Teranse en conta dúas opcións de avaliación en función da asistencia ou non ás clases interactivas
Opción A. Alumnado que asiste ás clases interactivas (> 80% de asistencia)
A asistencia ás clases interactivas permitirá poder presentarse ao exame parcial (SÓ PARA ALUMNADO QUE SE MATRICULA POR PRIMEIRA VEZ NA MATERIA).
Será necesario ter acreditada unha asistencia de polo menos o 80%.
Elaborarase un portafolio no que se recollerán os principais contidos traballados nas sesións interactivas.
Para a nota final teranse en conta os seguintes aspectos:
- Clases interactivas (25%): Ata 2,5 puntos sempre que se supere a proba obxectiva(exame).
- Exame (75%): É necesario superar unha proba de preguntas curtas e/ou tipo test ao finalizar o cuadrimestre. É imprescindible superar o exame para aprobar a materia. O exame corrixirase sobre 10 puntos e aplicaráselle o peso que ten no global da materia (75%). Para aprobar o exame haberá que ter un 5 sobre 10. Desta forma, alguén que saque un 5 sobre 10, a súa nota do exame será de 3,75.
A nota final será a suma das dúas notas. Así, á nota do exame (mínimo de 3,75) sumaráselle a nota das clases interactivas. A suma de ambas deberá ser como mínimo de 5 puntos para aprobar a materia.
Opción B: Alumnado que NON asiste ou ten unha asistencia ás clases interactivas < 80%)
- Non poderán presentarse ao exame parcial.
- A nota final será a nota do exame.
- O exame é o 75% da materia. Dado que hai que ter 5 puntos para aprobar a materia, será necesario obter unha nota de 6,7 (sobre 10) para aprobar a materia.
O alumnado que teña concedida a dispensa académica será avaliado con esta opción