Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A4 |
Identificar dificultades de aprendizaxe, informalas e colaborar no seu tratamento. |
A5 |
Coñecer as propostas e desenvolvementos actuais baseado na aprendizaxe de competencias. |
A14 |
Promover accións de educación en valores orientadas á preparación dunha cidadanía activa e democrática. |
A16 |
Deseñar, planificar e avaliar a actividade docente e a aprendizaxe na aula. |
A17 |
Coñecer e aplicar experiencias innovadoras en educación primaria. |
A31 |
Comprender os principios básicos das ciencias sociais. |
A32 |
Coñecer o currículo escolar das ciencias sociais. |
A33 |
Integrar o estudo histórico e xeográfico desde unha orientación instrutiva e cultural. |
A34 |
Fomentar a educación democrática da cidadanía e a práctica do pensamento social crítico. |
A35 |
Valorar a relevancia das institucións públicas e privadas para a convivencia pacífica entre os pobos. |
A36 |
Coñecer o feito relixioso ao longo da historia e a súa relación coa cultura. |
A37 |
Desenvolver e avaliar contidos do currículo mediante recursos didácticos apropiados e promover as competencias correspondentes nos estudantes. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B4 |
Traballar de forma autónoma con iniciativa. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B8 |
Capacidade para elaborar discursos coherentes e organizados loxicamente. |
B9 |
Capacidade para expoñer as ideas elaboradas, de forma oral e na escrita. |
B13 |
Lectura e interpretación de imaxes. |
B14 |
Capacidade para traballar en equipo de forma cooperativa, para organizar e planificar o traballo, tomando decisións e resolvendo problemas, tanto de forma conxunta como individual. |
B15 |
Capacidade para utilizar diversas fontes de información, seleccionar, analizar, sintetizar e extraer ideas importantes e xestionar a información. |
B21 |
CB1 - Que os estudantes demostrasen posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeneral, e se adoita encontrar a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo |
B22 |
CB2 - Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo |
B23 |
CB3 - Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética |
B24 |
CB4 - Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado como non especializado |
B25 |
CB5 - Que os estudantes desenvolvesen aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C7 |
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Recoñecer no entorno xeográfico, histórico e cultural galego aqueles recursos metodolóxicos e didácticos mais axeitados para traballar a área do entorno social e cultural galego. |
|
B1 B3 B13 B15 B21 B23
|
|
Deseñar propostas didácticas sobre o contorno galego dende as perspectivas xeográfica, histórica e/ou cultural, de maneira interrelacionada. |
A4 A5 A16 A17 A32 A37
|
B4 B5 B8 B9 B14 B22 B24
|
C1 C8
|
Coñecer e comprender algúns temas e momentos principais da evolución histórica de Galicia e a súa relación coa didáctica na Educación Primaria. |
A31 A32 A33 A34
|
|
|
Coñecer e analizar os contidos referidos ao coñecemento do contorno do currículo de Educación Primaria: a realidade xeográfica, histórica, social e cultural de Galicia como un espazo dinámico. |
A32 A33 A36
|
B25
|
|
Fomentar actitudes de valoración, respeto e conservación do patrimonio natural, cultural e histórico de Galicia |
A14 A34 A35
|
B6
|
C4 C7
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Unidade 1: Introdución. O medio histórico e xeográfico nas ciencias sociais: campo de coñecemento e formulación interdisciplinar. |
- Fundamentos da materia: que obxectivos nos marcamos? cales son os centros de interese?.
- A interdisciplinariedade e o traballo por proxectos na didáctica do medio xeográfico e histórico de Galicia nas estratexias metodolóxicas e recursos didácticos das ciencias sociais. Coñecemento, deseño e avaliación de proxectos innovadores na didáctica das ciencias sociais aplicados ao medio cultural galego.
- A avaliación dos coñecementos sociais, obxectivos e medios. As finalidades educativas das ciencias sociais: formación do pensamento social, educación democrática e aprendizase de actitudes e valores nunha sociedade multicultural.
- O medio cultural e o curriculum escolar da área de ciencias sociais da Xunta de Galicia. |
Unidade 2. Temas de xeografía física e humana. |
- Ensino e aprendizaxe da xeografía, a construción do concepto de espazo xeográfico.
- O clima, o relevo, acción humana no medio, etc.
- Recursos didácticos para traballar a xeografía de Galicia.
|
Unidade 3. Paisaxes naturais, históricas e culturais. |
- Que é a paisaxe?
- Iniciación á recolleita de información sobre a paisaxe a partir de imaxes, restos e reconstrucións arqueolóxicas, obras de arte e textos escritos.
- Observacións e análise de paisaxes naturais, históricas e culturais.
- O patrimonio xeográfico e histórico de Galicia na área do coñecemento do medio social e cultural.
- As fontes de información e documentación no entorno. |
Unidade 4. Evolución dende os primeiros poboadores de Galicia e as súa relacións noutros contextos universais. |
- Construíndo a prehistoria e historia de Galicia a través de períodos e temáticas seleccionadas para o ensino aprendizaxe da historia, a construción do concepto de tempo histórico e outros conceptos sociais.
- A arte e outras manifestacións da comunicación e da creatividade. As manifestacións artísticas e culturais e o seu significado social.
- As manifestacións culturais tradicionais traballadas dende o patrimonio material e inmaterial.
|
Unidade 5. Temas monográficos. |
- Temas monográficos no discurso da historia e recursos para a didáctica. Nesta unidade traballaranse tópicos concretos que ao longo do curso vaian xurdindo, en base aos centros de interese do alumnado.
|
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Actividades iniciais |
A4 B1 |
2 |
0 |
2 |
Aprendizaxe colaborativa |
B5 |
3 |
9 |
12 |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
A17 B6 |
1 |
3.3 |
4.3 |
Saídas de campo |
A33 A34 A35 B1 C4 C7 |
6 |
21 |
27 |
Proba obxectiva |
A31 A32 B3 B13 |
1 |
3 |
4 |
Obradoiro |
A14 A16 A37 B3 B4 B5 B8 B9 B14 B15 B24 B25 C1 C8 |
12 |
43.2 |
55.2 |
Sesión maxistral |
A5 A31 A32 A33 A36 B21 B22 B23 |
6 |
0 |
6 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Actividades iniciais |
Periodica e sistematicamente faranse debates e discusións de ideas previas sobre a motivación, interese e coñecementos con respecto á planificación e desenvolvemento da materia. |
Aprendizaxe colaborativa |
Organización en pequenos grupos para traballar conxuntamente na resolución de tarefas sobre temas que xordan da dinámica da propia materia e temas propostos pola profesora. |
Eventos científicos e/ou divulgativos |
Realizarase algunha actividade tipo encontro, conferencia, charla, pequeno curso nas que o alumnado terá a oportunidade de actualizar os seus coñecementos e coñecer experiencias relacionadas co ámbito da materia. |
Saídas de campo |
Estas actividades permiten desenvolver as capacidades relacionadas coa observación directa cara á recollida de información do medio xeográfico e histórico galego para a percepción do seu potencial educativo e formador.
Son saídas concibidas para o coñecemento do medio cultural no seu máis amplo ámbito, por medio da aprendizaxe directa.
As saídas poderán ser a contornos naturais de interese xeográfico, exposicións, museos, xacementos e centros do patrimonio, e teranse en conta as posibilidades e oportunidade para a súa realización. |
Proba obxectiva |
Ao ser unha materia de marcado carácter experimental, didáctico e de traballo colaborativo, realizarase un exercicio simple para que cada alumna/o responda de maneira individual a cuestións traballadas. |
Obradoiro |
Están concebidos como ensaios de experimentación de traballo por proxectos.
Dado o carácter didáctico da materia, os obradoiros son de grande interese e son o núcleo central. Materialízanse en debates, exposicións, etc., deseñados e desenvolvidos polo alumnado guiado pola profesora. |
Sesión maxistral |
As explicacións teóricas referiranse ós contidos básicos que forman a estrutura de cada tema, cunha orientación didáctica principalmente. Realizarase co apoio de documentación específica e terá especial incidencia na metodoloxía e na práctica para a didáctica do medio histórico e xeográfico. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Aprendizaxe colaborativa |
Obradoiro |
|
Descrición |
O traballo colaborativo e os obradoiros terán un seguimento personalizado para garantir o cumprimento dos obxectivos e prazos así como para resolver dúbidas.
Ademais, o alumnado que se acolla á dispensa académica terá o dereito e a obrigatoriedade dun mínimo de 3 titorías presenciais para facer un seguimento dos seus traballos de curso. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Aprendizaxe colaborativa |
B5 |
Ao longo do curso realizaranse actividades e traballos que serán avaliados como grupo e individualmente. |
30 |
Proba obxectiva |
A31 A32 B3 B13 |
Ao ser unha materia flexible que se vai construíndo segundo os centros de interese do alumnado guiado pola profesora, e de marcado carácter experimental, esta proba é un exercicio simple a modo de resumo individual do traballado durante o curso. |
10 |
Obradoiro |
A14 A16 A37 B3 B4 B5 B8 B9 B14 B15 B24 B25 C1 C8 |
O deseño, planificación e desenvolvemento dos obradoiros requiren unha participación activa do alumnado.
Valorarase a actitude, dedicación, implicación e creatividade. |
40 |
Saídas de campo |
A33 A34 A35 B1 C4 C7 |
A asistencia será obrigatoria e puntuará a participación activa, así como nas tarefas previas e posteriores ás mesmas. |
20 |
|
Observacións avaliación |
Terase en conta a participación activa e dedicación, ademais da adquisición dos coñecementos propios da materia. O
alumnado que non chegue a unha asistencia do 80%, será avaliado coas mesmas metodoloxías e criterios que o alumnado matriculado a tempo parcial Ao tratarse dunha materia de marcado carácter práctico e vivencial non se aconsella ao alumnado con matrícula a tempo parcial. Así e todo, o alumnado que se acolla a tempo parcial, deberá realizar un traballo de curso individual e a proba obxectiva, sendo cualificados nun 50% cada unha destas metodoloxías. Para acollerse a esta modalidade, é condición necesaria asistir a titorías (mínimo 3) para facer un seguimento directo da construción do traballo de curso.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
Carballo, X. ((2007)). Arqueoloxía de Galicia. Itinerarios polo pasado.. Vigo: Nigra Trea
AA.VV. ((1999)). Atlas histórico de Galicia.. Vigo: Nigra Trea
Aldrey Vázquez, J.A., Lois González, R.C. ((2010)). Breve Xeografía de Galicia. Vigo: A Nosa Terra
Mariño, X.R. & González, X.M. ((2010)). Diccionario de etnografía e antropoloxía de Galiza.. Vigo: Nigratrea.
Cooper, H. ((2002)). Didáctica de la historia en la enseñanza infantil y primaria. Madrid: MEC-Morata
Andrade Cernadas, J.M. ((1995)). Didáctica de la Hª de Galicia. Tosoxoutos
Armas Castro, X. coord. ((2002)). Ensinar Historia de Galicia.. Santiago: ICE
Pérez Alberti, A. ((2008)). Espacios naturales de Galicia.. Lundwerg
AA.VV. ((1991-2008)). Galicia. Proxecto Hércules.. A Coruña: Hércules Editorial.
Castro, X. ((2007)). Historia da vida cotiá en Galicia. Vigo: NigraTrea
Villares, R. ((2004)). Historia de Galicia.. Vigo: Galaxia
Villares, R., Armas, J., et al ((1990)). Historia de Galicia. Textos y materiales para su historia.. Barcelona: Crítica
Rodríguez Troncoso, M. ((2005)). Historia dunha aldea galega. Coas mans encol do lume.. Vigo: Ir Indo
Egan, K. ((1991)). La comprensión de la realidad en la educacióninfantil y primaria.. Madrid: Morata
Egan, K. (2010). Leearning in depth.. Chicago: The University of Chicago Press
Pazo Labrador, A. X. ((2007)). Nocións básicas de xeografía xeral física para mestres: as consecuencias xeográficas dos procesos naturais.. Vigo: Universidade
Méndez Fernández, L. ((2000)). Por que se chama así este sitio. Santiago: Lea
Piñeira Mantiñán, M.J, e Santos Solla, X.M. (2011). Xeografía de Galicia.. Vigo: Xerais |
Segundo avance o curso e traballando dende os centros de interese e realizando saídas e outras actividades, iranse proporcionando outras fontes de información, ademais das bibliográficas que se irán incrementando. |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
|
Observacións |
Trátase dunha materia que se realizará principalmente cunha metodoloxía activa, na que a propia dinámica do curso irá sinalando os centros de interese do alumnado e, en base a estes, iranse concretando temáticas e actividades a realizar. Así, é necesaria a asistencia e participación activa tanto nas sesións maxistrais
como nas sesións interactivas e en todas as actividades desenvolvidas no
contexto da materia. |
|