Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A5 |
Identificar e analizar os factores contextuais que afectan os procesos de intervención socioeducativa. |
A6 |
Seleccionar diferentes métodos e técnicas para a planificación e avaliación de programas e servizos. |
A7 |
Aplicar metodoloxías educativas e dinamizadoras da acción socioeducativa. |
A8 |
Detectar factores de vulnerabilidade, de exclusión e de discriminación social que dificulten a inclusión social, escolar e laboral de persoas e colectivos |
A11 |
Observar, analizar, interpretar procesos de mediación social, cultural e educativa. |
A13 |
Deseñar e levar a cabo proxectos de investigación elementais aplicables aos diferentes campos de intervención. |
A14 |
Identificar e emitir xuízos razoados sobre problemas socioeducativos para mellorar a práctica profesional. |
A19 |
Asesorar e supervisar programas, planos, proxectos e centros socioeducativos. |
A21 |
Deseñar e implementar procesos de avaliación de programas e estratexias de intervención socioeducativa en diversos contextos. |
B1 |
Elaborar, analizar, sintetizar, valorar e transmitir criticamente a información. |
B2 |
Redactar e presentar informes técnicos, memorias, regulamentos ou calquera outro documento básico que contribúa a regular a acción socioeducativa. |
B4 |
Deseñar e impulsar espazos socioeducativos en contextos de diversidade atendendo á igualdade de xénero, á equidade e respecto aos dereitos humanos, favorecendo o empoderamento das persoas e colectivos ubicados en situacións de desvantaxe social. |
B5 |
Capacidade de mostrar actitudes coherentes coas concepcións éticas e deontolóxicas propias da profesión. |
B6 |
Adquirir e dominar habilidades comunicativas que permitan transmitir información, ideas e propostas a diversas audiencias. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
Coñecer as principais técnicas de recollida da información nos procesos de intervención socioeducativa. |
A5 A6 A7 A8 A11 A13 A14 A21
|
B1 B4
|
C1 C4 C6
|
Deseñar instrumentos de recollida de información de procesos de intervención socioeducativo aplicando diferentes técnicas. |
A5 A6 A13 A21
|
B1 B2
|
C1 C4 C6
|
Planificar recollidas e análises da información de procesos de intervención socioeducativos. |
A5 A6 A13 A19 A21
|
B1 B2
|
C6 C8
|
Realizar a recollida da información pertinente dun proceso de intervención socioeducativo |
|
B1 B2 B5 B6
|
C1 C6
|
Coñecer as principais técnicas de análise da información nos procesos de intervención socioeducativos |
A6 A13
|
B1
|
C3 C6 C8
|
Analizar a información recollida nos procesos de intervención socioeducativos, empregando as técnicas de análise adecuadas. |
A5 A6 A13 A19
|
B1 B2
|
C3
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
INTRODUCIÓN |
1. Determinación conceptual
2. Selección da mostra
2.1 Selección da mostra no enfoque cuantitativo
2.2. Selección da mostra no enfoque cualitativo
|
I. TÉCNICAS DE RECOLLIDA DA INFORMACIÓN |
1. Instrumentos de recollida da información cuantitativos
1.1. Escalas
1.2. Cuestionario
2. Instrumentos de recollida da información cualitativos
2.1. Observación
2.2. Entrevistas
2.3. Grupos de discusión |
II. TÉCNICAS DE ANÁLISE DA INFORMACIÓN |
1. Análise de datos categóricos ou nominales.
1.1. Análise descriptivo
1.2. Teoría da probabilidade
1.3. Táboas de continxencia
1.4. Inferencia
1.5. Coeficiente chi-cadrado
2. Análise de datos ordinais
2.1. Análise descritivo
2.2. Comparación entre grupos nunha variable ordinal
2.3. Relación e comparación entre variables ordinales
3. Análise de datos métricos
4. Análise e construción de redes famiiares |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Sesión maxistral |
A5 A7 A14 B1 C4 C6 C8 |
10 |
15 |
25 |
Prácticas a través de TIC |
A6 C3 |
10 |
10 |
20 |
Saídas de campo |
A6 A13 A21 C1 |
0 |
5 |
5 |
Solución de problemas |
A19 B2 C1 |
10 |
15 |
25 |
Análise de fontes documentais |
B1 |
0 |
15 |
15 |
Obradoiro |
B5 B6 C1 |
10 |
15 |
25 |
Aprendizaxe colaborativa |
A6 A8 A11 A13 A19 A21 B1 B2 B4 C1 C3 |
0 |
13 |
13 |
Proba mixta |
A5 A6 A13 A19 A21 B1 B2 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 |
2 |
10 |
12 |
|
Atención personalizada |
|
10 |
0 |
10 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Sesión maxistral |
Clase impartida polo profesor, nas clases expositivas, sobre os contidos xa citados na guía docente. Esta metodoloxía utiliza exclusivamente a palabra como vía de transmisión da información a todo o grupo. Pero o profesor/a facilitará ao alumnado material en power point (a través de moodle) para facilitarlle o seguimento da exposición. Neste material en power point o alumnado/a terá referencias bibliográficas para consultar ou, tamén, para completar ou seguir a exposición do profesor/a. |
Prácticas a través de TIC |
Análise da información informatizada. Emprego de programas informáticos tanto cuantitativos como cualitativos tanto para o diseño do instrumento como recollida e análise da información
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" |
Saídas de campo |
O alumnado en grupos pequenos e para cumprimentar a metodoloxía de obradoiro, debe recoller información utilizando un instrumento sobre un tema acordado polo grupo (sempre dende a perspectiva de xénero). Para tal fin, os suxeitos utilizados para a recollida da información pode ser calquera alumno matriculado nalgunha titulación da Universidade; administrativo ou profesorado. Incluso poden ser suxeitos de algunha institución onde traballe un educador social.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" |
Solución de problemas |
Esta metodoloxía utilízase unicamente para o tema 3 dos contidos da materia. Ademais, só se aplicará nas clases interactivas xa que o profesor/a presentará problemas aos alumnos/as a través de prácticas que recollerá ao finalizar cada clase.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" |
Análise de fontes documentais |
Metodoloxía que supón a utilización de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (artigos, textos educativos, bases de datos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades especificamente deseñadas para a análise destes. Esta metodoloxía pódese empregar: como introdución a un tema, como instrumento de aplicación, para explicar procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. |
Obradoiro |
Esta tarefa está destinada unicamente aos contidos da materia do tema 2 e o tema 3. Coa mesma, inténtase que o alumnado/a combine outras metodoloxías como por exemplo, exposicións orais, solucións de problemas, prácticas guiadas, etc. Pero tendo presente que con ela o alumno desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto só se levará a cabo cando se explique ditos temas. O profesor/a presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas o profesor/a presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice e, ademais, o alumno/a deberá expoñer oralmente esas prácticas guiadas. PARA TODO ISTO O ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" |
Aprendizaxe colaborativa |
Esta metodoloxía combínase con outras metodoloxías como a discusión dirixida, obradoiro, análise de fontes documentais, esquemas, lecturas, mapas conceptuais, solución de problemas, etc. Todos estes procedementos serán guiados de FORMA PRESENCIAL e/ou apoiados con tecnoloxías da información e da comunicación. Para a súa realización configúranse grupos pequenos (non máis de 5 persoas). E lévanse a cabo durante todas ás clases interactivas da materia. Así o profesor/a presentará en ditas clases as prácticas que realizará co alumnado (prácticas que están en moodle). Estas serán recollidas polo profesor ao finalizar a clase, para xustificar a presencialidade do alumnado, e serán devoltas ao alumnado na seguinte clase interactiva.
Esta metodoloxía forma parte do "Programa Piloto para a docencia en galego no Grao en Educación social" |
Proba mixta |
Proba utilizada para a avaliación de aprendizaxes tanto das clases expositivas como interactivas. Conta de dúas partes: teoría pura (será o que o profesor/a presenta nas clases expositivas, ademais, do que o profesor/a traballa co alumnado nas clases interactivas), e, a última parte, a parte estatística (será unicamente o que o profesor expón e traballe co alumnado no tema 3 do apartado contido desta materia). As preguntas destas partes poden ser directas ou afirmacións incompletas, mesmo preguntas con varias opcións ou alternativas de resposta que proporcionan posibles solucións. Pero só unha e a máis correcta. NESTA PROBA AS RESPOSTAS INCORRECTAS RESTARÁN ÁS CORRECTAS. A materia supérase cando se supera todas as partes e nunca se gardará algunha das partes para outras convocatorias. |
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Solución de problemas |
Prácticas a través de TIC |
Proba mixta |
Saídas de campo |
Sesión maxistral |
Obradoiro |
Aprendizaxe colaborativa |
|
Descrición |
Na atención personalizada o profesor resolverá as dúbidas que teña o alumno sobre os diferentes temas a traballar na materia. Pero ademais calquera dúbida que poida xurdir para a solución de problemas, nas lecturas, no obradorio, na aprendizaxe colaboradora, a análise de fontes documentais como na discusión dirixida. Durante estas sesións, realizarase un seguimento do traballo do alumno, supervisando e orientando máis directamente o proceso a seguir en cada unha das actividades realizadas.
Esta atención personalizada realizarase no despacho do profesorado (P1A18) no horario de titorías. Este horario está colgado no taboleiro que está no despacho do profesor, na páxina web do departamento como da Facultade de Ciencias da Educación.
A ATENCIÓN PERSONALIZADA REALIZARASE CARA A CARA ENTRE O ALUMNO E PROFESOR POLO QUE A ATENCIÓN VIRTUAL NON FORMA PARTE NIN SE REALIZARÁ NESTA MATERIA. O CORREO ELECTRÓNICO DO PROFESOR NON SE DEBE UTILIZAR COMO: ELEMENTO PARA SOLICITAR CITA NIN PARA REALIZAR CONSULTAS. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Solución de problemas |
A19 B2 C1 |
Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 3). Coa mesma inténtase que o alumnado/a combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas, etc. Pero tendo presente que con ela o alumno desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 3. O profesor/a presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositivas explicará con solucións de problemas ditos apuntes; nas clases interactivas o profesor/a presentará prácticas guiadas para que o alumno/a as realice e, ademais, o alumno/a deberá expoñer oralmente esas prácticas guiadas. PARA TODO ESTO O ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
O alumnado cada vez que realice unha práctica das clases interactivas o profesor a recollerá (o alumnado con dispensa académica pode realizar as prácticas por Moodle e reenvialas ao profesor nun período marcado polo mesmo). O alumnado que asiste a clase como o de dispensa académica para poder presentarse á proba eliminatoria desta parte debe ter todas as prácticas desta parte.
O profesor/a antes da proba eliminatoria realizará un simulacro de dita proba, no horario de clase da materia. As preguntas dese simulacro estarán a disposición do alumnado matriculado nesta materia en moodle. A asistencia a este simulacro non é obrigatoria e o alumnado pode entrar e saír durante o mesmo. |
5 |
Prácticas a través de TIC |
A6 C3 |
Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 3). Coa mesma inténtase que o alumnado/a combine outras metodoloxías como por exemplo, solucións de problemas, prácticas guiadas, etc. Pero tendo presente que con ela o alumno desenvolve tarefas puramente prácticas sobre este tema co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto só se levará a cabo cando se explique o tema 3. O profesor/a presentará ao alumnado os apuntes deste tema (a través de moodle); nas clases expositivas resolverá problemas a través de TIC; nas clases interactivas o profesor/a presentará prácticas guiadas para que o alumno/a ás realice e, ademais, o alumno/a deberá expoñer oralmente esas practicas guiadas. PARA TODO ESTO O ALUMNADO/A DEBE TRAER OS APUNTES REVISADOS.
O alumnado cada vez que realice unha práctica das clases interactivas o profesor a recollerá (o alumnado con dispensa académica pode realizar as prácticas por Moodle e reenvialas ao profesor nun período marcado polo mesmo). O alumnado que asiste a clase como o de dispensa académica para poder presentarse á proba eliminatoria desta parte debe ter todas as prácticas da mesma.
O alumnado asistente a clase como o alumnado con dispensa académica debe ter todos estes puntos desta práctica para presentarse á proba eliminatoria denominada Parte estatística. Hai que ter presente dúas cousas: a valoración desta metodoloxía só é requisito para poder presentarse á proba eliminatoria (senón tes estes puntos non te podes presentar a esa proba) e si se supera a proba eliiminatoria non se ten que presentar á parte estatística da convocatoria de xuño (só estaría exento desta convocatoria, non para a de xullo) |
5 |
Proba mixta |
A5 A6 A13 A19 A21 B1 B2 B5 B6 C1 C3 C4 C6 C8 |
O exame da convocatorias de xuño ou xullo é o que fai referencia a avaliación desta metodoloxía e consta de dúas partes:
1-Parte teórica dividida constará dun número de ítem de resposta aberta, ou de resposta breve ou de verdadeiro e falso pero xustificando (o tipo de preguntas o determinará o profesor/a). Unha pregunta cunha resposta incorrecta resta unha pregunta cunha resposta correcta. Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 10 sobre 18 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí (non se garda nota de ningunha parte, en ningunha convocatoria, se se suspende).
2-Parte estatística. Esta parte consta de varios problemas estatísticos ou preguntas de respostas breves ou preguntas de verdadeiro e falso (o profesor/a será o que decida o tipo de preguntas. Pero sempre tendo en conta as preguntas que aparecen en moodle baixo o título de “simulacro de proba estatística”). Esta parte apróbase cando se alcanza unha puntuación de 10 sobre 18 puntos que é a puntuación máxima que se alcanza aquí.
NOTA ACLARATORIA.
Se se suspende algunha das partes (non se alcanza a puntuación mínima para aprobar) o alumnado debe ir á seguinte convocatoria con todo. NON SE GARDAN PARTES DE NINGÚN EXAMEN DUNHA CONVOCATORIA PARA OUTRA OU OUTRAS CONVOCATORIAS.
A DATA DOS EXAMES DAS CONVOCARTORIAS ESTÁN MARCADOS POR XUNTA DE FACULTADE POLO TANTO NON SE MOVEN
BAREMO QUE SE SIGUE EN AMBAS PARTES, A TER EN CONTA:
a) 10 PUNTOS A 12 PUNTOS EQUIVALE A UN APROBADO (5-6). Concretamente, 10 e 11 puntos equivale a un cinco; 12 puntos equivale a un seis.
b) 13 PUNTOS A 15 PUNTOS EQUIVALE A UN NOTABLE (7-8). Concretamente, 13 e 14 puntos equivale a un sete; 15 puntos equivale a un oito.
c) 16 PUNTOS A 18 PUNTOS EQUIVALE A UN SOBRESAÍNTE (9-10). Concretamente, 16 e 17 puntos equivale a un nove; 18 puntos equivale a un 10. |
75 |
Saídas de campo |
A6 A13 A21 C1 |
Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 2) e complementa a metodoloxía de obradoiro. Para realizar esta metodoloxía o alumno que asiste a clases como o de dispensa académica deben formar grupos. Estes grupos terán que recoller información despois de elaborar un instrumento baixo a perspectiva de xénero. Para iso terán que ir a buscar a información onde esten os suxeitos. Poden ser persoas da Facultade ou ben persoas doutras facultades. Iso si, o que se realice na metodoloxía de obradoiro é complementario con esta metodoloxía (unha non pode resolverse e presentarse sen a outra). A valoración desta metodoloxía está suxeita á mesma que se explica na metodoloxía obradoiro. |
5 |
Obradoiro |
B5 B6 C1 |
Esta tarefa está destinada a un único contido da materia (Tema 2 e 3). Coa mesma inténtase que o alumnado/a combine outras metodoloxías como por exemplo, exposicións orais, solucións de problemas, prácticas guiadas, etc. Pero tendo presente que con ela o alumno desenvolve tarefas puramente prácticas sobre estos temas co apoio e supervisión do profesorado. Todo isto so se levará a cabo cando se explique o tema 2 e/ou 3. O profesor/a presentará ao alumnado prácticas para que o alumno/a ás realice en grupo baixo a perspectiva de xénero e, ademais, o alumno/a deberá expoñer oralmente esas prácticas guiadas (a través de tutorías oficiais planificadas polo profesor e de asistencia obrigatoria. Para iso o profesor propondrá diversas posibilidades de citas). PARA TODO ISTO O ALUMNADO/A DEBE REVISAR OS APUNTES QUE O PROFESOR EXPLIQUE NAS CLASES EXPOSITIVAS E INTERACTIVAS (que ademais están en moodle)
O profesor planificará esta metodoloxía de dúas maneiras: por un lado, una clase interactiva será planificada unicamente para o desenvolvemento desta metodoloxía (nesa clase o alumnado asistente a clase como o de dispensa académica poderá reunirse en grupo para traballar un tema baixo a perspectiva de xénero e realizará unha serie de prácticas que irá elaborando en borrador. Tamén o profesor dedicará, soamente, esta clase para estar no despacho e recibir ao alumnado en titorías. Estas titorías soamente serán destinadas a esta metodoloxía); por outro lado, planificarase cada 15 días unha titoría oficial (o alumnado non pode faltar a dita titoría, só o de dispensa académica para o que se buscaría outra forma de reunión). Nesta titoría oficial o profesor preguntará ao alumnado do grupo sobre as prácticas e eles indicarán que están traballando sobre as mesmas. Recoméndase que todo o alumnado traiga o traballo individualmente pero que sepan uns dotraballo dos outros porque o profesor preguntará a todo o grupo sobre todos os aspectos a tratar nesa titoría. Una vez que o alumnado salga desa titoría o tema traballado na mesma non pode volver a ser tratado.
No mes de xaneiro (antes do exame da convocatoria de xaneiro) o alumnado debe presentar todas as prácticas desta metodoloxía ademais das prácticas da metodoloxía da saída de campo (hai que ter presente que se non se presenta este traballo tampouco se ten en conta as valoracións doutras metodoloxías desta mateira e probas eliminatorias). |
5 |
Aprendizaxe colaborativa |
A6 A8 A11 A13 A19 A21 B1 B2 B4 C1 C3 |
Nesta metodoloxía quérese observar a aprendizaxe do alumnado e poder identificar dúbidas para poder solucionalas. Para iso, esta metodoloxía realízase unicamente nas clases interactivas. O profesor/a presentará ao alumnado diversas prácticas de algúns dos contidos presentados nas clases expositivas (ditas prácticas están en moodle), as recollerá ao finalizar a clase e as devolverá ao alumnado na clase interactiva seguinte (as prácticas serán revisadas polo profesor coas anotacións pertinentes e o alumnado se non entende algunha desas anotacións debe pasar por titoría).
Para avaliar esta metodoloxía debe cumprirse os seguintes requisitos: a capacidade de traballo individual, capacidade de traballo en equipo, coñecementos xerais básicos, capacidade de sínteses e análise, capacidade de aplicar os coñecementos das sesións maxistrais á práctica, capacidade para xerar novas ideas (innovación e creatividade), capacidade crítica e autocrítica, toma de decisións, comunicación oral e escrita e habilidades de investigación. A avaliación de ditos requisitos será por tres vías: unha é cando o profesor/a a cada práctica, realizada na clase interactiva correspondente, lle asigna un punto (ademais dos puntos que lle corresponde cando nunha clase interactiva ademais deste aprendizaxe se aplica a metodoloxía de análise de fontes documentais, por exemplo); outra vía é a posibilidade de presentarse a una proba eliminatoria de materia (esta proba queda condicionada a que o profesor/a explique todos os conceptos prácticos de todos os contidos da materia, nas clases expositivas, a excepción do tema 3 que quedarían avaliados con outras metodoloxías e outra proba eliminatoria. Ademais, a esta proba só se pode presentar o alumnado que ten conseguido un total de puntos das clases interactivas -agás as do tema 3- e teña os puntos da metodoloxía de saídas do campo, prácticas a través de TIC, solución de problemas); e a última vía é a proba da convocatoria. As preguntas desta proba son traballados nas clases interactivas polo profesor/a e o alumnado e, ademais, están na aplicación moodle (inclusive son as mesmas preguntas dunha das partes do examen das diferentes convocatorias).
ASÍ, OS PUNTOS DA AVALIACIÓN DESTA METODOLOXÍA ALCÁNZANSE CANDO O ALUMNO SUPERE OU BEN A PROBA ELIMINATORIA DE MATERIA (SEMPRE QUE SE REALICE) OU BEN NO EXAME DA CONVOCATORIA CORRESPONDENTE. SEMPRE QUE SEXA ALUMNADO PRESENCIAL (OU ALUMNADO QUE ASISTE A CLASE) OU ALUMNADO CON DISPENSA ACADÉMICA |
5 |
|
Observacións avaliación |
Na avaliación da materia (exposta no
apartado da guía docente, denominado "Paso 7: Avaliación") terase en
conta antes de nada o seguinte: a) ESTUDIANTES QUE ASISTAN SEMPRE A CLASE
(ou alumnado con dispensa académica) considéranse
que asisten un 80%, isto equivale a non ter máis de 3 faltas sen xustificar.
Xustifícase as faltas médicas (con xustificante correctamente cuberto por un
médico colexiado) e as faltas por un traballo (con xustificante correctamente
cuberto no traballo onde se xustifique que en horas de clase se está a
traballar). Nunca se poderá realizar as actividades fóra de aula (a excepción
do alumnado con dispensa académica). Para isto o profesor en clases solicitará
aos alumnos que asine unha folla tanto á entrada de clases como á saída ou que
indique os seguintes datos: nome, apelidos, DNI e firma nas prácticas das
clases interactivas. A avaliación destes alumnos ten en conta
o seguinte: 1-A "participación en clase", na
medida que a intervención activa en clase permita ao profesor facerse unha
mellor idea dos coñecementos, as dúbidas e inquietudes dos alumnos. A
información adquirida, por parte do profesor, con este procedemento intégrase
coa obtida polo resto de procedementos utilizados, e con iso preténdese
conseguir unha valoración máis individualizada e completa; 2-a través
das metodoloxías que aparece
na guía docente no apartado Metodoloxía. b-para alcanzar a puntuación
máxima de cada metodoloxía non se terá en conta só se entrega o material ou
non. Teranse en conta varios factores como: a capacidade de traballo individual,
capacidade de traballo en equipo, coñecementos xerais básicos, capacidade de
sínteses e análise, capacidade de aplicar os coñecementos das sesións maxistrais
á práctica, capacidade para xerar novas ideas (innovación e creatividade),
capacidade crítica e autocrítica, toma de decisións, comunicación oral e
escrita e habilidades de investigación. TODO ISTO O OBSERVARÁ O PROFESOR AO LONGO
DAS CLASES INTERACTIVAS (non hai que esquecer que moitas destas metodoloxías se
elaborasen e desenvolvesen nas devanditas clases). Por tal motivo nesas clases
o profesor tomará as observacións pertinentes 3-O exame da convocatorias
de xuño ou xullo. A puntuación que se pode alcanzar é de 74 puntos:
a-Parte teórica e b-parte estatística. Esta parte apróbase cun 10, polo tanto,
esta parte puntúa sobre 18 puntos. PARA OS ALUMNOS QUE ASISTEN A CLASE (ou
con dispensa académica) teñen que ter realizadas todas as exposicións orais.
PODEN PRESENTARSE as probas eliminatorias (DA TEORÍA E PARTE ESTATÍSTICA
(detalle importante para presentarse a esta última proba eliminatoria conta os
puntos antes da proba eliminatoria de teoría de textos como as prácticas das
clases interactivas correspondente ao tema 2 e 3). b) ESTUDANTES QUE NON ASISTAN SEMPRE A
CLASE considéranse que non asisten cando
faltan máis dun 80%, é dicir, ten máis de tres faltas sen xustificar. Se
xustifica as faltas médicas (con xustificante correctamente cuberto por un
médico colexiado) e as faltas por un traballo (con xustificante correctamente
cuberto no traballo onde se xustifique que en horas de clase se está a
traballar). Estes alumnos se presentarán ás probas das convocatorias de xuño ou
xullo. A PUNTUACIÓN CONSEGUIDA neste EXAME POR ESTES ALUMNOS PUNTUARÁ SOBRE
100 PUNTOS. Isto quere dicir, os alumnos deben alcanzar a seguinte puntuación:
a) Parte teórica, a puntuación máxima é de 10 e b) Parte estadística a puntuación máxima é dun 10. Si se suspende algunha das dúas partes,
anteriormente indicadas, o alumno suspenderá todo o exame (non se gardan partes
nin notas)
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
ETXEBERRIA, J. y TEJEDOR, F.J. (2005). Análisis descriptivo de datos en educación. Madrid: La Muralla
TEJEDOR, F.J. y ETXEBERRIA, J. (2006). Análisis inferencial de datos en educación. Madrid: La Muralla
AZOFRA, M.J. (1999). Cuestionarios. Madrid: CIS (Cuadernos Metodológicos, 26)
RUBIO, MJ y VARAS, J. (2011). El análisis de la realidad en la intervención social. Madrid: CCS
VALLES, M. S. (2002). Entrevistas cualitativas. Madrid: CIS (Cuadernos Metodológicos, 32)
GRIMA, P. (2010). La certeza absoluta y otras ficciones. Los secretos de la estadística. Barcelona: RBA Libros
ALVIRA, F. (2011). La encuesta: una perspectiva general metodológica. Madrid: CIS (Cuadernos Metodológicos, 35)
VISAUTA, B. (1989). Técnicas de investigación Social. Barcelona: PPU
MARTÍNEZ MEDIANO, C. (Coorda.) (2004). Técnicas e instrumentos de recogida y análisis de datos. Madrid: UNED |
García, M (coord.) (2015). El análisis de la realidad social: métodos y técnicas de investigación. Madrid: Alianza
|
Bibliografía complementaria
|
ESCUDERO PÉREZ, J. (2004). Análisis de la realidad local. Madrid: Narcea
DE KETELE, J.M. y ROEGIERS, X. (1995). Metodología para la recogida de información. Madrid: La Muralla
CORBETTA, P. (2003). Metodología y Técnicas de Investigación Social. Madrid: McGraw-Hill
BRIONES, G. (2003). Métodos y técnicas de investigación para las Ciencias Sociales . México: Trillas, 4a. |
Ad-ECOS
(2015). Como elaborar los indicadores de
un proyecto social paso a paso. Recuperado de: http://www.ad-ecos.com/blog-de-formacioacuten/como-elaborar-los-indicadores-de-un-proyecto-social-paso-a-paso
(consultado 03/07/2018) Ander-EGG,
E. y Aguilar, M.J. (2017). Como elaborar
un proyecto: guía para diseñar proyectos sociales y culturales. Recuperado
de: http://abacoenred.com/wp-content/uploads/2017/05/Como-elaborar-un-proyecto-1989-Ed.1-Ander-Egg-Ezequiel-y-Aguilar-Id%C3%A1%C3%B1ez-MJ.pdf.pdf
(consultado 03/07/2018) Camison et al. (2006). Gestión de la calidad: conceptos, enfoques,
modelos y sistemas. Madrid. Pearson Club de excelencia (2003). Guía práctica para desarrollar,
implantar y revisar la Autoevaluación de mi organización. Madrid:
EFQM Desler, G. (2001). Administración del personal. México. Perason. Junta de Andalucia (2010). Manual de
proyectos. Junta de Andalucia: Conserjería de Gobernación. Recuperado de: http://fapacordoba.org/wp-content/uploads/2010/10/manualdeproyectos-voluntariado.pdf
(consultado
03/07/2018) Losada, S
(2016). Metodología de la Intervención
Social. Madrid: Editorial Síntesis Recuperado de: https://www.sintesis.com/data/indices/9788490773550.pdf (consultado 03/07/2018) Ministerio de Administración Pública (2006). Guía de autoevaluación
para la administración pública. MAP Recuperado de: http://www.aeval.es/es/difusion_y_comunicacion/publicaciones/Guias/Guias_Marco_General_Mejora_Calidad/guia_iberoamericana.html
(consultado
03/07/2018) Ministerio de Administración Pública (2006). Guía de
evaluación. Modelo EVAM. MAP Recuperado de: http://www.aeval.es/es/difusion_y_comunicacion/publicaciones/Guias/Guias_Marco_General_Mejora_Calidad/evam.html (consultado 03/07/2018) Ministerio de Administración Pública (2009). Guía para el
desarrollo de cartas de servicio. MAP Recuperado de: http://www.aeval.es/export/sites/aeval/comun/pdf/calidad/guias/Guia_CARTAS_2009.pdf (consultado 03/07/2018) Pérez, O (coord.) (2007). Plan
Estratégico del Tercer Sector de Acción Social. Guía de evaluación de programas
y proyectos sociales Recuperado de: https://www.msssi.gob.es/ssi/familiasInfancia/ongVoluntariado/docs/evaluaciondeprogramasyproyectossociales.pdf
(consultado 03/07/2018) Enlaces web: Diseño de
estrategias http://www.juntadeandalucia.es/agriculturaypesca/desarrollo/documentos/manual_61.pdf
(consultado 03/07/2018) Elaboración
de proyectos sociales. http://nevada.ual.es/decahuma/REL_INTER/archivos/comoelaborarproyectos.pdf
(consultado 03/07/2018) Gestión de
proyectos sociales https://www.diba.cat/c/document_library/get_file?uuid=f067d455-fe09-488b-a2a0-04656503eed0&groupId=527890
(consultado 03/07/2018) Métodos y
técnicas más útiles en la gestión de proyectos http://www.eoi.es/blogs/pedroismaelvegazo/2011/11/24/metodos/
(consultado 03/07/2018) Plataforma de
ONG de acción social: https://www.plataformaong.org/plan-estrategico-tercer-sector.php
(consultado 03/07/2018) |
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Métodos de investigación/652G03019 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
|
Materias que continúan o temario |
Métodos de avaliación de programas/652G03023 | Avaliación e diagnóstico de necesidades socioeducativas/652G03039 |
|
Observacións |
Recoméndase os envíos dos traballos telemáticamente e de non ser posible, no útilizar plásticos, elixir a impresión a doble cara, empregar papel reciclado e evitar imprimir borradores.
Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural.
Débese ter en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sosenibiliade nos comportamentos persoais e profesionais.
Se recomienda los envíos de los trabajos telemáticamente y si no es posible, no utilizar plásticos, elegir la impresión a doble cara, emplear papel reciclado y evitar imprimir borradores. Se debe hacer un uso sostenible de los recursos y la prevención de impactos negativos sobre el medio natural. Se debe tener en cuenta la importancia de los principios éticos relacionados con los valores de la sostenibilidad en los comportamientos personales e profesionales.
TAMÉN SE RECOMENDA UTILIZAR LENGUAXE INCLUSIVO
|
|