Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A25 |
(CE-E11)Coñecer e aplicar propostas docentes innovadoras no ámbito da especialización cursada. |
A26 |
(CE-E12)Analizar críticamente o desempeño da docencia, das boas prácticas e da orientación utilizando indicadores de calidade. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Buscar, seleccionar, analizar e presentar propostas docentes innovadoras nos módulos da especialidade de FOL |
AJ25 AJ26
|
|
CC1 CC3 CC6 CC7
|
Comprender e valorar a importancia da innovación e da investigación como ferramentas para a mellora dos procesos de ensino e aprendizaxe e para a propia aprendizaxe profesional. |
AJ25 AJ26
|
|
CC6 CC7
|
Analizar e valorar ámbitos de innovación e investigación no centro de prácticas |
AJ25 AJ26
|
|
CC7
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
Tema 1. A innovación nos módulos e materias da especialidade.
|
.1. Conceptos básicos de referencia
1.2. Ámbitos de innovación na Formación Profesional
1.3. Experiencias innovadoras en Orientación profesional
1.3. Experiencias innovadoras no módulo de FOL e de Empresa e iniciativa emprendedora
|
Tema 2. A investigación no ámbito docente e orientador |
2.1. Temáticas e metodoloxía
2.2. Estudos de inserción laboral
2.3. Estudos sobre orientaciòn profesional
|
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Document analysis |
A25 A26 C3 C6 C7 |
4 |
18 |
22 |
Oral presentation |
A25 C1 C3 C6 |
3 |
2 |
5 |
ICT practicals |
C3 C6 C7 |
1 |
4 |
5 |
Student portfolio |
A26 A25 C1 C6 C7 |
4 |
8 |
12 |
Guest lecture / keynote speech |
A25 |
2 |
0 |
2 |
|
Personalized attention |
|
4 |
0 |
4 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Document analysis |
As fontes documentais obxecto de análise recollen experiencias innovadoras e pesquisas. Nos dous casos referidas a Formación Profesional, as materias ou módulos da especialidade e a outras etapas educativas, sempre e cando podan ser transferibles á especialidade. Previamente a súa análise, teñen que buscalas e seleccionalas.
As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal e teñen que difundirse entre o grupo clase a través dunha ferramenta dixital previamente seleccionada.
|
Oral presentation |
As experiencias analizadas terán que ser presentadas na aula. Para isto dispoñen de 30 minutos e deberán expor a experiencia analizada por outro compañeira/o.
|
ICT practicals |
As practicas a través de TIC céntranse na busca e selección de información, na creación dun marcador social, na delimitación da súa contorna persoal de aprendizaxe e na utilización dunha ferramenta dixital para compartir as experiencias analizadas e comentar e valorar as estudadas polo resto dos grupos.
O marcador social e contorna persoal de aprendizaxe son compartidas co resto das materias do itinerario.Na materia de Proxectos de innovación e investigación, amplíase o marcador social cos recursos dixitais localizados e seleccionados a través da análise de fontes documentais e da utilización das redes sociais e incorporánse novas fontes e recursos á contorna persoal de aprendizaxe. Con estas actividades están a traballarse as competencias dixitais docentes de tres áreas:
a) Información e alfabetización dixital (navegación, busca e filtraxe; avaliación da información, e almacenaxe e recuperación de información e contidos dixitais).
b) Comunicación e colaboración (compartir información e contidos, colaboración mediante vías dixitais)
c) Creación de contidos dixitais (desenvolvemento de contidos dixitais (desenvolvemento e integracion e reelaboración de contidos dixitais)
|
Student portfolio |
As experiencias e pesquisas analizadas teñen que incorporarse nun portafolio grupal que ha de presentarse nun artefacto dixital. O portafolio ten unha parte individual (análise e valoración das expereincias e das fontes) e unha parte en grupo, resultado da posta en común das lecturas sobre o concepto de innovación e os seus ámbitos e sobre a valoración e conexión entre as experiencias analizadas. A estrutura do portafolio e as pautas para a parte grupal van ser presentadas o primeiro día de clase. |
Guest lecture / keynote speech |
Coa lección maxistral preséntanse os principais eixos e ámbitos de innovación e investigación nos módulos e materias da especialidade e acotanse conceptos vencellados a innovación educativa. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Document analysis |
|
Description |
A atención personalizada está vencellada principalmente a análise das fontes documentais. O seu obxectivo é proporcionar a axuda e as orientacións necesarias para a selección e análise das experiencias innovadoras. Está ligada a unha avaliación formativa.
O alumnado con matrícula a tempo parcial con dispensa académica terá unha atención personalizada ao servizo do seguimento e supervisión das actividades que computan na avaliación.
|
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
ICT practicals |
C3 C6 C7 |
A creación do marcador social é grupal. Os criterios de avaliación son o número de recursos incorporados, as etiquetas utilizadas para a súa clasificación e o nivel de descrición e valoración dos recursos incorporados. O peso na cualificación é de 5 puntos.
A construción da contorna persoal de aprendizaxe é individual, o peso na cualificación é de 5 puntos.
A presentación do cartafol a través dun artefacto dixital e a difusión das experiencias analizadas puntúan 10 puntos, 5 para cada unha. |
20 |
Oral presentation |
A25 C1 C3 C6 |
Todas as persoas do grupo expoñen as experiencias analizadas. A cualificación das presentacións vai ser outorgada polo alumnado a partir dunha rúbrica, previamente consensuada co alumnado. Esta rúbrica vai ser utilizada, coas adaptacións correspondentes, ás presentacións noutras materias do módulo específico.
|
20 |
Student portfolio |
A26 A25 C1 C6 C7 |
O portafolio ten unha parte individual e unha parte grupal, elaborada a partir dunha posta en común. A parte individual puntúa até 40 puntos e a grupal 20. Os criterios para a primeira son os seguintes:
- Selección (variedade, relación coa FP e coas materias e funcións orientadoras do profesorado de FOL, transferibilidade e valoración das fontes utilizadas)
- Descrición das experiencias conforme os criterios previamente fixados.
- Valoración das experiencias e da súa transferibilidade.
Para a parte grupal os criterios son:
- Concepto de innovación, dimensións, concreción para a FP e as materias da especialidade e fontes utilizadas.
- Valoración conxunta das aprendizaxes adquiridas e das experiencias.
- Coñecemento e valoración das experiencias do resto dos grupos
|
60 |
|
Assessment comments |
ASISTENCIA ÁS AULAS - A asistencia ás aulas é obrigatoria.
- O alumnado con asistencia regular que ocasionalmente non acuda a unha sesión deberá de facer e entregar as actividades realizadas na aula.
- O alumnado con matrícula a tempo parcial e dispensa académica realizará as mesmas actividades e asistirá as titorías de seguimento e supervisión que se fixen consensuadamente.
CUALIFICACION FINAL E REQUERIMENTOS PAR APROBAR
A cualificación final será o resultado das puntuacións obtidas nas tres actividades que puntuan. Para superar a materia é indispensábel realizar as tres actividades e obter a metade da cualificación (35) na actividade de análise de fontes documentais.
INTEGRIDADE ACADÉMICA
Ausencia de citación de fontes As citas e referencias a calquer tipo de documento deben declararse ao longo do texto e no apartado de referencias bibliográficas, utilizando as normas APA 6º edición. Plaxio O plaxio nas actividades de avaliación será motivo de suspenso. Así se recolle no artigo 14.4 da normativa académica de avaliación da UDC : “na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través de internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade" Normativa académica de avaliación, revisión e reclamación da UDC https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf |
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
Insertion and labour orientation/652606612 | Learning and education of the modules of formation(training) and labour orientation/652606621 | Iniciación á investigación educativa/652606E32 | Innovación docente/652606E42 |
|
Other comments |
Débese facer un uso sustentábel dos recursos co obxecto de evitar impactos negativos sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e profesionais. En coherencia cos principios enunciados, as tarefas que son obxecto de avaliación entregaranse en formato dixital a través de moodel. |
|