Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A13 |
(CE-G13) Comprender as implicacións educativas da situación lingüística galega e adquirir e aplicar criterios, estratexias e recursos pedagóxicos para participar na planificación e desenvolvemento do plan lingüístico do centro. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Saber deseñar mecanismos de recoñecemento no grupo escolar de preconceptos que conduzan á discriminación (nomeadamente a lingüística) e actuacións para a súa erradicación |
AP13
|
|
|
Avaliar criticamente e en grupo as debilidades e as fortalezas dun proxecto lingüístico de centro de ensino real |
AP13
|
|
CP4
|
Participar con argumentos sólidos e as claves da redacción académica en discusións dirixidas sobre a situación sociolingüística galega, os modelos de educación plurilingüe e o papel dos cenetros de ensino na planificación lingüística. |
AP13
|
|
CP1
|
A través das lecturas recomendadas, compnrender a situación sociolingÜística galega e coñecer a lexislación vigorante referida ao ensino de linguas en Galicia, mantendo un espírito crítico e comprometido cos valores de xustiza e equidade, asumindo a necesidade de actualización profesional ao longo da vida |
AP13
|
|
CP4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade e diversidade lingüística. Modelos de educación bilingüe ou plurilingüe |
Que son as linguas?
Canto coñecemos sobre a diversidade lingüística?
A educación en contextos plurilingües
Como apostamos polo plurilingüismo? |
A situación sociolingüística da lingua galega |
Coñecemento e uso da lingua galega
Actitudes e preconceptos sobre as linguas. O caso galego
Ameazas e fortalezas da lingua galega
|
As linguas no sistema educativo galego |
A lexislación lingüística no sistema educativo
A competencia lingüística
A formación lingüística
Referentes e compromisos
|
O papel dos centros educativos na planificación lingüística |
A intervención sociolingüística no ensino. Obxectivos e niveis de actuación
O proxecto lingüístico de centro
Os equipos de normalización e dinamización lingüística
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Foro virtual |
A13 C1 C4 |
0.5 |
4 |
4.5 |
Lecturas |
A13 |
1 |
13.5 |
14.5 |
Sesión maxistral |
A13 |
3.5 |
0 |
3.5 |
Proba de ensaio |
A13 C1 C4 |
0 |
4 |
4 |
Estudo de casos |
A13 |
10 |
0 |
10 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Foro virtual |
Na plataforma Moodle abrirase un espazo virtual de discusión e de aprendizaxe colaborativa en que se construirá conxuntamente un glosario de termos especializados, se incorporarán ligazóns de interese relacionada cos contidos da materia e terán lugar discusións asíncronas dirixidas polo docente. |
Lecturas |
Elaboración de dous informes sobre as lecturas obrigadas e realización de comentarios retroalimentadores dos informes realizados polas outras persoas. |
Sesión maxistral |
Presentación, desenvolvemento e análise de contidos teóricos e procedimentais fundamentais para o alumnado alcanzar as competencias e destrezas previstas na materia. |
Proba de ensaio |
Realizarase unha proba escrita de ensaio en que o alumnado deberá pór en relación, de maneira argumentada e crítica, un texto proposto con aspectos teórico-prácticos vistos nas sesións presenciais. |
Estudo de casos |
Nas sesións interactivas realizaranse supostos prácticos (i) de actuación sobre os marcos de pensamento ocultos que condicionan a atribución de valores negativos a unha lingua, (ii) de planificación lingüística nos centros de ensino e (iii) de análise, revisión crítica e proposición de alternativas de mellora dun proxecto lingüístico de centro. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Foro virtual |
|
Descrición |
O docente fará un seguimento semanal do caderno dixital e dará pautas de comprensión das dúbidas que ficaren, así como ofrecerá outras lecturas alternativas.
Por outra parte, todas as persoas discentes recibirán recomendacións sobre o seu seguimento das aulas e da materia mentres esta se desenvolver. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Foro virtual |
A13 C1 C4 |
Participación através do Moodle na construción dun glosario, nas discusións dirixidas asíncronas e na achega de ligazóns de interese. |
30 |
Lecturas |
A13 |
Elaboración de informes de lectura segunda as pautas fornecidas polo docente e achega de comentarios retroalimentadores aos informes das/dos compañeiras/os. |
10 |
Proba de ensaio |
A13 C1 C4 |
Proba escrita en que haberá que relacionar de maneira crítica e con argumentos madurecidos un texto proposto con aspectos téórico-prácticos vistos nas sesións presenciais. |
30 |
Estudo de casos |
A13 |
Elaboración de supostos prácticos, individual e/ou grupalmente. |
30 |
|
Observacións avaliación |
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Iglesias Álvarez (2012). "Actitudes e prexuízos lingüísticos en Galicia. A súa influencia nos usos", A letra miúda nº 1 (2012).. Santiago de Compostelas: GENDL
Asorey Vidal (). "O ensino en territorios con conflicto lingüístico", Actas do I Simposio Internacional sobre o Bilingüismo, 897-904.
Subiela e Fente (2012). "Reflexións relativas á elaboración participativa dun marco de planificación lingüística dos centros de ensino", en A letra miúda nº 1. Santiago de Compostelas: GENDL
Skutnabb-Kangas, T. (2011). "Resultados de crecementismo e a homoxeneización lingüística no ensino. Quen posúe os coñecementos máis válidos?" en Lingua e Ecoloxía. VIII Xornadas sobre Lingua e Usos. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC
Fernández Paz, A. /Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). A planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Núñez Singala, M. (2009). En galego, por que non? Contra os prexuízos e as simplificacións sobre a lingua galega. Vigo: Galaxia
Villares Naveira, L. (2010). Estudos xurídicos do Decreto de Plurilingüismo. Ames: Laiovento
Fernández Paz, A. /Lorenzo Suárez, A. / Ramallo, F. (2007). Guía práctica para a planificación lingüística nos centros educativos. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia (2005). Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia
Xunta de Galicia (2007). Planificación lingüística nos centros de ensino 2007. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia |
|
Bibliografía complementaria
|
García Plata, Ignasi (). "A planificación lingüística nos centros de ensino. A experiencia de Catalunya", A letras miúda nº 2, Revista de sociolingüística da CGENDL. Santiago de Compostelas: GENDL
Subiela (2009). "Democracia e política lingüística en Galiza", en Monteagudo (coord.) Sociedades plurilingües: da identidade á diversidade. Pontevedra: Cumio
Calvet, L. J. (1995). A guerra das linguas e as políticas lingüísticas. Compostela: Laiovento
Silva Valdivia, B. (2010). Avaliación da competencia do alumnado de 4º de ESO nos idiomas galego e castelán. Santiago de Compostela: USC
Moreno Cabrera, J. C. (2006). De Babel a Pentecostés. Manifesto plurilingüísta. Barcelona: Horsoni
Ponencia de lingua do Consello da Cultura Galega (1999). Dereitos lingüísticos. Compostela: Consello da Cultura Galega
Díaz García et alii (2009). Diversidade lingüística e cultural no ensino de linguas. Santa Comba: tresCtres
Moure, T. (2010). Ecolingüística. Entre a ciencia e a ética. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC
Silva Valdivia, B. (2008). Lingua e escola en Galicia: balance e propostas de futuro. Vigo: Galaxia
Freixeiro Mato, X. R. (2002 (1997)). Lingua galega: normalidade e conflito. Ames: Laiovento
Skutnabb-Kangas, T. (2000). Linguistic genocide in education or worldwide diversity and human rights?. New Jersey: Lawrence Eirbaum Associates
Monteagudo, H. / Bouzada, X. (2002). O proceso de normalización lingüística do idioma galego (1980-2000). Vol. II. Educación. Compostela: Consello da Cultura Galega
Sanmartin Rei, G. (2011). Unha outra guía para a intervención lingüística. A Coruña: Servizo de Normalización Lingüística da UDC |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|