Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Comprender os procesos educativos e de aprendizaxe no período de 0-6, no contexto familiar, social e escolar. |
A2 |
Coñecer os desenvolvementos da psicoloxía evolutiva da infancia nos períodos 0-3 e 3-6. |
A6 |
Coñecer a dimensión pedagóxica da interacción cos iguais e os adultos e saber promover a participación en actividades colectivas, o traballo cooperativo e o esforzo individual. |
A9 |
Adquirir recursos para favorecer a integración educativa de estudantes con dificultades. |
A10 |
Crear e manter lazos de comunicación coas familias para incidir eficazmente no proceso educativo. |
A11 |
Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar. |
A12 |
Promover e colaborar en accións dentro e fóra da escola, organizadas por familias, concellos e outras institucións con incidencia na formación cidadá. |
A13 |
Analizar e incorporar de forma crítica as cuestións máis relevantes da sociedade actual que afectan á educación familiar e escolar: impacto social e educativo das linguaxes audiovisuais e das pantallas; cambios nas relacións de xénero e interxeracionais; multiculturalidade e interculturalista; discriminación e inclusión social e desenvolvemento sustentable. |
A14 |
Coñecer a evolución histórica da familia, os diferentes tipos de familias, de estilos de vida e educación no contexto familiar. |
A15 |
Coñecer os principios básicos dun desenvolvemento e comportamento saudables. |
A19 |
Comprender que a dinámica diaria en educación infantil é cambiante en función de cada estudante, grupo e situación e saber ser flexible no exercicio da función docente. |
A23 |
Comprender que a observación sistemática é un instrumento básico para poder reflexionar sobre a práctica e a realidade, así como contribuír á innovación e á mellora en educación infantil. |
A24 |
Dominar as técnicas de observación e rexistro. |
A25 |
Abordar análises de campo mediante metodoloxía observacional utilizando tecnoloxías da información, documentación e audiovisuais. |
A57 |
Analizar as linguaxes audiovisuais e as súas implicacións educativas. |
B15 |
Capacidade para asumir a necesidade dun desenvolvemento profesional continuo, a través da reflexión sobre a propia práctica. |
B16 |
Capacidade para integrarse e comunicarse con expertos noutras áreas e en contextos diferentes. |
B18 |
Capacidade para relacionarse positivamente con outras persoas. |
B19 |
Comunicación oral e escrita na lingua materna. |
B21 |
Coñecemento e comunicación en linguas estranxeiras. |
B22 |
Creatividade ou capacidade para pensar as cousas desde diferentes perspectivas, ofrecendo novas solucións aos problemas. |
B23 |
Habilidades sociais para exercer o liderado na aula. |
B24 |
Recoñecemento e respecto á diversidade e á multiculturalidade. |
B25 |
Utilización das TIC no ámbito de estudo e do contexto profesional. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecemento do sistema educativo dentro do sistema social
|
A1 A10 A14 A15 A23 A24
|
B16 B19 B21 B23
|
C6 C7
|
Coñecer os principais debates teóricos e principais autores responsables de teorías sociolóxicas sobre a educación |
A2 A6 A9 A11
|
B15 B18
|
|
Coñecer as principais correntes e debates sociais entorno á educación no século XXI
|
A10 A23
|
B15 B22 B24
|
C4
|
Aplicar de forma inicial técnicas de investigación social para a recollida e análise da información
|
A6 A9 A10 A25 A57
|
B15 B16 B21
|
C4 C8
|
Análise de contidos do sistema educativo |
A9 A10 A13 A14 A15 A23 A24
|
B15 B16 B18 B21 B23 B24 B25
|
C4 C6 C7 C8
|
Aplicación dos coñecementos manexados á realidade social nas súas diferentes manifestacións, para acadar a perspectiva da mesma desde o ámbito da educación. |
A2 A11 A12 A13 A23
|
B15 B16 B21 B22 B23 B24 B25
|
C6 C8
|
Coñecemento e comprensión das funcións sociais da educación. |
A6 A9 A10
|
B15 B16 B21
|
C4 C8
|
Síntese dos coñecementos teóricos e do estudo empírico da realidade social en relación coa educación |
A9 A10 A15 A23
|
B15 B16 B19 B22 B23 B24 B25
|
C4 C6 C8
|
Avaliación do sistema educativo, así como das súas implicacións tanto a nivel social como persoal |
A9 A10 A15 A19 A23
|
B15 B16 B18 B19 B21 B22 B23 B24 B25
|
C4 C6 C8
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Bloque 1
Concepto sociolóxico de Educación |
1.1. Definición sociolóxica de educación
1.2. Historia da educación
1.3. Educare e educere
1.4. A educación como un feito social e como un fenómeno sociolóxico
1.5. O sistema educactivo dentro do sistema social |
Bloque 2
Fontes e referencias da educación: O proceso de socialización |
2.1. A constitución da sociedade e dos individuos
2.2. Análise sociolóxico das estructuras, as relacións e das institucións sociais
2.3. Análise sociolóxico sobre a sociedade do coñecemento, da información e da comunicación
2.4. Estudo sociolóxico dos estilos de vida, do consumo e da sostenibilidade
2.5. A naturaleza como fonte de educación
2.6. Desigualdades sociais en base a xénero, clase social, etnia, cultura, identidade, etc.
2.7. Análise sociolóxico sobre o impacto social dos fenómenos da inmigración humana.
2.8. Socioloxía da infancia e da adolescencia. |
Bloque 3
Funcións sociais da educación |
3.1. Socioloxía da Educación:
- Ámbitos
- Áreas
- Marco teórico
- Fundamentos epistemolóxicos e metodolóxicos
3.2. Función de reproducción social
3.3. Función de cambio social
3.4. Reformas e cambios educativos |
Bloque 4
Actores e roles principais na educación |
4.1. Estudio sociolóxico da estructura e función das escolas e das organizacións educativas na sociedade actual
4.2. A organización escolar: formal e informal
4.3. Os axentes educativos:
- A familia e a comunidade
- Institucións sociais
- A función do maestro e profesores
- Alumnos
4.4. Socioloxía da interacción no aula |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A10 A24 A10 |
5 |
25 |
30 |
Discusión dirixida |
A2 A11 A13 A14 A19 A2 A11 B16 B21 B23 B24 B24 C4 C6 C8 |
3 |
6 |
9 |
Traballos tutelados |
A1 A9 A23 A9 A23 B15 B22 B25 B15 B22 C7 |
5 |
10 |
15 |
Investigación (Proxecto de investigación) |
A2 A6 A11 A13 A15 A25 A6 B16 B18 B22 B23 B24 B25 B18 |
13 |
26 |
39 |
Aprendizaxe colaborativa |
A2 A12 A13 A14 B15 B16 B19 B22 B24 C4 C8 C4 |
3 |
6 |
9 |
Obradoiro |
A11 A13 B15 B23 B24 B25 C4 C6 C8 |
5 |
10 |
15 |
Lecturas |
A9 A10 A14 A15 A24 B23 B24 C6 C7 C8 |
2 |
10 |
12 |
Análise de fontes documentais |
A13 A57 B22 B23 B25 C6 C7 C8 |
4 |
12 |
16 |
Presentación oral |
A2 A6 A11 A13 A14 B18 B19 B22 B23 B25 C4 |
1 |
3 |
4 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Explicación por parte do profesor dos contidos teórico/prácticos xerais, más suliñables e necesarios para comprender a socioloxía da educación e para levar a cabo o traballo de investigación. |
Discusión dirixida |
Trátase de agudizar o razoamento crítico nas materias de educación e o seu significado sociolóxico no proceso de cambio social existente na actualidade.
Nesta parte da asignatura tamén se procura fomentar o traballo e espírito de equipo, noutras palabras, desenvolver a chamada intelixencia social; de xeito que o alumnado poda ver por sí mesmo as vantaxes de xuncir esforzos, fronte á empresa individual. Para acadar isto, así como para o conxunto da asignatura, se presenta o contido referido á parte práctica, no que tamén resulta fundamentel a discusión dirixida, tanto nas clases como nas titorías.
Polo tanto, a asistencia e participación estímanse fundamentais no plantexamento da asignatura. Un dos obxectivos principais de calquera plantexamento didáctico debería conseguir a máxima implicación posible por parte do alumnado. E uns bos indicadores da mesma son, sen dúbida, a asistencia e a participación do alumnado no desenvolvemento das clases, no ensino e na aprendizaxe. Por un lado, unha asistencia non coercitiva, senón acadada a traveso de despertar o interese e, polo tanto, o seguimento voluntario da asignatura. Asimesmo, a participación tamén supón un valor a fomentar e acadar no desenvolvemento destas clases, que os alumnos participen, ben facendo preguntas, debatindo, pedindo máis información, nas titorías, etc. En definitiva, estamos a falar da importancia que ten o traballo participativo do alumnado nas clases.
|
Traballos tutelados |
Cara ao traballo de investigación, o curso terá un calendario de entregas das sucesivas fases do mesmo: proxecto, marco teórico, parte empírica e análises.
Estas partes teñen adicada a parte práctica da asignatura, desenvolvéndose mediante as correspondentes titorías.
Estas partes ou traballos terán un calendario de entregas, que serán en formato arquivo, perante correo electrónico. |
Investigación (Proxecto de investigación) |
O Traballo Teórco Práctico constitue o núcleo central da asignatura, tanto no que se refire á actividade a desenvolver polo alumnado como polo que respecta a súa avaliación.
O alumnado escollerá libremente o seu obxetivo de estudo dentro do campo da Socioloxía da Educación, procurando ter unha orientación hacia os diagnósticos, problemas e propostas.
O traballo pode ser individual ou colectivo, coas conseguintes ponderacións do mesmo neste último caso.
Establécese como forma de entrega final do mesmo mediante arquivo adxunto a través do correo electrónico. |
Aprendizaxe colaborativa |
O traballo en grupo, con plantexamentos baseados no que se coñece como intelixencia social, é un dos pilares do plantexamento desta materia, co formato obradoiro que se explicita nesta guía docente. De maneira que o alumnado se responsabilice, asuma, dirixa e saque rendimentos gracias ás aportacións propias e dos demáis, incluido o profesor, que é a fonte de información principal. Así, o que se busca é cambiar o concepto e a costume dunha aprendizaxe baseada na individualidade, na exclusividade, para ilo cambiando hacia a aprendizaxe inclusiva, máis rica en aportacións, perspectivas, etc. e da que pode sacar máis partido o alumnado. |
Obradoiro |
O obradoiro constitúe o eixo sobre que se pretende operativizar a materia. Para elo, o plantexamento é facer da aula un lugar de traballo, tratando de reproducir ao máximo o que sería un espazo de traballo normal ou común na nosa área ou terreo. Para elo, o alumnado deberá asumir que ven a traballar, non simplemente a escoitar, que é un membro ou parte activa e non pasiva. Procurarase que o obradoiro supoña tanto o traballo a desenvolver como o núcleo central da avaliación. Para elo, o obxectivo principal do obradoiro é facer o traballo de investigación necesario para aprobar a materia. De aí que a asistencia, participación, interese, relacións e valoracións, así como outros aspectos a ter en conta no desenvolvemento do traballo en grupo, sexan os contidos a desenvolver e ter en conta. |
Lecturas |
Lectura, por parte do alumnado, de textos fundamentais ou relacionados coa asignatura, entre os indicados polo profesor e, no seu caso, propostos polo propio alumnado; así como aqueles outros necesarios para levar a cabo os traballos titelados e a investigación final. |
Análise de fontes documentais |
Nese traballo, o marco teórico e recollida de información (secundaria) existente sobre o obxectivo da investigación fixado polo alumnado, co asesoramento do profesor, supón unha parte fundamental.
Tanto no coñecemento dos contidos da asignatura como para a realización dos traballos e a investigación, resulta necesaria a familiarización, consulta e coñecemento das diferentes fontes de información secundaria, entre as que nesta asignatura destacan teorías, correntes, escolas, etc. |
Presentación oral |
Si a disposición de tempo o permite, os traballos serán presentados en clase, tanto para que o resto de compañeiros podan saber deles, como para ir practicando este tipo de facetas do traballo técnico |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Sesión maxistral |
Discusión dirixida |
Traballos tutelados |
Obradoiro |
Presentación oral |
|
Descrición |
As clases preséntanse eminentemente prácticas, para que o alumnado desenvolva co seu traballo o contido e coñecemento da asignatura, sobre todo a traveso do traballo individual ou en equipo, coa participación nas clases sobre os temas a tratar, así como os propios traballos a realizar (o titelado, as lecturas, os debates, etc.). Todo elo baixo a supervisión o coa colaboración do profesor, que procura ser un membro máis do equipo de traballo.
Polo que tanto os contidos de carácter teórico –explicitados no temario- como as actividades a realizar na parte práctica difícilmente poderán conseguir os seus propósitos sen a estreita colaboración entre o alumnado e o profesor.
Así pois, nesta asignatura dedíncase as horas de prácticas precisamente a atención e titorización dos traballos e demáis asuntos do alumnado relacionados coa materia.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación. Na primeira e segunda oportunidade os criterios de avaliación rexiranse dacordo a realización dunha proba mixta cun peso do 100% sobre a cualificación: consistirá nunha proba na que se incluirán cuestións teóricas e prácticas e na que o/a alumno/a terá que demostrar ter alcanzado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Investigación (Proxecto de investigación) |
A2 A6 A11 A13 A15 A25 A6 B16 B18 B22 B23 B24 B25 B18 |
O alumnado, de forma individual ou colectiva, realizará o traballo/proxecto de carácter teórico práctico.
Este traballo estará dirixido ou titelado polo profesor.
É a proba ou contido principal da avaliación da asignatura e nel deberase reflectir os coñecementos impartidos nas sesións maxistrais, das lecturas así como da investigación propia (información primaria ou parte empírica) levada a cabo sobre o tema acordado co profesor e do que se deben facer entregas periódicas das súas diferentes partes (proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións), tal e como se recolle no apartado dos traballos titelados. |
40 |
Discusión dirixida |
A2 A11 A13 A14 A19 A2 A11 B16 B21 B23 B24 B24 C4 C6 C8 |
Trátase de agudizar o razoamento crítico nesta materia e utilizar as categorías de análise plantexadas en cada sesión dedicada ós temas de discusión.
Esta parte de asignatura intentará medir ou avaliar a participación, implicación e interese do alumno. O que, xunto coa asistencia correspondente, vería a supoñer aproximadamente un 20% da avaliación final. |
10 |
Traballos tutelados |
A1 A9 A23 A9 A23 B15 B22 B25 B15 B22 C7 |
De cara ao proxecto a investigación final, establécense unha serie de fases ou etapas de traballos titelados, que deberán informarse ao profesor e entregarse dacordo ao calendario establecido a este efecto.
Estas fases e/ou partes son: proxecto, marco teórico, parte empírica, análise e conclusións.
As entregas periódicas das diferentes fases e partes do traballo de investigación terán carácter obrigatorio e serán tidas en conta á hora de avaliar o seguimento e cumprimento de ditos prazos de entrega. |
10 |
Obradoiro |
A11 A13 B15 B23 B24 B25 C4 C6 C8 |
O obradoiro é para desenvolver un lugar de traballo no que o alumnado desempeñe o máis correctamente posible as súas funcións, entre as que están a asistencia, participación, aportacións válidas, resultado final, etc.
Así pois, neste apartado se van a ter en conta todos esos aspectos. |
30 |
Presentación oral |
A2 A6 A11 A13 A14 B18 B19 B22 B23 B25 C4 |
Outro dos aspectos importantes na formación do alumnado é o seu desenvolvemento á hora de facer e presentar informes de carácter técnico, de aí que no plantexamento da asignatura se asuma esta faceta como entrenamento e aprendizaxe de cara á formación completa e persoal do alumnado |
10 |
|
Observacións avaliación |
Esta asignatura está plantexada para ser cursada presencial e participativamente, xa que a súa avalidación na convocatoria ordinaria pretende ser o máis integral posible (coñecementos teóricos adquiridos, traballo práctico ou habilidade técnica, interese, actitude, etc.). De aí que a asistencia, a participación, o interese, as valoracións propias e dos compañeiros e a exposición sexan tidas en conta á hora da avaliación.
A avaliación baséase sobre todo na elaboración dun traballo teórico-práctico. Sendo a participación, o interese mostrado e a asistencia os outros pilares da asignatura.
Entenderase por avaliación suficiente para superar a asignatura na súa primeira convocatoria ordinaria obter un 50% entre as metodoloxías descritas.
Esta avaliación é específica para a primeira convocatoria ordinaria da asignatura, é dicir, aquela constituida por unha avaliación continua.
Para esta avaliación continua, será necesaria a asistencia mínima a un 80% das clases. Nos casos debidamente xustificados de ausencias ou prácticas, esta porcentaxe mínimo será do 60%.
Para o resto de casos e convocatorias haberá unha proba escrita ou examen, no que ademáis dos contidos teóricos se inclúe un soposto de carácter práctico.
O traballo participativo so será válido para a primeira convocatoria e a súa correspondente avaliación continua.
Para o resto de convocatorias que non sexan á primeira ordinaria, non se gardan puntuacións nin traballos ou probas anteriores.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Guerrero Serón, Antonio (2011). ENSEÑANZA Y SOCIEDAD. El conocimiento sociológico de la educación. Madrid: Siglo XXI |
OUTROS MANUAIS: - González Radío, Vicente (1998). EL FUTURO DE SU PRESENTE: Análisis de una Autopercepción. A Coruña: CESUGA. - Fernández Palomares F.: Sociología de la educación (Ed. Pearson) - Gómez Jaldón, C.: Sociología de la educación (Ed.Morata). |
Bibliografía complementaria
|
|
ALMARCHA, A.: Cien años de la sociología de la educación en España: 1877-1977. En REIS, 2, 115-148.
ALONSO HINOJAL, I., Educación y Sociedad. Las Sociologías de la Educación. CIS. 1991. Hernando
Calvo, Alfredo (2015): Viaje
a la escuela del Siglo XXI. Así trabajan los colegios más
innovadores del mundo.
Fundación Telefónica; Madrid. |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Historia da educación/652G03011 | Educación multicultural/652G03013 | Antropoloxía da educación/652G03029 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Teoría da educación/652G03001 | Pedagoxía social/652G03006 | Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas/652G03039 |
|
Materias que continúan o temario |
Deseño e desenvolvemento da acción socioeducativa/652G03002 | Animación e xestión sociocultural/652G03017 | Dinámicas de comunicación e colaboración na acción socioeducativa/652G03020 |
|
|