Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A1 |
Comprender os procesos de aprendizaxe relativos ao período de 6-12, no contexto familiar, social e escolar. |
A2 |
Coñecer as características destes estudantes, así como as características dos seus contextos motivacionais e sociais. |
A3 |
Dominar os coñecementos necesarios para comprender o desenvolvemento da personalidade destes estudantes e identificar disfuncións. |
A4 |
Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento. |
A6 |
Identificar e planificar a resolución de situacións educativas que afectan a estudantes con diferentes capacidades e distintos ritmos de aprendizaxe. |
A7 |
Analizar e comprender os procesos educativos na aula e fóra de ela relativos ao período 6-12. |
A11 |
Coñecer os procesos de interacción e comunicación na aula. |
A20 |
Mostrar habilidades sociais para entender ás familias e facerse entender por elas. |
A21 |
Coñecer e saber exercer as funcións de titor e orientador en relación coa educación familiar no período 6-12. |
A22 |
Relacionar a educación co medio, e cooperar coas familias e a comunidade. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B9 |
Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita. |
B13 |
Lectura e interpretación de imaxes. |
B14 |
Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual. |
B17 |
Capacidade de análise e de autoavaliación tanto do propio traballo como do traballo en grupo. |
B18 |
Compromiso ético para o exercicio das tarefas docentes. |
B21 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B22 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B23 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B24 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B25 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C5 |
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Comprende e identifica as características do alumnado de 6-12 anos, o desenvolvemento da súa personalidade e motivacións e as posibles disfuncións e/ou dificultades de aprendizaxe que poida presentar. |
A2 A3 A4
|
B18 B21 B22
|
|
Comprende e coñece os modelos de diagnóstico educativo e os sabe aplicar aos procesos de aprendizaxe individual, interacción e comunicación no contexto familiar, social e escolar, relativos ao período de 6-12 anos |
A1 A7 A11
|
B18 B21 B22
|
C3
|
Identifica e analiza as posibles dificultades de aprendizaxe dentro e fóra da aula en alumnado de 6-12 anos con diversas capacidades e ritmos, planifica a súa resolución no eido educativo, informa ás persoas involucradas e contribúe ao seu tratamento. |
A4 A6 A7
|
B21 B22 B23 B24
|
C1 C3
|
Analiza e interpreta a información procedente da aplicación de probas diagnósticas en situacións educativas nas que existe alumnado con diferentes capacidades e ritmos de aprendizaxe, empregando para isto os medios e recursos tecnolóxicos ao seu alcance |
A6 A7
|
B9 B13 B23
|
C3
|
Domina as habilidades sociais, comunicativas e profesionais para entender ao alumnado e ás súas familias e facerse entender por todos eles, para exercer as funcións de titor/a e/ou orientador/a en relación á educación familiar e para establecer lazos de cooperación e comunicación coas familias e a comunidade |
A11 A20 A21 A22
|
B9 B14 B22 B24
|
C1 C4 C7
|
Dispón das habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía, comprendendo a importancia da cultura emprendedora e os medios ao alcance das persoas emprendedoras, e poñendo en valor a importancia da aprendizaxe ao longo da vida |
|
B1 B6 B25
|
C5 C7
|
Compórtase de xeito ético e responsable nas súas tarefas docentes, demostrando capacidade de tranallar en equipo e relacionarse con outras persoas, e de autoanálise e autoavaliación do seu traballo e do traballo en equipo. |
|
B6 B14 B17 B18
|
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Tema 1. Delimitación histórico-conceptual do diagnóstico en educación
|
1.1. Conceptualización do diagnóstico en educación
1.2. Modelos de diagnóstico en educación |
Tema 2. O proceso de diagnóstico en educación |
2.1. Problemática e elementos do diagnóstico: evaluador/a, evaluado/a e contextos
2.2. Fases do diagnóstico segundo o modelo de referencia
2.3. Ámbitos do diagnóstico: individual, académico e sociofamiliar |
Tema 3. Técnicas e instrumentos de recollida de información do proceso diagnóstico |
3.1. Técnicas obxectivas
3.2. Técnicas subxectivas
3.3. Técnicas proxectivas |
Tema 4. O informe de diagnóstico educativo
|
4.1. Elaboración e interpretación do diagnóstico
4.2. Presentación de resultados
4.3. Problemas ético-sociais e deontoloxía profesional |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A1 A2 A22 B1 C3 |
1 |
0 |
1 |
Análise de fontes documentais |
A6 A7 B14 B22 C4 C3 |
4 |
12 |
16 |
Sesión maxistral |
A1 A2 A3 A7 A11 A21 B6 B21 C1 C7 |
10 |
0 |
10 |
Proba mixta |
A3 A4 A6 A7 A11 |
2 |
10 |
12 |
Traballos tutelados |
A4 A6 A7 B1 B9 B14 B17 B18 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 |
8 |
20 |
28 |
Simulación |
A11 A20 A21 A22 B6 B9 B22 B24 |
1 |
6 |
7 |
Estudo de casos |
A3 A4 A6 B1 B6 B13 B14 B23 B24 C3 C5 |
3 |
17.5 |
20.5 |
Presentación oral |
B1 B9 B13 B17 B23 B24 C1 C3 |
2 |
15 |
17 |
|
Atención personalizada |
|
1 |
0 |
1 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Actividade que se desenvolverá ao inicio do proceso de ensino-aprendizaxe, coa finalidade de coñecer qué competencias, intereses e motivacións presenta o alumnado en torno á materia para acadar os obxectivos vinculados ao diagnóstico pedagóxico.
A dita actividade consistirá en dúas partes: (a) unha parte na que o alumnado debera tratar de definir, desde o seu coñecemento previo, unha serie de conceptos de interese en relación á materia (diagnóstico, avaliación, medición, fases del diagnóstico...) e (b) unha parte na que se propón ao alumnado valorar nunha escala 0-10 as súas habilidades e destrezas previas, non so en relación aos contidos de aprendizaxe da materia, senón tamén no tocante ás habilidades transversais (idiomas, manexo de información, habilidades sociais...).
Preténdese que a obtención desta información permita articular a docencia para favorecer aprendizaxes eficaces e significativcas, que partan dos saberes previos do alumnado.
|
Análise de fontes documentais |
Actividade na que o alumnado realizara unha análise de documentos (xeralmente, instrumentos e probas diagnósticas) a través da súa lectura reflexiva, de xeito que lle permita a execución adecuada de actividades relacionadas coa aplicación e interpretación de probas de diagnóstico en educación, nun contexto de simulación de aula e/ou fóra dela.
Esta actividad se desarrollará en grupos de trabajo (número según el número de alumnado). |
Sesión maxistral |
Exposición oral na que se traballarán os contidos que conforman o marco teórico, complementada co uso de presentacións e medios audivisuais, así como da inftroducción de cuestións dirixidas ao alumnado en forma de actividades de aula, coa finalidade de transmitir os coñecementos e facilitar as aprendizaxes.
A estrutura das sesións maxitrais rexirase pola orde establecida nos contidos de aprendizaxe, introducindo teóricamente cada un dos temas e subtemas; ofrecerase bibliografía e documentación adicional para afondar no tema; o traballo teórico complementarase en cada sesión con actividades que se levarán a cabo a través das outras metodoloxías contempladas (análise de fontes documentais, estudo de casos, traballos tutelados ...). |
Proba mixta |
Proba escrita para a avaliación do coñecemento, cuxa data é fixada pola Xunta de Facultade.
Esta proba poderá integrar preguntas de tipo objetivo: verdadeiro/falso, de selección múltiple, orde, resposta curta, discriminación, completar e/ou asociación. |
Traballos tutelados |
Elaboraránse varios traballos relativos á aplicación e interpretación de probas diagnósticas que sexan útiles para o futuro profesional do alumnado. Tentarase que os instrumentos empregados sexan reforzados directamente cos contidos abordados teóricamente nas sesións expositivas, así como tamén complementarase coa actividade de análise de fontes documentais a fin de que alumnado comprenda o funcionamento dos instrumentos.
Este sistema de enseñanza baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento dese aprendizaxe pola profesora-tutora. |
Simulación |
Durante as sesións expositivas, farase unha representación das aprendizaxes teóricas a partir da presentación de supostos supostos hipotéticos (simulacións) relacionados co uso da técnica da encuestación, na que o alumnado deberá poñer a proba o seu comportamento en situacións concretas, os coñecementos adquiridos ate o momento, a súa capacidade de analizar alternativas e as súas consecuencias.
Realizarase de xeito presencial, apoiado polas TICs e, preferentemente, en pequenos grupos de traballo (3-4 estudantes) para que se traballe de forma conxunta na resolución de tarefas, de xeito que optimicen a súa aprendizaxe e se retroalimenten do traballo. |
Estudo de casos |
Actividade na que se lle presentará ao alumnado unha situación problemática específica coa que podería atoparse na súa futura vida profesional. Describirase de xeito amplo e detallado, e o alumnado deberá ser capaz de comprender, analizar, valorar e resolver o problema, tomando como marco de referencia as aprendizaxes adquiridas nas sesións maxistrais, así coma outros materiais complementarios facilitados pola docente ou dispoñibles na bibliografía básica da asignatura.
Realizarase grupalmente (número de participantes a determinar, segundo o número de alumnado) e, será no grupo no que se analice, debata e valore o caso presentado, e se discutan os feitos e as posibles solucións ata chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión. |
Presentación oral |
O alumnado deberá presentar algunhas das actividades propostas no marco da simulación, o estudo de caso e, se procede, nos traballos tutelados. As presentacións das actividades traballadas en grupo será grupal e requirirase da participación de todos os integrantes.
Deberase presentar a modo de exposición oral, empregando para isto recursos e medios de carácter innovador. Valorarase, ademáis da calidade e claridade na exposición, a capacidade de axustarse aos tempos, a adecuación ao público e lugar da presentación e, sobre todo, a creatividad e a innovación. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Estudo de casos |
Proba mixta |
Traballos tutelados |
|
Descrición |
Acompañarase ao alumnado nas actividades mencionadas nas aulas interactivas, tanto nos traballos tutelados, como no estudo de casos e nas actividades iniciais.
O alumnado con matrícula a tempo parcial terá unha atención personalizada vinculada a modalidade de avaliación específica que se describe no apartado de avaliación.
|
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Proba mixta |
A3 A4 A6 A7 A11 |
Valorarase a adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos por medio dunha proba obxectiva que poderá incluir preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Tamén se pode construír con un só tipo dalgunha destas preguntas.
O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:
- Preguntas V/F: unha resposta incorrecta restará unha resposta correcta.
- Preguntas de resposta múltiple: aplicarase a fórmula de corrección ao azar (acertos - erros/nº alternativas – 1).
- Preguntas resposta curta: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da resposta á pregunta formulada.
|
50 |
Traballos tutelados |
A4 A6 A7 B1 B9 B14 B17 B18 B22 B23 B24 B25 C1 C3 C4 |
Ao longo das sesións iránse desenvolvendo prácticas relacionadas cos contidos abordados nas sesións maxistrais. O alumnado deberá resolver as ditas prácticas de forma escrita, xustificando cada decisión tomada. Poderase realizar de forma individual ou grupal.
Para cada unha das actividades especificarase: obxectivo, competencias a desenvolver, resultados de aprendizaxe, instruccións para o seu desenvolvemento y criterios de avaliación específicos. |
25 |
Presentación oral |
B1 B9 B13 B17 B23 B24 C1 C3 |
O caso ou casos traballados en las prácticas de "estudio de casos" y "simulación" serán avaliados na súa presentación oral na aula, por parte dos integrantes do grupo, que traballarán e exporán os seus resultados dun modo colaborativo.
Os criterios chave para a valoración serán:
(a) Adecuación da presentación ao esixido na actividade
(b) Utilización dunha expresión oral (e escrita, apoiada en recursos TIC) adecuada, pertinente e non discriminatoria/non ofensiva
(c) Orixinalidade, ou capacidade de atraer ao público ao que se dirixe
Tamén se terá en conta a capacidade do alumnado para aplicar os coñecementos teóricos adquiridos, para resolver problemas en entornos novos ou pouco conecidos, a súa integración para formular xuizos e para comunicar as conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan.
|
25 |
|
Observacións avaliación |
REQUERIMENTOS PARA SUPERAR A MATERIA:
- Asistir a clase. A asistencia a clase é obrigatoria nun 80% das sesiones tanto teóricas como prácticas. A docente poderá solicitar ao alumnado que firme unha folla tanto na entrada como na saída.
- Asistir e participar en clase. A condición de alumnado asistente (80% de asistencia) supón, non só a asistencia, senón tamén a participación e aproveitamento do tempo de clase.
- Acadar o 50% da calificación en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia, calquera que sexa a modalidade de avaliación á que se somete o estudante. No caso de non acadar o 50% nalgunha das partes, a calificación final será de 4 puntos.
- Axustarse ás datas de entrega sinaladas no calendario presentado durante a presentación da materia. As entregas fóra de prazo ou a ausencia de entrega terán unha calificación de 0 puntos e, polo tanto, suporán unha calificación final de suspenso.
- Realizar as actividades propostas, aproveitando e optimizando o tempo que se destina na aula.
- A convocatoria de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a convocatoria de xuño.
MODALIDADES DE AVALIACIÓN
Tendo en conta a posible existencia de alumnado que, polas súas circunstancias particulares non cumpla co requisito de asistencia, terase en conta diversas modalidades de avaliación segundo o réxime de adicación do alumnado:
AVALIACIÓN CONTINUA: modalidad de avaliación aplicable a alumnado asistente; é dicir, a aquel que cumpla co requisito de asistencia dun 80%, tanto das sesións teóricas como prácticas; e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (sempre que cumpla co réxime de asistencia):
- Alumnado asistente: Será evaluado ao longo do proceso de aprendizaxe, a través da realización das actividades prácticas (son materia de exame) e a súa presentación oral, revisado pola profesora, así como da avaliación final por medio da proba mixta.
- Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial: atendiendo á norma que regula o réxime de adicación ao estudo e a permanencia e progresión dos estudantes de grao e mestrado universitario na Universidade da Coruña (aprobada en Consello de Goberno o 28 de xuño de 2016), nos seus artigos 4, 5 y 6, será necesario que este alumnado solicite a dispensa e a entregue á docente. O alumnado que se adhiera a esta modalide será avaliado baixo o seguinte proceso de avaliación:
(a) Terá que entregar un dossier coas actividades prácticas (traballos tutelados e estudo de casos) de xeito individual que será valorado cun 30% da cualificación final da materia; isto é, 3 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 1.5 punto). O prazo para a entregar será o mesmo que o dos compañeiros presenciais.
(b) Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 70% da nota final; isto é, 7 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 3.5 punto).
AVALIACIÓN FINAL: modalidade de avaliación aplicable ao alumnado non asistente (aquel que non cumpre co requisito de asistencia mínimo do 80%), alumnado que non realiza a proposta do proxecto investifador e ao alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial (que no cumpra a asistencia do 80%). Para este alumnado, establécese que:
(a) Terá que entregar un dossier cos traballos tutelados e estudo de casos de xeito individual, que será valorado cun 10% da cualificación final da materia; isto é, 1 punto sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 0.5 puntos). O prazo para a entregar será o mesmo que o dos compañeiros presenciais.
(b) Terá que realizar o exame de proba mixta, cuxa cualificación será do 90% da nota final; isto é, 9 puntos sobre 10, pero é necesario acadar a metade da puntuación para aprobar (é dicir, mínimo 4.5 puntos). Neste exame, contará con una/dúas pregunta/s adicionais sobre os contidos prácticos da materia.
Os traballos serán entregados fundamentalmente en formato dixital, e nos casos que a entrega sexa en papel este deberá ser reciclado, evitántodose o uso de plásticos. Ademáis se esixirá a utilización dunha linguaxe non sexista e non discriminatorio.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Ibáñez López, P. y Mudarra Sánchez, M.J. (2014). Atención temprana. Diagnóstico e intervención psicopedagógica. Madrid: UNED
de Campo Adrián, M.E., Palomares, Delgado, L. y Arias Carmona, T. (2002). Casos prácticos de dificultades de aprendizaje y necesidades educativas especiales: diagnóstico e intervención psicoeducativa. Madrid: Centro de Estudios Ramón Areces, S.A.
Anaya Nieto, D. (2003). Diagnóstico en educación. Diseño y uso de instrumentos. Madrid: Sanz y Torres
Iglesias Cortizas, M.J. (2005). Diagnóstico escolar. Teorías, ámbitos y técnicas. Madrid: Pearson. Prentice Hill.
Pascual Gómez, I. (2016). Diagnóstico pedagógico. conceptos básicos y aplicaciones en el aula de educación infantil. Barcelona: Editorial UOC
Cardona Moltó, M.C., Chiner Sanz, E. y Lattur Devesa, A. (2010). Diagnóstico psicopedagógico. Alicante: ECU
Ayala Flores, C.L. (2001). Evaluación e informes psicopedagógicos: de la teoría a la práctica. Madrid: CEPE
Alonso Tapia, J. (2012). Evaluación psicopedagógica y orientación educativa. Madrid: Síntesis
Anaya Nieto, D. (1992). Introducción al diagnóstico en orientación. Madrid: Sanz y Torres
Padilla, M.T. (2002). Técnicas e instrumentos para el diagnóstico y la evaluación educativa. Madrid: CCS |
|
Bibliografía complementaria
|
Iglesias Cortizas, M.J. (2012). Aportaciones del diagnóstico pedagógico a la orientación educativa (pp. 89-112). Madrid: Biblioteca Nueva
Marí Molla, R. (2006). Diagnóstico pedagógico: Un modelo para la intervención psicopedagógica (2ª ed.). Madrid: Ariel Educación |
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
|