Study programme competencies |
Code
|
Study programme competences
|
A21 |
Desenvolver a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos ortopodolóxicos. Concepto xeral de ortopedia. O obradoiro ortopodolóxico. Tecnoloxía de materiais terapéuticos ortopodolóxicos. Fundamentos e técnicas para o moldeado pé-perna. |
A22 |
Deseñar, obter e aplicar mediante diferentes técnicas e materiais os ortesis plantares e ortesis dixitais, próteses, férulas. Ortesioloxía plantar e digital. Estudo do calzado e calzadoterapia. Prescrición de tratamentos ortopédicos da extremidade inferior. |
A37 |
Protocolizar e aplicar o método clínico en podoloxía. |
A46 |
Desenvolver a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos. |
A54 |
Manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes. |
A58 |
Adquirir a capacidade crítica sobre publicacións científicas. |
B1 |
Aprender a aprender. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B9 |
Fomento dunha segunda lingua de interese para a profesión. |
B18 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B19 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
C1 |
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C6 |
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. |
C8 |
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. |
Learning aims |
Learning outcomes |
Study programme competences |
Contextualizar a ortopodoloxía nol ámbito xeral da podoloxía e interrelacionala có resto dos campos terapéuticos podolóxicos |
A21
|
B1 B3 B9
|
C1 C3 C6 C8
|
Describir as características, e indicacións dos materiais terapéuticos utilizados no proceso de obtención de tratamentos ortopodolóxicos e seleccionar devanditos materiais aplicando criterios relacionados coas súas propiedades biomecánicas e as súas características físicas. |
A21 A46
|
B1 B3 B9 B19
|
C1 C3 C6 C8
|
Seleccionar o sistema de obtención de moldes e os materiais terapéuticos necesarios para a obtención dunha ortesis plantar ou dixital e obter os moldes dos segmentos anatómicos da perna e o pé mediante diferentes sistemas de impresión |
A21 A37 A46
|
B1 B3 B9 B18 B19
|
C1 C3 C6 C8
|
Analizar o concepto xeral de ortopedia. Coñecer o uso e a indicación de produtos sanitarios vinculados á podoloxía |
A21 A54 A58
|
B1 B3 B9
|
C1 C3 C6 C8
|
Saber utilizar a maquinaria e instrumental propios do taller ortopodolóxico, empregados na obtención de tratamentos ortopodolóxicos, aplicando as medidas básicas de prevención de accidentes |
A21 A46
|
B1 B3 B9 B19
|
C1 C3 C6 C8
|
Describir os principios básicos para o deseño, obtención e aplicación, mediante diferentes técnicas, de ortesis plantares e ortesis dixitais |
A22 A58
|
B1 B3 B9
|
C1 C3 C6 C8
|
Contents |
Topic |
Sub-topic |
UNIDADE 1
INTRODUCIÓN Á ORTOPODOLOXÍA: CONCEPTOS BÁSICOS, ORIXE E DESENVOLVEMENTO |
Tema 1
Introdución: a ortopodoloxía no contexto xeral da Podoloxía. Orixe e desenvolvemento da ortopodoloxía.
Tema 2
Conceptos básicos de ortesioloxía e protesioloxía do membro inferior. Dispositivos orto- protésicos de aplicación na rexión anatómica do nocello e o pé.
Tema 3
Produtos sanitarios orto- protésicos: aspectos legais do proceso de prescrición, obtención e control de calidade
Tema 4
Aplicación do método científico á ortopodoloxía: a podoloxía baseada na evidencia. A historia clínica en ortopodoloxía
Tema 5
Ortopodoloxía e calzado. Introdución ao concepto terapéutico do calzado
|
UNIDADE 2
MATERIAIS TÉCNICOS UTILIZADOS NO PROCESO DE OBTENCIÓN DAS ORTO-PRÓTESES |
Tema 6
Propiedades físicas dos materiais técnicos e terapéuticos utilizados no proceso de obtención dos tratamentos ortopodolóxicos
Tema 7
Clasificación xeral segundo o seu uso técnico e características específicas do materiais
Tema 8
Criterios de selección dos materiais técnicos e terapéuticos |
UNIDADE 3
FUNDAMENTOS DE ORTESIOLOXÍA PLANTAR E DIXITAL |
Tema 9
Conceptos básicos de ortesioloxía plantar: Teorías biomecánicas das orteses plantares
Tema 10
Conceptos xerais do deseño e metodoloxía de obtención dunha ortese plantar. Partes dunha ortese plantar.
Tema 11
Avaliación da eficacia terapéutica dun dispositivo orto- protésico: control de calidade
Tema 12
Conceptos xerais de ortesioloxía dixital: metodoloxía de obtención. Tratamentos ortesiolóxicos provisionais: obxectivos e composición.
|
UNIDADE TEÓRICO-PRÁCTICA 1
O TALLER ORTOPODOLÓXICO |
Tema TP 1.1
Requisitos básicos dun taller ortopodolóxico para a obtención de tratamentos ortoprotésicos
Tema TP 1.2
Composición e funcionamento da maquinaria e instrumental propios do taller ortopodolóxico
Tema TP 1.3
Prevención de riscos no taller ortopodolóxico |
UNIDADE TEÓRICO-PRÁCTICA 2
CONCEPTOS BÁSICOS DO PROCESO DE OBTENCIÓN DE MOLDES E DESEÑO DE ORTESES |
Tema TP 2.1
Conceptos xerais do proceso de obtención de moldes da rexión anatómica do nocello e o pé
Tema TP 2.2
Metodoloxía de obtención de moldes en escaiola
Tema TP 2.3
Metodoloxía de obtención de moldes en escuma fenólica
Tema TP 2.4
Outros sistemas de obtención de moldes
Tema TP 2.5
Criterios de selección das técnicas de obtención de moldes
Tema TP 2.6
Conceptos xerais do deseño de orteses plantares.
|
Planning |
Methodologies / tests |
Competencies |
Ordinary class hours |
Student’s personal work hours |
Total hours |
Guest lecture / keynote speech |
A21 A22 A37 A54 A58 B1 B3 B9 B18 C1 C6 C8 |
21 |
31.5 |
52.5 |
Laboratory practice |
A21 A22 A46 B9 B19 |
18 |
27 |
45 |
Seminar |
A58 A37 B1 B3 B9 C3 C6 C8 |
7 |
10.5 |
17.5 |
Critical bibliographical |
A37 A58 B3 B9 C1 C3 C6 C8 |
0 |
12 |
12 |
Mixed objective/subjective test |
A21 A22 A37 A46 B1 B3 B9 C1 C6 |
2 |
20 |
22 |
|
Personalized attention |
|
1 |
0 |
1 |
|
(*)The information in the planning table is for guidance only and does not take into account the heterogeneity of the students. |
Methodologies |
Methodologies |
Description |
Guest lecture / keynote speech |
As sesións maxistrais consisten en clases expositivas-participativas dos contidos básicos da materia, con apoio de imaxes, vídeo, etc. As sesións maxistrais centraranse na exposición e debate dos contidos principais do temario.
Facilitarase aos estudantes o temario cos contidos teóricos básicos da materia, así como material para traballar na aula ou fóra dela. Todo o material estará accesible para o alumnado na plataforma MOODLE https:// campusvirtual. udc.es/ moodle/. |
Laboratory practice |
As prácticas de laboratorio teñen como obxectivo que o alumnado:
1. Describa a composición e o funcionamento dun taller ortopodolóxico e identifique os principais riscos de accidentes asociados ao seu uso
2. Manexe os equipos e o instrumental necesario para a obtención de moldes e tratamentos ortopodolóxicos, aplicando as normas de seguridade e prevención de riscos
3. Obteña os diferentes moldes parciais e totais da extremidade inferior, mediante as técnicas contrastadas de maior uso na actualidade
4. Identifique os diferentes materiais terapéuticos utilizados na obtención de ortesis plantares e dixitais
Para as prácticas de laboratorio o estudante debe de descargarse o guión e o temario teórico práctico correspondente á práctica, que estarán a disposición do alumno na facultade virtual (Moodle). |
Seminar |
Nos seminarios abordaranse de forma participativa, temas específicos das unidades didácticas do temario da materia, sobre os cales se desenvolverán actividades en grupo, preferentemente, mediante a resolución de cuestións relacionadas cos temas impartidos. Traballaranse competencias específicas da materia e transversais como a procura de documentación, a discusión de resultados o fomento do inglés. |
Critical bibliographical |
A recensión bibliográfica é unha actividade individual consistirá na lectura crítica de artigos científicos e outros documentos relacionados cos contidos da materia; as bases da actividade poñeranse a disposición do alumnado ao comezo do curso académico na facultade virtual. |
Mixed objective/subjective test |
Exame con preguntas de proba obxectiva e preguntas de proba de desenvolvemento. No exame incluiranse preguntas relacionadas cos contidos desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios e nas prácticas de laboratorio. |
Personalized attention |
Methodologies
|
Critical bibliographical |
|
Description |
A atención personalizada desenvolverase de forma programada nos horarios do profesor de atención ao estudante, para a atención presencial; e a de forma virtual, por correo electrónico e outros medios telemáticos que permitan a plataforma virtual. A atención personalizada está destinada a resolver calquera tema relacionado coas diferentes metodoloxías e/ou contidos da materia.
Para a recensión bibliográfica, de ser necesario, planificarase unha sesión presencial para todo o grupo na aula, sesión de 1 hora de duración, co fin de resolver aquelas cuestións que non se puideron resolver por outros medios. |
|
Assessment |
Methodologies
|
Competencies |
Description
|
Qualification
|
Mixed objective/subjective test |
A21 A22 A37 A46 B1 B3 B9 C1 C6 |
Exame con preguntas de proba obxectiva e preguntas de proba de ensaio. No exame incluiranse preguntas relacionadas cos contidos dos temarios desenvolvidos tanto nas sesións maxistrais, como nos seminarios e nas prácticas de laboratorio. Co exame facilitarase a información sobre a puntuación das preguntas.
Para superar a materia é necesario obter polo menos o 50% da cualificación total da proba. |
60 |
Laboratory practice |
A21 A22 A46 B9 B19 |
A asistencia ás prácticas de laboratorio é obrigatoria na súa totalidade para superar a materia.
Realizarase un exame práctico con preguntas teórico-prácticas sobre os contidos da materia desenvolvidos nas prácticas. Para obter o apto nas prácticas de laboratorio, débese de contestar / realizar correctamente o 50% das actividades e/ou preguntas do exame, ademais de asistir á totalidade das prácticas.
ALUMNADO CON MÁTRICULA PARCIAL: Os estudantes matriculados oficialmente na modalidade parcial están obligados igual que o resto de estudiantes a asistir á totalidades das Prácticas de laboratorio.
|
20 |
Critical bibliographical |
A37 A58 B3 B9 C1 C3 C6 C8 |
As actividades relacionadas coa recensión bibliográfica son de carácter sumativo (non obrigatorias). A súa cualificación especificarase no documento descritivo da actividade e que se publicará na facultade virtual. |
10 |
Seminar |
A58 A37 B1 B3 B9 C3 C6 C8 |
As actividades relacionadas cos seminarios son obrigatorias na súa 80% (con control de asistencia) e non se poden recuperar ou substituír por outras actividades da materia. A cualificación de cada actividade do seminario especificarase coa actividade proposta.
O feito de ser obrigatorio nun 80% a asistencia aos seminarios, non garante ningunha puntuación se a actividade realizada non se realiza conforme á proposta.
ALUMNADO CON MÁTRICULA PARCIAL: Os estudantes matriculados oficialmente na modalidade parcial están exentos de asistir aos seminarios. No seu lugar deberán de presentar as actividades que se programen para os seminarios no tempo e forma que se dará a coñecer unha vez constatada a existencia de alumnado matriculado nesta modalidade. |
10 |
|
Assessment comments |
Para superar a materia é necesario obter unha avaliación favorable (50% das respostas correctas do exame) da proba mixta, así como asistir á totalidade das prácticas de laboratorio e obter a cualificación de apto no exame práctico final (50% do peso da cualificación das prácticas), así como asistir e superar o 80% das actividades obrigatorias programadas nos seminarios (a excepción do alumnado con matrícula parcial).
Convocatorias de segunda e posteriores matrículas: Para aqueles estudantes que cursasen a materia e realicen e superen as prácticas de laboratirio obrigatorias, poden volver cursar toda a materia novamente ou presentarse só ao exame teórico final, tendo en conta que a cualificación do exame téorico fará media coas cualificacións das prácticas de laboratorio, actividades de seminario e recensión do curso académico no que curse a materia e supere ditas probas.
A cualificación de matrícula de honra, dado o seu carácter graciable, concederase automaticamente ao alumnado que obteña un 10 na cualificación media da materia. De darse o caso de que haxa máis estudantes con esa cualificación que matrículas se poidan outorgar pola cota oficial establecida, convocarase a todos os estudantes para a realización dunha proba específica de desempate, proba que consistirá en novo exame de características similares ás da proba mixta, exame que se fixará en data e hora de acordo cos interesados/ as. En caso de non existir ningún estudante con cualificación de 10, todo o alumnado que obteña unha cualificación media superior a 9.5, requisito básico para optar á matrícula de honra, poderán optar á matrícula de honra previa solicitude ao profesor e mediante a superación da proba anteriormente descrita.
Outorgarase a cualificación de non presentado a aqueles estudantes que non acudan á proba mixta.
|
Sources of information |
Basic
|
(). . |
LIBROS / MONOGRAFÍAS (Destacan por ser libros de consulta na súa totalidade para a materia Ortopodoloxía en xeral)
Generalitat Valenciana. Fabricación a medida de productos sanitarios ortopodológicos en la Comunidad Valenciana. Valencia: Generalitat Valenciana, Consellería de Sanitat-Agencia Valenciana de Salut; 2006 Levy AE, Cortés JM. Coordinadores. Ortopodología y Aparato Locomotor. Ortpedia de pie y tobillo. 1ª ed. Barcelona: Masson; 2003 Vázquez B. Editor. Manual de Ortopodología. 1ª ed. Barcelona: Ediciones Especializadas Europeas; 2009 Queralt Mª. Editora. Manual de Técnicas en Ortopodología. 1ª ed. Barcelona: Ediciones Especializadas Europeas; 2004 Philps JW. The functional foot orthosis. 2ª ed. New York: Churchill Livingstone; 1995 Ribes R, Ros P. Inglés Médico. 1ª ed. Madrid: Panamericana; 2010 CAPÍTULOS DE LIBROS (nos que se fundamentan os contidos básicos da asignatura) Introducción a la Ortoprotésica. En: Prat J. Coordinador. Guía de uso y prescripción de productos ortoprotésicos a medida. 1ed. Valencia: Instituto Biomecánico de Valencia; 1999. p. 19-84. Ortesis plantares y calzado ortopédico a medida. En: Prat J. Coordinador. Guía de uso y prescripción de productos ortoprotésicos a medida. 1ed. Valencia: Instituto Biomecánico de Valencia; 1999. p. 447-490. Pratt D, Tollafield D. Una introducción a las terapéuticas mecánicas. En: Turner WA, Merriman LM. Habilidades clínicas para el tratamiento del pie. 2ª ed. Madrid: Elsevier; 2007. p. 211-29. Richie D. Orthotics. In: Di Giovanni C, Greisberg J. Coordinadores. Foot & Ankle: Core Knowledge in Orthopaedics. 1ª ed. Philadelphia: Elsevier; 2007. p. 16-37. Donattelli R, Wooden M. Biomechanical orthotics. In: Donatelli R. Coordinador. Biomechanics of the foot and ankle. 2ª ed. Philadelphia: F.A. Davis Company; 1996. p. 255-79. Casting Techniques. In: Michaud T. Foot Orthoses and other forms of conservative foot care. Newton Massachusetts; 1997. p. 193-202 Laboratory preparation and orthotic fabrication. In: Michaud T. Foot Orthoses and other forms of conservative foot care. Newton Massachusetts; 1997. p. 203-21 Orthotic dispensing, shoe gear, and clinical problem-solving. In: Michaud T. Foot Orthoses and other forms of conservative foot care. Newton Massachusetts; 1997. p. 223-35 Losito J. Impression casting techniques. In: Valmassy R. Coordinador. Clinical biomechanics of the lower extremities. 1ª ed. St. Louis Missouri: Mosby; 1996. p. 279-94. Jones L. Prescription writing for functional and acommodative foot orthoses. In: Valmassy R. Coordinador. Clinical biomechanics of the lower extremities. 1ª ed. St. Louis Missouri: Mosby; 1996. p. 295-306 Olson W. Orthotic materials. In: Valmassy R. Coordinador. Clinical biomechanics of the lower extremities. 1ª ed. St. Louis Missouri: Mosby; 1996. p. 307-26. Kirby K. Troubleshooting functional foor orthoses. In: Valmassy R. Coordinador. Clinical biomechanics of the lower extremities. 1ª ed. St. Louis Missouri: Mosby; 1996. p. 327-48 Whitney A, Whitney K. Padding and Tapping Therapy. In: Levy L, Hetherington V. Editors. Principles and pratice of Podiatric Medicine Vol. 2. 2ª ed. Maryland: Data Trace PC; 2006. ADEMÁIS DESTA BIBLIOGRAFÍA BÁSICA, NA PLATAFORMA VIRTUAL POÑERASE A DISPOSICIÓN DOS ALUMNOS ARTÍGOS CIENTÍFICOS RELACIONADOS CO TEMARIO BÁSICO DA MATERIA |
Complementary
|
|
Kirby K. FOOT AND LOWEREXTREMITIES BIOMECHANICS: A ten year collection of Precision Intricast Newsletters. Arizona: Precision Intricast Inc; 1998. Kirby K. FOOT AND LOWEREXTREMITIES BIOMECHANICS II. Precision Intricast Newsletters, 1997-2002. Arizona: Precision Intricast Inc; 2003. Kirby K. FOOT AND LOWEREXTREMITIES BIOMECHANICS III. Precision Intricast Newsletters, 2002-2008. Arizona: Precision Intricast Inc; 2009. Williams A, Nester C. THE POCKET PODIATRY GUIDE: FOOTWEAR AND FOOT ORTHOSES. London: Chuchill Livingstone Elsevier; 2010 |
Recommendations |
Subjects that it is recommended to have taken before |
Specific Anatomy of the Lower Limb/750G02002 | Information and Communication Systems in Health Science/750G02010 | Scientific Method and Public Health/750G02011 | General Podiatry/750G02012 |
|
Subjects that are recommended to be taken simultaneously |
Biomechanics of the Lower Limb/750G02013 |
|
Subjects that continue the syllabus |
Podiatric Orthopedics 2/750G02018 | Podiatric Orthopedics 3/750G02019 | Digital Orthopedics and Footwear Therapy/750G02020 | Practicum 1/750G02033 |
|
Other comments |
<p>IMPORTANTE PRÁCTICAS DE LABORATORIO Para as prácticas de laboratorio é un requisito imprescindible para a súa realización acudir ás mesmas co guión e o material didáctico desenvolvido para cada práctica (a información e o material estará no campus virtual). Así mesmo é imprescindible acudir co seguinte material individual por alumno (de non ser fornecido polo centro): - Luvas de protección térmica - Lentes de protección - Máscara para filtro de partículas - Lapis dermográfico ou rotulador cirúrxico - Cinta métrica flexible (non metálica) - Espátula - Bol de goma - Bata longa abotoada - Tesoira grande (de xastre) (No campus virtual estará accesible un documento con información detallada do material, así como recomendacións para a súa adquisición)
AVISO Na primeira clase do curso, estableceranse os grupos de prácticas e a súa distribución no cronograma de prácticas, polo que é básico asistir a esa primeira clase de presentación da materia. Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sustentable e cumprir co obxectivo da acción número 5: “Docencia e investigación saudable e sustentable ambiental e social” do "Plan de Acción Green Campus Ferrol": - A entrega dos traballos documentais que se realicen nesta materia realizarase entregaranse en formato dixital e en papel sen empregar plásticos, con impresións a dobre cara, empregando papel reciclado e evitando a impresión de borradores.
- Débese facer un uso sostible dos recursos e a prevención de impactos negativos sobre o medio natural tendo en conta a importancia dos principios éticos relacionados cos valores da sostenibilidade nos comportamentos persoais e profesionais
- Facilitarase a plena integración do alumnado que por razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten dificultades a un acceso axeitado, igualitario e proveitoso á vida universitaria
- Traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas, e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade, no caso de detectar situacións de discriminación por razón de xénero tomaranse medidas para corrixilas.
Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento. |
|
|