Competencias do título |
Código
|
Competencias / Resultados do título
|
A36 |
Integrar e aplicar na práctica clínica podolóxica os coñecementos adquiridos durante la carrera, nas Clínicas podolóxicas universitarias e centros acreditados. |
A37 |
Protocolizar e aplicar o método clínico en podoloxía. |
A38 |
Realizar a historia clínica podolóxica e rexistrar a información obtida. |
A39 |
Desenvolver as técnicas de exploración física. |
A40 |
Desenvolver a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. |
A41 |
Interpretar os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. |
A42 |
Emitir un diagnóstico e pronóstico. |
A43 |
Deseñar o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. |
A46 |
Desenvolver a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos. |
A47 |
Aplicar as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. |
A48 |
Desenvolver as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. |
A49 |
Establecer intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. |
A50 |
Prescribir, administrar e aplicar tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e quirúrxicos. |
A51 |
Elaborar e interpretar informes clínicos. |
A55 |
Garantir a calidade asistencial na práctica da podoloxía. |
A60 |
Integrar os coñecementos, habilidades, destrezas, valores e actitudes adquiridos durante o itinerario curricular do alumno. |
B2 |
Resolver problemas de forma efectiva. |
B3 |
Aplicar un pensamento crítico, lóxico e creativo. |
B5 |
Traballar de forma colaborativa. |
B6 |
Comportarse con ética e responsabilidade social como cidadán e como profesional. |
B7 |
Comunicarse de maneira efectiva nun entorno de traballo. |
B12 |
Capacidade de xestión da información. |
B13 |
Traballo en equipo de carácter interdisciplinar. |
B14 |
Implicación na calidade e busca da excelencia. |
B16 |
Capacidade de organización e planificación do tempo e o traballo. |
B18 |
Capacidade para comunicarse con persoas non expertas na materia. |
B19 |
Capacidade de aplicar os coñecementos na práctica. |
C3 |
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida. |
C4 |
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. |
Resultados de aprendizaxe |
Resultados de aprendizaxe |
Competencias / Resultados do título |
O alumno/a integra e aplica na práctica clínica podolóxica os coñecementos adquiridos durante todos os seus estudos, nas Clínicas podolóxicas universitarias e centros acreditados, para o desenvolvemento da profesión podolóxica tanto en centros públicos como privados |
A36 A60
|
|
C4
|
Protocoliza e aplica o método clínico en podoloxía, desenvolvendo a capacidade de establecer protocolos, executalos e avalialos |
A37 A60
|
B2 B14 B16
|
|
Realiza a historia clínica podolóxica e rexistra a información obtida; coñece e manexa os sistemas de rexistro de datos clínicos utilizados no proceso de atención podolóxico para o diagnóstico, tratamento e seguimento dos pacientes |
A38
|
B7 B12
|
C3
|
Desenvolve as técnicas de exploración física adaptada ao motivo de consulta e ao diagnóstico de sospeita |
A39
|
B2 B16 B19
|
|
Desenvolve a habilidade de realizar as actividades radiolóxicas propias da podoloxía. |
A40
|
B13 B14
|
|
Interpreta os resultados das probas complementarias e a racionalización do seu uso. |
A41
|
B13 B19
|
|
Emite un diagnóstico e prognóstico, mediante a análise dos resultados de todas as probas realizadas ao paciente (anamnesis, probas físicas e complementarias).. |
A41 A42
|
B2 B14 B18 B19
|
|
Deseña o plan de intervención integral ou tratamento podolóxico para unha intervención terapéutica eficaz das afeccións dos pacientes, valorando todas as posibles opcións dos diferentes campos terapéuticos podolóxicos |
A43 A50 A55 A60
|
B2 B3 B6 B19
|
|
Desenvolve a habilidade e destreza no uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos, aprendendo a manexar o instrumental quiropodolóxico así como os materiais terapéuticos ortoprotésicos e a maquinaria empregados para a fabricación e aplicación de tratamentos ortoprotésicos podolóxicos, e os equipos terapéuticos para a aplicación da terapia física |
A46 A55
|
B14 B19
|
|
Aplica as medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia propia, mantendo actualizados os coñecementos e técnicas para a súa aplicación |
A47
|
B2 B5 B13
|
|
Desenvolve as habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Establece intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. |
A48 A49
|
B7 B18
|
C3
|
Elabora e interpreta informes clínicos como parte do rexistro documental da clínica para o intercambio de información tanto co paciente como con outros profesionais |
A49 A51
|
B7 B12 B18
|
C3
|
Garante a calidade asistencial na práctica da podoloxía, avaliando os resultados obtidos do proceso de atención Podolóxica |
A55 A60
|
B6 B14
|
C4
|
O alumno/a é capaz de seleccionar información, analizala e avaliala para redactar, expor e defender un informe científico, fomentando a lectura crítica de artigos científicos e a asistencia a sesións clínicas, cursos, xornadas e congresos co fin de manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes. |
A60
|
B6 B14
|
C3 C4
|
Contidos |
Temas |
Subtemas |
Método clínico en podoloxía. Historia clínica podolóxica: rexistro da información obtida. Técnicas de exploración física. Actividades radiolóxicas propias da podoloxía. Probas complementarias e a racionalización do seu uso. Diagnóstico e prognóstico. Plan de intervención integral ou tratamento podolóxico. Plans de intervención específicos para o tratamento do pé de risco: diabético, neurolóxico e vascular. Protocolos: execución e avaliación. Uso do instrumental, material e maquinaria empregados para a confección e aplicación de tratamentos podolóxicos. Medidas de resucitación e reanimación en casos de emerxencia. Habilidades sociais para a comunicación e o trato co paciente e outros profesionais. Intercambio de información cos distintos profesionais e autoridades sanitarias implicadas na prevención, promoción e protección da saúde. Prescrición, administración e aplicación tratamentos farmacolóxicos, ortopodolóxicos, físicos e cirúrxicos. Elaboración e interpretación de informes clínicos. Avaliación dos resultados obtidos do proceso de atención Podolóxica. Capacidade na xestión clínica dos servizos de podoloxía. Actualización dos coñecementos, habilidades e actitudes. Calidade asistencial na práctica da podoloxía. Utilización elementos de documentación, estatística, informática e os métodos xerais de análises epidemiolóxicas |
El Prácticum I consiste na aplicación dos conocimientos teóricos e prácticos adquiridos nas diferentes materias do título á práctica clínica, garantindo un proceso integral de atención podolóxica ao paciente que inclúa todos os aspectos clínicos, documentais e legais.
Todos os contidos teóricos e teórico-prácticos da titulación impartidos ata o segundo cuadrimestre do 3er curso de grao son relevantes para a práctica clínica e de obrigado coñecemento, feito que debe ser tido en conta polo alumnado que cursa a materia de Prácticum I, a efectos de que o seu coñecemento e actualización serán elementais para poder desenvolver as prácticas clínicas e garantir a adquisición das competencias, formando parte da avaliación da práctica clínica. |
Planificación |
Metodoloxías / probas |
Competencias / Resultados |
Horas lectivas (presenciais e virtuais) |
Horas traballo autónomo |
Horas totais |
Portafolios do alumno |
A48 A49 A51 B5 B6 B12 C3 C4 C5 |
0 |
58 |
58 |
Prácticas clínicas |
A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A46 A47 A50 A55 A60 B2 B3 B7 B13 B14 B16 B18 B19 |
240 |
0 |
240 |
|
Atención personalizada |
|
2 |
0 |
2 |
|
*Os datos que aparecen na táboa de planificación son de carácter orientativo, considerando a heteroxeneidade do alumnado |
Metodoloxías |
Metodoloxías |
Descrición |
Portafolios do alumno |
Esta parte do Prácticum I consistirá no desenvolvemento de competencias relacionadas coa xestión documental clínica (elaboración da historia clínica, interpretación de probas complementarias, elaboración de informes, etc.) para o desenvolvemento de competencias como emitir un diagnóstico e un prognóstico, interpretar os resultados das probas complementarias ou manter actualizados os coñecementos, habilidades e actitudes, mediante a lectura crítica e a discusión de publicacións científicas.
Para o curso 2019/2020 as actividades que conformarán o portafolio do alumno/a serán:
1. Elaboración dun vídeo tutorial como ferramenta de transferencia de coñecemento dirixido a estudantes e profesionais da podoloxía
2. Cumprimentar a actividade do Seminario de actuación en situacións de emerxencia e administración de medicamentos
Todas as actividades proporanse na plataforma Moodle e estarán dispoñibles ao comezo do cuadrimestre no que se cursa o Prácticum I. Especificarase para cada actividade o obxectivo/s, proporcionando información do formato ou modelo a seguir, os apartados a cubrir, de ser o caso, a extensión mínima/máxima da actividade (de ser oportuno) ou a documentación ou referencias necesarias para realizar a actividade. Establecerase unha data límite común para a entrega de todas as actividades.
|
Prácticas clínicas |
As prácticas clínicas consisten na participación gradual e supervisada do alumnado no proceso de atención podolóxica integral cos pacientes reais que sexan atendidos polos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía e nos servizos hospitalarios de Dermatoloxía. O alumno/a participará de forma activa, sempre baixo supervisión, en todo o proceso de atención clínica: a xestión de datos clínicos; a exploración física e a xestión de probas complementarias e interpretación das mesmas; o diagnóstico, a prescrición, indicación, obtención e/ou aplicación dos diferentes tratamentos, así como o seguimento das afeccións tratadas e a súa evolución. Atendendo á participación gradual do alumno/a en a práctica, estableceranse actividades relacionadas coas competencias a adquirir nas que quedará delimitado se o alumno/a deberá saber facer con competencia, saber facer baixo supervisión e instrución, ou soamente coñecer o procedemento mediante a observación da súa realización por parte do profesor/a.
Ao comezo do Prácticum I o alumno/a disporá a través da plataforma Moodle dun documento baixo o nome de “ANEXO Á GUÍA DOCENTE DO PRÁCTICUM I”, no que atopará información específica e detallada sobre os obxectivos, contidos e competencias a adquirir durante as prácticas clínicas e o seu grao de adquisición, a composición dos grupos, os titores/as asignados a cada grupo, e o cronograma cos rotatorios de prácticas dos diferentes servizos así como o calendario das probas prácticas de cada rotatorio.
|
Atención personalizada |
Metodoloxías
|
Portafolios do alumno |
|
Descrición |
A atención personalizada desenvolverase mediante concertación de cita previa co alumnado, quedando esta supeditada á dispoñibilidade dos horarios tanto do alumnado (aspecto este prioritario) como do profesor/a. Por tanto, de forma programada, a atención personalizada poderá desenvolverse de forma presencial, de ser requirida e/ou pertinente, na localización indicada e os horarios de atención ao alumnado que se recollen na plataforma da UDC para a indicación de "As miñas titorías", ou de forma virtual, sendo atendidas as titorías por correo electrónico ou a través doutros medios telemáticos que permita a plataforma virtual, como as mensaxes de Moodle, ou outras vías como a telefónica ou a videoconferencia. |
|
Avaliación |
Metodoloxías
|
Competencias / Resultados |
Descrición
|
Cualificación
|
Prácticas clínicas |
A36 A37 A38 A39 A40 A41 A42 A43 A46 A47 A50 A55 A60 B2 B3 B7 B13 B14 B16 B18 B19 |
A asistencia ás prácticas clínicas é obrigatoria para todo o alumnado independentemente da súa modalidade de matrícula.
Poderase optar a superar o Prácticum I con ausencias xustificadas baixo os seguintes supostos:
1. Un máximo de 3 ausencias xustificadas sen penalización na cualificación
2. Desde a 4ª á 7ª ausencia xustificada penalizarase con 0.25 puntos por ausencia na cualificación da avaliación continua do rotatorio no que se produza a ausencia
* Non computarán como faltas aquelas actividades formativas (xornadas, congresos ou cursos) que, estando previstas e organizadas pola UDC, teñan interés formativo para o alumnado do Prácticum I.
A partir de 8 faltas xustificadas (incluída a 8ª) ou de calquera número de faltas sen xustificar, non se poderá optar a superar o Prácticum na matrícula do curso corrente.
A motivación xustificada das faltas será a contemplada para os procesos de avaliación no artículo 12 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da UDC.
Calquera suposto que se presente no límite da presente norma poderá ser revisado polo conxunto de profesorado do Prácticum para o curso en vigor, debendo adoptar unha resolución por unanimidade e a condición de que o alumno/a demostrase a adquisición das competencias superando os requisitos de avaliación previstos para o Prácticum I.
A avaliación das prácticas clínicas consiste na avaliación das competencias a adquirir polo alumno/a en o Prácticum I tendo en conta o carácter gradual de adquisición das mesmas segundo quedará recollido no ANEXO Á GUÍA DOCENTE DO PRÁCTICUM I.
A cualificación das prácticas clínicas obtense do sumatorio das cualificacións parciais nos diferentes rotatorios en avaliación continua e dos exames prácticos ao final de cada rotatorio en función da seguinte distribución porcentual:
• Rotatorio do Servizo de Quiropodoloxía e Cirurxía: 35% da cualificación final repartida ao 50% entre a avaliación continua e o exame práctico final
• Rotatorio do Servizo de Biomecánica e Ortopodoloxía: 35% da cualificación final repartida ao 50% entre a avaliación continua e o exame práctico final
• Rotatorio do Servizo de Dermatoloxía: 10% da cualificación final repartida no 75% da avaliación continua e un 25% para a resolución de caso clínico
Para superar a materia é requisito indispensable superar o 50% da cualificación da avaliación continua de cada un dos rotatorios e o 50% da cualificación de cada un dos exames prácticos.
Na 2ª oportunidade só poderán optar a superar a materia aqueles alumnos/as que superando a avaliación continua non superasen o exame práctico, ou cando o sumatorio total das cualificacións non supere a nota mínima para superar o Prácticum I (5) debido á cualificación do Portafolio do alumno/a. Para ambos os supostos no calendario académico quedará fixada unha data para as novas probas de exame práctico e/ou nova entrega de actividades de portafolio.
As cualificacións parciais de todos os ítems que conforman aavaliación do Prácticum I puntuaranse na escala 0-10 para posteriormente obter o seu peso porcentual correspondente na cualificación final.
|
80 |
Portafolios do alumno |
A48 A49 A51 B5 B6 B12 C3 C4 C5 |
As actividades do Portafolio forman parte da cualificación final da materia de maneira sumativa á cualificación das prácticas clínicas. A súa realización é obrigatoria pero non existe unha puntuación mínima que condicione a superación do Prácticum I, establecéndose como requisito mínimo para superar a materia presentar o total das actividades propostas no tempo e a forma previstas para iso.
A elaboración do vídeo tutorial computará un 75% do peso da calificación do portafolio, mentres a calificación do Seminario de actuacións en situacións de emerxencia e administración de medicamentos, computará un 25%.
As actividades serán supervisadas e avaliadas polo titor/a que quede asignado a cada grupo, sendo cada titor/a responsable da cualificación e revisión da mesma.
|
20 |
|
Observacións avaliación |
Matrícula de Honra: A cualificación de
Matrícula de honra (MH) será
outorgada automaticamente a aqueles alumnos/as que obteñan un 10 na cualificación
final. No caso de que exista maior número de alumnos/as que matrículas de honra
poidan ser asignadas á materia, convocarase aos alumnos/as en disposición de
obter devandita cualificación e realizarase unha probaba específica de
características similares ás dos exames prácticos para determinar a súa
asignación final. Nos casos nos que a cualificación final sexa superior a 9.0
poderase outorgar a cualificación de MH. Para iso o conxunto do profesorado
con docencia no Prácticum I valorará a posibilidade de outorgar dita MH
tendo en conta as aptitudes e actitudes do alumno/a a condición de que o sea otorgación non supoña superar a cota de MH establecida pola normativa vixente
unha vez outorgadas as MH os alumnos/as que obteñan un 10 na cualificación
final. Repetición de Prácticum I: Non superar o requisito
mínimo establecido para a cualificación da avaliación continua dalgún dos rotatorios, non superar algún dos exames prácticos entre as 2 oportunidades,
ou non alcanzar a cualificación final mínima de 5 no sumatorio de todos os ítems
de avaliación previstos para o Prácticum I entre as dúas oportunidades da convocatoria, suporá a non superación da
materia e a repetición íntegra das prácticas en segunda matrícula e posteriores. Non presentado: A
ausencia a máis do 30% das prácticas ou a algún dos exames prácticos suporá
automaticamente unha cualificación de Non Presentado Alumnado de mobilidade (Erasmus , SICUE, Bilateral): A cualificación do alumnado de mobilidade realizarase só pola avaliación continua nos rotarorios. No caso de suspenso na mesma, poderán superar a materia superando as probas prácticas do rotatorio suspenso. Mentores ERASMUS e Bilateral: Ao comezo da materia proporase a todo o alumnado a posibilidade de, voluntariamente, participar como mentores/as do alumnado. De se presentar máis voluntarios/as dos necesarios, farase una selección pola nota do expediente académico, tendo en conta, de ser o caso, a certificación oficial de coñecemento do idioma do alumnado de mobilidade (segundo o nivel del coñecemento do idioma engadirase a nota do expediente de 0,5 a 3 puntos). A participación como mentor sumará ata 0,5 puntos á cualificación final da materia do alumnado mentor. PLAXIO. Na realización dos traballos da materia, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, o permiso do seu autor/a, será cualificado con suspenso (0,0) na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento.
|
Fontes de información |
Bibliografía básica
|
|
Tendo en conta que todos os contidos teórico-prácticos da titulación son relevantes para o exercicio profesional e, polo mesmo motivo, para as prácticas clínicas, as fontes de información básicas e recomendadas por todas e cada unha das materias conforman as fontes de información para consulta e estudo durante a realización das prácticas clínicas comprendidas no Prácticum. No entanto, existen determinadas fontes documentais de gran utilidade para a súa consulta durante a práctica clínica do día a día e que concretará o profesorado que supervise as prácticas clínicas dos diferentes servizos da Clínica Universitaria de Podoloxía. Un exemplo destas fontes documentais de uso cotián: Buckup K. Pruebas clínicas para patología ósea, articular y muscular. 3ª ed. Barcelona: Elsevier; 2007
Espinás Boquet J, Vilaseca Canals J. coordinadores. Guía Terapéutica en Atención Primaria (Basada en la selección razonada de medicamentos). 6ª ed. Barcelona: Sociedad Española de Medicina de Familia y Comunitaria; 2017 Dockery GL. Cutaneous Disorders of the lower extremity. 1ª ed. Philadelphia: Saunders; 1997 Muñoz Calvo B et al, comité editorial. Cliniguía, actualización de diagnóstico y terapéutica. 4ª ed. España: Eviescience; 2009 Olazabal JC et al. AVERROES manual de tesarpia en atención primaria. 1ª ed. España: EviScience; 2013 Straus SE, Scoot Richardson W, Glasziou P, Haynes RB. Medicina Basada en la Evidencia. 3ª ed. Madrid: Elsevier; 2006 Tixa S. Atlas de anatomía palpatoria: tomo 2 miembro inferior. 4ª ed. Barcelona: Masson; 2014 Villa LF. Coordinación. Medimecum, guía de terapia farmacológica. 24ª ed. España: Luis F Villa Alcazar; 2019 Turner WA, Merriman LM (2007) Habilidades Clínicas para el tratamiento del pie. Madrid: Elsevier |
Bibliografía complementaria
|
|
|
Recomendacións |
Materias que se recomenda ter cursado previamente |
Anatomía humana xeral/750G02001 | Anatomía específica do membro inferior/750G02002 | Fisioloxía xeral/750G02003 | Fisioloxía de sistemas/750G02004 | Bioloxía/750G02005 | Psicoloxía/750G02006 | Microbioloxía e parasitoloxía/750G02007 | Patoloxía xeral/750G02008 | Farmacoloxía/750G02009 | Sistemas de Información e Comunicación en Ciencias da Saude/750G02010 | Método científico e Saude Pública/750G02011 | Podología xeral/750G02012 | Biomecánica do membro inferior/750G02013 | Radiodiagnóstico e Radioprotección/750G02014 | Podoloxía Preventiva/750G02015 | Ortopodoloxía 1/750G02017 | Ortopodoloxía 2/750G02018 | Ortopodoloxía 3/750G02019 | Patoloxía Podolóxica 1/750G02021 | Patoloxía Podolóxica 2/750G02022 | Dermatoloxía/750G02026 | Quiropodoloxía 1/750G02027 | Quiropodoloxía 2/750G02028 | Cirugía Podolóxica 1/750G02029 | Técnicas e procedementos en prevención da infección/750G02032 |
|
Materias que se recomenda cursar simultaneamente |
Ortesioloxía dixital e calzadoterapia/750G02020 | Podoloxía Física/750G02023 | Cirugía Podolóxica 2/750G02030 |
|
Materias que continúan o temario |
Prácticum 2/750G02034 | Prácticum 3/750G02035 |
|
Observacións |
Lémbrase que para poder realizar o Practicum I o alumno/a debe
de superar 90 créditos ECTS da titulación entre os cales deben de estar
obrigatoriamente os das seguintes materias chaves: Podoloxía Xeral, Biomecánica, Ortopodología I, Ortopodología II, Quiropodología I e Quiropodología II. O Practicum I é materia chave á súa vez para o Practicum II e Parcticum III
Todos os asuntos relacionados coa organización e
planificación da materia deben de ser remitidos ao correo do profesor
coordinador da materia falonso@udc.gal Recomendacións Sostenibilidade Medio Ambiente, Persoa
e Igualdade de Xénero - Os traballos documentais do portafolio solicitaranse en formato informático
- Toda a información da organización do Prácticum I estará disponible en Moodle en formato PDF para ser descargada ou consultada en liña sen necesidade de realizar a impresión de esta. No caso de ter que imprimila recoméndase:
- Impresións a dobre cara
- Empregar papel reciclado
- Como parte dos valores do Practicum I traballaráse para identificar e modificar prexuízos e actitudes
sexistas, e influirase na contorna para
modificalos e fomentar valores de
respecto e igualdade, así como facilitarase a
plena integración do alumnado que
por
razón físicas, sensoriais, psíquicas ou socioculturais, experimenten
dificultades a un acceso axeitado, igualitario
e proveitoso á vida universitaria
- É recomendable facer un uso sostible dos recursos e a prevención
de impactos negativos sobre
o medio natural (por exemplo, evitar mercar botellas de auga de plástico ou empregar unha para encher de auga da fonte da clínica universitaria)
|
|