1.- AVALIACIÓN CONTINUA PRÁCTICA, Profª. Thais Pousada García, Puntuación: 60% (6 puntos). –
PRÁCTICAS: Considerandos e Criterios de Avaliación:
Sobre Material que deben achegar os estudantes:
- Unha toalla, unhas tesoiras, un cartafol, folios, un metro, rotuladores (un indeleble), un cuter.
- Coitelo, tenedor e culler, cepillo pelo, chaves, e outros obxectos que se informarán, para a realización de produtos de apoio.
Sobre Laboratorio de Prácticas:
- Asistencia obrigatoria e participar en actividades docentes. Calquera ausencia de causa maior debe ser avisada previamente e xustificada documentalmente a posteriori no prazo máis breve posible.
- Recoñecer, manexar e traballar cos diferentes materiais termoplásticos.
- Comprensión, desenvolvemento e realización no proceso de deseño de patróns.
- Confección e elaboración de férulas con material termoplástico.
- Confección e elaboración de produtos de apoio con material de baixo custo.
- Deseño e impresión 3D dunha férula e dun produto de apoio
- Dedicación fóra do horario de clase como traballo persoal para a realización do portafolios.
- Participación na proposta de Aprendizaxe – Servizo (Voluntario)
Sobre Resultado final, avaliación:
- Férula de repouso ou férula funcional, Férula síndrome tunel carpiano, Férula de Quervain, Férula de tenodese, Férula de Mallet e Férula en I.
- Produtos de Apoio e Adaptacións.
- Portafolios cos patróns do realizado na materia e descrición de cada un das férulas e produtos elaborados, así como unha breve explicación teórica de cada un.
- Traballo de férulas e produtos de apoio realizados e presentados nunha caixa (precintada) con nome e apelidos do estudante.
2.- TEORÍA: EXAME FINAL, Prof. Sergio Santos del Riego e Profª Thais Pousada García, Puntuación: 40% (4 puntos).
- Valoración de coñecementos teóricos mediante proba escrita.
CUALIFICACIÓN FINAL:
a.- Sumatorio das partes previamente expresadas, cos seguintes considerandos:
- Na avaliación continuada práctica débese ter un mínimo de 4 puntos (sobre 6). Os estudantes que participen de forma voluntaria na metodoloxía de Arendizaxe-Servizo recibirán 1 punto adicional nesta parte.
- Na avaliación do exame final teórico será necesario un 2 (sobre 4) para realizar o sumatorio coa cualificación que se obteña da avaliación de prácticas.
b.-As prácticas son obrigatorias. A ausencia en prácticas, sen xustificar ou xustificadas, dun número ou porcentaxe que establecerá a profesora ao comezo do curso sobre o total ou ben de horas ou ben de clases supón un non presentado ou un suspenso da materia, segundo contexto.*
c.- O non presentado ou suspenso na parte práctica non impide presentarse á convocatoria da segunda edición (xullo). Nesta convocatoria realizarase, cun alto nivel de esixencia, un exame teórico-práctico, tribunal ou similar (sobre 6 puntos), a criterio da profesora, e un exame teórico (sobre 4 puntos), a criterio dos docentes.
d.- Os profesores entregarán as súas cualificacións REVISADAS, segundo normativa legal vixente de revisións de exames, no prazo establecido polo profesor responsable da materia, que será a metade do prazo oficial marcado no Reitorado para o peche e firma de actas na aplicación informática.
e.- A responsable da materia realizará as últimas consideracións contextuais e institucionais e procederá á introdución das cualificacións finais na aplicación informática e á firma da acta. O sistema de cualificacións expresarase mediante cualificación numérica de acordo co establecido no art. 5 do Real Decreto 1125/2003 de 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas titulacións universitarias de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional Sistema de cualificacións: 0-4.9=Suspenso 5-6.9=Aprobado 7-8.9=Notable 9-10=Sobresaliente 9-10 Matrícula de Honra (Graciable).
*Segundo a normativa da UDC para os estudantes matriculados a tempo parcial (Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo dos estudantes de grao na Universidade da Coruña - Consello de gobernó do 29 de maio do 2012), estes teñen dereito a un réxime de asistencia a clase de carácter flexible, solicitando previamente a dispensa académica especial (art.4 apartado.5), non afectando negativamente ó proceso de avaliación do estudante.
Segundo os artigos 22 e 23 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudis de grao e mestrado universitario (Modificada polo Consello de Goberno de 29 de xuño de 2017) garantirase o seguinte:
Art. 22: Publicidade das cualificacións: Para garantir o dereito a revisión nas probas orais, a nota será comunicada aos dous días lectivos seguintes á súa finalización, e a revisión estará baseada nos datos recollidos na acta e, no seu caso, nas evidencias gravadas, escritas e doutro tipo recollidas na súa realización.
Art. 23: Os estudantes terán dereito a revisar as actividades, os traballos e as probas que sirvan para a súa avaliación e a recibiren explicación razoada da cualificación que obtiveron.