e comprender a función educadora da familia e a comunidade, tanto na adquisición de competencias e aprendizaxe como na educación no respecto dos dereitos e liberdades, na igualdade de dereitos e oportunidades entre homes e mulleres e na igualdade de trato e non discriminación das persoas con discapacidade. |
A13 |
13. (CE-G13)Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plano lingüístico do centro. |
A14 |
CE-G14) Respectar e promover os dereitos humanos, os valores da cultura da paz e dos valores democráticos, e o recoñecemento dos principios e fundamentos da atención á diversidade. |
A15 |
CE-E1)Coñecer o valor formativo e cultural das materias correspondentes á especialización. |
A16 |
(CE-E2)Coñecer os contidos que se cursan nos respectivos ensinos. |
A17 |
(CE-E3)Coñecer a historia e os desenvolvementos recentes das materias e as súas perspectivas para poder transmitir unha visión dinámica das mesmas. |
A18 |
(CE-E4)Coñecer contextos e situacións en que se usan ou aplican os diversos contidos curriculares |
A19 |
(CE-E5)Coñecer os desenvolvementos teórico-prácticos do ensino e a aprendizaxe das materias correspondentes. |
A20 |
(CE-E6)Transformar os currículos en programas de actividades e de traballo. |
A21 |
(CE-E7)Adquirir criterios de selección e elaboración de materiais educativos. |
A22 |
(CE-E8)Fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e poña en valor as achegas dos estudantes. |
A23 |
(CE-E9)Integrar a formación en comunicación audiovisual e multimedia no proceso de ensino-aprendizaxe. |
A24 |
(CE-E10)Coñecer estratexias e procedementos de avaliación e entender a avaliación como un procedemento de regulación da aprendizaxe e estímulo ao esforzo. |
A25 |
(CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
A27 |
(CE-E13)Identificar os problemas relativos ao ensino e a aprendizaxe das materias da especialización e expor alternativas e solucións. |
A30 |
CE-P1) Adquirir experiencia na planificación, na docencia e na avaliación das materias correspondentes á especialización.. |
A32 |
(CE-P3) Dominar as destrezas e as habilidades sociais necesarias para fomentar un clima que facilite a aprendizaxe e a convivencia |
A34 |
(CE-P5) Coñecer a tipoloxía empresarial correspondente aos sectores produtivos e comprender os sistemas organizativos máis comúns nas empresas (FP) |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Identificar as funcións do profesorado de FOL e calcular as súas retribucións. |
AP15 AP18
|
|
|
Describir o sistema de acceso a función docente no ensino público e privado e os requirimentos esixidos |
AP16
|
|
|
Integrar o enfoque de xénero nas programacións e nas unidades didácticas e valorar a súa importancia para acadar a equidade de xénero. |
AP8 AP10 AP15 AP16 AP20 AP21 AP25
|
|
CM3 CM4
|
Analizar o organigrama dos centros onde se imparte a FP e as funcións do departamento de FOL |
|
|
|
Analizar o currículo dos módulos da especialidade de FOL e valorar as ausencias e potencialidades para formar persoas cun pensamento crítico activista sobre as desigualdades de xénero e a precarización laboral.
|
AP15 AP16 AP17 AP18 AP23
|
|
CM4 CM5 CM7
|
Deseñar unha programación dun dos módulos da especialidade e unha unidade didáctica da programación, contextualizadas a nivel de centro e de alumnado. |
AP13 AP14 AP15 AP16 AP17 AP18 AP19 AP20 AP21 AP22 AP23 AP24 AP25 AP27 AP30 AP34
|
|
CM1 CM3 CM6 CM7
|
Utilizar as TIC para a aprendizaxe profesional e para a promoción da competencia dixital do alumnado |
AP23
|
|
CM3 CM6 CM7
|
Valorar as posibilidades dos módulos da especialidade para a construción dun pensamento crítico e activista e reflectir eta perspetiva na súa planificación. |
AP14 AP15 AP16 AP20 AP32
|
|
CM4 CM7
|
Analizar e valorar a normativa aplicable á actividade docente na FP e trasladala á planificación dos módulos da especialidade. |
AP13 AP14
|
|
CM4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1.-Contexto organizativo e funcional dos centros de Formación Profesional. |
1.1. Normativa que regula a organización e o seu funcionamento
1.2. Tipoloxía de centros de formación profesional, espazos e equipamentos.
1.3. A organización docente nos centros de FP. Órganos de Goberno e Coordinación Didáctica. Proxecto Educativo e Proxecto Funcional
1.4. El Departamento de Formación y Orientación Laboral. Composición y funciones. El trabajo en equipo. La colaboración con el Departamento de Orientación y en el desarrollo del PAT. |
Tema 2.- O corpo de Profesorado do Ensino Secundario: a especialidade de Formación e orientación laboral (FOL) |
2.1. Corpos de profesorado e categorías profesionais
2.2..Sistema de acceso ó ensino público e o ensino privado
2.2. Retribucións
2.3.Autoemprego.
|
Tema 3. Módulos da especialidade e normativa aplicable |
3.1. Módulos da especialidade nos ciclos LOXSE
3.2. Módulos da especialdiade nos ciclos LOE
3.3. Formación en centros de traballo
3.4. Normativa aplicable e implicacións para a planificación curricular
|
Tema 3. Planificación nos distintos niveis de concreción curricular: do currículo oficial á programación de aula. |
3.1. A programación dos módulos
3.2. A programación de aula
|
Tema 4. Metodoloxía e avaliación |
4.1. Técnicas e estratexias metodolóxicas: tipoloxía e características
4.2. Avaliación: tipos, técnicas e instrumentos.
4.3. A participación do alumnado na avaliación: finalidades e instrumentos.
4.3. Avaliación e xestión da calidade nos centros de FP |
Tema 5. Educación mediática e TIC |
5.1. Educación mediática: concepto, finalidade e integración na pragamacións dos módulos da especialidade
5.2. Competencia dixital docente. A competencia dixital como obxectivo e contido das materias e módulos da especialidade.
5.3. Recursos e ferramentas dixitais para o ensino e aprendizaxe dos módulos da especialidade.. |
TEma 6. A atención á diversidade |
6.1. Atención á diversidade: conceptualización e medidas que prescribe a normativa.
6.2. Estratexias e recursos para a atención á diversidade |
TEma 7. A integración da perspectiva de xénero |
7.1. Finalidades e modalidades de integración
7.3. Experiencias e recursos
7.4. Normativa, plans e actuacións específicas. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A6 A15 A16 |
3 |
0 |
3 |
Sesión maxistral |
A19 A24 A25 A27 A30 A34 |
16 |
0 |
16 |
Análise de fontes documentais |
A15 A16 A17 A19 A24 C3 C4 |
12 |
55 |
67 |
Presentación oral |
C1 C3 |
3 |
3 |
6 |
Aprendizaxe colaborativa |
A13 A14 A15 A19 A20 A21 A23 A24 |
28 |
55 |
83 |
Prácticas a través de TIC |
C3 |
3 |
5 |
8 |
Traballos tutelados |
A32 A27 A25 A24 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A10 A8 C1 C3 C4 C5 C6 C7 |
17 |
69 |
86 |
Solución de problemas |
A16 |
2 |
2 |
4 |
Portafolios do alumno |
A19 A23 A24 A27 C1 C4 C6 C7 |
0 |
15 |
15 |
|
Atención personalizada |
|
12 |
0 |
12 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
As actividades iniciais teñen unha dupla finalidade:
a) que o alumnado tome conciencia dos seus coñecementos previos, de xeito que se convertan nun referente para a análise e reflexión do que precisan aprender e das aprendizaxes construídas na materia.
b) A posta en común e resolución de dúbidas das cuestións formuladas sobre as temáticas previamente traballadas fora da aula e que forman parte da clase invertida. |
Sesión maxistral |
A sesión maxistral utilízase para presentar unha boa parte dos temas que se abordan na materia. A sesión maxistral combínase coa clase invertida, deste xeito limítase o papel de transmisor de contidos do profesorado. |
Análise de fontes documentais |
A análise das fontes documentais está vinculada o traballo tutelado. A súa finalidade é o deseño da programación e dunha unidade didáctica, principalmente a elaboración do apartado de fundamentación teórica e legal. |
Presentación oral |
Consiste na difusión entre as persoas da clase do produto elaborado no traballo tutelado. Dispoñen de 20 minutos e na presentación presentación teñen que participar todas as persoas do grupo de traballo. |
Aprendizaxe colaborativa |
A aprendizaxe colaborativa está implícita no resto das metodoloxías que son realizadas en grupo. |
Prácticas a través de TIC |
As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na construción de diferentes artefactos dixitais en distintos formatos que van ser incluidas no traballo tutelado ou/e no portafolio individual.
O marcador social e contorna persoal de aprendizaxe son compartidas co resto das materias do itinerario. Coas Prácticas a través das TIC preténdese que o alumnado adquira competencias dixitais docentes de diferentes áreas:
a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais).
b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais, netiqueta e identidade dixital)
c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais)
d) Resolución de problemas (identificcación de necesidades e respostas , innovacion e uso da tecnoloxía dixital de xeito creativo e identificacion de lagoas na competencia dixital).
|
Traballos tutelados |
O traballo tutelado presenta as características e elementos da aprendizaxe basada en proxectos. O reto é o deseño dunha programación e dunha unidade didáctica. A análise documental, a aprendizaxe colaborativa, unha parte das prácticas a través das TIC e a presentación oral están integradas no traballo tutelado. |
Solución de problemas |
Relacionados co elaboración de nóminas e con outras temáticas dos módulos da especilalidade. Constitúe unha fórmula para afondar nalgúns dos contidos dos módulos da especialidade. |
Portafolios do alumno |
Consiste na elaboración dun informe de aprendizaxe no que o alumnado ten que dar conta das aprendizaxes e competencias adquiridas, da súa transferibilidade ó Practicum e ó TFM e das propias necesidades de formación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Traballos tutelados |
|
Descrición |
A atención personalizada ten como finalidades a supervisión e orientación do traballo tutelado e lévase a cabo no horario de titorías e nas aulas reservadas para a súa realización.
O alumnado con matrícula a tempo parcial e dispensa académica terá unha atención personalizada vencellada á modalidade de avaliación específica que se descrebe no apartado de avaliación.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Portafolios do alumno |
A19 A23 A24 A27 C1 C4 C6 C7 |
Os criterios de avaliación son :
- A amplitude das aprendizaxes
- Concreción e reflexión sobre as necesidades de formación
- A transferibilidade ó Practicum ( observación e deseño da praxe docente)
- Aportacións para a realización do TFM |
25 |
Traballos tutelados |
A32 A27 A25 A24 A23 A22 A21 A20 A19 A18 A17 A16 A15 A14 A13 A10 A8 C1 C3 C4 C5 C6 C7 |
Consiste no deseño dunha programación e dunha unidade didáctica. Para a súa avaliación proporcionanse dúas rúbricas, nas que se detallan as dimensións a avaliar, os niveis de logro e os criterios de cualificación. As rúbricas entreganse coa proposta de traballo tutelado.
Tamén se avalia a participación e contribución de cada unha das persoas do grupo. A través dun proceso de coavaliación, e de xeito consensuado, asígnase a cada membro do grupo unha porcentaxe (de 0 a 100). A cualificación obtida por cada unha das persoas do grupo é o resultado de aplicar esta porcentaxe sobre a cualificción obtida na programación e na unidade didáctica. |
50 |
Solución de problemas |
A16 |
Relacionados co elaboración de nóminas e con outras temáticas dos módulos da especilalidade. Constitúe unha fórmula para afondar nalgúns dos contidos máis prácticos dos módulos da especialidade. |
5 |
Presentación oral |
C1 C3 |
A presentación vai ser avaliada polo resto dos compañeiros e compañeiras a partir dunha rúbrica. |
10 |
Prácticas a través de TIC |
C3 |
Consiste na construción dun marcador social e da propia contorna de aprendizaxe. Os criterios de avaliación para o marcador son o número de recursos armacenados, o seu nivel de descrición e valoración e o sistema de categorías e subcategorías utilizadas para a súa almacenaxe. Para a contorna persoal de aprendizaxe terase en conta o número de ámbitos, recursos e ferramentas incorporados e a análise e valoración realizada polo alumnado sobre a súa contorna persoal de aprendizaxe. O resto de prácticas TIC forman parte e serán cualificadas como parte do traballo tutelado. |
10 |
|
Observacións avaliación |
PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO NA AVALIACIÓN Unha das premisas é que o alumnado participe na avaliación, consensuando os criterios de cualificación e sendo axente de avaliación a través de procedementos de auto e coavaliación. Por esta razón, os criterios de cualificación poden ser modificados.
COMPETENCIA LINGÜÍSTICA EN GALEGO A competencia lingüística en galego tamén vai ser obxecto de avaliación na presentación oral e nas actividades escritas grupais e individuais. O seu peso na cualificación final pode chegar até 0,5 puntos.
ASISTENCIA A asistencia ás sesións presenciais é obrigatoria. O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de realizar e entregar as actividades realizadas na aula (só aplicable ó alumnado cun 15% de ausencias) . As persoas con matrícula a tempo parcial e dispensa académica poden ter unha ausencia superior ó 15%. Neste caso teñen dereito a unha modalidade de avaliación específica que contempla a supervisión e titorización individualizada. En todo caso, teñen que realizar as mesmas tarefas que o resto do alumnado.
O alumnado sen matrícula a tempo parcial e dispensa académica que non cumpra co requisito de asistencia ó 85% das horas da materia terá que realizar un exame teórico-práctico.
REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA A cualificación final será o resultado das puntuación obtidas nas distintas actividades que computan na cualificación. Para superar a materia é indispensábel obter a metade da cualificación no traballo tutelado e no portafolio. Na avaliación da segunda oportunidade deberán de recuperarse as actividades non superadas.
É obrigatorio o uso dunha linguaxe inclusiva.
FALTA DE INTEGRIDADE ACADÉMICA
Ausencia de citación de fontes
As citas e referencias a calquer tipo de texto deben declararse no texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición.
Plaxio
O plaxio será motivo de suspenso. Así o establece o artigo 14.4 da normativa académica de avaliaicón da UDC: " na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixianl, incljido aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC
- https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf - http://www.educacion.udc.es/?pagina=propiedad-intelectual
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Rodríguez, G. y Ibarra, M.S. (2011). e-Evaluación orientada al e-aprendizaje estratégico en educación superior. Madrid: Editorial Narcea
Sanmartin, N. ((2010)). 10 ideas clave: evaluar para aprender . Barcelona: Editorial Grao
Espín, J e outras. (1996). Análisisde recursos educativos desde la perspectiva no sexista . Barcelona: Laertes
Trujillo, F (Coord). (2015). Aprendizaje basado en proyectos. Infantil, Primaria y Secundaria. Madrid: Ministerio de Educación Cultura y Deportes
Vergara Ramírez, J. J. (2016). Aprendo porque quiero. El aprendizaje basado en proyectos paso a paso. Madrid: SM
Trujillo, F (coord) (2014). Artefactos digitales. Una esculea digital para la educación de hoy. Barcelona:Editorial Grao
Pazos Morán María (2015). Desiguales por ley. Las políticas públicas contra la igualdad de género. Madrid: Editorial Catarata
Universitat Oberta de CAtalunhya (2013). Educación Mediática y TIC . Barcelona
Moust, D.; Bouhu, A.J. e Schimidt, G (2007). El aprendizaje basado en problemas. Guía del estudiante. Cuenca: Universidad de Castilla La Mancha
Raúl Santiago, Luis Alberto Andia e Alicia Díez (2017). Flipped Classroom: 33 experiencias que ponen patas arriba el aprendizaje.. Barcelonma:Editorial UOC
Homodi Galán (2016). Formar mediante la evaluación en la Universidad. Propuestas prácticas útiles para docentes. Valladolid. Universidad de Valladolid
Teixes Ferrán (2015). Gamificación. Motivar jugando . Barcelona: Editorial Universitat Oberta deCatalunya
EEmakunde (2015). Guía para la incorporación de la perspectiva de género en el curriculum y en la actividad docente de las enseñanzas de régimen especial y de Formación Profesional. Vistoria: Servicio de Publicaciones del País Vasco
Johnson,D W. e Johnson, R. (2014). La evaluación en el aprendizaje cooperativo: cómo mejorar la evaluación individual a través del grupo. Madrid: Editorial SM
Area, Manuel (2009). Los medios de enseñanza o materiales didácticos. Conceptualización ytipos. . http://www.bibliotecalibre.org/bitstream/001/415/5/Introducci%C3%B3n%20a%20la%20tecnolog%C3%ADa%20ed
Prieto, A, Diaz, D. e Santiago, (2014). Metdologías inductivas. El desafío de enseñar mediante el cuestionamiento y los retos. . Barcelona: Oceáno
Martín GArcía, Xus (2016). Proyectos con alma. Trabajo por proyectos con servicio a la comunidad. Barcelona: Editorial Grao
Elisabeth F. Barkley, D. P. Cross (2013). Técnicas de aprendizaje colaborativo. Madrid: Editorial Morata |
|
Bibliografía complementaria
|
|
Para cada tema facilítase unha listaxe de bibliografía obrigatoria e a complementaria |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Formación profesional e mercado laboral/652606611 | Inserción e orientación laboral/652606612 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Inserción e orientación laboral/652606612 | Proxectos de innovación e investigación educativa en formación profesional e orientación laboral/652606E31 |
|
Observacións |
ACTUALIZACIÓN DO PERFIL PERSOAL Como máis tardar, na terceira sesión de clase, todo o alumnado ha de pendurar unha foto actual no seu perfil de moodel.
COMPROMISO COA SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL Débese facer un uso sustentábel dos recursos co obxecto de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados, os traballos impresos que se teñan que entregar non utilizarán plásticos, estarán impresos a dobre cara e empregarán papel reciclado CARGA DE TRABALLO A realización das tarefas indicadas na guía docente supoñen unha dedicación de 112 horas de traballo fora da aula. Polo tanto, cómpre unha boa planificación e xestión do tempo. |
|