Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences / results
|
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A19 |
Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences / results |
Coñecer o significado do concepto de avaliación en Educación Social. |
A6
|
|
|
Extraer información a partir de distintos casos de avaliación de programas, en sentido amplo. |
A14 A19 A21
|
B6
|
C6
|
Deseñar un Plan de Avaliación, a partir dun programa previamente especificado. |
A6 A14 A19 A21
|
B1 B2 B6
|
C6 C8
|
Construir distintos instrumentos e indicadores de avaliación. |
A6 A21
|
B1
|
|
Redactar un informe técnico de avaliación. |
|
B2
|
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
Tema 1. Educación social, programas e servizos socioeducativos. Investigación e avaliación de calidade |
1.1. Terminoloxía específica en avaliación de programas.
1.2. Modalidades de avaliación de programas.
1.3. Fases do proceso de avaliación de programas.
1.4. Cualidades éticas da avaliación de programas |
Tema 2. Modelos ou perspectivas de avaliación e calidade de programas e servizos socioeducativos |
2.1. Finalidade da avaliación.
2.2. Uso de indicadores e criterios de avaliación.
2.3. Técnicas e instrumentos de recollida de información.
2.4. Técnicas de análise de datos aplicados á avaliación de programas.
2.5 Informe de avaliación. |
Tema 3. O proceso de avaliación da calidade dos programas e servizos socioeducativos
|
3.1. Plan de avaliación en educación social. |
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies / Results |
Teaching hours (in-person & virtual) |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Collaborative learning |
A6 A14 A19 A21 B1 B2 B6 C6 C8 |
27 |
40 |
67 |
Aprendizaxe servizo |
A6 A14 A19 A21 B1 B2 B6 C6 C8 |
4 |
30 |
34 |
Guest lecture / keynote speech |
A6 A14 A19 A21 B1 B2 C8 |
8 |
0 |
8 |
Student portfolio |
A6 A14 A19 A21 B1 B2 B6 C6 C8 |
0 |
20 |
20 |
Mixed objective/subjective test |
A6 A14 A19 A21 B1 B6 C1 C6 |
3 |
10 |
13 |
|
Personalized attention |
|
8 |
0 |
8 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Collaborative learning |
Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicacións, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. |
Aprendizaxe servizo |
Metodoloxía que combina o servizo á comunidade coa aprendizaxe nun só proxecto, no que o alumnnado se forma traballando en necesidades reais do seu entorno coa fin de melloralo. |
Guest lecture / keynote speech |
Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
A clase maxistral é tamén coñecida como “conferencia”, “método expositivo” ou “lección maxistral”. Esta última modalidade sóese reservar a un tipo especial de lección impartida por un profesor en ocasións especiais, cun contido que supón unha elaboración orixinal e baseada no uso case exclusivo da palabra como vía de transmisión da información á audiencia. |
Student portfolio |
É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc. |
Mixed objective/subjective test |
Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
En canto a preguntas de ensaio, recolle preguntas abertas de desenvolvemento. Ademais, en canto preguntas obxectivas, pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Aprendizaxe servizo |
Collaborative learning |
Guest lecture / keynote speech |
Mixed objective/subjective test |
Student portfolio |
|
Description |
Atención a cada grupo ou persoa, según as necesidades que presenten ou demanden. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies / Results |
Description
|
Qualification
|
Mixed objective/subjective test |
A6 A14 A19 A21 B1 B6 C1 C6 |
Proba escrita na que entrará toda a materia (clases expositivas + clases interactivas).
O sistema de corrección da dita proba será o seguinte:
- Preguntas de verdadeiro/falso: unha resposta incorrecta, restará unha resposta correcta.
- Preguntas de varias alternativas aplicarase a fórmula de corrección ao azar: acertos - erros/nº alternativas - 1.
- Preguntas curtas: valorarase a claridade e a capacidade de síntese e adecuación da respuesta á pregunta formulada.
|
20 |
Student portfolio |
A6 A14 A19 A21 B1 B2 B6 C6 C8 |
As actividades incluídas na metodoloxía docente (aprendizaxe colaborativa, experiencia de APS) realizaranse nas clases interactivas. O alumnado deberá recoller o resultado de cada actividade nun documento, que será entregado ao finalizar as clases. Poderánse formar grupos para traballar de forma conxunta.
Dito documento deberá reunir as seguintes características:
- Portada (institucional)
- Índice paxinado
- Estruturación do portafolio por actividades tendo en conta os seguintes aspectos: instrución da práctica, desenvolvemento da práctica e resultados acadados, conclusión.
- Reflexión final sobre os contidos, atendendo a: valoración persoal das prácticas con respecto á práctica profesional, apreciacións persoais sobre as titorías realizadas (dentro e/ou fóra do horario), valoración da temporalización do desenvolvemento das prácticas, outros aspectos a considerar.
A docente realizará un seguimento das prácticas que se vaian elaborando por cada grupo e indicará propostas de mellora de cada práctica a cada grupo co fin de que na proba mixta da materia o alumnado sepa realizar as prácticas sen problema. Son, por tanto, materia de exame. |
80 |
|
Assessment comments |
Para superar a materia é preciso ter aprobado todos os traballos realizados na clase, así como todas as actividades de avaliación. Os e as estudiantes non asistentes, porsen en contacto coa docente para establecer a metodoloxía de avaliación da materia. Terase en conta a presentación dos traballos, o formato, a redacción, as faltas gramaticales e as ortográficas. A detección dalgún deles suporá un punto menos na nota final. A copia e plaxio de traballos será causa de suspenso.
|
Sources of information |
Basic
|
Lukas, J. F. y Santiago, K. (2009). Concepto, componentes y fases de la evaluación. En J. F. Lukas y K, Santiago (Eds). Evaluación educativa (2ª Ed) (pp. 87-126). Madrid: Alianza
REBOLLOSO, E.; FERNÁNDEZ-RAMIREZ, B. y CANTÓN, P. (2008). Evaluación de programas de intervención social.. Madrid: Edt. Síntesis
Hernández, J (2018). Evaluación socioformativa en procesos de formación en línea mediante proyectos formativos. Educar, Vol 54, No 1 (2018)
Perea, O. (2017). Guía de evaluación de programas y proyectos sociales. Plataforma de ONG de Acción Social
Lukas, J. F. y Santiago, K. (2009). Historia de la evaluación educativa. J. F. Lukas y K, Santiago (Eds). Evaluación educativa (2ª Ed) (pp. 63-86). Madrid: Alianza
Valdés, M. (2016). La evaluación de proyectos sociales: Definiciones y tipologías.
Cohen, E y Martínez, R. (2018). Manual formulación, evaluación y monitoreo de proyectos sociales. CEPAL
Ibarra Sáiz, M. S. y Rodríguez-Gómez, G. (2014). Modalidades participativas de evaluación. Un análisis de la percepción del profesorado y de los estudiantes universitarios. Revista de Investigación Educativa, 32 (2), 339-361
Nieto, S. (2010). Principios, métodos y técnicas para la investigación educativaMadrid: Dykinson. Madrid: Dykinson
Nieto, S., y Olmos, S (2010). Técnicas e instrumentos para la recogida de datos en la medida de actitudes y de información grupal. En S. Nieto y M. J. Rodríguez (Coord.). Investigación y Evaluación educativa en la Sociedad del Cono |
|
Complementary
|
SENLLE, A. e GUTIERREZ, N. (2004). Calidad en los Servicios Educativos. Barcelona: Edit. Díaz de Santos
STUFFLEBEAN, D. y SHINKFIELD, A.J. (1984). Evaluación Sistemática. Madrid: Paidós-MEC, 1987.
GENTO PALACIOS, S. (1996). Instituciones educativas para la calidad total. Madrid: Edt. La Muralla |
|
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
Research Methods /652G03019 | Information Gathering and Analysing Techniques /652G03026 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
|
Subjects that continue the syllabus |
Evaluation and Diagnosis in Socio-Educational Needs/652G03039 |
|
|